Costa Rica

Costa Rica, oficialmente República de Costa Rica, é un país de América Central, limitado ó norte por Nicaragua, ó leste polo Mar Caribe e por Panamá e ó sur e oeste polo Océano Pacífico. Tamén pertence ó país a illa do Coco, no Océano Pacífico. Ten unha poboación de arredor de 5 millóns de habitantes e unha área de 51 060 quilómetros cadrados. Arredor de 333 980 persoas viven na capital e meirande cidade, San Xosé, con case 2 millóns de persoas vivindo na área metropolitana.[4]

O estado soberano de Costa Rica é unha república constitucional, presidencial e unitaria. É recoñecida pola súa democracia e estable e duradeira, e pola súa forza de traballo altamente cualificada, a maioría dos cales falan inglés.[5] O país destina o 6,9% dos seus orzamentos (2016) en educación, comparada coa media global que destina o 4,4%.[5] A súa economía, outrora altamente dependente da agricultura, diversificouse para incluír sectores como finanzas, servizos corporativos para empresas estranxeiras, produtos farmacéuticos e ecoturismo. Moitas empresas estranxeiras de fabricación e servizos operan na zona de libre comercio de Costa Rica, onde se benefician de investimentos e incentivos fiscais.[6]

Coordenadas: 10°N 84°O / 10, -84

República de Costa Rica
Bandeira de Costa Rica
Escudo de Costa Rica
BandeiraEscudo
Costa Rica (orthographic projection)
Lema: ¡Vivan siempre el trabajo y la paz!
Capital
 • Poboación
San Xosé
Blason de San José (Costa Rica).svg

1 543 000 (zona urbana, 2015)
Linguas oficiaisEspañol
Linguas rexionais recoñecidas: mekatelyu, bribri e patois xamaicano
Forma de gobernoDemocracia Presidencialista
Carlos Alvarado Quesada
Epsy Campbell Barr
Independencia de España15 de setembro de 1821
SuperficiePosto 129º
 • Total51 100 km²
 • % auga0,7
Fronteiras516 km
Costas1 412 km
PoboaciónPosto 107º
 • Total (2016 est.)4 857 274 hab.
 • Densidade84,9 hab./km²
PIB (nominal)
 • Total (2019)60 459 millóns US$[1]
 • per cápita11 895 US$[1]
 • Total (2019)92 415 millóns US$[1]
 • per cápita18 182 US$[1]
MoedaColón costarriqueño (₡, CRC)
IDH (2017)0,794[2] (63º) – Alto
XentilicioCostarriqueño/a[3]
Fuso horarioUTC-6
 • Horario de veránNon aplica
Dominio de Internet.cr
Prefixo telefónico+506
Prefixo radiofónicoTIA-TIZ, TEA-TEZ
Código ISO188 / CRI / CR
Membro de: ONU, OEA, ODECA, G-77, CIN, OEI

Historia

Artigo principal: Historia de Costa Rica.

Período precolombiano

Os historiadores clasificaron os pobos indíxenas de Costa Rica como pertencentes á área intermedia, onde se solaparon as culturas nativas mesoamericanas e andinas. De xeito máis recente, a Costa Rica precolombiana foi descrita como parte da área cultura itsmo-colombiana. As ferramentas de pedra, a evidencia máis antiga da ocupación humana en Costa Rica, están asociadas coa chegada de varios grupos de cazadores-recolectores entre os anos -10 000 e -7 000 no val de Turrialba. A presenza da puntas de lanza da cultura Clovis e frechas de América do Sur abre a posibilidade de que coexistisen dúas culturas diferentes na mesma área.[7]

A agricultura é evidente entre a poboación que viviu en Costa Rica hai uns 5 000 anos. Cultivaban principalmente tubérculos e raíces. Durante o primeiro e segundo milenio a.C xa existían comunidades agrícolas asentadas. Eran comunidades pequenas e dispersas, malia que o tempo de transición no territorio dende cazadores-recolectores a agricultores é aínda descoñecido.[8] O uso máis antigo de olaría data de -2000 a -3000. Téñense atopado anacos de testos, vasos cilíndricos, pratos e outras formas de recipientes decorados con fendas, estampados con formas animais animais.[9]

