Cospeito

Cospeito é un concello da provincia de Lugo, pertence á Terra Chá.

Coordenadas: 43°14′10.66″N 7°33′25.69″O / 43.2362944, -7.5571361

Cospeito
Bandeira de Cospeito
---
Escudo de Cospeito
Casa concello Cospeito, Lugo
Casa do concello.
Situacion Cospeito
Situación
Xeografía
ProvinciaProvincia de Lugo
ComarcaComarca da Terra Chá
Poboación4.596 hab. (2018)
Área144,8 km²
Densidade31,74 hab./km²
Entidades de poboación20 parroquias
Capital do concelloA Feira do Monte
Política (2019 [2])
AlcaldeArmasto Castosa Alvariño (PPdeG[3])
ConcelleirosBNG: 1
PPdeG: 6
PSdeG-PSOE: 4
Eleccións municipais en Cospeito
Uso do galego[4] (2011)
Galegofalantes84,64%
Na rede
http://www.concellodecospeito.es

Xeografía

Está situado na comarca da Terra Chá. Destaca a lagoa de Cospeito, con presenza de patos, garzas e outras especies, de interese para os afeccionados á ornitoloxía e amantes da natureza.

Poboación

A súa poboación no ano 2016 era de 4754 persoas, segundo o Padrón municipal.

Censo total 2016 4754 habitantes
Menores de 15 anos 375 (7.89 %)
Entre 15 e 64 anos 2714 (57.09 %)
Maiores de 65 anos 1665 (35.02 %)

Fonte: Instituto Nacional de Estadística, INE 1857-2011

Evolución da poboación de Cospeito   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018
7113 7407 7921 7002 5548 5231 5088 5047 4954 4892 4827 4754 {{{13}}} {{{14}}}
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Patrimonio

Existen no concello un gran número de sitios arqueolóxicos. Podemos destacar o da Medorra da Millara (tamén chamada Medorra do Marco) situado na Penalba, lugar da parroquia de San Martiño de Pino.

Tamén na parroquia de Pino atópase a torre de Caldaloba (fortificación medieval) e o pazo de Caldaloba (pazo do século XVII).

As Torres de Arneiro foron tres antenas de radionavegación de 112 metros de altura na actualidade derrubadas, que foron instaladas no concello polo exército alemán durante a Segunda Guerra Mundial co fin de facilitar o posicionamento e seguimento dos submarinos (U-Boots) e dos avións no Golfo de Biscaia.

Turismo

Na parroquia de Muimenta celébrase o 1 de maio a festa da filloa de Muimenta, declarada de interese turístico pola Xunta de Galicia.

Lugares de Cospeito

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Cospeito vexa: Lugares de Cospeito.

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes de Cospeito.
Torre de Caldaloba interior

Torre de Caldaloba.

Placa altimétrica casa do concello de Cospeito, Lugo

Placa altimétrica na casa do concello de Cospeito.

Notas

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Goberno de España, Ministerio del Interior (ed.). "Elecciones 2019". resultados.eleccioneslocaleseuropeas19.es. Consultado o 27 de maio de 2019.
  3. Federación Galega de Municipios e Provincias (ed.). "Cospeito". www.fegamp.gal. Consultado o 14 de setembro de 2019.
  4. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Consultado o 14 de outubro de 2014.

Véxase tamén

Bibliografía

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.
A Graña de Vilarente, Abadín

Santa María Madalena da Graña de Vilarente é unha parroquia do concello lugués de Abadín. Tiña 213 habitantes en 2015 (101 homes e 112 mulleres) segundo datos do IGE. Iso supón un aumento da poboación respecto a 2014 cando tiña 210 habitantes (101 homes e 109 mulleres), e 54 habitantes menos que en 2004.

Limita ao norte con Vilarente, ao sur con Muimenta e Roás (concello de Cospeito), ao leste con Vilarente e ao oeste con Moncelos e As Goás. Pertence o arciprestado de Baroncelle e ten 13 entidades de poboación e 12 lugares, cunha densidade media de 20'58 hab/km² no 2015.

