Costa da Morte

A Costa da Morte é a franxa costeira galega que gañou ese nome polos numerosos naufraxios acontecidos no século xix e comezos do século xx e que se popularizaron a través da literatura galega e inglesa. Un dos naufraxios de máis repercusión nos medios foi o dos mariñeiros do Serpent, que naufragaron en 1890 e se enterraron en Cabo Vilán.[2]

Algunhas veces a Costa da Morte foi delimitada como a costa que vai desde o cabo Fisterra ata as illas Sisargas, en Malpica, e outras mesmo desde Muros ata A Coruña.[3][4]

Os actuais proxectos gobernamentais,das agrupacións locais e europeos adoitan incluír dentro da Costa da Morte as comarcas de Bergantiños, Terra de Soneira e Fisterra e parte de Xallas ,Muros e A Coruña ; incluíndo os concellos de Cabana de Bergantiños, Camariñas, Carballo, Carnota, Cee, Coristanco, Corcubión, Dumbría, Arteixo,Fisterra, A Laracha, Laxe, Malpica de Bergantiños, Mazaricos, Muxía, Ponteceso, Vimianzo e Zas.[2][3][5][6][7][8]

Agás as vilas costeiras, o litoral e o espazo marítimo están catalogados como espazos naturais LIC e ZEC por ser unha área de importancia para as aves acuáticas que hibernan alí, un refuxio de fauna e pola vexetación dos seus cantís e polas peculiaridades xeolóxicas da costa.[9][10]

Costa da Morte
Cruceirocabo6
Localización administrativa
EstadoEspaña España
DivisiónProvincia da Coruña
SubdivisiónA Laracha, Carballo, Coristanco, Malpica, Ponteceso, Cabana, Laxe, Zas, Vimianzo, Camariñas, Muxía, Cee, Corcubión, Fisterra, Dumbría, Mazaricos ,Carnota e Arteixo[1]
Localización xeográfica
Océano / MarOcéano Atlántico
ContinenteEuropa
ArquipélagoIllas Sisargas
Xeografía
SubdivisiónsRía de Corme e Laxe
Ría de Camariñas
AfluentesRío Anllóns
Río Grande
Accidentes
CabosCabo Fisterra
Cabo da Nave
Cabo Roncudo
Características
Outros datos
FarosFaro das Illas Sisargas
Faro de Punta Nariga
Faro de Fisterra
Faro de cabo Vilán
Mapa
Hidrogalicia vertente costa da morte

Vertente da Costa da Morte

O nome

Artigos en xornais do século xix recollen os primeiros usos escritos de costa da morte. Algúns autores consideran que eses son os primeiros usos dese nome para esta costa.[3][4] A literatura do século xix evocou os naufraxios en cabo Vilán e Fisterra: Rosalía de Castro relatou como "numerosas embarcacións foron alí sempre xoguete das ondas irritadas" e que "como lixeiras plumas desapareceron nun instante da superficie das augas".[11] Sobre do cabo Vilán, Eduardo Pondal dixo, versando, que este "Cumpre se cadra unha fatal condena... Testigo de naufraxios e combates" en referencia a naufraxios na costa das décadas finais do século.[12] Un artigo de 1905, ilustrando o número de naufraxios e incidencias de navegación, anotou nun mapa todo o litoral desde Vigo a Ferrol como "Costa de la Muerte".[13] Nesas décadas o goberno formulou plans para resolver un segundo ciclo de alto número de traxedias marítimas neste litoral e chamoulle á costa noroeste galega "costa brava ou da morte" no proxecto lexislativo.[4][14] Nesas datas, en 1905, Emilia Pardo Bazán usou o mesmo termo mencionando os "traidores cantís" e a "garra do monstro estendida para agarrar con forza as ondas".[15] En 1920 nun artigo da revista coruñesa El Orzán describiuse unha travesía preto da illa de Sálvora e dicía que a "costa da morte" estaba "saturada de prestixio literario coa súa lenda de traxedias".[16]

Viaxeiros ingleses publicaron artigos e estenderon a fama da costa empregando "coast of death", con descricións como a seguinte de 1922, no século xix e xx:[17][18]

Os tópicos que se foron asentando sobre esta franxa costeira relatáronse nas seguintes décadas.[4] Algún texto describe como un barco abandonado preto de Baldaio navegaba sen tripulación dicindo que era "tripulado só pola Morte, [e que] foi visto á mesma hora en toda costa brava. Desde A Coruña ata Fisterra.[4][19]

Límites

Cabo Vilán. Camariñas. Galiza
Cabo Vilán, en San Xurxo de Camariñas, preto de Punta Boi.

