Corzo

O corzo ou corza (Capreolus capreolus) é un pequeno cervídeo comunmente encontrado na Europa e Asia, posuidor de galladas curtas, puntiagudas, e pelaxe avermellada no verán, e marrón-acinzentada no inverno.

Corzo
Macho (esquerda) e femia (dereita)

Macho (esquerda) e femia (dereita)
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)

Pouco preocupante
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Mammalia
Orde: Artiodactyla
Familia: Cervidae
Xénero: Capreolus
Especie: C. capreolus
Nome binomial
Capreolus capreolus
(L., 1758)
Distribución en Galiza

Distribución en Galiza
Distribución global

Distribución global

Localización

En Europa esténdese dende a rexión occidental do continente, estando só ausente de Irlanda, o sur de Portugal, Grecia e o norte de Escandinavia cunha área de distribución que se estende ata o norte da China.

Características

Reh 00380
Cría de corzo.

No estado adulto, o corzo ten unha altura na cruz de só 76 cm como máximo e un peso entre 15 e 30 quilos. Os machos presentan cornos pequenos de tres puntas que mudan cara comezos do inverno e que volven medrar ata comezos da primavera. A pelaxe é dunha cor castaña cunha lixeira tonalidade vermella en ámbolos dous sexos durante o verán, adquirindo unha tonalidade cincenta no inverno, momento que aparece unha mancha branca no lombo. O ventre é dunha cor máis clara que o lombo. Pola contra, os corciños presentan un pelico avermellado con pintas brancas que actúan como camuflaxe co seu contorno. Os seus berros son semellantes ós ladridos dos cans.

O corzo é un animal predominantemente forestal, e só sae a campo aberto en contadas ocasións durante o verán para engadir algunhas herbas á súa dieta, baseada no consumo de follas de arbustos e árbores baixas, así como brotes tenros. Adoita mostrarse activo cara o solpor, e durante o día permanece agochado entre a vexetación.

As femias conviven con unha ou dúas crías que tiveron no ano. O normal é que pasen agochadas a maior parte do tempo e a femia só acode a elas para darlles de mamar, aínda que vixíe dende as inmediacións. Non é raro que algunhas persoas, ó descubrir unha cría na espesura, a consideren abandonada e a leven. Este é probablemente o maior perigo ó que se enfrontan os corzos, pois rara vez se adaptan á domesticación e morren ós poucos días.

Pola súa parte os machos acostuman ser solitarios ou vivir cunha femia e as súas crías. Na época de apareamento (inicios da primavera) vólvense fortemente territoriais e tratan de manter ós outros machos lonxe da súa área de influencia en todo momento, ó tempo que tratan de atraer ás femias para aparearse con elas. O corzo é un dos poucos ungulados con implantación diferida, polo que a fecundación case nunca se produce no momento do apareamento, senón ás veces varios meses despois. De tódolos xeitos, o normal é que o alumbramento das crías (unha soa nas nais primeirizas, dous nos partos seguintes) se produza no mes de maio.

O corzo é unha especie cinexética en toda a súa distribución, sendo a súa caza unha actividade moi frecuente en toda Europa central e na Península Ibérica. En España abunda especialmente na parte norte, e chega polo sur ata o mar de Alborán. Na provincia de Cádiz está en regresión pola perda de árbores.

Notas

  • Animal: The Definitive Visual Guide to the World's Wildlife, DK Adult Publishing, (2001), px. 241.
  • Boyle, K.V. 2006. Neolithic wild game animals in Western Europe: The question of hunting, pp 10 – 23. In Animals in the Neolithic of Britain and Europe, Serjeantson, D, and Field, D (eds). Oxbow Books: Oxford.
  • Lyneborg, L. (1971). Mammals. ISBN 0-7137-0548-5.
  • Reader's Digest, The Wildlife Year, p. 228, ISBN 0-276-42012-8.

Véxase tamén

Ligazóns externas

25 de abril

O 25 de abril é o 115º día do ano do calendario gregoriano (116º nos anos bisestos). Quedan 250 días para finalizar o ano.

Alcobendas

Alcobendas é unha localidade e municipio español, pertencente á Comunidade Autónoma de Madrid. Situado a 13 km ao norte da capital, a 700 metros de altitude. Limita cos municipios de San Sebastián de los Reyes ao norte, ao oeste e ao sur co de Madrid, e ao leste co de Paracuellos de Jarama.

O seu nome, a pesar dos defensores dunha orixe árabe ("Alccoba" = lugar de repouso), parece derivar de palabras célticas ou prerromanas. Menendez Pidal derivábao de "Alcovindos", outeiro ou cerro branco, e máis recentemente o profesor Francisco Villar derívao de "Alcebindos", cerro do corzo.

Alcubilla de Avellaneda

Alcubilla de Avellaneda é un concello español da provincia de Soria (Castela e León). A súa poboación é de 161 habitantes (INE 2012).

Ten 176 habitantes e a súa economía baséase no cultivo de trigo, cebada, centeo, avea e xirasol; o gando lanar e porcino (once naves) e as colmeas e viñas.

Flora: Enciñeira, xenebreiro, carballo e té.

Fauna: Corzo, xabaril, lobo, charrela.Festas principales: 3 de febreiro "As Candelas" e 22 de xullo Santa María Madalena, patroa da vila.

Outras festas e tradicións: 14 de setembro, Exaltación da Santa Cruz.