Arcillá, Cospeito

San Paio de Arcillá é unha parroquia do concello de Cospeito na comarca da Terra Chá, provincia de Lugo; pertence ao arciprestazgo da Terra Chá. En 2010 tiña 148 habitantes (75 homes e 73 mulleres) repartidos en 6,2 km² e agrupados nos lugares de Calvario, Casás, Grandela, Monte, Pereiras, Pumares, Ramil, Rego e Sisto.

Bexán, Cospeito

San Paio de Bexán é unha parroquia do concello lugués de Cospeito na comarca da Terra Chá. Segundo o Instituto Galego de Estatística en 2016 tiña 71 habitantes (30 homes e 41 mulleres), 13 menos ca en 2007 e 21 menos que en 2000. Ten 10 entidades de poboación

Comarca da Terra Chá

A comarca da Terra Chá é unha comarca galega situada na zona norte e interior da provincia de Lugo. É a comarca máis extensa de Galicia con 1822,75 km². No ano 2014 tiña 42.336 habitantes. A paisaxe desta chaira combina frecuentes outeiros coroados na súa maioría por castros —cómpre citar o castro de Viladonga— con agros e pasteiros chans, importantes lagoas como a de Cospeito ou Caque e máis dun cento de ríos e regatos que percorren a comarca.

Pertencen a ela os concellos de Abadín, Begonte, Castro de Rei, Cospeito, Guitiriz, Muras, A Pastoriza, Vilalba e Xermade, sendo a súa capital Vilalba.

A Terra Chá pódese definir como unha comarca rural cunha economía de clara vocación agrícola e gandeira. A climatoloxía e os solos permiten que haxa unha importante extensión de parcelas dedicadas a pastos onde se alimentan un gran número de vacas destinadas especialmente á produción láctea contando para iso con modernas explotacións que son, na súa maioría, de carácter familiar pero altamente competitivas. Naqueles lugares da comarca onde a topografía é máis montañosa cobra auxe a gandaría extensiva, dedicada á produción cárnica e predominando a raza autóctona rubia galega. A flora da comarca da Terra Cha é moi variada incluíndo importantes áreas de carballeiras, soutos e fragas; domina o carballo acompañado por bidueiros, salgueiros, ameneiros, castiñeiros e piñeiros do país.

Cospeito, Cospeito

Santa María de Cospeito é unha parroquia do concello de Cospeito na comarca da Terra Chá, pertencente ao arciprestado de Baroncelle. Contaba en 2011 con 191 habitantes repartidos en 15 km² (12,73 hab/km²) e agrupados en 10 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1991 cando tiña 242 habitantes.

Domingo

O domingo é o sétimo día da semana. O nome "domingo" vén do latín Dominicus (dies) ou día do Señor, por causa da celebración cristiá da Resurrección de Xesús.

Cando o Instituto da Lingua Galega elaborou o Atlas Lingüístico Galego, tamén foi rexistrada localmente a forma arcaica primeira feira, soamente observada polo estudo nos lugares de Sistallo (en Cospeito) e Vilachán (en Tomiño) . O termo "primeira feira" procede do latín prima feria (ou feria prima).

Goá, Cospeito

San Xurxo de Goá é unha parroquia do concello de Cospeito na comarca da Terra Chá, pertencente ao arciprestado de Baroncelle, delimitada polas parroquias de Moncelos polo norte; Roás e Santa Cristina polo sur; Muimenta polo leste e Árbol polo oeste.

En 2011 tiña 570 habitantes repartidos en 11,9 km² (47,89 hab/km²) e agrupados en 30 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1991 cando tiña 714 habitantes.