Algúns autores argumentan que se lle acuñou o nome de costa da morte á costa que vai das illas Sisargas e a ría de Muros polos elevado número de naufraxios acontecidos no século xix, sendo moitos deles barcos de bandeira inglesa.[4] Esa denominación mariñeira referiuse de diferentes xeitos, incluíndo sempre dun xeito ou doutro, á rexión litoral que comprende a costa que vai de Malpica de Bergantiños a Fisterra.[5]

Na actualidade algúns plans de actuación gobernamental (como os de promoción económica, os elaborados por agrupacións locais ou de portais de novas) empregan a denominación Costa da Morte marcando outros límites, por exemplo, referíndose a todos os concellos da Laracha ata Muros; isto é, a comarca de Bergantiños, Terra de Soneira, Fisterra e Muros.[5][6][7][20][21]

Naufraxios

Son moitos os naufraxios que se produciron nesta zona ao longo da historia. Compilacións feitas con rexistros sobre dos naufraxios na Costa da Morte contabilizaron ata 643 naufraxios, sobre dun total dos 1370 do litoral galego dos que haxa rexistros escritos. O número de persoas desaparecidas na Costa da Morte foi amplo, e o de mortos puido superar as 5984 persoas.[22]

HMS Serpent ship (1887)
O HMS Sepent afundido en 1890 en Punta Boi, Camariñas

A Armada de Padilla, que contou con tres galeóns e naos e tripulación portuguesa, francesa e irlandesa, esbourou preto de Fisterra en outubro de 1596 deixando 1723 mortos, que foron soterrados nos areais de Fisterra.[22][23] Restos desta frota foron descubertos na costa fisterrá no 2015.[24] O barco bilbaíno Cantabria, saído de Bos Aires, esbourou en 1773 diante de Coenda, Camariñas, deixando 51 mortos. En 1870 o barco británico HMS Captain de Plymouth varou ao sur do cabo Fisterra deixando 453 mortes. En 1890 o barco británico HMS Serpent, que partiu de Plymouth camiño de Serra Leoa, chocou contra A Punta do Boi por mor dun temporal. Nesa catástrofe morreron 169 persoas e soterráronse preto da praia onde vararon, a Praia do Trece en Camariñas no Ceminterio dos Ingleses.[25] Entre 1900 e a primeira guerra mundial contabilízanse 22 mortos por naufraxios, ata o 1950 outros 33, e ata o 2014 outros 47.[22]

Moitos naufraxios deron nome a cabos ou baixos, coma os baixos do Serpent e do Lucin, en Trece, e o Atain, en Traba.

