Corrupción política

A corrupción consiste nun acordo inmoral entre un corruptor e un corrupto, ou entre corruptos aliados en prexuízo doutros, que beneficia a algúns nos seus propósitos particulares, por encima da lei no plano político. A corrupción consiste no uso e o poder público para o logro de beneficios particulares ou sectoriais, que non se identifican nin comungan co ben común.

2. Sayed e Bruce (1998) en: “el mal uso o el abuso del poder público para beneficio personal y privado”, entendendo que este fenómeno non se limita aos funcionarios públicos.

3. Conxunto de actitudes e actividades mediante as cales unha persoa transgride compromisos adquiridos con outras persoas, utilizando os privilexios outorgados, eses acordos tomados, co obxectivo de obter un beneficio alleo ao ben común.

Polo xeral apúntase aos gobernantes ou os funcionarios elixidos ou nomeados, que se dedican a aproveitar os recursos do Estado para enriquecerse. A corrupción tivo raíces antigas e evolucionou para manterse vixente ao longo de moitos anos, gobernos e países.

Foi tal o aumento que hai iniciativas a nivel de organismos multilaterais como a Organización das Nacións Unidas (ONU) e a Organización de Estados Americanos (OEA) que promoven actividades para lograr comprometer aos gobernos a unha loita contra a corrupción.

World Map Index of perception of corruption 2010
Visión xeral do Índice de Percepción de Corrupción de 2010 (a maior percepción de corrupción e de cor vermella e a menor é de cor azul escuro).

Causas

As causas poden ser endóxenas (internas) ou esóxenas (externas). Podemos sinalar como causas endóxenas ou sexa as que teñen que ver co individuo:

  • Falta de valores humanistas.[1]
  • Carencia dunha conciencia social.
  • Falta de educación.
  • Descoñecemento legal.
  • Baixa auto estima.
  • Paradigmas distorsionados e negativos (consumistas, materialistas).

Como elementos esóxenos da corrupción, ou sexa os que dependen da sociedade, temos:

  • A impunidade dos actos de corrupción.[2]
  • Os modelos sociais que transmiten antivalores.
  • Un excesivo poder discrecional do funcionario público.[3]
  • A concentración de poderes e de decisión en certas actividades do goberno.
  • O suborno internacional.
  • O control económico ou legal sobre os medios de comunicación que impiden que se expoñan á luz pública os casos de corrupción.
  • Salarios demasiado baixos.
  • Falta de transparencia na información concernente á utilización dos fondos públicos e dos procesos de decisión.
  • A pouca eficiencia da administración pública.
  • E unha extrema complexidade do sistema.

Notas

  1. Onfray, Michel (4-1-2012). L'ordre libertaire: La vie philosophique d'Albert Camus (en francés). Flammarion. ISBN 9782081280670.
  2. Anabel Díez (9-4-2015). "La impunidad define la corrupción española, según Baltasar Garzón". El País (en castelán). Consultado o 1-4-2018.
  3. José María Pérez Gómez - Real Academia de Jurisprudencia y Legislación (4-5-2013). "La desviación de poder: ese tabú jurídico". Hay Derecho (en castelán). Consultado o 1-4-2018.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Instrumento de Ratificación del Convenio penal sobre la corrupción (Convenio número 173 del Consejo de Europa) hecho en Estrasburgo el 27 de enero de 1999 . Boletín Oficial del Estado Núm. 182, 28 de julio de 2010. (en castelán)

Outros artigos

Antonio Pedreira

Antonio Pedreira Andrade, nado na Coruña en 1949 e finado en Madrid o 11 de agosto de 2015, foi un maxistrado español, especialmente coñecido por exercer como instrutor do chamado Caso Gürtel.

Baltasar Garzón

Baltasar Garzón Real, nado en Torres (Xaén) o 26 de outubro de 1955, é un xuíz español. Foi xuíz dende 1981 e maxistrado do Xulgado Central de Instrución n.º 5 da Audiencia Nacional dende 1988 até 2012 (agás dende maio de 1993 até maio de 1994), tivo ó seu cargo a investigación dalgúns dos delitos de maior relevancia que se produciron en España durante aquela época: crimes contra a humanidade, terrorismo, terrorismo de Estado, narcotráfico, corrupción política e delincuencia económica.

