Covas

Unha cova é unha cavidade entre as rochas. Como topónimo, Covas pode referirse a:

Véxase tamén

Outros artigos

Cortegada, Silleda

Santa María de Cortegada é unha parroquia que se localiza no concello de Silleda. Segundo o IGE de 2011 tiña 273 habitantes (143 mulleres e 130 homes), distribuídos en 15 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 375 habitantes.

Cova

Unha cova, caverna, espenuca, gruta, furna ou pala é unha abertura ou cavidade na superficie da codia terrestre.

Covas, Ames

Santo Estevo de Covas é unha parroquia que se localiza no centro do concello coruñés de Ames, na comarca de Santiago. Ten unha superficie de 5,86 km². Segundo o padrón municipal (INE 2013) ten 867 habitantes (432 homes e 435 mulleres) distribuídos en 9 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 650 habitantes.

Covas, Baralla

Santiago de Covas é unha parroquia que se localiza no concello de Baralla. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 131 habitantes (66 homes e 65 mulleres), distribuídos en 10 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 163 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 105 habitantes, sendo 52 homes e 53 mulleres.

Covas, Ferrol

San Martiño de Covas é unha parroquia rural que se localiza no norte do concello de Ferrol, na provincia da Coruña. Segundo IGE en 2013 tiña 921 habitantes (478 mulleres e 443 homes), distribuídos en 4 entidades de poboación, o que supón unha diminución constante en relación aos anos 2004, cando tiña 973 habitantes, e 1999, con 992 habitantes.

Limita ao norte co Océano Atlántico, ao sur coa parroquia de Esmelle, ao leste coa de Marmancón e ao oeste coa de Esmelle. Covas conta cunha biblioteca especialmente dedicada á promoción da lectura entre o público infantil, fundada pola asociación cultural Columba.

Covas, Maceda

San Xoán de Covas é unha parroquia do concello de Maceda na comarca de Allariz-Maceda da provincia de Ourense. Segundo o IGE en 2014 tiña 4 habitantes (1 home e 3 mulleres) nunha das dúas entidades de poboación que compoñen a parroquia, estando a outra despoboada.

Forma parte da parroquia eclesiástica de Covas que está formada polos 2 lugares desta parroquia civil, máis os 9 lugares da parroquia homónima do concello de Montederramo.

Covas, Meaño

Santa Cristina de Covas é unha parroquia que se localiza ao norte do concello pontevedrés de Meaño. Segundo o padrón municipal de 2016 tiña 326 habitantes (160 mulleres e 166 homes), distribuídos en 6 entidades de poboación, o que supón un descenso continuado respecto ós anos 2010, cando tiña 348 veciños, e 2005, cando eran 365. Ten unha superficie de 2,27 km².

Covas, Negreira

Santa María de Covas é unha parroquia que se localiza no leste do concello coruñés de Negreira, na comarca da Barcala. Segundo o padrón municipal (INE 2014) ten 151 habitantes (77 homes e 74 mulleres) distribuídos en 4 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 224 habitantes.

Covas, Viveiro

San Xoán de Covas é unha parroquia do concello lugués de Viveiro na comarca da Mariña Occidental. No ano 2007 tiña 3.684 habitantes (1.806 homes e 1.878 mulleres) distribuídos en 27 entidades de poboación, o que supón un aumento de 39 habitantes en relación ao ano 2000.

Covas de Abaixo, Sofán, Carballo

Covas de Abaixo é un lugar da parroquia de Sofán no concello coruñés de Carballo na Comarca de Bergantiños. Segundo o Instituto Nacional de Estadística en 2009 tiña 36 habitantes (20 homes e 16 mulleres).

Covas de Arriba, Mourentán, Arbo

Covas de Arriba é un lugar da parroquia de Mourentán, no concello pontevedrés de Arbo, na comarca da Paradanta. Segundo o IGE, en 2015 tiña 18 habitantes (9 homes e 9 mulleres).

Covas de Arriba, Sofán, Carballo

Covas de Arriba é un lugar da parroquia de Sofán no concello coruñés de Carballo na Comarca de Bergantiños. Segundo o Instituto Nacional de Estadística en 2009 tiña 51 habitantes (28 homes e 23 mulleres).

Estación de Covas

Covas é unha estación de tren de Adif, situada en Covas, no concello de Rubiá, provincia de Ourense. Ten servizos de Media distancia operados por Renfe.

Ferrol

Ferrol é unha cidade e concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Ferrolterra, terceira concentración urbana de Galicia, da cal é capital. Segundo o INE en 2017 tiña 67.569 habitantes, dos cales 31.692 eran homes e 35.877 mulleres, sendo a sétima cidade máis habitada de Galicia e a terceira da provincia.

Constitúe unha das cidades galegas máis importantes no eido industrial, cunha especial influencia do sector naval. Tamén conta cunha importante actividade das Forzas Armadas, principalmente da Armada Española, que ten dende o século XVIII unha das súas principais bases navais e un destacado Arsenal Militar.

O concello é unha península, aséntase de cara á ría de Ferrol, aínda que tamén conta cunha destacada fachada litoral cara ó océano Atlántico na zona rural. Limita por terra con Narón. Esa fachada marítima acolle algunhas das máis afamadas praias, como as asentadas nas parroquias de Doniños, San Xurxo, Ponzos ou Covas.

Ademais da cidade, o termo municipal comprende once parroquias rurais e a vila da Graña, considerada como zona urbana a efectos legais aínda que se atope no arrabalde. O concello ten unha densidade de poboación de 852,17 hab./km² e unha superficie de 82,6 km².