Lista de naufraxios ata 1907

Nome do barco País Ano Lugar Vitimas
Ataín Inglaterra - Praia do Arnado, Traba -
Mary Galicia - Zona de Corme -
Sisargas Galicia - Zona de Corme -
Everilda Galicia - Zona de Corme -
Corme Galicia - Zona de Corme -
Joven Consuelo Galicia - Zona de Corme -
Felicidad Galicia - Zona de Corme -
Franch España - Zona de Corme -
Pazoco España - Zona de Corme ?-
Clara Campos España - Zona de Corme -
Embaka Inglaterra - Zona de Touriñán -
M. Kastanau Grecia - Carrumeiro -
Padova Italia - Zona de Corme -
Bonita España - Zona ría Corcubión -
Rosalía España - Zona ría Corcubión -
Hawringz Inglaterra - Zona ría Corcubión -
Jacqueline Francia - Zona ría Corcubión -
Eraclito Grecia - zona ría Corcubión -
Ribadavia Inglaterra - Trece, Camariñas -
Cantabria España 1773 Coenda, Camariñas 15
Franlla Francia 1815 Cabo Vilán, Camariñas 4
Adelaide Inglaterra 1830 Ría de Corme e Laxe 16
Great Liverpool Inglaterra 1846 Ría de Corcubión 3 [23]
Wolfstrong Inglaterra 1870 Negra, Arou 28
Captain Inglaterra 1872 Preto de Fisterra 800 +
Rouseull Inglaterra 1874 Centolo, Fisterra -
Revanchil Inglaterra 1875 Negra, Arou -
Perranchins Francia 1875 Negra, Arou -
Lionne Francia 1875 Centolo, Fisterra -
John Tenat Inglaterra 1875 Lagosteira, Fisterra -
Mercante España 1875 Cabo Fisterra 9
Duró España 1876 Baleas, Camariñas -
Falcón Inglaterra 1877 Lagosteira, Fisterra -
Sirsam Inglaterra 1877 Estorde -
Margarita Italia 1878 Lagosteira, Fisterra -
Bitten Inglaterra 1878 Cabo Fisterra 10
Europa Inglaterra 1878 Cabo Touriñán -
Irurac-Bat España 1882 Cabo Touriñán 31
Douro Inglaterra 1882 Cabo Touriñán 42
Sunrise Inglaterra 1882 Fisterra -
Chamois Inglaterra 1883 Cabezo, Camelle -
Iris Hull Inglaterra 1883 Ponta do Boi, Camariñas 37
Huelva Inglaterra 1885 Percebeira, Camelle -
Tumbridge Inglaterra 1890 Punta do Boi, Camariñas -
Dervenwater Inglaterra 1890 Illote Lobeiras 2
HMS Serpent Inglaterra 1890 Punta do Boi, Camariñas 172
Loss of the Trinacria Inglaterra 1893 Punta do Boi, Camariñas 30
Brignetti Italia 1893 Arnela, Camariñas -
Seebold España 1895 Baleas, Camariñas -
Constancia España 1896 Carniceira, Camariñas -
Daylight Inglaterra 1897 Pelouro, Arou -
City of Agra Inglaterra 1897 Baixo Negro, Arou 29
Standard Noruega 1897 Baixo Negro, Arou 3
Saint Weller Inglaterra 1898 Percebeira, Camelle -
Saint Marc Inglaterra 1898 Pedra do Sal, Arou -
Barcelona Alemaña 1898 Capelo, Santa Mariña -
Svea Noruega 1898 Cabo Touriñán -
Óscar Austria 1899 Barrosas, Roncudo -
Boedo e Ponte España 1900 Barra, Cabana 4
Turret Inglaterra 1900 Praia do Rostro -
Gijón España 1900 - -
Annubis Grecia 1900 Cabo Touriñán -
Rivera Inglaterra 1901 Cabo Touriñán -
Skuld Stawanger Inglaterra 1901 Illote Lobeiras -
Nsa. Señora do Carme España 1901 Ría de Corcubión -
Signore Mazzini Italia 1902 Arou ?
Svtford Suecia 1903 Fisterra 9
Kenmore Inglaterra 1904 Praia de Traba 6
Draga Rosario 2 Países Baixos 1904 Batidora - Santa Mariña -
Yeoman Inglaterra 1904 Pedra do Porto 4
Ereza España 1904 Ría de Corbión -
Forstec Inglaterra 1904 Lagosteira -
Polimnya Grecia 1904 Carrumeira -
Francisca Rosa España 1904 Lobeiras -
Preston Inglaterra 1906 Punta do Boi -
Gladiator España 1907 Roncudo -
Denewel Inglaterra 1907 Ría de Corcubión -
Côtes d'Espagne partie de la Galice depuis le Cap Ortegal jusqu'au Cap Silleiro d'après les Plans levés en 1787 par Don Vicente Tofiño officier de la Marine d'Espagne
CÔTES
D ' E S P A G N E
PARTIE DE LA GALICE
depuis le CAP ORTEGAL jusqu'au CAP SILLEIRO, 1793.

Lista de naufraxios dende 1907

Lista dalgúns naufraxios ocorridos na Costa da Morte dende 1907.[3][26]

