Cospindo, Ponteceso

San Tirso de Cospindo é unha parroquia que se localiza no sur do concello coruñés de Ponteceso na comarca de Bergantiños. Segundo o INE en 2018 tiña 679 habitantes (342 homes e 337 mulleres) distribuídos en 7 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 738 habitantes.

Cospindo
Balarés
Balarés.
ConcelloPonteceso
Poboación679 hab. (2018)
Entidades de poboación12

Historia

Nesta parroquia foi bautizado o 10 de febreiro de 1835 Eduardo Pondal[Cómpre referencia].

No lateral esquerdo da igrexa de San Tirso de Cospindo existe un sarcófago de pedra onde eran enterrados os curas da parroquia sendo o derradeiro Jesús Villar Sangenis, en 1918.

Lugares e parroquias

Parroquias de Ponteceso

Véxase tamén

Outros artigos

A Brixería, Cospindo, Ponteceso

A Brixería é un lugar da parroquia de Cospindo no concello coruñés de Ponteceso na comarca de Bergantiños. Tiña 17 habitantes no ano 2018 segundo datos do Instituto Nacional de Estadística dos cales 8 eran homes e 9 mulleres.

Alexandre Nerium

Francisco Manuel López Martínez, nado en Fisterra en 1960, é un escritor galego, máis coñecido polo pseudónimo de Alexandre Nerium.

Balarés, Cospindo, Ponteceso

Balarés é un lugar da parroquia de Cospindo no concello coruñés de Ponteceso na comarca de Bergantiños. Tiña 7 habitantes no ano 2018 segundo datos do Instituto Nacional de Estadística dos cales 2 eran homes e 5 mulleres.

En 1936 os fillos de Anton de Marcos fundaron a empresa Titania S.A., para a explotación mineira do titanio e o volframio neste lugar.

Cerezo de Abaixo, Cospindo, Ponteceso

Cerezo de Abaixo é un lugar da parroquia de Cospindo no concello coruñés de Ponteceso na Comarca de Bergantiños. Tiña 30 habitantes no ano 2018 segundo datos do Instituto Nacional de Estadística dos cales 16 eran homes e 14 mulleres.

Costa da Morte

A Costa da Morte é a franxa costeira galega que gañou ese nome polos numerosos naufraxios acontecidos no século xix e comezos do século xx e que se popularizaron a través da literatura galega e inglesa. Un dos naufraxios de máis repercusión nos medios foi o dos mariñeiros do Serpent, que naufragaron en 1890 e se enterraron en Cabo Vilán.Algunhas veces a Costa da Morte foi delimitada como a costa que vai desde o cabo Fisterra ata as illas Sisargas, en Malpica, e outras mesmo desde Muros ata A Coruña.Os actuais proxectos gobernamentais,das agrupacións locais e europeos adoitan incluír dentro da Costa da Morte as comarcas de Bergantiños, Terra de Soneira e Fisterra e parte de Xallas ,Muros e A Coruña ; incluíndo os concellos de Cabana de Bergantiños, Camariñas, Carballo, Carnota, Cee, Coristanco, Corcubión, Dumbría, Arteixo,Fisterra, A Laracha, Laxe, Malpica de Bergantiños, Mazaricos, Muxía, Ponteceso, Vimianzo e Zas.Agás as vilas costeiras, o litoral e o espazo marítimo están catalogados como espazos naturais LIC e ZEC por ser unha área de importancia para as aves acuáticas que hibernan alí, un refuxio de fauna e pola vexetación dos seus cantís e polas peculiaridades xeolóxicas da costa.

Currás, Cospindo, Ponteceso

Currás é un lugar da parroquia de Cospindo no concello coruñés de Ponteceso na Comarca de Bergantiños. Tiña 39 habitantes no ano 2018 segundo datos do Instituto Nacional de Estadística dos cales 16 eran homes e 23 mulleres.

Festival con V de Valarés

Con V de Valarés é un festival de música celebrado na praia de Balarés, en Cospindo (Ponteceso) desde o ano 2006.Polo festival pasaron artistas como León Benavente, Kula Shaker, Neumon ou Egun Soda.

O Briallo, Cospindo, Ponteceso

O Briallo é un lugar da parroquia de Cospindo no concello coruñés de Ponteceso na Comarca de Bergantiños. Tiña 21 habitantes no ano 2018 segundo datos do Instituto Nacional de Estadística dos cales 11 eran homes e 10 mulleres.

O Couto, Cospindo, Ponteceso

O Couto é un lugar da parroquia de Cospindo no concello coruñés de Ponteceso na Comarca de Bergantiños. Tiña 154 habitantes no ano 2018 segundo datos do Instituto Nacional de Estadística dos cales 77 eran homes e 77 mulleres.

Celebran anualmente o Festiletras.

Ponteceso, Cospindo, Ponteceso

Ponteceso é un lugar da parroquia de Cospindo no concello coruñés de Ponteceso na Comarca de Bergantiños. Tiña 411 habitantes no ano 2018 segundo datos do Instituto Nacional de Estadística dos cales 212 eran homes e 199 mulleres.

Ponteceso (homónimos)

Ponteceso pode referirse a:

Ponteceso, un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Bergantiños.

Ponteceso, Cospindo, Ponteceso, un lugar da parroquia de Cospindo no concello coruñés de Ponteceso.

Ponteceso de Cabana, Cesullas, Cabana de Bergantiños, tamén coñecida como Outrabanda, un lugar da parroquia de Cesullas no concello coruñés de Cabana de Bergantiños.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.