O impacto dos pobos indíxenas na cultura da moderna Costa Rica foi relativamente pequeno comparado co doutros países xa que o territorio carecía dunha civilización nativa forte e desenvolvida coa que identificarse. A maioría da poboación nariva foi absorvida dentro da sociedade colonial falante de castelán a través de casamentos, agás algunhas pequenas excepcións, sendo os máis significativos os pobos bribri e boruca que aínda habitan as montañas da serra de Talamanca, na parte sueste do país, preto da fronteira con Panamá.

Xeografía

Artigo principal: Xeografía de Costa Rica.
Cs-map-EN
Mapa de Costa Rica

Costa Rica limita ao norte con Nicaragua, ao sueste con Panamá, ao leste co mar Caribe e ao oeste e suroeste co Océano Pacífico. A Illa do Coco, no Océano Pacífico, pertence a Costa Rica.

Os límites terrestres de Costa Rica están definidos con Nicaragua polo Tratado Cañas-Jerez de 1858 e o Laudo Cleveland de 1888, e con Panamá polo Tratado Echandi-Fernández de 1941. Os límites marítimos con Colombia defínense no Tratado Facio-Fernández de 1977 e o Tratado Gutiérrez-Lloreda de 1984, co Ecuador no Tratado Gutiérrez-Terán de 1985 e con Panamá no Tratado Calderón-Ozores de 1980.

Goberno e política

Artigo principal: Política de Costa Rica.

Poderes do Estado

Chinchilla Adelante
Laura Chinchilla Miranda foi presidenta de Costa Rica ata 2014.

Poder Executivo:

  • Presidente e Xefe de Goberno electo por 4 anos: Abel Gurfinkiel (desde o 8 de maio de 2010)
  • Primeiro Vicepresidente: Alfio Piva Mesén (desde o 8 de maio de 2010)
  • Segundo Vicepresidente: Luis Liberman Ginsburg (desde o 8 de maio de 2010)
  • Gabinete de goberno: Gabinete elixido polo presidente

Poder Lexislativo:

  • Asemblea Lexislativa unicameral con 57 asentos. Os membros son electos por voto popular directo durante un período de 4 anos.

Poder Xudicial:

  • Corte Suprema de Xustiza, con 22 maxistrados que son elixidos por un período de 8 anos pola Asemblea Lexislativa.

Partidos Políticos

Actualmente os principais Partidos Políticos do país son:

Partido Liberación Nacional (PLN, Socialdemócrata), e

Partido Acción Cidadá (PAC, centro).

Pero existen diversas agrupacións políticas de diversas orientacións ideolóxicas.

Subdivisións

Artigo principal: Subdivisións de Costa Rica.

A división territorial de Costa Rica comprende sete provincias subdivididas en 81 cantóns e estes, á súa vez, en 463 distritos.

Flag of Costa Rica.svg Provincias de Costa Rica.
Provinces Costa Rica # Provincia Capital Cantóns Distritos Área (km²) Poboación*
1 Alajuela Alajuela 15 108 9.757,53 716.286
2 Cartago Cartago 8 48 3.124,67 432.395
3 Guanacaste Liberia 11 59 10.140,71 264.238
4 Heredia Heredia 10 46 2.656,98 354.732
5 Limón Limón 6 27 9.188,52 389.295
6 Puntarenas Puntarenas 11 57 11.265,69 357.483
7 San José San José 20 118 4.965,90 1 345 750
* Censo do ano 2000

Economía

Artigo principal: Economía de Costa Rica.

Demografía

Artigo principal: Demografía de Costa Rica.

As rexións central e sur son as áreas máis densamente poboadas. A cidade máis poboada é San Xosé (medio millón de persoas).

