Coruxo Fútbol Club

O Coruxo Fútbol Club é o equipo de fútbol galego da parroquia de Coruxo, pertencente ao concello de Vigo. Fundado en 1930, xoga na Segunda División B desde a tempada 2010-11. O seu campo de fútbol é o campo do Vao, cunha capacidade para 1.500 espectadores.

Campo do Vao, F C Coruxo, Vigo
Campo do Vao.
Coruxo
NomeCoruxo Fútbol Club
Fundación1930
EstadioO Vao,
Vigo, Galicia
Capacidade1.500
PresidenteGalicia Gustavo Falque
AdestradorGalicia Jacobo Montes
Liga2ªB – Grupo 1
2017–1816º
VestimentaZico
PatrocinadorDeputación de Pontevedra[1][2]
Páxina webPáxina web
Na casa
Fóra

Historia

O club nace en 1930 tras fusionarse con outro equipo da zona, o Mirambel, para formar un conxunto que disputase varios torneos locais en Vigo e arredores, sendo o primeiro presidente do novo equipo Eduardo Costas Costas. A partir da fusión o equipo nútrese de xogadores da parroquia de Coruxo e arredores, e establécese un estadio para o Coruxo na Xunqueira do Vao. A súa primeira competición foi un torneo rexional, a Liga do Val Miñor.

O club sofre un parón durante a guerra civil española e non regresará ata 1945, cando todos os membros da xunta directiva con Eduardo Costas como presidente reúnen os medios para renovar a actividade do club. En 1947, o equipo pasa a estar federado pola Federación Española de Fútbol e comeza a competir de forma profesional. Posteriormente iría inscribindo a outros equipos de categorías inferiores.

Na súa longa historia xogou en numerosas ocasións en Terceira división, pero tamén viviu épocas máis escuras nas categorías inferiores do fútbol pontevedrés (Rexional Preferente Sur e Primeira Rexional). Destaca en especial a súa década dos anos sesenta, onde estivo en Terceira división durante oito tempadas consecutivas, dende 1959 ata 1967, e cando esa categoría era en realidade a terceira e non a cuarta, como na actualidade. Tamén estivo en Terceira entre 1984 e 1990, nas tempadas 1991-92 e 1995-96 e dende 2003 ata 2009. O seu mellor resultado foi na tempada 2006-07, cando quedou subcampión da categoría.

Disputou sen éxito a promoción de ascenso a Segunda B en tres ocasións:

  • En 2005, cando perdeu contra o Real Oviedo por 0-0 e 1-0, en primeira rolda[3].
  • En 2007, cando perdeu contra o Toledo por 2-0 e 2-2, en primeira rolda[4].
  • En 2008, cando perdeu contra o Alzira por 0-2 e 2-2, en primeira rolda[5].

Finalmente, na tempada 2009-10 logra o seu primeiro ascenso a Segunda División B tras gañar a AD Parla, SD Oyonesa e La Roda CF nas respectivas eliminatorias. Na súa primeira tempada na nova categoría consegue a permanencia na última xornada acabando na 14ª posición, logo dunha tempada regular na que só ocupou posicións de descenso na 2ª xornada. Na tempada 2011-12 acaba en 11ª posición.

Uniforme

  • Uniforme titular: Camiseta verde, pantalón branco e medias verdes.
  • Uniforme alternativo: Camiseta braquivermella, pantalón vermello e medias vermellas.

Datos do club

Historial na liga

Tempada Categoría Posto
de 30-31 Rexional
a 58-59 Rexional
1959/60 10º
1960/61 13º
1961/62 11º
1962/63 13º
1963/64 14º
1964/65
1965/66 13º
1966/67 15º
de 67-68 Rexional
a 83-84 Rexional
Tempada Categoría Posto
1984/85 14º
1986/87 20º
1987/88
1988/89 16º
1989/90 18º
1990/91 Rex. Pref.
1991/92 19º
1992/93 Rex. Pref.
1993/94 Rex. Pref.
1994/95 Rex. Pref.
1995/96 20º
1996/97 Rex. Pref.
Tempada Categoría Posto
1997/98 Rex. Pref.
1998/99 Rex. Pref.
1999/00 Rex. Pref. 10º
2000/01 Rex. Pref.
2001/02 Rex. Pref. 12º
2002/03 Rex. Pref.
2003/04
2004/05
2005/06
2006/07
2007/08
2008/09
Tempada Categoría Posto
2009/10
2010/11 2ªB 14º
2011/12 2ªB 11º
2012/13 2ªB
2013/14 2ªB 15º
2014/15 2ªB
2015/16 2ªB 14°
2016/17 2ªB
2017/18 2ªB 16°
2018/19 2ªB

Adestradores

  • Galicia José Manuel Abalde (2010–12)
  • Galicia Antonio Gómez (2012–13)
  • Galicia Rafa Sáez (2013–18)
  • Galicia Jacobo Montes (2018–presente)