Nome do barco País Ano Lugar Vitimas
Parranchins Francia Enseada do Trece
Rosario 1908 Laxe do Boi
Trevider 1911 Enseada do Trece
Natalia España 1915 Pedra do Porto, Camelle
Black Arrow Estados Unidos de América 1921 Cabo Vilán 0
Luz España 1923 Laxe do Boi
Santa Maria 1923 Arou
San Fernando 1925 Enseada do Trece
Nil Francia 1927 Arou 0
Trebezy Inglaterra 1929 Enseada da Arnela
María del Carmen 1931 Punta da Barca 2
Boris Sheboldaef Rusia 1934 Pedra do Porto, Camelle 0
Alekos Grecia 1935 Enseada do Trece
Modesto Fuentes España 1935 Enseada do Trece
Yale Hermoso Portugal 1941 Punta da Pedrosa
Nord Atlantic Alemaña 1943 Cabo Vilán
Maria Laar Grecia 1950 Punta do Capelo 0
Castillo de Monteagudo 1951 Arou 0
Mina Sorriego 1954 Punta da Barca 11
Olimpie Francia 1955 Punta do Boi
Banora Marrocos 1965 Cabo Vilán 0
José Antonio Lasa 1966 Punta da Barca 11[27]
Begoña Corme 1966 Punta do Boi
Inogedo 1970 Punta Buitra
Nadalmar 7 1981 Punta da Barca 0
Star Ann Reino Unido 1983 Laxe do Boi
Larra 1987 Punta da Barca 0
A Xana 1991 Punta da Barca 5[27]
Prestige Grecia 2002 30 millas do cabo Vilán

Turismo

Véxase tamén: Zona especial de conservación da Costa da Morte.

A Costa da Morte conta cun rico patrimonio paisaxístico, etnográfico e megalítico. O seu litoral e costa están declarados como Lugar de importancia comunitaria.

A costa da morte tivo en 2016 323 mil visitas turísticas, das cales dous terzos eran de turistas estranxeiros.[28] Conta con patrimonio como cabo Fisterra, dos faros máis visitados de Europa, e que estivo declarado entre o 2007 e 2015 como Patrimonio Europeo.[29][30]

Arqueoloxía

A zona é notable pola conservación de moitos monumentos megalíticos, que levou á planificación para algúns deles do proxecto Parque Arqueolóxico do Megalitismo da Costa da Morte (v. lista completa en Lista de megálitos de Galicia#Provincia da Coruña).

Ponteceso

Pedra da Serpe (5640900216)
Pedra da serpe
  • Pedra da Serpe, en Gondomil, Ponteceso. É un gravado dunha serpe alada, único na Costa da Morte. Enriba ten un cruceiro engadido posteriormente. Na zona debeu de haber un pobo ou culto ofiliátrico.
  • Petón da Campaíña, no Roncudo, Ponteceso. Descuberto a finais do século xx.[31] Suponse que alí se coroaban reis na Idade de Ferro.
  • Castro da Coteleira, Cores, Ponteceso.
  • Castro da Illa da Estrela, Corme, Ponteceso.
  • Castro de Anllóns, Anllóns, Ponteceso.
  • Castro de Cerezo, Cospindo, Ponteceso.
  • Castro de Cores, Cores, Ponteceso.
  • Castro de Lestimoño, A Graña, Ponteceso.
  • Castro de Nemeño, Nemeño, Ponteceso.
  • Castro de Niñóns, Niñóns, Ponteceso.
  • Castro de Tallo, Tallo, Ponteceso.
  • Castro de Xornes, Xornes, Ponteceso.
  • Castro do Monte do Castro - A Barda, Corme, Ponteceso.
  • Mámoa das Gándaras, Brantuas, Ponteceso.
  • Mámoa das Modias, Nemeño, Ponteceso.
  • Mámoa de Monte das Minas, Tallo, Ponteceso.
  • Mámoa de Pardiñas, Tallo, Ponteceso.
  • Mámoa de Vilasuso, Tallo, Ponteceso.
  • Mámoa do Monte dos Regados, Xornes, Ponteceso.
  • Mámoa do Monte Espiño, Xornes, Ponteceso.
  • Mámoa do Monte Faro, Brantuas, Ponteceso.
  • Mámoa dos Torrados, Cores, Ponteceso, Ponteceso.
  • Mámoas de Monte Carballa, Cospindo, Ponteceso.
  • Mámoas de Monte Lamoso, Tallo, Ponteceso.

Cabana de Bergantiños

Malpica de Bergantiños

Dolmen de Pedra da Arca
Dolmen da Pedra da Arca en Cerqueda.

Muxía

  • Castro de Merexo, Merexo, Muxía.
  • Pedra de Abalar, en Muxía.

Camariñas

Vimianzo

Estela de Victorino
Estela de Tines.

Cee

Dumbría

Anoitecer Regoelle
Anoitecer en Regoelle.