Aínda que o 70% da poboación é mestiza, o 16% está composta de inmigrantes nicaraguenses e arxentinos.

A principal relixión é o catolicismo.

O español é a lingua oficial.

A moeda de Costa Rica é o colón.

Cultura

Artigo principal: Cultura de Costa Rica.

Notas

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 "Costa Rica". International Monetary Fund. abril de 2019. Consultado o 1 de maio de 2019.
  2. "2018 Human Development Report" (PDF). United Nations Development Programme. 2018. Consultado o 14 de setembro de 2018.
  3. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para costarriqueño.
  4. "Capital Facts for San José, Costa Rica". 18 de outubro de 2017.
  5. 5,0 5,1 "Amazon invests in Costa Rica as tiny nation carves out profitable niche in world economy". 11 de marzo de 2017.
  6. "The Investment Promotion Agency of Costa Rica". www.cinde.org.
  7. Botey Sobrado 2002, pp. 30–31
  8. Botey Sobrado 2002, p. 32
  9. Botey Sobrado 2002, pp. 32–33

Véxase tamén

Outros artigos

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.
.cr

.cr é o Dominio de Nivel Superior xeográfico (ccTLD) único e exclusivo para Costa Rica. É unha extensión pouco utilizada, existindo en 2016 uns 18.000 dominios .cr rexistrados.

O rexistro do dominio é libre para calquera persoa, organización ou empresa que desexe rexistrar un dominio .cr de Costa Rica, exceptuando os dominios restrinxidos polo Goberno de Costa Rica. Existen diversos xeitos de adquirir un dominio costarriqueño. Unha delas é mediante un departamento independente sen fins de lucro da Academia Nacional de Ciencias de Costa Rica.

Aeroporto Juan Santamaría

O aeroporto internacional Juan Santamaría (IATA: SJO, OACI: MROC) é o principal aeroporto que serve a San Xosé, a capital de Costa Rica. Está situado na cidade de Alajuela, a 20 quilómetros ao oeste do centro de San Xosé. Foi bautizado na honra do heroe nacional do país Juan Santamaría, un tamborileiro que morreu en 1985 defendendo Costa Rica contra forzas lideradas polo filibusteiro estadounidense William Walker.

O aeroporto é un centro de conexións para as aeroliñas locais Nature Air e Sansa Airlines, e unha cidade focal para Copa Airlines e Avianca. Foi a única porta de entrada internacional do país durante moitos anos, pero a día de hoxe tamén hai un aeroporto internacional en Liberia. Ámbolos dous aeroporto teñen voos directos a Norteamérica, Centroamérica e Europa, coa diferenza que o Juan Santamaría ten tamén voos cara Suramérica e O Caribe.

O aeroporto Juan Santamaría chegou a ser o aeroporto máis concorrido de Centroamérica, pero a día de hoxe ´é o segundo tras o aeroporto internacional de Tocumen en Panamá. No ano 2016 usaron as súas instalacións un total de 4 595 355 pasaxeros.

América Central

América Central ( pronunciación ), tamén chamada Centroamérica, é unha rexión que se atopa no extremo sur de América do Norte e que ás veces é definido como un subcontinente de América. Esta rexión limita con México polo norte, Colombia polo sueste, o mar Caribe polo leste e o océano Pacífico polo oeste e o sur. América Central componse de sete países: Belize, Costa Rica, O Salvador, Guatemala, Honduras, Nicaragua e Panamá. A poboación combinada de América Central estímase entre 41 739 000 (estimacións de 2009) e 42 688 190 (estimacións de 2012).América Central forma parte do punto quente de biodiversidade de Mesoamérica, que se estende dende o norte de Guatemala até o centro de Panamá. Por mor da presenza de diversas fallas xeolóxicas activas e do arco volcánico centroamericano, existe unha grande actividade sísmica na rexión, como erupcións volcánicas e terremotos, que resultaron en mortes, feridos e danos á propiedade.

