Costa de Dexo-Serantes

A Costa de Dexo, ou Dexo-Serantes, é un espazo natural declarado monumento natural e zona especial de conservación (ZEC) que vai desde o faro de Mera ata o porto de Lorbé en Oleiros.[1][2][3][4] É zona de costa de 11 km con cantís, exposta e con matogueiras acostumadas a ambientes halinos e con fortes ventos, que inclúe a todas as illas e illotes próximos á costa.[5] É unha costa de xistos cristalinos e de rochas metamórficas de fácil erosión cun perfil de cantís serrados e fortemente erosionados, con praias encaixadas.[6]

Este espazo costeira é dos poucos ben conservados en toda a Costa Ártabra. Como destaca pola súa paisaxe, a súa xeomorfoloxía, e é zona de aniñamento de aves como corvo mariño cristado, a gaivota do Caspio, e o andoriñón real declarouse espazo de interese de conservación e monumento natural. A zona costeira neste lugar está formada por cantís nos que aniñan varias especies de aves mariñas.

Abrangue 266 ha. como monumento natural desde o 2000[7], e 346.53 ha. como zona especial de conservación en 2014, despois de ser declarada como lugar de importancia comunitaria no 2004.[4]

A zona viuse afectada polo desastre do Prestige (2002).

Coordenadas: 43°23′57″N 8°19′39″O / 43.3992, -8.3275

Costa Dexo
Faro de Mera, Oleiros.
Marco Legal
Figura de Protección: ZEC, Monumento natural
Ano de constitución: Decembro de 2004
Superficie: 346.53 ha. (15% de área mariña)
Lexislación: Monumento natural o 10 de maio de 2000, LIC o 29 de decembro de 2004, ZEC 31 de marzo de 2014.[1][2][3]
Datos de interese
País: Galicia Galicia
Provincias: A Coruña
Concellos: Oleiros
Ríos:
Picos
Direccións de interese:
Teléfonos:
Porto de Lorbé, Dexo, Oleiros
Porto de Lorbé.
Costa de Dexo (A Coruña, Galicia, España) 08
Gaivota patiamarela na costa de Dexo.

Hábitats e flora

O litoral ten furnas mariñas e arrecifes, así como bancos de area con auga mariña a pouca profundidade. As calas do litoral algunha é grande e de pouca fondura. A vexetación deste litoral destaca é de argazos e a vexetación perenne nos coídos. A flora dos cantís é a propia de rexións atlánticas e bálticas. Na costa hai pequenos mananciais petrificantes e algún rego basal, con vexetación de ranúnculos somerxidos. Os rochedos do litoral, que son silíceos, teñen vexetación casmófita.[4]

Ten queirogais como Erica ciliaris e Erica tetralix, propios de zonas húmidas atlánticas, e outros de solos secos. No litoral hai estepas de gramíneas e prados en solos con turba ou arxila con Molina careulea ou xuncos. Outros prados son de sega baixa con Alopecurus pratensis ou Sanguisorba officinalis. Os montes aluviais son de freixos, Fraxinus excelsior, e ameneiros, Alnus glutinosa.[4]

Fauna

Anfibios e réptiles

As especies de anfibios e réptiles do Anexo II da Directiva 92/43/CEE presentes no espazo son:

Mamíferos

As especies de mamíferos do Anexo II da Directiva 92/43/CEE presentes no espazo son:

Aves

Algunhas aves presentes no espazo son:

Galería de imaxes

Costa de Dexo (A Coruña, Galicia, España) 03

Costa de Dexo e o faro de Mera.

Costa de Dexo (A Coruña, Galicia, España) 06

Vistas da cidade da Coruña e a Torre de Hércules.

Costa de Dexo (A Coruña, Galicia, España) 07

Costa de Dexo-Serantes.

Costa de Dexo (A Coruña, Galicia, España) 02

A Coruña dende Dexo.

Costa de Dexo (A Coruña, Galicia, España) 01

Toxos en flor.

Notas

  1. 1,0 1,1 "Decisión da Comisión, do 7 de decembro de 2004, pola que aproba, de conformidade coa Directiva 92/43/CEE do Consello, a lista de lugares de importancia comunitaria da región bioxeográfica atlántica [notificada co número C(2004) 4032]. «DOUE» núm. 387, de 29 de dicembro de 2004, páxinas da 1 á 96 (96 págs.) DOUE-L-2004-83030.". Consultado o 2017-07-07.
  2. 2,0 2,1 "DECRETO 37/2014, do 27 de marzo, polo que se declaran zonas especiais de conservación os lugares de importancia comunitaria de Galicia e se aproba o Plan director da Rede Natura 2000 de Galicia. Decreto do DOG nº 62 do 2014/3/31 - Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Xunta de Galicia". Consultado o 2017-07-07.
  3. 3,0 3,1 "DECRETO 72/2004, do 2 de abril, polo que se declaran determinados Espazos como Zonas de Especial Protección dos Valores Naturais. Consellería de medio ambiente, Xunta de Galicia". Consultado o 2017-07-07.
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 "Costa de Dexo, Código ZEC ES1110009. Xunta de Galicia.". Consultado o 2017-07-06.
  5. "Monumento Natural Costa de Dexo-Serantes. CEIDA".
  6. Consellaria de Medio Ambiente, Ordenación e Territorio, Xunta de Galicia. (eds.). "Monumento Natural: Costa de Dexo".
  7. CEIDA (eds.). "Decreto 101/ 2000, do 31 de marzo, polo que se declara monumento natural a costa de Dexo" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 21 de decembro de 2006. Consultado o 20 de febreiro de 2007.

Véxase tamén

Outros Artigos

Ligazóns externas

A Marola

A Marola é un pequeno illote situado fronte á costa de Dexo-Serantes, no concello de Oleiros na Comarca da Coruña.

Dexo

O topónimo galego Dexo pode referirse a:

Dexo, parroquia do concello de Oleiros;

Dexo, lugar de dita parroquia;

Costa de Dexo-Serantes, espazo natural no Arco Ártabro.

Faro de Mera

O faro de Mera é un faro de enfilación composto de dúas torres de cor vermella na súa vista anterior e branca na posterior. Está situado na parroquia de Mera, no concello de Oleiros

Monumento natural

Un monumento natural é un elemento da natureza que ten un valor paisaxístico, xeolóxico, histórico ou social e é único a causa da súa rareza, das súas cualidades estéticas, ou do seu significado cultural.Os monumentos naturais están nalgúns países suxeitos a unha protección legal, que define as características dos monumentos, identifícaas, e realiza o inventario dese patrimonio para logo reforzar a protección ofrecida.

O mar na cultura popular galega

A seguir recóllese a presenza do mar na cultura popular galega, na etnografía e na literatura de transmisión oral.

Oleiros

Oleiros é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca da Coruña. Segundo o IGE no 2018 tiña 35.559 habitantes (34.963 no 2015, 33.550 no 2010, 31.694 no 2007, 31.264 no 2006, 30.467 no 2005, 29.671 no 2004). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «oleirés/oleiresa».

Seixo Branco

O Seixo Branco é como se coñece un filón branco de cuarzo situado na costa de Dexo-Serantes, facilmente recoñecible dende o mar, e que, inclusive serve de orientación aos navegantes pola zona.

Espazos protexidos de Galicia
Parque Nacional:
Parque Natural:
Monumento Natural:
Rede Natura 2000:
Zona húmida protexida:
Reserva da Biosfera:
Outros:

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.