Zas

Outros lugares

  • Castro de Castrelo, Soesto.
  • Dolmen Fornela dos Mouros, no Aprazadoiro.
  • Foxo dos Lobos, Reira.
  • Mamoa de Reira, Reira.
  • Castro de Quenxe.
  • Castro de Regoelle.
  • Castro de Teixoeiras, Bufantes.
  • Petroglificos Pedra Ancha, no Camiño de Fisterra.
  • Petroglificos Torre da Moa. Atopados hai pouco nunha leira na estrada que une Mosquetín e a Torre da Moa.
  • Dolmen da Arca de Pedra Vixía, 4000-3000 a.C.
  • Ponte de Brandomil. Conserva unha ara consagrada ao Deus celta Cosus.
  • Dolmen de Pedra Moura 4000-3500 a.C. na parroquia de Aldemunde en Carballo

Portos

Camariñas. Galiza. 115
Porto de Camariñas

Os principais portos son:

Notas

  1. Inclúense os concellos segundo as definicións actuais que segue a Xunta de Galicia , a Asociación Costa da Morte-Grupo de desenvolvemento social e a Unión Europea. Para outras demarcacións, véxase a sección de "límites".
  2. 2,0 2,1 "Costada Morte, Turgalicia.". Consultado o 30 de xullo de 2017.
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 Lema Suárez, Xosé Mª; Domínguez Rial, Evaristo; Fernández Carrera, Xan; Mouzo Lavandeira, Roberto; Rei Lema, Xosé Mª (2010). A Terra de Soneira no corazón da Costa da Morte. Xerais. p. 11. ISBN 978-84-9914-163-3.
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 4,5 García, Jesús Ángel Sánchez (2013-11-07). "La leyenda de la Costa de la Muerte. Naufragios y faros como desencadenantes para la activación de un patrimonio marítimo". Sémata: Ciencias Sociais e Humanidades 25 (25). ISSN 2255-5978. Consultado o 2017-07-08.
  5. 5,0 5,1 5,2 "nº18 Revista "Turismo Costa da Morte"" (PDF). 29 de agosto de 2016.
  6. 6,0 6,1 "www.costadamortegalicia.com". Arquivado dende o orixinal o 29 de xullo de 2017. Consultado o 29 de xullo de 2017.
  7. 7,0 7,1 "www.visitacostadamorte.com".
  8. "Rutas Finisterrae, finisterae.com". Consultado o 30 de xullo de 2017.
  9. "Costa da Morte, Código ZEC ES1110005. Rede galega de espazos protexidos. Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Xunta de Galicia.". Consultado o 5 de xullo de 2017.
  10. "LIC de Galicia, Rede Natura 2000, Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente". Consultado o 5 de xullo de 2017.
  11. Rosalía de Castro. La Hija del Mar. 1859. páx.
  12. Eduardo Pondal, Rumores de los pinos. Poesías, Santiago, 1877, páx. 25-26.
  13. “Naufragio del Cardenal Cisneros”, Vida Marítima, 10/11/1905, páx 12.
  14. Proyecto de la reforma del Plan General de Balizamiento de las costas y puertos de España. Costa del Noroeste. Año 1904. Citado en Sánchez García, Faros de Galicia, páx 143.
  15. Emilia Pardo Bazán, “La vida contemporánea”, LIA, no 1247, 20/11/1905, páx. 746.
  16. Conde de Santibáñez del Río, “La Costa de la Muerte (impresiones de viaje)”, El Orzán, 07/09/1920, páx. 1.
  17. Aubrey Fitz Gerald, Bell (1922). Spanish Galicia (1882-1950). Londres: London, John Lane. pp. 184–188.
  18. A versión orixinal en inglés di: In the sheltered calm of the Finisterre road one forgets all about the Coast of Death, which is the name given to the Galician coast from Vigo to Malpica and the Islas Sisargas. But one has no sooner passed the town of Finisterre and begun to mount the hill El Facho..., than, even on a calm blue day, one begins to hear a great roaring of water, and sees lines of foam about the cliffs of the outer coast. e foi publicada en Aubrey Fitz Gerald Bell, Spanish Galicia, Londres, 1922, páx. 96
  19. J. Mas, La Costa de la Muerte, capítulo X, páx. 61-63.
  20. "Disposición do Diario Oficial de Galicia- Xunta de Galicia". Consultado o 2017-07-29.
  21. "Nace el Plan de Dinamización Turística da Costa da Morte". La Voz de Galicia. 2017-04-20. Consultado o 2017-07-29.
  22. 22,0 22,1 22,2 Lema Mouro, Rafael (xaneiro de 2014). Catálogo de naufragios. Costa da Morte - Galicia (PDF). Ponte do Porto, A Coruña: elven, DonClic.
  23. 23,0 23,1 Javier Gacía Blanco. "Costa da Morte: Desgracias en el "fin de la tierra"". Historia de Iberia Vieja (América Iberica,S.A) (122): 82 a 89.
  24. "Localizan el pecio de un galeón del siglo XVI en Camariñas (A Coruña). EFE" (en castelán). 24 de marzo de 2015. Consultado o 30 de xullo de 2017.
  25. Méndez Fonte, Rosa (1997). Los faros de a Costa da morte; una parte integrante del patrimonio gallego. p. 2954209. ISBN 84-89694-47-8. Consultado o 30 de xullo de 2017.
  26. "Naufragios de cabo Vilán a Nemiña, A Costa da Morte". Arquivado dende o orixinal o 29 de xullo de 2017. Consultado o 29 de xullo de 2017.
  27. 27,0 27,1 Un velero encalla en uno de los puntos negros de la Costa da Morte
  28. "Turismo - Indicador da intensidade da demanda turística en 2016". Consultado o 30 de xullo de 2017.
  29. "Parlamento Europeo: preguntas parlamentarias. Asunto: Exclusión del Cabo Fisterra (Galicia) del Sello de Patrimonio Europeo. Josu Juaristi Abaunz (GUE/NGL)". 5 de xaneiro de 2015.
  30. "Cabo Fisterra, Turgalicia". Consultado o 30 de xullo de 2017.
  31. "Ruta polos petróglifos do promontorio de Corme". 16 de febreiro do 2016. Consultado o 29 de xullo do 2017.
  32. "RELACIÓN DE BENS DE INTERESE CULTURAL EN GALICIA" (xlsx). Xunta de Galicia. Consellaría de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Consultado o 30 de xullo do 2017.
  33. Asociación Amigos do Arqueolóxico. "Dólmenes:A Coruña". El Megalitismo en Galicia. Consultado o 30 de xullo do 2017.