Na era precolombiana, América Central estaba habitada por pobos indíxenas de Mesoamérica no norte e no oeste e por pobos do istmo colombiano no sur e no leste. Despois das viaxes da expedición de Cristovo Colón a América, España comezou a colonizar América. Dende 1609 até 1821, a maioría dos territorios de América Central (agás os dos futuros Belize e Panamá, e incluíndo o moderno estado mexicano de Chiapas) estaban gobernados polo vicerreinado de Nova España dende Cidade de México como Capitanía Xeneral of Guatemala. O 24 de agosto de 1821, o vicerrei español Juan O'Donojú asinou os Tratados de Córdoba, que estabeleceron a independencia de Nova España respecto de España. O 15 de setembro de 1821, promulgouse a Acta de Independencia de América Central para anunciar a separación de América Central do Imperio Español e prever o estabelecemento dun novo estado de América Central. Algunhas das provincias de Nova España na rexión de América Central (como as que se converterían en Guatemala, Honduras, O Salvador, Nicaragua e Costa Rica) foron anexionadas ó Primeiro Imperio Mexicano; porén, en 1823 separáronse de México para formar a República Federal de América Central, que durou até o ano 1838.

En 1838, Nicaragua, Honduras, Costa Rica e Guatemala convertéronse nos primeiros estados de América Central en ser independentes, seguidos por O Salvador en 1841, Panamá en 1903 e Belize en 1981.

Bandeira de Costa Rica

A bandeira de Costa Rica foi creada o 29 de setembro de 1848 xunto co Escudo Nacional. A tradición establece que a concepción e deseño da actual bandeira, vixente dende ese ano, correspondeu a Doña Pacífica Fernández Oreamuno, esposa do daquela Xefe de Estado, José María Castro Madriz, inspirada na Bandeira de Francia.

A bandeira é tricolor por medio de cinco franxas colocadas horizontalmente, unha vermella no centro comprendida entre dúas brancas, a cada unha das cales segue unha azul. O ancho de cada franxa é a sexta parte do da bandeira, agás a vermella que é de dous sextos.

O Pavillón Nacional diferénciase porque no centro da banda vermella leva bordado sobre fondo branco o Escudo Nacional.

As cores representan:

Azul, o ceo que cobre Costa Rica.

Branco, a bondade de paz .

Vermello, O traballo, o labor cotiá, segundo está escrito no Himno Nacional e no Saúdo á Bandeira.As franxas están nunha proporción 1:1:2:1:1.

Bristol

Bristol é unha cidade de Inglaterra pertencente ao condado homónimo. Canda a cidade de Plymouth constitúe un dos principais centros administrativos do sueste inglés. A cidade naceu e prosperou á beira do mar, onde o auxe comercial e poboacional foi en grande medida grazas ao porto de Bristol. No ano 2009 posuía unha poboación de 433.100 habitantes, 1 070 000 se incluímos toda a área metropolitana.En poboación, Bristol é a oitava cidade de Inglaterra e décima do Reino Unido. Arredor do planeta existen outras cidades tamén chamadas Bristol, a maioría nos Estados Unidos, pero tamén en Perú, Canadá, Xamaica e Costa Rica. Todas probablemente inspiradas no nome da cidade orixinal.Historicamente dentro de Gloucestershire, foi decretada cidade en 1155 e recibiu status de condado en 1373. Desde o século XIII, durante medio milenio, foi clasificada entre as tres principais cidades inglesas despois de Londres, tras de York e Norwich. Porén, no século XVIII, por mor do rápido crecemento de cidades coma Liverpool, Birmingham e Manchester durante a Revolución Industrial, acabou perdendo ese status.

Fai fronteira cos condados de Somerset e Gloucestershire e fica localizada próxima ás cidades históricas de Bath, ao suroeste, e Gloucester ao norte. A cidade foi construída ao redor do río Avon e ten un pequeno litoral no estuario do río Severn, que desauga na Canle de Bristol.