Presentouse como candidato independente a deputado nas listas do PSOE en 1993 e, ó constituírse o executivo, foi nomeado delegado do Goberno no Plan Nacional sobre Drogas, con rango de secretario de Estado. En maio de 1994 abandonou ámbolos dous cargos.O 22 de febreiro de 2012 foi expulsado da carreira xudicial logo de ser condenado polo Tribunal Supremo a once anos de inhabilitación por un delito de prevaricación cometido durante a instrución do caso Gürtel. Dende entón, exerceu, entre outros cargos, o de asesor do Tribunal Penal Internacional da Haia ou o de director da defensa xurídica do fundador de Wikileaks, Julian Assange. O 29 de novembro de 2012 recibiu de mans da presidenta da Arxentina, Cristina Fernández de Kirchner, o seu documento de identidade de residente estranxeiro na Arxentina. Alí foi coordinador de asesoramento internacional na secretaría de Dereitos Humanos do Ministerio de Xustiza, até que renunciou ó posto en xaneiro de 2016, logo do fin do mandato de Kirchner. En Colombia, asesorou á Fiscalía Xeral. En Ecuador foi designado coordinador da Veeduría Internacional á Reforma da Xustiza, cuxo informe final foi presentado o 13 de decembro de 2012.

Bipartidismo

O bipartidismo é unha situación política en que só dous partidos dividen o poder, ou constitucionalmente ou de feito, sucedéndose en vitorias electorais en que un deles conquista o goberno do país e o outro ocupa o segundo lugar nas preferencias de voto, pasando a ser a oposición oficial e institucionalizada.

Esta situación depende destes dous partidos atraeren case exclusivamente a atención da medios de comunicación e da opinión pública, pasando os demais partidos desapercibidos pola maior parte da poboación.

Existen graos sobre o bipartidismo, sendo algúns sistemas políticos máis bipartidistas que outros. En xeral, en certa medida, a maioría dos sistemas favorecen este fenómeno, aínda que algúns sexan organizados, desde a raíz, de forma a provocar a polarização do electorado.

Black Holes and Revelations

Black Holes and Revelations é o cuarto álbum de estudio da banda inglesa de rock alternativo Muse, editado o 3 de xullo do 2006. O álbum marcou un cambio con respecto aos anteriores discos de Muse e a banda cita como influencias a Queen, Millionaire, Sly and the Family Stone, Depeche Mode, Franz Ferdinand e á música do sur de Italia.

O álbum ten matices políticos e de ciencia-ficción, cunhas letras que abranguen temas tan variados como a corrupción política, a invasión extraterrestre, conspiracións da nova orde mundial así como cancións románticas máis convencionais. Del sacáronse os sinxelos "Supermassive Black Hole", "Starlight", "Knights of Cydonia" e "Invincible".

Brasil

O Brasil, oficialmente República Federativa do Brasil, é unha república federal formada pola unión de vinte seis estados federados e un Distrito Federal, situada en América do Sur. O país conta con 5.570 municipios e unha superficie de 8 515 767 km², o que o converte no país máis grande do territorio suramericano, ocupando a súa superficie o 47,9% do mesmo. En comparación co resto de Estados do planeta, ocupa o quinto lugar en número de habitantes, con 204 450 649 (2015), así como en territorio. Porén, presenta un dos máis baixos índices de densidade de poboación. A súa capital é a cidade de Brasilia, a cal substituíu a Río de Xaneiro en 1960. Antes da cidade fluminense a primeira capital do país fora Salvador.

O Brasil comparte fronteiras con tódolos países suramericanos exceptuando Chile e Ecuador. Así, ao norte limita con Colombia, Venezuela, a Güiana, Suriname e a Güiana Francesa, ao sur coa Arxentina, o Uruguai e Paraguai e ao oeste con Bolivia e o Perú. Ao leste, durante 7.491 km, o país está bañado polas augas do océano Atlántico. Ademais do territorio continental, o Brasil posúe grandes grupos de illas no Atlántico, por exemplo o Arquipélago de San Pedro e San Paulo, Atol das Rocas, Fernando de Noronha, territorio especial do estado de Pernambuco, e Trindade e Martim Vaz en Espírito Santo. Conta tamén cun complexo de pequenas illas e corais chamado Atol das Rocas, que pertence ao estado de Río Grande do Norte.

Habitado orixinariamente polos amerindios, o Brasil converteuse nunha colonia do Reino de Portugal tralo seu descubrimento da man de Pedro Álvares Cabral no ano 1500 e o Tratado de Tordesillas. No ano 1815, foi elevado á categoría de Reino, aínda que xa perdera os seus lazos coloniais varios anos antes, en 1808, despois da invasión portuguesa de Napoleón. O país obtivo a súa completa independencia o 7 de setembro de 1822, constituíndose como un estado unitario gobernado baixo unha monarquía constitucional e un sistema parlamentario. Anos despois, en 1889, un golpe de estado militar proclamou a República. A súa última Constitución, formulada en 1988, define ao país como unha república federal.

