Couso de Limia, Sandiás

Santa María de Couso de Limia é unha das tres parroquias que forman o concello de Sandiás, situado na comarca da Limia, provincia de Ourense. En 2011, segundo o IGE, tiña 468 habitantes (216 homes e 252 mulleres).

Couso de Limia
Iglesia de Santa Maria de Couso da Limia 2
Igrexa de Santa María de Couso de Limia.
ConcelloSandiás
Poboación468 hab. (2011)
Entidades de poboación3

Patrimonio

No Couso, lugar que da nome á parroquia, atópanse a igrexa de Santa María de estilo románico con posteriores reformas do século XVII, e o pazo do Telleiro do século XVIII.

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes de Couso de Limia, Sandiás.
Iglesia de Santa Maria de Couso da Limia

Igrexa de Santa María de Couso de Limia.

Lugares e parroquias

Parroquias de Sandiás

Véxase tamén

Outros artigos

Cerredelo, Couso de Limia, Sandiás

Nocedo é un lugar da parroquia de Couso de Limia, no concello ourensán de Sandiás, na comarca da Limia. Segundo o Instituto Galego de Estatística, no 2010 tiña 60 habitantes (25 homes e 35 mulleres), o que supón que variou o número de habitantes con respecto ao ano 2009 cando tiña 65 habitantes.

Galería de imaxes de Galicia

Galería de imaxes de Galicia.

Limia

Limia pode referirse a:

Río Limia, un río ibérico que decorre por Galiza e por Portugal.

Comarca da Baixa Limia, unha comarca galega situada na provincia de Ourense

Comarca da Limia, unha comarca galega situada na provincia de Ourense

Xinzo de Limia, un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca da Limia.

Condado da Limia, a denominación dunha antiga rexión altomedieval e baixomedieval que se situaba na actual provincia de Ourense ademais de chegar ata Viana do Castelo, seguindo o curso do río Limia.

Baixa Limia - Serra do Xurés, un parque natural que abrangue seis concellos galegos e cinco portugueses

Xinzo de Limia, unha parroquia do concello ourensán de Xinzo de Limia.

Couso de Limia, Sandiás, unha parroquia do concello ourensán de Sandiás.

Prado de Limia, Muíños, unha parroquia do concello ourensán de Muíños.

Souto de Limia, Muíños, unha parroquia do concello ourensán de Muíños.

Solbeira de Limia, Xinzo de Limia, unha parroquia do concello ourensán de Xinzo de Limia.

O Couso, Couso de Limia, Sandiás

O Couso é un lugar da parroquia de Couso de Limia, no concello ourensán de Sandiás, na comarca da Limia. Segundo o Instituto Galego de Estatística, no 2010 tiña 250 habitantes (116 homes e 134 mulleres), o que supón que variou o número de habitantes con respecto ao ano 2009 cando tiña 261 habitantes.

San Bieito

O nome de San Bieito pódese referir aos seguintes santos do cristianismo:

Bieito de Nursia, celebrado o 11 de xullo;

Benedito Abade, festexado o 11 de xaneiro;

Benedito Biscop, abade e confesor, conmemorado o 12 de xaneiro;

Bieito de Aniane, freire, festexado o 12 de febreiro;

Bieito Crispo, festexado o 11 de marzo;

Benedito Revelli, festexado o 12 de febreiro;

Bieito o Mouro, festexado o 4 de abril;

Bieito Xosé Labre, conmemorado o 16 de abril;

Bieito II, papa, festexado o 8 de maio;

Bieito Menni, festexado o 24 de abril;

Bieito Mártir, festexado o 13 de outubro.Como topónimo, San Bieito pode referirse a:

Alto de San Bieito, cimo maior da Serra do Candán, con 1.017 metros de altura.Dá nome aos seguintes templos ou celebracións relixiosas:

Igrexa de San Bieito de Fefiñáns, templo católico do s. XVII, na praza de Fefiñáns (Cambados);

Romaría de San Benitiño de Lérez, celebrada o 11 de xullo en Lérez (Pontevedra;

Romaría do San Bieito da Uceira, celebrada o luns de Pascua e os segundos domingos de xullo na ermida do San Bieito no monte da Uceira, preto do lugar de Cerredelo (Couso de Limia, Sandiás).

Vilariño das Poldras, Couso de Limia, Sandiás

Vilariño das Poldras é un lugar e pedanía do concello de Sandiás, na parroquia de Couso de Limia. Nel atópase o pazo do Penedo do século XVI, que sufriu posteriores ampliacións e reformas no século XVIII.

Neste lugar atopáronse no ano 1995 tres miliarios (Milla LXVII) da Vía Nova ou Vía XVIII que unía Bracara Augusta (Braga) con Asturica Augusta (Astorga) estando o de maior tamaño dedicado ó Emperador Maximino e ó seu fillo Máximo (235-238 d.C.).

Neste lugar celébrase a Romaría do San Mateo, famosa pola súa feira de cabalos e polas pavías, os días 20 e 21 de setembro.

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.