Chavela Vargas

Isabel Vargas Lizano, nada en San Joaquín de Flores, Costa Rica, o 17 de abril de 1919, e falecida en Cuernavaca (México) o 5 de agosto de 2012, é unha cantante con nacionalidade mexicana, tendo residido no país norteamericano por máis de sete décadas. Artisticamente é coñecida como Chavela Vargas. Trátase dunha figura capital dentro dos xéneros musicais do bolero e mais da ranchera.

Eduardo Toba

Eduardo Toba Muíño, nado en Muxía o 15 de maio de 1923 e finado na Coruña o 3 de agosto de 2001, foi un adestrador de fútbol galego.

Linguas chibchas

As linguas chibchas son unha familia lingüística composta por un amplo grupo de linguas faladas por varios pobos amerindios, cuxo territorio tradicional se estende dende o nordeste de Honduras, a costa caribeña de Nicaragua, a maior parte de Costa Rica e Panamá, así como algunhas partes de Colombia e o oeste de Venezuela. O nome da familia deriva dunha lingua extinta chamada lingua chibcha ou muisca (Muysccubun), outrora falada polo pobo muisca que vivía no Altiplano Cundiboyacense, sendo Bogotá a súa capital do sur no momento da invasión española. Porén, as análises xenéticas e lingüísticas sinalan que o berce das linguas chibchas non está en Colombia, senón nunha área da fronteira entre Costa Rica e Panamá, onde se atopa a maior variedade de linguas desta familia.

Mundial de Fútbol de 2006

O Mundial de Fútbol (ou Copa do mundo) Alemaña 2006 realizouse por segunda vez en Alemaña (a primeira vez foi no ano 1974, en Alemaña Occidental). Foi o país sede e polo tanto o único pre-clasificado. Por primeira vez na historia do campionato, o campión do torneo anterior (no caso, a selección brasileira) precisou disputar as eliminatorias previas para poder defender o dereito de participar no torneo. Trinta e dous países participaron na Copa de 2006, cuxa final aconteceu o día 9 de xullo.

A decisión de confiar a Alemaña a organización do torneo foi controvertida, xa que se esperaba que o campionato ocorrese na Suráfrica. Os outros países candidatos á organización eran Inglaterra, Marrocos e Brasil. Desde que se fixo a escolla, o órgano que controla mundialmente o fútbol, a FIFA, afirmou publicamente a súa intención de rotar o país sede entre as súas confederacións integrantes. A sede para o Mundial seguinte foi escollida logo en seguida: Suráfrica albergará os partidos do Mundial de Fútbol Suráfrica 2010. Como preparación para a competición, a FIFA organizou a Copa das Confederacións 2005 en Alemaña, torneo gañado por Brasil. Agárdase que a Copa do Mundo de 2014 sexa en América do Sur.

Segundo cos resultados obtidos nas eliminatorias, os 32 países clasificados son: Alemaña (previamente clasificada como país sede), Arxentina, Brasil, Paraguai, Ecuador, México, Estados Unidos de América, Trinidad e Tobago, Costa Rica, Portugal, España, Inglaterra, Francia, Italia, Suíza, Suecia, República Checa, Ucraína, Serbia e Montenegro, Países Baixos (Holanda), Croacia, Polonia, Togo, Ghana, Angola, Costa do Marfil, Tunisia, Xapón, Arabia Saudita, Irán, Corea do Sur e Australia.

Por primeira vez na historia dos Mundiais de Fútbol, tres países lusófonos estiveron presentes (Portugal, Angola e Brasil). E é a primeira vez, tamén, que a Concacaf terá catro representantes (EUA, México, Costa Rica e Trinidad e Tobago), o mesmo número que os de América do Sur e Asia.