Luís Tosar

Para o artigo do poeta galego nado en 1952 véxase: Luís González Tosar.Luís López Tosar, coñecido como Luís Tosar, nado en Xustás, concello de Cospeito o 13 de outubro de 1971, é un actor e músico galego. É coñecido por actuar en filmes como Cela 211, Te doy mis ojos, Mientras duermes, También la lluvia e Os luns ó sol. É o cantante da banda Di Elas.

Muimenta, Cospeito

Santa Mariña de Muimenta é unha parroquia do concello de Cospeito na comarca da Terra Chá. En 2011 tiña 840 habitantes repartidos en 15 km² (56 hab/km²), o que supón unha diminución en relación ao ano 1991 cando tiña 953 habitantes.

Pino, Cospeito

San Martiño de Pino é unha parroquia do concello de Cospeito na comarca da Terra Chá, pertence ao arciprestado de Trobo, delimitada polas parroquias de Oleiros e Seixas polo norte; Xoibán e Támoga polo sur; Vilapene e Cospeito polo leste, e Nete polo oeste.

Pino tiña unha poboación 441 veciños no ano 2016 nunha extensión de 15,6 km².

A poboación encóntrase agrupada en 19 lugares: Bouza, Broz, Carracido, A Casiña, O Castro, A Costa, Desecabo, Fontesalgueira, A Fraga, Gaioso, Guldeiros, Infesta, O Mato, A Millarada, O Monte, Porto, A Quenlla, A Rabadá e O Sumeiro.

Provincia de Lugo

Lugo é unha das catro provincias de Galicia creadas por Javier de Burgos en 1833. É a meirande provincia galega e a de menor poboación relativa.

Limita ó norte co mar Cantábrico, ó oeste coa provincia da Coruña e a de Pontevedra, ó sur coa provincia de Ourense e ó leste co Principado de Asturias e a provincia de León, pertencente a Castela e León. A súa capital e a cidade máis poboada é Lugo, sendo a segunda cidade en poboación Monforte de Lemos, seguida de Viveiro, Vilalba, Sarria, Ribadeo, Foz, Burela e Chantada.

Aínda que é a maior das provincias galegas, é a terceira en número de habitantes, con 339 386 habitantes en 2015, tras A Coruña e Pontevedra.

Rioaveso, Cospeito

Santalla de Rioaveso é unha parroquia do concello de Cospeito na comarca da Terra Chá, provincia de Lugo, pertence ao arciprestado de Vilalba, delimitada polas parroquias de San Xurxo de Rioaveso, Román e Árbol polo norte; Sistallo polo sur; Árbol e Sistallo polo leste; San Xurxo de Rioaveso e Oleiros polo oeste.

Os seus 210 habitantes (2011) encóntranse agrupados en 17 entidades de poboación nunha extensión de 5 km² e cunha densidade media de 42 hab/km², o que supón unha diminución en relación ao ano 1991 cando tiña 279 habitantes.

Roás, Cospeito

San Miguel de Roás é unha parroquia do concello lugués de Cospeito na comarca da Terra Chá. Tiña 263 habitantes en 2016, segundo datos do Instituto Galego de Estatística, 119 homes e 144 mulleres distribuídos en 13 entidades de poboación. O que supón unha diminución de 43 habitantes respecto ao ano 2007 cando tiña 306 habitantes (143 homes e 163 mulleres) e 89 menos que en 2000.

Seixas, Cospeito

San Pedro de Seixas é unha parroquia do concello lugués de Cospeito na comarca da Terra Chá. Tiña 106 habitantes en 2016, segundo datos do Instituto Galego de Estatística, 55 homes e 51 mulleres distribuídos en 6 entidades de poboación. O que supón unha diminución de 29 habitantes respecto ao ano 2007 cando tiña 135 habitantes (65 homes e 70 mulleres) e 41 menos que en 2000.