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

AG-55

A AG-55 ou Autoestrada da Costa da Morte, é unha vía de alta capacidade dependente da Xunta de Galicia. Une A Coruña con Baio e serve como alternativa á AC-552, coa que está conectada nos máis dos casos ao longo do seu percorrido, incluídas as localidades extremas. A AG-55 ten peaxe directa desde Coruña até Carballo leste e peaxe na sombra no resto dos tramos até Santa Irena.

Barizo, Malpica de Bergantiños

San Pedro de Barizo é unha parroquia que se localiza no oeste do concello de Malpica de Bergantiños, na costa da Morte. Segundo o IGE en 2018 tiña 292 habitantes (147 homes e 145 mulleres) distribuídos en 19 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 327 habitantes. Fernando Cabeza Quiles opina que Barizo debería escribirse con v, de acordo coa orixe deste topónimo, que, segundo o devandito lingüista, alude á antiga existencia no lugar dun piñeiro varizo ou variço, isto é, dun piñeiro novo alto e delgado.

Cabana de Bergantiños

Cabana de Bergantiños é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Bergantiños no Partido xudicial de Carballo.

Segundo o INE a súa poboación no ano 2018 era de 4.337 habitantes dos cales 2.091 eran homes e 2.246 eran mulleres (4.347 no ano 2017, 4.446 no ano 2016, 4.552 no 2015, 4.623 no 2014, 4.716 no 2013, 4.759 no 2012, 4.865 no 2011, 4.909 no 2010). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é cabanés ou bergantiñán .

Cabo Fisterra

O cabo Fisterra é un promontorio de granito dunha altura de 600 m situado no concello coruñés de Fisterra en plena Costa da Morte, constituído por unha península que penetra no mar 3 km.

Hai autores[quen?] que identifican o cabo Fisterra co antigo Promontorio Nerio dos xeógrafos romanos, outros sitúan neste lugar a Ara Solis, na cal se practicaba o culto celta ao Sol. Os romanos pensaron que este era o punto máis occidental do mundo coñecido. Porén, o cabo Touriñán sitúase máis cara o oeste.

