Covelo

Covelo é un concello da provincia de Pontevedra, pertence á comarca da Paradanta. Segundo o IGE no 2014 tiña 2719 habitantes. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «covelense».

Coordenadas: 42°13′55.36″N 8°21′47.69″O / 42.2320444, -8.3632472

Covelo
Escudo de Covelo
Concello de Covelo
Casa do Concello.
Situacion Covelo
Situación
Xeografía
ProvinciaProvincia de Pontevedra
ComarcaComarca da Paradanta
Poboación2.417 hab. (2018)
Área125,3 km²
Densidade19,29 hab./km²
Entidades de poboación14 parroquias
Política (2019[2])
AlcaldePablo Castillo (PPdeG[3])
ConcelleirosBNG: 2
PPdeG: 8
PSdeG-PSOE: 1
Eleccións municipais en Covelo
Uso do galego[4] (2011)
Galegofalantes63,22%
Na rede
http://www.concellodecovelo.es/
covelo@concellos.depontevedra.es

Poboación

Censo total (habitantes) 2719 (2014)
Menores de 15 anos 206 (7,58 %)
Entre 15 e 64 anos 1465 (53,88 %)
Maiores de 65 anos 1048 (38,54 %)
Evolución da poboación de Covelo   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018
6881 6112 6694 6374 3730 3341 3235 {{{13}}} {{{14}}}
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Limita cos concellos de Avión e Melón (na provincia de Ourense), A Cañiza, Mondariz e Fornelos de Montes.

Patrimonio

Conta cun foxo de lobo restaurado en 2013 na parroquia de Campo, con dous funís de entrada e unha profundidade de dous metros.[5]

Na Serra do Suído atópanse os singulares chozos.

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes de Covelo.
Ruinas de la iglesia monasterial de Santo Estevo de Casteláns

Mosteiro de Santo Estevo de Casteláns.

Chozo de Barcia Covelo

Chozo de Barcia na Serra do Suído.

Lugares de Covelo

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Covelo vexa: Lugares de Covelo.

Notas

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Resultado eleccións 2019
  3. Federación Galega de Municipios e Provincias (ed.). "Covelo". www.fegamp.gal. Consultado o 15 de setembro de 2019.
  4. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Consultado o 14 de outubro de 2014.
  5. Foxo do lobo de Campo na páxina web colaborativa PatrimonioGalego.net.

Véxase tamén

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.
A Lamosa, Covelo

San Bartolomeu da Lamosa é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Covelo na comarca da Paradanta. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 194 habitantes (105 mulleres e 89 homes), distribuídos en 6 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 193 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 165 habitantes, sendo 84 homes e 81 mulleres.

Barcia de Mera, Covelo

San Martiño de Barcia de Mera é unha parroquia que se localiza no oeste do concello de Covelo na comarca da Paradanta. Segundo o IGE en 2014 tiña 360 habitantes (169 homes e 191 mulleres), 157 menos ca en 2004 e 247 menos ca en 1999. É unha das parroquias con máis habitantes do concello.

Casteláns, Covelo

Santo Estevo de Casteláns é unha parroquia que se localiza no oeste do concello de Covelo na comarca da Paradanta. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 230 habitantes (116 homes e 114 mulleres), distribuídos en 3 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 288 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 176 habitantes, sendo 94 homes e 82 mulleres.

Comarca da Paradanta

A comarca da Paradanta é unha comarca galega situada na provincia de Pontevedra. A ela pertencen os concellos de Arbo, A Cañiza (a súa capital), Covelo e Crecente. Limita ao norte coas comarcas de Vigo e do Ribeiro, ao leste con esta última e coa de Terra de Celanova, ao sur con Portugal e ao oeste coa do Condado. Ocupa unha extensión de 333,3 quilómetros cadrados e contaba cunha poboación de 13.226 habitantes no ano 2014.

Covelo, Carreira, Ribeira

Covelo é un lugar da parroquia de Carreira no concello coruñés de Ribeira, na comarca da Barbanza.

Covelo, Covelo

Santa Mariña de Covelo é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Covelo na comarca da Paradanta. Segundo o padrón municipal de 2013 tiña 294 habitantes (145 homes e 149 mulleres), distribuídos en 12 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 391 habitantes. Pertence ó arciprestado de Montes-Mondariz, na diocese de Tui-Vigo.