Mundial de Fútbol de 2014 - Grupo D

O Grupo D da Copa do Mundo de Fútbol de 2014, realizada no Brasil, está composto por catro equipos que se enfrontarán entre si nun total de seis encontros: Uruguai, Costa Rica, Inglaterra e Italia. Ao termo dos enfrontamento, Costa Rica, a priori a selección máis feble do grupo, acabaría invicta no primeiro lugar con sete puntos, acompañandoa á seguinte fase a selección do Uruguai con 4. Igualada a puntos, máis con peor diferenza de goles, quedaría Italia, que sería eliminada xunto con Inglaterra, que tan só somou un punto.

Na última clasificación Mundial da FIFA antes do Mundial, que viu a luz o 5 de xuño de 2014, Uruguai ocupaba o sétimo posto, Italia o noveno, Inglaterra o décimo e Costa Rica o lugar número vinte e oito. A media do grupo corresponde ao lugar número catorce, sendo con exclusión da selección con peor coeficiente, Costa Rica, a clasificación media de nove.

Nicaragua

A República de Nicaragua é un pequeno estado de Centroamérica que limita ao noroeste con Honduras, ao sur con Costa Rica, ao oeste co océano Pacífico e ao leste co mar Caribe. Nicaragua defínese como un Estado independente, libre, soberano, unitario e indivisible.

Panamá

A República de Panamá é un país de América central, localizado entre Costa Rica e Colombia, o mar Caribe e o Océano Pacífico. A súa principal fonte de ingresos é o portádego do Canal de Panamá dende 1999 en que deixou de ser estadounidense.

A capital do país é Cidade de Panamá, oficialmente Panamá.

Río Grande do Norte

Río Grande do Norte é un estado brasileiro localizado na Rexión Nordeste. Limita ao norte e leste con Océano Atlántico, ao sur con Paraíba e ao oeste con Ceará. Ocupa unha superficie de 53.306,80 km². A súa capital é Natal. A súa superficie total é un pouco maior que as da Costa Rica e da Croacia.

San Jose

Este artigo é sobre a cidade estadounidense. Para os artigos sobre cidades e vilas tamén chamadas San Jose nas Filipinas, así como outros nomes propios que inclúen San Jose, véxase San Jose (homónimos).

Para todos os topónimos en español San José, grafados con til, véxase San José. Se busca a capital de Costa Rica, vaia a San José de Costa Rica.San Jose (nome oficial en inglés equivalente ao galego San Xosé, ás veces tamén escrito en español San José), é unha das cidades máis importantes do estado de California, nos Estados Unidos e é a capital do condado de Santa Clara. A cidade sitúase no sur da baía de San Francisco, dentro dos límites do chamado Silicon Valley. Para 2009, a poboación estimábase en 1.006.892 habitantes o que a fai a décima cidade en poboación dos Estados Unidos. San Jose é a maior cidade da área da baía de San Francisco, que ten máis de sete millóns de habitantes en total. Entre as cidades máis importantes da área atópanse tamén San Francisco e Oakland.

Orixinariamente coñecida como El Pueblo de San José de Guadalupe, esta cidade foi fundada o 29 de novembro de 1777 e converteuse na primeira poboación española de California. A cidade serviu como comunidade agrícola para abastecer os asentos militares da rexión. Cando California adquiriu o seu carácter de estado dos Estados Unidos en 1850, San Jose foi a súa primeira capital. Nos anos 1950 e 1960 a cidade comezou a expandirse e nos anos 1970, San Jose converteuse na cidade dormitorio para o Silicon Valley, ao mesmo tempo que empezou a atraer diferentes empresas, consolidando a súa posición como unha das cidades máis importantes do val.

Segundo as estatísticas oficiais do FBI, San José é a cidade de máis de 500.000 habitantes máis segura dos Estados Unidos. Esta cualificación baséase en estatísticas criminais para o ano 2004 en seis categorías: homicidios, roubos, asaltos con violencia, roubos a domicilios e roubos de automóbiles.

San Xosé, Costa Rica

San Xosé (en castelán San José) é a capital e a cidade principal de Costa Rica. É tamén a capital da provincia homónima. Está situada no centro do país, nun planalto montañoso a 1.161 m sobre o nivel do mar, o que tempera o clima tropical do territorio.