O faro foi construído en 1853. A torre do faro, feita de cantaría, é de base octogonal, e acaba nunha cornixa sobre a que se apoia a balconada. Encima está a bóveda, cunha lanterna poligonal. A torre mide 17 metros e a súa luz, situada a 143 metros sobre o nivel do mar, acada máis das 30 millas náuticas. A constante néboa do inverno provocou que se lle engadise unha sirena en 1888, a Vaca de Fisterre, para avisar aos navegantes do perigo existente. Aínda así, foi escenario de naufraxios, como en 1870, cando o Monitor Captain se afundiu levando 482 persoas da súa tripulación no suceso máis lutuoso desta costa.

Hai tamén, preto do lugar unha serie de pedras vencelladas a lendas relixiosas: As Pedras Santas, As Pedras Manchadas de Viño, A Cadeira de Pedra, A Tumba de Orcabella.

Cabo Vilán

O cabo Vilán é un cabo situado na Costa da Morte, concretamente no concello de Camariñas. O enclave foi declarado de Interese Nacional no ano 1933 por ser un lugar rochoso e escarpado e hoxe en día é Monumento Natural. Con todo, a escasa distancia do cabo hai instalado un parque eólico e unha piscifactoría de cría de rodaballo.

O faro de cabo Vilán sinala un dos tramos máis perigosos da Costa da Morte, pero tamén un dos máis fermosos. Erguido a 125 metros de altitude e unido ao antigo edificio dos fareiros, posúe un potente canón de luz capaz de acadar os 55 km. É o faro eléctrico máis antigo de España.

En 1890, o navío inglés Serpent, que navegaba cara a Serra Leoa, afundiu preto do cabo por mor dun temporal, perecendo 173 homes que están soterrados no cemiterio dos Ingleses, a escasa distancia do cabo Vilán.

Para acceder ao cabo hai que ir dende A Coruña a Vimianzo pola C-552 e desviarse pola AC-432 ata Camariñas. Hai unha estrada desde o porto de Camariñas ao faro. Outra ruta costeira, desde Arou e Camelle, percorre por pista de terra por unha das paraxes máis agrestes e fermosas da costa galega.

Camariñas

Camariñas é un concello da provincia da Coruña, encravado na Costa da Morte e pertencente á comarca da Terra de Soneira. Segundo o IGE en 2014 tiña 5774 habitantes (6226 no 2010, 6323 no 2006, 6467 no 2005, 6502 no 2004, 6597 no 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é camariñán ou camariñés.

Castro de Borneiro

O castro de Borneiro ou da Cibdá é un castro galaico datado a finais da Idade de Bronce, pertencente á coñecida como Cultura castrexa, tamén coñecido como. Sitúase na parroquia de Borneiro (Cabana de Bergantiños), a 500 metros da estrada LC-430 de Ponteceso a Baio. A poucos quilómetros está o famoso dolmen de Dombate. O poboado castrexo ten sido obxecto de escavacións arqueolóxicas e traballos de consolidación que permiten a súa visita. Foi catalogado como Ben de Interese Cultural en 2011

Comarca da Terra de Soneira

A comarca da Terra de Soneira é unha comarca galega situada na provincia da Coruña cuxa capital é Vimianzo. A esta comarca pertencen os concellos de Camariñas, Vimianzo e Zas. Limita coa comarca de Bergantiños polo nordés e coa de Fisterra polo suroeste. Historicamente a comarca incluía ademais dos concellos actuais o de Laxe e varias parroquias de Cabana.

Comarca de Bergantiños

A comarca de Bergantiños é unha das 53 comarcas galegas e esta situada na provincia da Coruña e a súa capital é Carballo. Pertencen a esta comarca os concellos de Cabana de Bergantiños, Carballo, Coristanco, A Laracha, Laxe, Malpica de Bergantiños e Ponteceso. Ten unha superficie de 742 km² e tiña 68.928 habitantes no ano 2014.

Comarca de Fisterra

A comarca de Fisterra é unha comarca galega situada na provincia da Coruña cuxa capital é Fisterra. A esta comarca pertencen os concellos de Cee, Corcubión, Dumbría, Fisterra e Muxía. Correspóndese co territorio chamado Terra de Nemancos.