Palmarés

Notas

  1. Tras conseguir el empate, el Celta fue de menos a más en un partido entretenido Arquivado 18 de agosto de 2010 en Wayback Machine., Web do Coruxo FC, 11/8/2010.
  2. Coruxo F.C. que jugó ante el Caselas en el campo sintético de Salvaterra[Ligazón morta], Web do Coruxo FC, 1/8/2010.
  3. [1][Ligazón morta], Futbolme.com
  4. [2][Ligazón morta], Futbolme.com
  5. [3][Ligazón morta], Futbolme.com

Véxase tamén

Ligazóns externas

Alberto García Salgueiro

Alberto García Salgueiro, nado en Vigo o 22 de febreiro de 1981, é un futbolista galego. Xoga de centrocampista. Da tempada 2001/02 á 2003/04, xogou no Celta de Vigo B, nas tempadas 2008/09 e 2009/10 xogou no Club Deportivo Lugo. Desde a tempada 2010/11 a 2015/16 xoga no Coruxo Fútbol Club.

Arquivo Pacheco

O Arquivo Fotográfico Pacheco é unha colección fotográfica recompilada na súa maior parte por Jaime de Sousa Guedes Pacheco entre 1915 e 1981, e que está instalada na Casa das Artes de Vigo.

Campo de Fútbol Municipal Baltasar Pujales

O Campo de Fútbol Municipal Baltasar Pujales é un estadio de fútbol de propiedade municipal, situado en Bouzas, Vigo. Serve de localía ao Club Rápido de Bouzas. O estadio inaugurouse en marzo de 2001.

O seu terreo de xogo é de céspede artificial. A súa capacidade total rolda os 1.500 espectadores, aínda que só posúe unha bancada con capacidade para 600 persoas. O complexo deportivo conta con catro vestiarios, un local para oficinas, dous aseos para uso público e un equipo de calefacción que garante unha permanente subministración de auga quente, ademais dun peche perimetral de todo o campo. Tamén incorpora un local para servizo de cafetaría.

Leva o nome de Baltasar Pujales, quen foi presidente do Rápido de Bouzas durante máis de 30 anos, e que foi o presidente na data de inauguración do estadio. Anteriormente á construción deste campo de fútbol, o Rápido de Bouzas xogaba no campo de fútbol das Gaivotas, un campo de terra que ocupou a área onde agora se ergue o pavillón polideportivo, anexo ao campo actual.

Campo do Vao

O Campo do Vao é un campo de fútbol da parroquia de Coruxo, Vigo, situado preto da praia do mesmo nome. Serve de feudo local do Coruxo Fútbol Club e ten unha capacidade de 1.500 espectadores.

Casa Pereira de Castro

A Casa de Pereira de Castro é un edificio situado na Praza da Constitución, na Cidade Vella de Vigo. Monumento Histórico-Artístico dende 1946, é un dos poucos exemplos de barroco civil que existen na vila.

Centro Arqueolóxico de Salinae

O Centro Arqueolóxico Salinae (Vigo) é a única salina romana de evaporación solar que foi conservada e musealizada do Imperio Romano.[Cómpre referencia] É un centro dependente do Museo do Mar de Galicia e da Xunta de Galicia.

Complexo Deportivo das Travesas

O Complexo Deportivo das Travesas é un recinto polideportivo situado na parroquia viguesa de Freixeiro, construído en 1968 e con capacidade para 3.500 persoas.

Serve de feudo ao Real Club Celta Indepo de baloncesto e máis ao Octavio Pilotes Posada de balonmán.

Copa Galicia de fútbol 1964/65

A Copa Galicia 1964/65 foi unha competición de fútbol organizada pola Federación Galega de Fútbol na que participaron quince equipos galegos de Primeira, Segunda e Terceira División. O torneo foi disputado en forma de eliminatorias a dous partidos. Comezou en maio de 1965 e rematou en maio de 1966 xa que a final foi adiada en varias ocasións. Os equipos de primeira e segunda ficaron exentos ata os cuartos de final.

Os equipos participantes foron o Club Deportivo Arenteiro, o Coruxo Fútbol Club, o Club de Fútbol Calvo Sotelo, o Club Deportivo Lugo, o Alondras Club de Fútbol, a Agrupación Deportiva Couto, o Club Turista, o Club Lemos, o Arousa Sociedade Cultural, o Gran Peña Fútbol Club, o Real Club Deportivo da Coruña, o Real Club Celta de Vigo, o Club Deportivo Choco, o Pontevedra Club de Fútbol e o Club Deportivo Ourense. Proclamouse campión o Pontevedra despois de derrota-lo Deportivo na final.

Edificio Bonín

O Edificio Bonín, ou Casa Bonín, é un monumental inmoble de planta baixa e tres andares, situado na rúa Areal, esquina rúa Oporto, de Vigo. Foi proxectado no ano 1909 polo arquitecto galego Jenaro de la Fuente Domínguez (1851-1922).