O 17 de agosto Festa de Verán. O 11 de xuño, San Bernabé. O 13 de setembro, Festa do Prado. O 10 de xullo, San Cristóbal e o 17 de xaneiro, san Antonio. O 25 de abril, San Marcos.

Bambi

Bambi é un clásico filme de animación en Technicolor, baseado no relato Bambi, unha vida no bosque (Bambi, ein Leben im Walde no orixinal alemán), publicado en 1923 polo autor austríaco Felix Salten. É o quinto filme de animación producido por Walt Disney Pictures, estreado o 13 de agosto de 1942, e distribuído por RKO Radio Pictures nas salas de cinema dos Estados Unidos.

Os personaxes principais son Bambi, un cervo de cola branca, os seus pais (o Gran Príncipe do bosque e súa nai), os seus amigos Tambor (un coello de fociño rosado) e Flor (unha mofeta), e a súa amiga de infancia e futura compañeira, Faline. Para este filme, Disney decidiu cambiar a especie de Bambi dun corzo da historia na historia orixinal xa que é un animal que non vive en América para un cervo de cola branca que é máis familiar para americanos. Este filme foi premiado con tres Oscar, nas categorías de Mellor Son, Mellor Canción para Love Is a Song interpretada por Donald Novis e Mellor Banda Sonora.

Caamaño, Porto do Son

Santa María de Caamaño é unha parroquia que se localiza no oeste do concello de Porto do Son. Segundo o INE, en 2018 tiña 555 habitantes (273 homes e 282 mulleres) distribuídos en 19 entidades de poboación,o que supón un aumento da poboación respecto ao ano 2014.

Caninea

Unha caninea ou canzada é un equipo de cans adicado á caza. Normalmente enténdese co nome de manda un equipo de sabuxos que pode estar adicado á caza menor (coello, lebre e raposo) ou ben á caza maior (xabaril ou ben corzo). Unha caninea de rastro normalmente está especializada na caza dunha soa especie, polo tanto unha manda de cans do xabaril estará especializada só na caza do xabaril sendo un demérito importante que persiga calquera outra especie de animal.

Polo xeral unha manda de sabuxos destinada á caza con armas de fogo está composta por entre 4 e 8 cans.

Cazás, Xermade

Cazás é unha parroquia que pertence o concello de Xermade, limita coa parroquia de Codesido, Distriz, Belesar (tódalas tres do concello de Vilalba) e O Buriz (concello de Guitiriz). Segundo o IGE en 2011 tiña 304 habitantes (155 homes e 149 mulleres).

En Cazás localízanse os seguintes barrios e lugares: O Aruxo, O Barreiro, O Campo, O Capeirón, A Carballosa, Os Carpizos, A Casanova do Campo, A Casavella, O Castelo, A Castiñeira, O Castro da Igrexa, Covillón, Escoriscada, Fonteboa, A Fraga, Freán, A Golpilleira, Landoi, O Lugar Vello, Marmoiral, Mede, Mediafariña, O Pazo, A Pedra do Val, Pedras Pardas, As Pedreiras, A Pena, A Pena de Arca, Pepín, Preanes, O Rego do Corzo, O Rego do Sapo, Rosende, As Rozas Vedras, San Xurxo, O Seixo, O Seo e A Silvela.

Natural desta parroquia é o historiador Ramón Villares.

Corzo, Caamaño, Porto do Son

Corzo é un lugar da parroquia de Caamaño no concello coruñés de Porto do Son, na comarca de Noia. Segundo o padrón municipal (INE 2013) ten 77 habitantes (37 homes e 40 mulleres).

Corzo (homónimos)

Un corzo é un pequeno cervídeo comunmente encontrado na Europa e Asia.

Como topónimo, Corzo pode referirse a:

Corzo, lugar da parroquia de Caamaño, no concello de Porto do Son;

O Rego do Corzo, lugar da parroquia de Cazás, no concello de Xermade.Como apelido, pode referirse a:

Juan Corzo, mestre de xadrez cubano.

Jesús Corzo Sierra

Jesús Corzo Sierra, nado en San Paio (Mones, Petín) o 7 de setembro de 1930 e finado na Coruña o 6 de maio de 2000, foi un empresario galego. Foi presidente do Racing de Ferrol en 1976 e 1979 e do Deportivo da Coruña entre 1982 e 1986.

Juan Corzo

Juan Corzo Príncipe, nado en Madrid en 1873 e finado en 1941, foi un mestre de xadrez cubano, campión nacional de Cuba inmediatamente antes de José Raúl Capablanca.

Manuel Corzo

Manuel Corzo Macías, nado en 1941, é un médico e político galego do PPdeG. Dono da adega Corzo, adscrita á Denominación de Orixe Valdeorras, labor que compaxina coa súa militancia política.

Manuel Ángel Corzo

Manuel Ángel Corzo Sueiro, nado en Santiago de Compostela o 1 de maio de 1842 e finado na mesma cidade o 25 de abril de 1871, foi un escritor galego.

Montederramo

Montederramo é un concello da provincia de Ourense, pertence á comarca da Terra de Caldelas e parte da Ribeira Sacra. Segundo o Padrón municipal, en 2018 tiña 722 habitantes (1.188 en 2003), cunha poboación menor de 15 anos do 2,08%.

O Bolo

O Bolo é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca de Valdeorras. Segundo o padrón municipal en 2014 tiña 1013 habitantes (1326 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) bolés.

Roca, Guitiriz

Roca é unha parroquia do concello de Guitiriz. Segundo o IGE, en 2012 tiña 78 habitantes (35 homes e 43 mulleres).

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.