Climaticamente é un país tropical, xa que se atopa sobre a liña ecuatorial, abarcando partes tanto no hemisferio sur como no hemisferio norte, con todo as estacións climáticas non se senten dun xeito radical. Parte do seu territorio está cuberto pola selva tropical amazónica, que con 3,6 millóns de km² é a máis grande do mundo. Grazas a todo isto é o país con máis especies de animais distintas no mundo. Demograficamente, a maior parte da súa poboación concéntrase ao longo do litoral, mentres o interior está marcado por enormes baleiros demográficos. A nivel lingüístico, o Brasil é o único país de lingua portuguesa do continente, aínda que tamén son faladas outras moitas linguas. A relixión con máis seguidores é o catolicismo, sendo o país con maior número de católicos nominais do mundo. A sociedade brasileira é unha das máis multiétnicas do planeta, formada por descendentes de europeos, indíxenas, africanos e asiáticos.

A economía brasileira é a maior de América Latina e do hemisferio Sur, así como a sétima maior do mundo polo seu Produto Interior Bruto nominal e por paridade de poder adquisitivo. É ademais unha das principais economías con máis rápido crecemento económico. O país é membro da Organización das Nacións Unidas (ONU), da que é membro fundador, G20, Comunidade dos Países de Língua Portuguesa (CPLP), Unión Latina, Organización dos Estados Americanos (OEA), Organización dos Estados Iberoamericanos (OEI), Mercado Común do Sur (Mercosur) e da Unión de Nacións Suramericanas (Unasur), ademais de ser un dos países BRICS, xunto coa China, a India, Rusia e Suráfrica.

Caciquismo

O caciquismo foi unha práctica política que tivo o seu maior auxe durante a época da Restauración Borbónica, empregando o sistema de encadramento, pucheirazo, "resurrección de mortos" etcétera.

Caso Naseiro

O caso Naseiro foi o termo xornalístico co que se coñeceu un caso xudicial de corrupción política que se coñeceu en España en 1990. Débelle o seu nome ao político de Vilalba Rosendo Naseiro, imputado no caso.

Corrupción (homónimos)

A corrupción é un comportamento anormal que busca o beneficio propio en prexuicio doutros ou do ben común. O concepto pode aplicarse a diferentes ámbitos:

Corrupción política, na que intervén algún cargo público que obtén algún beneficio da concesión dun trato de favor.

Corrupción sexual

Corrupción de menoresPor extensión, aplícase tamén á corrupción lingüística.

Ditadura de Primo de Rivera

A ditadura de Primo de Rivera foi o réxime político que houbo en España desde o golpe de estado do capitán xeneral de Cataluña, Miguel Primo de Rivera, o 13 de setembro de 1923, ata a súa dimisión o 28 de xaneiro de 1930 e a substitución pola chamada dictablanda do xeneral Dámaso Berenguer.

A pesar dos seus esforzos de rexeneración e o inmenso progreso da economía e as infraestruturas, a Ditadura foi capaz de estabilizar a situación política durante un longo período, pero a finais da Ditadura produciuse unha crise política que desprestixiou o rei Afonso XIII e achandou o camiño á Segunda República española.

Fisioloxismo

Fisioloxismo é un tipo de relación de poder político no que as accións políticas e decisións son tomadas en troca de favores, favorecimentos e outros beneficios a intereses individuais. É un fenómeno que ocorre frecuentemente en parlamentos, mais tamén no poder executivo, estreitamente asociado á corrupción política.

Leonardo Sciascia

Leonardo Sciascia, nado en Racalmuto (Agrigento) o 8 de xaneiro de 1921 e finado en Palermo o 20 de novembro de 1989, foi un escritor siciliano.

O cidadán do mes

O cidadán do mes é unha novela negra de Diego Ameixeiras, publicada por Edicións Xerais en xaneiro de 2006. É a segunda da saga protagonizada polo detective Horacio Dopico.

Ohio

Ohio (pronunciado [oʊˈhaɪoʊ]) é un dos 50 estados dos Estados Unidos de América, situado na zona dos Grandes Lagos, e un dos seus principais centros industriais. Localizado na Rexión Medio Oeste dos Estados Unidos —a rexión máis industrializada do país— Ohio ten á industria como a súa principal fonte de ingresos. Outras fontes de ingresos importantes son as finanzas, a minería do carbón —que axudou a facer de Ohio unha das principais potencias industriais do país— a agricultura e o turismo.