Llanes

Llanes é un concello da Comunidade Autónoma do Principado de Asturias, situado no norte de España. Limita ao norte co mar Cantábrico, ao sur con Onís, Cabrales, Peñamellera Alta e Peñamellera Baja, ao leste con Ribadedeva e ao oeste con Cangas de Onís e Ribadesella. Esténdese preto de 30 km ao longo da costa no extremo oriental da rexión. Polo sur atopamos coa Serra do Cuera, que se eleva por enriba dos 1.100 m. A rexión é parte da Costa Verde de España, que se coñece pola súa paisaxe costeira con praias e montañas espectaculares. Llanes atópase ao norte dos Picos de Europa, unha cordilleira montañosa cuxa xeoloxía está case enteiramente constituída de karst de pedra calcaria.

A maioría dos habitantes do concello viven na zona costeira, na cal a vila máis grande é a propia Llanes, cunha poboación de preto de 4.000 habitantes dos preto de 13.000 que ten devandito concello; aínda que durante o verán a poboación total do concello multiplícase.

As tradicións, a gastronomía e as festas da rexión son famosos polo seu colorido e historia. Llanes é un municipio de grande atractivo turístico, a consecuencia do cal xerouse nos últimos anos un notable crecemento urbanístico, con preocupantes efectos ambientais e paisaxísticos.

Meaño

Meaño é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca do Salnés. Segundo o IGE no ano 2016 tiña unha poboación de 5.341 habitantes, o que representa un descenso con respecto ó ano 2005, cando contaba con 5.475 habitantes. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «meañés».

Sarandós, Abegondo

Santa María de Sarandós é unha parroquia que se localiza no oeste do concello de Abegondo na comarca da Coruña. Segundo o IGE en 2016 tiña 525 habitantes (267 mulleres e 258 homes) distribuídos en 13 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 630 habitantes. Linda coa parroquia de Figueiroa ao leste, ao norte e oeste con Carral e Herves e ao sur con Montouto, Abegondo.

Serra da Enciña da Lastra

O Parque Natural da Serra da Enciña da Lastra é unha paraxe protexida que comprende a contorna da serra da Enciña da Lastra, unha das serras orientais de Galiza. Está situado na zona nordés da provincia de Ourense, no concello de Rubiá, comarca de Valdeorras, xusto no límite coa comarca do Bierzo. Foi declarado parque natural no ano 2002. Ten unha extensión de 3151,67 ha e unha altitude media de 684 m.

O parque abrangue a serra e un val calcario de pendentes pronunciadas e cantís entre os que destacan a pena Falcoeira, o val do Inferno ou os penedos de Oulego. O río Sil discorre durante uns catro quilómetros polo extremo oriental do parque, remansado nese tramo polo encoro de Penarrubia. O outro curso de auga permanente é o río Galir, alén da existencia doutros regatos estacionais.Os puntos de máxima altitude da serra son O Piornal, con 1529 metros sobre o nivel do mar e a pena Tara, con 1089 metros, nos penedos de Oulego.

Área de especial interese faunístico e florístico pola seu carácter limítrofe entre a rexión mediterránea e a eurosiberiana, o parque abrangue a mellor representación de vexetación mediterránea en Galicia, con números endemismos de ámbito reducido. Posúe tamén destacadas poboacións de aves rapaces, entre as que destaca a presenza do voitre branco, aguia real e falcón peregrino. A menor dureza do solo calizo propiciou a formación de abundantes covas —que aquí se denominan palas— que acubillan importantes colonias de morcegos, das máis importantes de Galicia. Outro punto de interese radica na presenza de pasteiros mediterráneos característicos de zonas rochosas de montaña.

Udías

Udías é un concello da comunidade autónoma de Cantabria (España). Limita polo norte con Alfoz de Lloredo e Comillas, polo oeste con Valdáliga e polo sur e leste con Cabezón de la Sal. Está situado na comarca da Costa Occidental, aínda que non é un municipio costeiro.

Udías sitúase nun terreo con numerosos outeiros e con algunha covas no subsolo visitadas polos practicantes da espeleoloxía.

Viveiro

Viveiro é un concello e unha cidade, situada na provincia de Lugo, na comunidade autónoma de Galicia. O mesmo tempo, está situado dentro da comarca da Mariña Occidental, da cal é a súa capital. Nela tamén se atopa a sede do partido xudicial número 6 da provincia.

O seu termo municipal está situado na rexión costeira da Mariña, ocupando unha superficie de 109,3 km². Este territorio sitúase no val formado polo río Landro, que se estende polo sur dende os pedemontes da Serra do Xistral, e que desemboca ó norte na ría de Viveiro, que é unha das rías pertencentes á rexión das Rías Altas, que desembocan ó mar Cantábrico.

A fundación de Viveiro data da Idade de Ferro, como se pode ver nos numerosos sitios arqueolóxicos de asentamentos celtas. A partir dos séculos XII e XIII, Viveiro comezou a tomar especial relevancia, coa puxanza da vila medieval, da que hoxe aínda se conserva a súa zona vella.

Viveiro dispón dun variado catálogo patrimonial, no que destacan os seus monumentos históricos de tipo civil e relixioso, o seu patrimonio artístico-cultural e o seu patrimonio natural. Así mesmo, as súas diversas festividades de interese turístico atraen a numerosos visitantes a cidade, entre as que destacan a Semana Santa de Viveiro, a Rapa das Bestas de Candaoso e a Romaría do Naseiro, estando as tres consideradas como Festas de Interese Turístico Nacional.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.