Coviña

En arqueoloxía, denomínase coviña[1] (tamén chamada cazoleta ou corgo) a un pequeno oco artificial escavado na superficie dalgunhas rochas, tendo xeralmente unha sección semiesférica e planta circular (aínda que tamén se atopen de planta cuadrangular). Poden atoparse tanto illadas como formando agrupacións, con outras coviñas ou con outros gravados rupestres ou petróglifos.

Aínda que o caso máis común é que se atopen gravadas nas superficies de formacións rochosas naturais, tamén poden aparecer en ortóstatos megalíticos.

As coviñas son un dos motivos rupestres máis recorrentes, en todas as épocas e latitudes.[2] Son comúns nos petróglifos galegos. A súa cronoloxía abranguería, en Europa, do Paleolítico Medio (La Ferrassie) até a Idade de Ferro.[2]

Laxe das Rodas3
Detalle da Laxe das Rodas, cunha coviña de 21 cm de diámetro e 5 cm de profundidade no centro do petróglifo da esquerda, así como pequenas coviñas (puntos) ao redor del.
Covinhas-cupmarks-Cicogna - Alpe Prà
Coviñas nunha rocha en Alpe Prà, Italia.

Funcionalidade

As hipóteses existentes sobre a funcionalidade das coviñas son múltiples, entre elas:[2]

  • colectores para ofrendas,
  • pías de libacións ou de sacrificios,
  • símbolos de carácter sexual feminino,
  • cartografías, de constelacións e terrestres,
  • marcadores de espazos sacros, de camiños migratorios, de locais con alto valor máxico e propiciatorio,
  • ligadas a cultos litolátricos, acuáticos, destinados a promover ou a incrementar a fertilidade, particularmente a feminina,
  • taboleiros para xogos,
  • marcadores de operacións pre-numéricas.

Lugares sacros

Algunhas hipóteses apuntan a que, polo menos en certas rexións, as coviñas poderían sinalar un espazo sacro prehistórico, espazo que se mantivo, unha vez instalado o cristianismo, coa construción de templos (capelas, etc) en tales lugares. Existiría, polo tanto, unha "converxencia espacial" entre a distribución destes gravados e a distribución de certos templos cristiáns.[3][4]

Fertilidade

Breck Parkman reportou que os indios Pomo buscaban o poder resultante da produción de coviñas para curar a infertilidade.[5]

Notas 

  1. Nomes en galego en Léxico de arqueoloxía, Universidade de Santiago de Compostela, 1996
  2. 2,0 2,1 2,2 cf. p. 108 de VARELA GOMES,Mário. "A rocha 11 de Gardete (Vila Velha de Ródão) e os períodos terminais da arte rupestre do Vale do Tejo" (PDF). Consultado o 19 de outubro de 2008. Las cazoletas son el motivo rupestre más recurrente, en todas las épocas y latitudes, siendo conocidas en Europa, por lo menos, a partir del Paleolítico Medio (Lana Ferrassie) hasta la Edad de Hierro. Sin embargo, su simplicidad formal, y tal vez la abundancia, ha dificultado un mayor interés por su estudio, aunque tales atributos parezcan indicar un significado múltiple, alterado en consonancia a las épocas y especificidad de los contextos que habían integrado
  3. HENRIQUES, Francisco; CANINAS, João Carlos e CHAMBINO, Mário "ROCHAS COM COVINHAS NA REGIÃO DO ALTO TEJO PORTUGUÊS".
  4. cf. web Rocas con cazoletas en el alto Alto
  5. "2000 Kevin L. CALLAHAN, "A Paper read at the Philadelphia SAA Conference on April 8, 2000"". Arquivado dende o orixinal o 19 de outubro de 2009. Consultado o 10 de agosto de 2016.

Véxase tamén

Outros artigos

A Coviña

O topónimo galego A Coviña pode refererirse a:

A Coviña, lugar da parroquia de Cundíns, no concello de Cabana de Bergantiños;

A Coviña, lugar da parroquia de Aguasantas, no concello de Cerdedo-Cotobade;

A Coviña, lugar da parroquia de Xuño, no concello de Porto do Son;

A Coviña, lugar da parroquia de Taragoña, no concello de Rianxo.

A Coviña, Aguasantas, Cerdedo-Cotobade

A Coviña é un lugar da parroquia de Aguasantas, no concello pontevedrés de Cerdedo-Cotobade. Actualmente está deshabitado.

A Coviña, Cundíns, Cabana de Bergantiños

A Coviña é un lugar da parroquia de Cundíns no concello coruñés de Cabana de Bergantiños na comarca de Bergantiños. No ano 2018 segundo datos do Instituto Galego de Estatística tiña 1 habitante (1 muller).

A Coviña, Taragoña, Rianxo

A Coviña é un lugar da parroquia de Taragoña no concello coruñés de Rianxo, na comarca da Barbanza. Segundo o padrón municipal (INE 2013) ten 34 habitantes (14 homes e 20 mulleres).