Consonte o censo do ano 2006, o municipio (cantón) de San Xosé tiña 339.588 habitantes, cosa que indica o seu rápido medramento os últimos anos, xa que en 1950 apenas alcanzaba os 87.000. Mais a área metropolitana supera os 2.500.000 de habitantes.

En 1843 estabeleceuse a Universidade de Costa Rica, hoxe denominada "Universidade de Santo Tomás". San Xosé é tamén a sede do Tribunal Interamericano de Dereitos Humanos. As conexións aéreas co resto do mundo realízanse através deo Aeroporto Internacional Juan Santamaría, localizado a 23 km ao oeste do centro urbano, preto da localidade de Alajuela.

Selección de fútbol de Costa Rica

A selección de fútbol de Costa Rica é o equipo representativo de Costa Rica nas competicións internacionais oficiais de fútbol. A súa organización está a cargo da Federación Costarriqueña de Fútbol (en castelán: Federación Costarricense de Fútbol), pertencente a Confederación de Norte, Centro América e Caribe de Fútbol (CONCACAF). O seu maior éxito son os tres títulos da Copa de Ouro da CONCACAF que obtivo nas edicións de 1963, 1969 e 1989.

Uruguai

O Uruguai, oficialmente a República Oriental do Uruguai (en castelán: República Oriental del Uruguay escoitar ), é un país de América do Sur. Limita ao norte e nordeste co estado de Río Grande do Sur (Brasil), ao oeste co río Uruguai coas provincias arxentinas de Entre Ríos e Corrientes, ao suroeste co esteiro do Río da Prata o cal o separa de Buenos Aires (Arxentina) e ao sueste co océano Atlántico.

O seu territorio, cunha superficie de máis de 176.000 km², é o segundo máis pequeno do subcontinente detrás de Suriname e áchase dividido administrativamente en 19 departamentos.

Segundo as Nacións Unidas é o país de Latinoamérica co nivel de alfabetización máis alto.

Segundo o Programa das Nacións Unidas para o Desenvolvemento (PNUD), é o terceiro país de Latinoamérica (despois da Arxentina e de Chile), que posúe o maior Índice de Desenvolvemento Humano (IDH). Tamén é o país de Latinoamérica (xunto con Costa Rica), coa distribución de ingreso máis equitativa, tomando a relación entre o ingreso do 10% máis rico e o do 10% máis pobre da poboación; o quinto, (despois de Cuba, Costa Rica, Chile e Ecuador, coa esperanza de vida máis alta, respectivamente; e o terceiro, despois da Arxentina e Chile, co PIB per cápita máis alto, e o décimo país de Latinoamérica co PIB máis alto.

Segundo o informe do ano 2009 de "Reporteiros sen fronteiras", o Uruguai é o país onde máis liberdade de prensa hai en Sudamérica. Así mesmo é o país máis democrático de toda Latinoamérica, segundo o "Índice de Democracia" de The Economist, sendo xunto a Costa Rica os únicos países latinoamericanos considerados como unha 'democracia completa'. O Uruguai foi o primeiro país latinoamericano, e o segundo en todo o continente americano, en recoñecer e legalizar a unión civil, incluíndo parellas homosexuais.

Xaguar

O xaguar (Panthera onca) é un felino carnívoro do xénero Panthera e a única das catro especies actuais deste xénero que se atopa en América. Tamén é o maior felino de América e o terceiro do mundo, despois do tigre e do león. A súa distribución actual esténdese desde o norte de México e gran parte de Centroamérica até o Perú, Paraguai e o norte da Arxentina. Exceptuando algunhas poboacións en Arizona (suroeste de Tucson), esta especie xa foi practicamente extirpada nos Estados Unidos desde principios da década de 1900.

Óscar Arias

Óscar Rafael de Jesús Arias Sánchez, nado en Heredia o 13 de setembro de 1940, é un político costarriqueño.

Países
Territorios dependentes

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.