Sistallo, Cospeito

San Xoán de Sistallo é unha parroquia do concello lugués de Cospeito na comarca da Terra Chá. Tiña 598 habitantes en 2016, segundo datos do Instituto Galego de Estatística, 286 homes e 312 mulleres distribuídos en 16 entidades de poboación. O que supón un aumento de 5 habitantes respecto ao ano 2007 cando tiña 593 habitantes (295 homes e 298 mulleres) e 4 menos que en 2000.

Torre de Caldaloba

A torre de Caldaloba, tamén coñecida como castelo de Vilaxoán, é unha fortaleza de orixe medieval situada na parroquia de Pino, no concello de Cospeito.

Érguese nunha zona da Terra Chá coñecida como A Balura, sobre o outeiro de Coto de Mato, que domina a pasaxe natural que comunica a comarca de Vilalba cos ríos Támoga e Miño, aproveitando un gran castro con catro grandes foxos.

A uns centos de metros está o pazo de Caldaloba, fundado en 1621 por Rodrigo Díaz Sanjurjo y Montenegro.

Vilalba

Vilalba é un concello da provincia de Lugo, capital da comarca da Terra Chá. Segundo o IGE en 2015 tiña 14.645 habitantes, dos que máis dun terzo viven no núcleo urbano. O seu xentilicio é «vilalbés» ou tamén «chairego».

Vilalba é a vila principal da súa comarca e a cuarta na provincia, xusto despois de Viveiro. O concello posúe unha densidade de poboación de 38,64 hab./km², e unha superficie de 379 km², o que o converte no segundo maior dos concellos galegos en canto a superficie despois da Fonsagrada.

O concello de Vilalba atópase na metade norte da provincia de Lugo; limita polo norte cos concellos de Abadín, Muras e Xermade, polo sur, con Cospeito, Begonte e Guitiriz, polo leste, con Abadín e Cospeito e polo oeste, con Xermade e Guitiriz. A poboación de Vilalba distribúese nas 29 parroquias do concello, ademais do núcleo urbano da vila.

Vilalba (do latín Villam Albam, 'vila branca'), posúe un rico patrimonio arqueolóxico e cultural. O concello conserva un bo número de mostras de castros galaicos, entre os que destacan os castros de Gondaísque e Belesar. Dentro do seu patrimonio cultural destaca a Torre da homenaxe do desaparecido castelo de Vilalba, vencellada historicamente á casa dos Andrade, e convertida no século XX en parador de turismo.

Con respecto á industria, o concello caracterízase pola súa escasa industrialización, sendo as escasas industrias existentes derivadas do sector primario, é dicir a agroalimentaria, representada por unha empresa multinacional de produtos lácteos, e algunhas pequenas industrias de embutidos, xamóns e de elaboración do queixo D.O. de San Simón.

A gastronomía é un dos meirandes atractivos da vila na que hai que destacar o queixo de San Simón da Costa, o roscón de améndoas e os célebres capóns de Vilalba que se comercializan nunha feira anual, que ten lugar o 21 de decembro.

Xoibán, Vilalba

O Salvador de Xoibán é unha parroquia do concello de Vilalba (Lugo), a máis meridional das parroquias vilalbesas, e enclavada entre os concellos de Begonte e Cospeito.

En 2011, segundo o IGE, tiña 54 habitantes (26 homes e 28 mulleres) repartidos entre as entidades de: Alamparte, Alto, Bon Aire, Cascallal, Escoira, Granda, Igrexa, Lentille, Muíño e Pereiro; o que supón unha diminución en relación a 1991 cando tiña 94 habitantes.

Xustás, Cospeito

Santiago de Xustás é unha parroquia do concello lugués de Cospeito na comarca da Terra Chá. Tiña 265 habitantes en 2016, segundo datos do Instituto Galego de Estatística, 139 homes e 126 mulleres distribuídos en 10 entidades de poboación. O que supón unha diminución de 21 habitantes respecto ao ano 2007 cando tiña 286 habitantes (148 homes e 138 mulleres) e 59 menos que en 2000.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.