A Coviña, Xuño, Porto do Son

A Coviña é un lugar da parroquia de Xuño no concello coruñés de Porto do Son, na comarca de Noia. Segundo o padrón municipal (INE 2014) ten 85 habitantes (37 homes e 48 mulleres).

Aguasantas, Cerdedo-Cotobade

Santa María de Aguasantas é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Cerdedo-Cotobade. Segundo o IGE no 2010 tiña 326 habitantes (130 homes e 196 mulleres), 26 menos ca en 2007. Dos 28 lugares da parroquia, 15 están habitados.

Corgo

O termo corgo pódese referir a:

Corgo, represa natural ou artificial no curso dun río, córrago, laga, poza.

Corgo, congostra por onde baixan as augas das choivas, torrente. Tamén depresión do terreo que se enche de auga cando chove.

Corgo, camiño estreito e profundo que discorre xeralmente entre valos, cómaros ou outras elevacións do terreo, congostra, corga.

Corgo, oco nunha rocha que se enche de auga cando chove, cazoleta, coviña.

Corgo, un dos nomes vulgares da planta Erica australis, uz moura, uz vermella.

Cundíns, Cabana de Bergantiños

San Paio de Cundíns é unha parroquia que se localiza no centro do concello de Cabana de Bergantiños na comarca de Bergantiños. No ano 2018 tiña 318 habitantes dos cales 160 eran homes e 158 eran mulleres segun datos do IGE, o que supón unha diminución en relación ao ano 2004 cando tiña 395 habitantes, e ao 1999 cando tiña 418 habitantes.

Dorna, Taragoña, Rianxo

Dorna é un lugar da parroquia de Taragoña no concello coruñés de Rianxo, na comarca da Barbanza. Segundo o padrón municipal (INE 2013) ten 52 habitantes (28 homes e 24 mulleres).

Laxe das Rodas

A Laxe das Rodas é unha estación de arte rupestre ao pé do Outeiro de Eiroa, preto do lugar de Taxes da parroquia de Louro, en Muros.

Os gravados están feitos nun penedo de granito que sobresae pouco do terreo e constan de nove figuras, que inclúen dúas espirais e sete círculos concéntricos con coviñas grandes ou cazoletas no centro. A figura principal consiste nunha espiral que xira á dereita e outra menor que xira á esquerda; ambas as dúas teñen un suco radial que. Rodéanas 65 coviñas.

Outro grupo consta de tres círculos concéntricos arredor dunha coviña e arrodeados por 40 cazoletas, con seis máis fóra. Desde a coviña central parte unha liña que sae fóra do círculo exterior.

A Laxe das Rodas tense interpretado como almanaque laboral (as dúas espirais principais), mesa de ofrendas para propiciar as boas colleitas, conxunto de signos solares, a morte ou a fecundidade acuática e lunar.

O Moroso, Taragoña, Rianxo

O Moroso é un lugar da parroquia de Taragoña no concello coruñés de Rianxo, na comarca da Barbanza.

Ourille, Taragoña, Rianxo

Ourille é un lugar da parroquia de Taragoña no concello coruñés de Rianxo, na comarca da Barbanza. Segundo o padrón municipal (INE 2013) ten 73 habitantes (35 homes e 38 mulleres).

Outeiro, Taragoña, Rianxo

Outeiro é un lugar da parroquia de Taragoña no concello coruñés de Rianxo, na comarca da Barbanza. Segundo o padrón municipal (INE 2013) ten 136 habitantes (63 homes e 73 mulleres).

Paradela, Taragoña, Rianxo

Paradela é un lugar da parroquia de Taragoña no concello coruñés de Rianxo, na comarca da Barbanza. Segundo o padrón municipal (INE 2013) ten 95 habitantes (42 homes e 53 mulleres).

Pastoriza, Taragoña, Rianxo

Pastoriza é un lugar da parroquia de Taragoña no concello coruñés de Rianxo, na comarca da Barbanza. Segundo o IGE, en 2018 tiña 26 habitantes (11 homes e 15 mulleres).

Petróglifos de Mogor

Os Petróglifos de Mogor, entre os que destaca o Labirinto de Mogor, son unha estación rupestre situada no lugar de Monte, na parroquia de Mogor, no concello de Marín, provincia de Pontevedra.

Praia de Río Sieira

A praia de Río Sieira é un grande areal situado no concello de Porto do Son, na parroquia de Xuño, lugar da Coviña.

Té, Taragoña, Rianxo

Té é un lugar da parroquia de Taragoña no concello coruñés de Rianxo, na comarca da Barbanza. Segundo o padrón municipal (INE 2013) ten 63 habitantes (26 homes e 37 mulleres).

Xuño, Porto do Son

Santa Mariña de Xuño, é unha parroquia do concello de Porto do Son, na provincia da Coruña. Segundo o INE, en 2018 tiña 1.016 habitantes (494 homes e 522 mulleres).

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.