Covelo, Palas de Rei

San Xoán de Covelo é unha parroquia do concello de Palas de Rei na comarca da Ulloa, na provincia de Lugo. Segundo o IGE en 2010 tiña 73 habitantes, deles 35 eran homes e 38 eran mulleres, o que supón unha diminución respecto do ano 1999 cando tiña 92 habitantes.

Covelo, Viana do Bolo

San Lourenzo de Covelo é unha parroquia do concello de Viana do Bolo na comarca de Viana, na provincia de Ourense. No ano 2007 tiña 67 habitantes, deles 30 eran homes e 37 eran mulleres.

Fofe, Covelo

San Miguel de Fofe é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Covelo na comarca da Paradanta. Segundo o INE en 2010 tiña 51 habitantes (29 mulleres e 22 homes), distribuídos en 5 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 55 habitantes.

Está atravesada polo río Tea, sobre o cal hai unha ponte medieval.

Freituxe, Bóveda

Santiago de Freituxe é unha parroquia do concello de Bóveda, na provincia de Lugo. Segundo o padrón municipal de 2008 tiña 28 habitantes (18 homes e 10 mulleres), distribuídos nas entidades de Covelo, Freituxe e A Vila, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 41 habitantes e ao ano 1991 cando tiña 51 habitantes.

Limita coas parroquias de Laiosa ao norte, Piño ao sur, Canedo e A Ferreirúa ao leste, e Guntín e Mosteiro ao oeste.

Godóns, Covelo

Santa María de Godóns é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Covelo na comarca da Paradanta. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 252 habitantes (146 mulleres e 106 homes), distribuídos en 10 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 295 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 148 habitantes, sendo 71 homes e 77 mulleres.

Maceira, Covelo

San Salvador de Maceira é unha parroquia que se localiza no oeste do concello de Covelo na comarca da Paradanta. Segundo o IGE en 2011 tiña 414 habitantes (204 mulleres e 210 homes), distribuídos en 15 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 570 habitantes.

O Covelo, Mourentán, Arbo

O Covelo é un lugar da parroquia de Mourentán, no concello pontevedrés de Arbo, na comarca da Paradanta. Segundo o IGE, en 2015 tiña 8 habitantes (4 homes e 4 mulleres).

O Piñeiro, Covelo

San Xoán do Piñeiro é unha parroquia que se localiza no oeste do concello de Covelo na comarca da Paradanta. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 136 habitantes (74 mulleres e 62 homes), distribuídos en 2 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 166 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 96 habitantes, sendo 44 homes e 52 mulleres.

Paraños, Covelo

Santa María de Paraños é unha parroquia que se localiza no aur do concello de Covelo na comarca da Paradanta. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 282 habitantes (142 mulleres e 140 homes), distribuídos en 8 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 268 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 233 habitantes, sendo 117 homes e 116 mulleres.

Prado, Covelo

San Salvador de Prado é unha parroquia que se localiza no oeste do concello de Covelo na comarca da Paradanta. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 157 habitantes (90 mulleres e 67 homes), distribuídos en 9 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 172 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 98 habitantes, sendo 50 homes e 48 mulleres.

Santiago de Covelo, Covelo

Santiago de Covelo é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Covelo na comarca da Paradanta. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 599 habitantes (309 mulleres e 290 homes), distribuídos en 9 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 565 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 494 habitantes, sendo 255 homes e 239 mulleres.

O seu monte veciñal foi recoñecido pola ONU en 2017 como exemplo de conservación e de xestión participada.

Serra do Faro de Avión

A serra do Faro de Avión é unha importante elevación ao sur da dorsal galega situada entre os concellos de Melón, Avión e Carballeda de Avia, na provincia de Ourense, e os concellos de Covelo e A Cañiza na provincia de Pontevedra.

Serra do Suído

A serra do Suído é un sistema montañoso galego, que fai de fronteira entre as provincias de Pontevedra e Ourense. Nesta provincia sitúase nos concellos de Avión e Beariz, e nela nace o río Avia, na de Pontevedra espállase polos concellos da Lama, Fornelos de Montes e Covelo.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.