A palabra "Ohio" significa na lingua iroquesa "Gran Río", "Río Longo" ou "Río Belo", utilizada por este grupo de nativos americanos para describir o río Ohio. O alcume de Ohio é Buckeye State (o Buckeye é un castiñeiro do xénero Aesculus). Os bosques compostos por árbores deste xénero cubrían anteriormente todo Ohio, aínda que moitos destes bosques foron tallados para proporcionar materias primas a diversas industrias, así como para dar espazo á agricultura. Ohio tamén reivindica o alcume de Mother of Modern Presidents (Nai dos Presidentes Modernos), polo feito de que sete dos Presidentes dos Estados Unidos naceron e creceron en Ohio, aínda que este título pertence, de feito, a Virxinia, cun total de oito presidentes. Os presidentes estadounidenses nacidos en Ohio son Ulysses S. Grant, Rutherford B. Hayes, James A. Garfield, Benjamin Harrison, William McKinley, William Howard Taft e Warren G. Harding. Un oitavo Presidente, William Henry Harrison, vivía en Ohio cando foi nomeado Presidente.

Os primeiros exploradores europeos en explorar a rexión foron os franceses. Ata 1763, a rexión de Ohio formaba parte da colonia francesa de Nova Francia, pasando entón a control británico. Coa independencia dos Estados Unidos en 1783, estes pasaron a controlar a rexión. Ohio converteuse no primeiro territorio do Territorio do Noroeste en ser elevado á categoría de estado, e o 17º en entrar na Unión, o 1 de marzo de 1803. A expansión en dirección ao oeste e a construción de numerosas vías férreas no estado, o descubrimento de numerosos xacementos de carbón e unha sólida industria agropecuaria fixeron que Ohio convertésese a mediados do século XIX nunha gran potencia industrial. Ulysses S. Grant, nativo de Ohio, foi un dos principais líderes da Unión durante a Guerra de Secesión.

A rápida industrialización do estado fixo que diversas persoas nativas do estado destacasen polas súas invencións e ideas pioneiras. Thomas Edison naceu en Ohio, e os Irmáns Wright —coñecidos mundialmente por ser os primeiros en voar nun avión (non sen controversias)— tamén creceron aquí. Outro nativo de Ohio mundialmente famoso é Neil Armstrong, a primeira persoa en pisar a Lúa.

Segundo os datos do censo do 2000, residían en Ohio 11.353.140 habitantes, repartidos por unha área de 116.096 km².

Partido Ortodoxo

O Partido do Pobo Cubano (Ortodoxos), en castelán Partido del Pueblo Cubano (Ortodoxos), ou Partido Ortodoxo foi un partido político cubano fundado o 15 de maio de 1947 por Eduardo Chibás.

Foi, xunto co Partido Auténtico, un dos dous partidos principais de Cuba antes da Revolución cubana. En 1951, tras o suicidio de Eduardo Chibás, o liderado do partido quedou na cabeza de Emilio Ochoa.

Populismo

O populismo é un termo político para designar correntes heteroxéneas pero caracterizadas pola súa aversión ás elites económicas e intelectuais, a súa denuncia da corrupción política por parte das clases privilexiadas e a súa constante apelación ó Pobo.

Ademais adoita asociarse á Demagoxia.

A aparición do populismo como fenómeno social lígase a procesos de rápida modernización ou cambio como unha postura crítica que argumenta que estes xeran distinto grao de desenvolvemento nas diversas clases ou rexións dun país e en consecuencia desigualdade.

O termo populismo usouse en política dúas acepcións diferentes. Unha delas ten un significado positivo e a outra pexorativo.

The Resistance

The Resistance é o quinto álbum de estudio da banda inglesa de rock alternativo Muse, editado en Europa o 14 de setembro do 2009 e en Norteamérica un día despois. Coma nos seus derradeiros álbums, os principais temas das cancións son a corrupción política, a invasión alieníxena, as conspitracións da nova orde mundial ademais de temas de amor máis convencionais. Acadou o posto máis alto das listas de 19 países e estreouse non número 3 da lista Billboard 200, ao vender 128.000 copias na súa primeira semana.

Transparencia

O termo transparencia pode referirse a:

Transparencia, propiedade dos obxectos que permite que a luz os atravese en todo ou en parte. Os corpos ou obxectos que presentan esta propidade cualifícanse de transparentes.E por extensión,

Transparencia, en economía, o coñecemento que posúen os consumidores dun mercado sobre as condicións en que se opera nel.

Diapositiva ou transparencia, unha forma de proxectar imaxes nunha pantalla.

Transparencia, cualidade dunha peza de vestir que permite ver a roupa interior ou a pel a través dela.