Cono de violación

Un cono de violación é o buraco que presentan moitas mámoas na súa parte superior. Este buraco é froito do espolio e dunha escavación ilegal na procura de tesouros ou para o aproveitamento das pedras. Atópanse mámoas en moitos lugares onde houbo cultura megalítica.

Dumbría

Dumbría é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Fisterra, na Costa da Morte. Segundo o IGE a súa poboación no 2014 era de 3137 habitantes (3705 no 2010, 3970 no 2006, 4067 no 2005, 4166 no 2004, 4307 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é dumbriés.

Laxe

Laxe é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Bergantiños.

Segundo o IGE en 2018 tiña 3.084 habitantes (3.148 en 2016, 3.313 no 2012, 3.366 no 2011, 3.417 no 2010) dos que 1.543 eran homes e 1.541 eran mulleres.

O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é laxense.

Malpica de Bergantiños

Malpica de Bergantiños é un concello galego da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Bergantiños, en plena Costa da Morte. Limita co concello de Carballo polo leste, co de Ponteceso polo sur, e co océano Atlántico polo oeste e o norte.

Segundo o INE no ano 2016 tiña unha poboación de 5616 habitantes (5.768 no 2014, 5.998 no 2012, 6.102 no 2011, 6.178 no 2010).

O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «malpicán».

Ortóstato

En arqueoloxía, un ortóstato é unha pedra fincada verticalmente que serve de soporte ou de elemento de fechamento nos monumentos megalíticos. Popularmente coñécese como esteo ou chanta.

En arquitectura, un ortóstato é unha placa monolítica con relevos que decora as partes baixas dun muro. Pode ser de diversos materiais, da madeira á pedra dura (por exemplo o basalto. Esta forma de decoración estaba especialmente difundida no Próximo Oriente durante a Idade de Ferro. As decoracións podían ser en relevo ou, máis raramente, en incisións. Oponse ao diátono, que se coloca co lado máis curto á vista.

Parque Arqueolóxico do Megalitismo da Costa da Morte

O Parque Arqueolóxico do Megalitismo da Costa da Morte é un dos catro centros de interpretación que constitúen a Rede Galega do Patrimonio Arqueolóxico.

Terá a súa sede central no contorno do Dolmen de Dombate pero comprenderá actuacións sobre outros 14 enclaves megalíticos distribuídos en 8 concellos da Costa da Morte.

O Dolmen de Dombate, ficou parcialmente excluído do ámbito deste proxecto supramunicipal por contar xa co seu propio plan director. Dun xeito similar, hai outros monumentos non incluídos en toda a Costa da Morte (v. Costa da Morte#Arqueoloxía de Lista de megálitos de Galicia#Provincia da Coruña)

Rede Galega do Patrimonio Arqueolóxico

A Rede Galega do Patrimonio Arqueolóxico é un proxecto da Consellería de Cultura, a través da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, nacido en 2001 co obxectivo de crear catro grandes centros de referencia nas catro provincias galegas para pór en valor e dotar de recursos científicos, didácticos e turísticos os diferentes espazos arqueolóxicos espallados por todo o territorio.

Dentro deste proxecto, están a crearse os seguintes centros, un en cada unha das provincias:

En Pontevedra, o Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre, localizado en Campo Lameiro e dirixido á conservación e divulgación da arte rupestre. Este centro foi inaugurado o 6 de xullo de 2011.

En Ourense, no Castro de San Cibrao de Las, entre San Amaro e Punxín, outro centro dirixido ó mundo castrexo.

En Lugo, un centro sobre o mundo galaico-romano.

Na Coruña, Parque Arqueolóxico do Megalitismo da Costa da Morte, centro de interpretación do megalitismo que se construirá ó redor do dolmen de Dombate, en Cabana de Bergantiños [1][Ligazón morta].En tódolos casos preténdese construír un centro de interpretación dotado coa infraestrutura necesaria para focaliza-la investigación relacionada con cada momento histórico, pero sen esquece-los aspectos didácticos e turísticos destas instalacións.

VG-1.5

A VG-1.5 ou Corredor da Costa da Morte é unha vía de alta capacidade en proxecto dependente da Xunta de Galicia. O obxectivo é conectar mediante unha vía de alta capacidade os concellos máis occidentais da Costa da Morte coa AG-55.

Xosé María Lema Suárez

Xosé María Lema Suárez, nado en Bamiro (Vimianzo) o 30 de setembro de 1950, é un escritor, historiador e etnógrafo galego.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.