Estadio Municipal de Barreiro

O Estadio Municipal de Barreiro é un estadio de fútbol situado na parroquia de Lavadores de Vigo. É propiedade do concello de Vigo.

É utilizado como feudo local polo Celta de Vigo B, que xoga na Segunda B. Ten capacidade para 4.500 espectadores. É utilizado tamén polo Gran Peña Fútbol Club.

Festival Aéreo de Vigo

O Festival Aéreo de Vigo foi un festival celebrado dende 2004 ata 2012 na cidade de Vigo. Tiña lugar nun domingo da segunda quincena dos meses de xullo.

Igrexa da Soidade de Vigo

A igrexa da Soidade de Vigo é un templo católico construído en pedra no ano 1957 polo arquitecto galego Antonio Cominges Tapias. Igrexa de estilo neoclasicista, próstilo de nave rectangular, inspirada na igrexa parisiense da Madalena de Vignon. Na fachada principal sitúase un pórtico tretástilo no que están presentes todos os elementos da orde xónica. Na entrada principal mantense o sistema clásico e en cada ángulo do paramento frontal incorpórase unha pilastra xónica. Foi promovida polo que foi bispo vigués de Madrid-Alcalá Leopoldo Eijo Garay do seu propio peculio e doada polos seus herdeiros ao Bispado de Tui-Vigo o 9 de outubro de 1964.

Monte da Guía

O monte da Guía é unha elevación situada na parroquia de Teis, no concello de Vigo, a uns 100 metros sobre o nivel do mar, a carón da ría de Vigo. É un dos parques maiores da cidade.

Desde o alto do promontorio hai unha vista bastante completa da cidade de Vigo, así como da ría, das illas Cíes, e da cara sur da península do Morrazo e da ponte de Rande. Antigamente, as mulleres dos pescadores subían a este monte para facer fogueiras e así poder orientar os seus maridos de regreso ao peirao.

Está coroada por unha pequena ermida erixida en honra da Nosa Señora das Neves: Nosa Señora da Guía, obra do arquitecto Manuel Gómez Román.

Ata o ano 2000 estivo situada na súa ladeira máis protexida, cara ao mar, a Escola de Transmisións da Armada, localización militar que tivo importante relevancia na Segunda Guerra Mundial, ó ser usada como lugar de aprovisionamento por submarinos alemáns, o que se evidencia nalgunha película bélica. Naquela época fíxose un túnel baixo o monte para que o tren chegase ás instalacións militares para levar provisións. Tempo despois, ó ser innecesario o transporte ferroviario, o túnel foi usado como almacén militar.

Na súa aba, hai pequenas praias como a da Lagoa ou a da Punta, e un paseo a través dunha senda botánica sinalada. Conta cunha carballeira e distintas especies ornamentais de interese, nas que destacan ademais dos carballos, os piñeiros.

O monte da Guía está conectado co centro da cidade a través do autobús urbano (liña 17).

O Marisquiño

O Marisquiño é un evento deportivo e cultural urbano que se celebra na cidade de Vigo cada mes de agosto dende o ano 2001. O evento conta con actividades de concertos, grafitis e competicións de deportes urbanos, e converteuse nun dos festivais de deporte urbano de referencia no sur de Europa.Entre as modalidades deportivas do evento están o Basket 3×3, o skate, o BMX, o "Dirt Jump", o "Motocross" ou o descenso en bicicleta polo Casco Vello.

Policlínico Cíes

O Policlínico Cíes foi un pequeno hospital de titularidade pública situado en Vigo. Facía parte do Complexo Hospitalario Universitario de Vigo. Pechou en 2015.

Foi construído en 1967 segundo deseño de Xosé Bar Boo, cun deseño circular, no seu día moi innovador. No ano 2006, engadíuselle un anexo nun estilo completamente distinto.

É un edificio de seis plantas que estaba adicado a consultas externas de atención especializada e mais a cirurxía de ciclo rápido, é dicir, que normalmente non require hospitalización.

Real Club Fortuna de Vigo

O Real Club Fortuna de Vigo foi un equipo galego de fútbol da cidade de Vigo, fundado no ano 1905.

Real Vigo Sporting Club

O Real Vigo Sporting Club foi un equipo galego de fútbol da cidade de Vigo.

Sede da Deputación de Pontevedra en Vigo

A sede da Deputación de Pontevedra en Vigo é un edificio do século XXI situado na cidade de Vigo.

World Fishing Exhibition

A World Fishing Exhibition (Exposición Mundial da Pesca) é unha feira empresarial do sector pesqueiro que se celebra cada seis anos na cidade de Vigo.

Federación
Selección
Equipos
Outras competicións
Equipos desaparecidos
Torneos desaparecidos
Estadios (listaxe)
Fútbol sala masculino en Galicia
Federación
Selección
Equipos
Outras competicións
Pavillóns
Páxina Web

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.