Cova de Gorham

A cova de Gorham (en inglés Gorham's Cave) é unha gruta sita en Xibraltar, no extremo sur da Península Ibérica. Está considerada un dos últimos lugares coñecidos nos que se refuxiaron os derradeiros representantes dos neandertais, que viviron nela hai uns 24.000 anos.

Complexo de covas de Gorham
Gorham's Cave
A cova de Gorham
Patrimonio da Humanidade - UNESCO
PaísReino Unido Reino Unido
(Xibraltar Xibraltar)
Localización36°07′13″N 5°20′31″O / 36.12028, -5.34194
TipoCultural
CriteriosIII
Inscrición2016 (40ª sesión)
Rexión da UNESCOEuropa e América do Norte
Identificador1500
Gibraltar aerial view
Vista aérea de Xibraltar

Situación xeográfica

A cova de Gorham está situada no lado sur da Rocha de Xibraltar. Na actualidade está localizada a uns poucos metros de distancia do mar, pero no tempo en que foi habitada ficaba a uns cinco quilómetros do litoral.

Descubrimento e nome

A gruta foi descuberta polo capitán A. Gorham, membro do 2º Batallón dos Reais Fusileiros de Munster (Royal Munster Fusiliers), en 1907. Del recibe o nome con que é coñecida.

Arqueoloxía

Niveis post-paleolíticos

Desde a súa descuberta a caverna de Gorham foi un lugar de elevado interese arqueolóxico. As escavacións realizadas no sitio deron lugar ao descubrimento de catro capas estratigráficas. O primeiro nivel revelou evidencias da estancia de fenicios e cartaxineses entre o VIII e o III século a.C. Na capa inmediatamente inferior apareceron restos dun breve uso da gruta durante o período neolítico.

Niveis paleolíticos

No nivel III saíron a luz non menos de 240 artefactos do Paleolítico Superior, clasificados dentro dos subperíodos Magdaleniano e Solutreano. Aos antigos moradores desta capa pertencen as realizacións de arte rupestre que se atoparon nas paredes da gruta.

O nivel IV revelou até 103 instrumentos, incluíndo puntas de lanza, coitelos e raspadeiras, identificados como pertencente á época Musteriense, e que mostraban unha utilización durante varios centos de anos. As análises a partir de AMS deron datas para este nivel de entre hai 33.000 e 23.000 anos. Tales datos suxiren unha ocupación até polo menos 28.000 a.C., e talvez mesmo até 24.000.[1] Porén non foi achado ningún resto fósil que permitise unha identificación anatómica que indicase que se estaba ora ante neandertais ou ora ante humanos modernos, ou ben asociábeis ou non cos achados dun humano moderno no relativamente próximo Abrigo do Lagar Velho, Portugal, datado hai uns 24.500 anos, e do que se insinuou que presentaba características de hibridación con neandertais[2]. Con todo a cultura musteriense identifícase habitualmente, en Europa, con neandertais. Isto é o que leva a considerar a cova de Gorham coma un dos refuxios últimos de poboacións neandertais.

Notas

  1. Clive Finlayson, Francisco Giles Pacheco, Joaquín Rodríguez-Vidal, Darren A. Fa, José María Gutiérrez López, Antonio Santiago Pérez, Geraldine Finlayson, Ethel Allue, Javier Baena Preysler, Isabel Cáceres, José S. Carrión, Yolanda Fernández Jalvo, Christopher P. Gleed-Owen, Francisco J. Jiménez Espejo, Pilar López José Antonio López Sáez, José Antonio Riquelme Cantal, Antonio Sánchez Marco, Francisco Giles Guzmán, Kimberly Brown, Noemí Fuentes, Claire A. Valarino, Antonio Villalpando, Christopher B. Stringer, Francisca Martinez Ruiz & Tatsuhiko Sakamoto, Late survival of Neanderthals at the southernmost extreme of Europe, Nature 443, 850-853 (19 October 2006) | doi:10.1038/nature05195, pdf at [1] Arquivado 27 de agosto de 2008 en Wayback Machine.
  2. The early Upper Paleolithic human skeleton from the Abrigo do Lagar Velho (Portugal) and modern human emergence in Iberia - Cidália Duarte, João Maurício, Paul B. Pettitt, Pedro Souto, Erik Trinkaus, Hans van der Plicht, and João Zilhão, PNAS Vol. 96, Issue 13, 7604-7609, June 22, 1999 [2]

Véxase tamén

Ligazóns externas

Clive Finlayson

Clive Finlayson, MBE (nado en 15 xaneiro de 1955) é un zoólogo e paleontólogo de Xibraltar. É o actual director do Museo de Xibraltar. Unha autoridade en neandertais, o profesor Finlayson publicou varias obras, sobre todo con base en súa busca incluíndo escavacións en curso na cova de Gorham, en Xibraltar, o último sitio coñecido dos neandertais.

Migracións humanas prehistóricas

Co nome de migracións humanas prehistóricas, e tamén co de expansión da humanidade, coñécense unha serie de procesos polos cales o ser humano se foi estendendo paulatinamente desde os seus lugares de orixe até colonizar todas as rexións habitábeis do planeta Terra.

A evolución humana tivo lugar en África. Primeiramente o Homo erectus emigrou desde África cruzando Eurasia, nun proceso que comezou hai uns 2 millóns de anos. A expansión do Homo erectus foi seguida pola do Homo sapiens.

O H. sapiens alcanzou o Oriente Próximo arredor de hai 70.000 anos. Desde alí, as poboacións humanas estendéronse até Asia sudoriental hai uns 50.000 anos, e despois pasaron a Australia hai uns 40.000 anos (un territorio ao que nunca chegara o Homo erectus). O Homo sapiens alcanzou Europa así mesmo hai uns 40.000 anos. A Asia oriental chegou hai 30.000 anos.A data do paso a América é controvertida; puido suceder hai 30.000 anos ou, quizais, moito máis cedo, hai 14.000 anos.

A colonización das illas do Océano Pacífico por un lado, e a expansión dos esquimós polo Ártico por outro, non foi completada polo Homo sapiens até o 1º milenio da era común.

Paleolítico superior

O Paleolítico superior é o período da Prehistoria caracterizado polo dominio do home moderno en Europa (Homo sapiens), con desenvolvemento de novas técnicas (láminas líticas, industria ósea) e a explosión da arte prehistórica. Cronoloxicamente o seu inicio sitúase arredor de 40.000 a.n.e. e o seu final sobre 9.000 a.n.e.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.