Courel

O topónimo galego Courel pode referirse a:

Castelo do Carbedo

O castelo do Carbedo é unha fortaleza de orixe medieval, situado preto da aldea do Carbedo (Esperante, Folgoso do Courel).

Está situado a 930 m de altitude no cumio dun outeiro, na beira da estrada de Seoane a Visuña. Consérvanse as ruínas de muros, unha torre circular e divisións interiores.

Non se sabe certa a súa data de construción pero xa aparece citado en 1550 polo Licenciado Molina, que o chama "Fortaleza de Courel". Pertenceu a Nuno Peláez, que máis tarde o deixou aos Cabaleiros da Orde de Santiago.

Comarca de Quiroga

A comarca de Quiroga é unha comarca galega situada no sueste da provincia de Lugo, na fronteira coa comunidade de Castela e León. A súa capital é Quiroga e pertencen a ela os concellos de Folgoso do Courel, Quiroga e Ribas de Sil.

Dobramento xeolóxico de Campodola-Leixazós

O dobramento xeolóxico de Campodola-Leixazós é un dobramento recorrente nas montañas do Courel, en Quiroga, que se formou no carbonífero.Este elemento xeolóxico foi catalogado como monumento natural e ocupa un espazo de 90 hectáreas entre os lugares de Campodola, O Hospital, e Leixazós, Pacios da Serra. É ademais un Geosite español e parte do Xeoparque das Montañas do Courel.

Esperante, Folgoso do Courel

San Pedro de Esperante é unha parroquia do concello de Folgoso do Courel na comarca de Quiroga, na provincia de Lugo. Tiña 97 habitantes en 2016, segundo datos do Instituto Galego de Estatística, 53 homes e 44 mulleres. O que supón unha diminución de 20 habitantes respecto ao ano 2007 cando tiña 117 habitantes (64 homes e 53 mulleres).

Nesta parroquia, no lugar do Carbedo, foi atopada unha Tabula Hospitalis, unha peza en bronce cun texto en latín da época da romanización de Galicia.

Folgoso do Courel

Folgoso do Courel é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca de Quiroga. Segundo o IGE en 2018 tiña 1.018 habitantes (1310 no 2006, 1346 no 2005, 1397 no 2004, 1448 no 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «courelao».

Folgoso do Courel, Folgoso do Courel

Santa María de Folgoso do Courel é unha parroquia do concello de Folgoso do Courel na comarca de Quiroga, na provincia de Lugo. Segundo o Instituto Galego de Estatística en 2016 tiña 316 habitantes (171 homes e 145 mulleres), 43 menos ca en 2007 (192 homes e 167 mulleres).

Hórreos, Folgoso do Courel

San Pedro de Hórreos é unha parroquia do concello de Folgoso do Courel na comarca de Quiroga, na provincia de Lugo. Tiña 14 habitantes en 2016, segundo datos do Instituto Galego de Estatística, 10 homes e 4 mulleres. O que supón un aumento dun habitante respecto ao ano 2007 cando tiña 13 habitantes (9 homes e 4 mulleres).

María Mariño

María Mariño Carou, nada en Noia o 8 de xuño de 1907 e finada en Seoane do Courel, Folgoso do Courel, o 19 de maio de 1967, con escasa obra (poética en galego e narrativa en castelán), foi unha das escritoras galegas máis importantes do século XX, encadrada na xeración do 36, reivindicada para a literatura galega pola xeración Brais Pinto, especialmente por Uxío Novoneyra e Xosé Luís Méndez Ferrín. Da súa autoría son Palabra no tempo (1963) e Verba que comenza (1990). Compaxinou a súa actividade intelectual cunha vida discreta e moi apartada dos cenáculos literarios. En plenario do 7 de xullo de 2006, os membros da Real Academia Galega decidiron dedicarlle o Día das Letras Galegas do ano 2007.

Meiraos, Folgoso do Courel

Santa María de Meiraos é unha parroquia do concello de Folgoso do Courel na comarca de Quiroga, na provincia de Lugo. Segundo o IGE en 2016 tiña 123 habitantes, deles 62 eran mulleres e 61 eran homes, o que supón unha diminución con respecto ao ano 1999 cando tiña 188 habitantes.

Noceda, Folgoso do Courel

San Pedro de Noceda é unha parroquia do concello de Folgoso do Courel na comarca de Quiroga, na provincia de Lugo. Tiña 126 habitantes en 2016, segundo datos do Instituto Galego de Estatística, 62 homes e 64 mulleres. O que supón unha diminución de 30 habitantes respecto ao ano 2007 cando tiña 156 habitantes (74 homes e 82 mulleres).

Parque natural

Un parque natural é, no marco lexislativo galego, un espazo natural declarado como parque por estar pouco transformado pola explotación ou pola ocupación humana e que, en razón á beleza das súas paisaxes, a representatividade dos seus ecosistemas ou a singularidade da súa flora, da súa fauna ou das súas formacións xeomorfolóxicas, posúe uns valores ecolóxicos, estéticos, educativos e científicos, co cal a súa conservación merece unha atención preferente. Poden ser marítimos ou terrestres, e encontrarse na montaña, no mar, no deserto ou en calquera outro espazo definido xeograficamente.

Seceda, Folgoso do Courel

San Silvestre de Seceda é unha parroquia do concello de Folgoso do Courel na comarca de Quiroga, na provincia de Lugo. No ano 2014 tiña 26 habitantes, deles 13 eran homes e 13 eran mulleres.

Seoane do Courel, Folgoso do Courel

San Xoán de Seoane do Courel é unha parroquia do concello de Folgoso do Courel, na provincia de Lugo. Seoane do Courel foi ata a guerra civil a capital do concello.

Linda ó norte con Meiraos, Folgoso do Courel e Seara polo sur, Esperante e Visuña polo este e San Xoán de Lóuzara e Seceda polo oeste.

Serra da Trapa

A Serra da Trapa é unha pequena aliñación montañosa da serra do Courel, que se estende en dirección NNL-SSO entre as parroquias de Parada dos Montes, na Pobra do Brollón e Vilamor, en Folgoso do Courel.

O seu cumio de maior altura é o monte Legua ou Pena dos Catro Cabaleiros, que acada os 1.301 metros sobre o nivel do mar.

Serra do Courel

A serra do Courel é unha cordilleira montañosa situada no sueste da provincia de Lugo que se estende polos concellos de Folgoso do Courel, na súa maior parte, Quiroga e Pedrafita do Cebreiro.

Serra do Oribio

A serra do Oribio é unha das serras orientais de Galiza. Esténdense en dirección E-SO por terras dos concellos de Samos e Triacastela. Está limitada ao norte polo val do río Sarria e ao sur polo río Lóuzara A serra está conformada por pelitas. Na vertente oeste nacen varios afluentes do río Sarria e na leste do Lóuzara.

Está incluída como espazo natural no denominado Ancares-Courel.

O punto de maior elevación é o pico Oribio, con 1.447 metros sobre o nivel do mar.

Uxío Novoneyra

Uxío Novoneyra, nado como Eugenio Novo Neira en Parada (Seoane do Courel, no concello de Folgoso do Courel), o 19 de xaneiro de 1930 e finado en Santiago de Compostela o 30 de outubro de 1999, foi un poeta e escritor galego. Sendo fillo dunha familia de labregos, O Courel foi o principal referente físico para os seus versos, considerados dos mellores no tocante á paisaxística, dentro da literatura galega. Xosé Luís Méndez Ferrín encadrouno dentro da Xeración das Festas Minervais. A Real Academia Galega escolleuno como figura homenaxeada no Día das Letras Galegas do ano 2010.

Vilamor, Folgoso do Courel

San Vicente de Vilamor é unha parroquia do concello de Folgoso do Courel na comarca de Quiroga, na provincia de Lugo. Segundo o Instituto Galego de Estatística en 2016 tiña 134 habitantes (75 homes e 59 mulleres), 22 menos ca en 2007 (86 homes e 70 mulleres).

Visuña, Folgoso do Courel

Santa Eufemia de Visuña é unha parroquia do concello de Folgoso do Courel na comarca de Quiroga, na provincia de Lugo. Tiña 28 habitantes en 2016, segundo datos do Instituto Galego de Estatística, 15 homes e 13 mulleres. O que supón unha diminución de 22 habitantes respecto ao ano 2007 cando tiña 50 habitantes (26 homes e 24 mulleres).

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.