Transparencia Internacional, unha organización alemá de ámbito internacional dedicada a combater a corrupción política.

Transparencia Internacional

Transparencia Internacional (TI) é unha organización internacional dedicada a combater a corrupción política, tendo como ferramenta principal a divulgación de información. Foi fundada en 1993 e ten a súa sede en Berlín, Alemaña.

TI está organizada como unha agrupación de máis de 80 capítulos nacionais cun secretariado central. Fundada orixinalmente como unha organización sen fins de lucro alemá, actualmente TI é unha organización non gobernamental e a súa estrutura organizativa está en proceso de democratizarse completamente.

Na América Latina e no Caribe formouse unha rede de asociacións afiliadas en catorce países, baixo as figuras de capítulos nacionais, capítulos nacionais en formación ou contactos nacionais.

Cuéstionase o valor dos seus informes sobre a corrupción posto que se basean en enquisas que miden a valoración subxectiva dos enquisados sobre o grao de corrupción dos países estudados e non en información obxectiva.

Outro problema é que o que se define ou percibe legalmente como corrupción varía dunha xurisdición a outra: unha contribución legal a un partido político pode ser ilegal noutro. Igualmente, o que nun país acéptase como unha propina noutro pode considerarse como un suborno.

Os principios fundamentais desta ONG son:

Non investigar casos particulares

Manterse independente da política partidaria

Traballar en colaboración coa maior variedade de sectores posible.Desde 2003, o presidente do Consello de Administración é Peter Eigen.

Íngrid Betancourt

Íngrid Betancourt Pulecio, nada en Bogotá o 25 de decembro de 1961, é unha política colombo-francesa. Durante a década de 1990 foi membro da Cámara de Representantes de Colombia, onde alcanzou un alto recoñecemento pola súa actividade contra a corrupción política, avogando por unha saída pacífica do conflito armado do seu país. Despois de renunciar ao Partido Liberal tras denuncialo na crise coñecida como Proceso 8.000, presentouse polo Partido Verde Oxígeno ao Senado nas eleccións lexislativas do ano 1998, sendo elixida coa primeira maioría nacional. Renunciou ao seu escano no ano 2001 para optar á presidencia nas eleccións do ano 2002.

O 23 de febreiro de 2002, cando se dirixía á área de distensión establecida polo presidente Andrés Pastrana coa fin de levar a cabo conversas de paz coa guerrilla das FARC, foi secuestrada canda a súa acompañante e asesora Clara Rojas. O seu secuestro, que tivo unha duración de seis anos, catro meses e nove días, recibiu grande atención en Colombia, así como en Francia e noutros países. Durante o seu cativerio sufriu os rigores da súa reclusión en zonas selváticas de Colombia, xunto con varios compañeiros na súa prisión. O caso gañou crecentes sentimentos de solidariedade, converténdose nunha cause célèbre. A súa situación cambiou o 2 de xullo de 2008, cando membros das Forzas Armadas realizaron unha operación de intelixencia militar que tivo como resultado a súa liberación xunto con tres contratistas estadounidenses e once membros do Exército Nacional, algúns deles que permaneceran secuestrados durante máis de dez anos. A súa liberación por medio da chamada Operación Jaque constituíu un triunfo político para o goberno do presidente Álvaro Uribe, e tamén para o seu ministro de defensa, Juan Manuel Santos, que foi elixido presidente dous anos máis tarde.Betancourt recibiu varias distincións internacionais. En maio de 2008, aínda cativa, foi declarada presidenta de honra do congreso internacional dos Partidos Verdes, que tivo lugar en São Paulo. Igualmente recibiu a Lexión de Honor francesa co grao de Cabaleiro e foi propuesta pola presidenta de Chile Michelle Bachelet para o Premio Nobel da Paz. En 2008 foille outorgado o Premio Príncipe de Asturias da Concordia. O 30 de novembro foi designada embaixadora e voceira dos familiares de secuestrados de Colombia. No mes de xaneiro de 2009 personalidades italianas volveron propor o seu nome para o premio Nobel da Paz ante o comité do premio Nobel en Oslo. En 2010 presentou un recurso no marco da lei de protección ás vítimas do terrorismo ante o Estado colombiano por 15 000 millóns de pesos polos prexuízos ocasionados durante o seu cativerio, pero ante o malestar causado fronte á opinión pública, o goberno e os militares, Betancourt declinou o recurso para non prexudicar os demais secuestrados que tramitaban as súas. Tamén declinou unha demanda similar ante o estado francés.

Poderes
Formas de goberno
Réximes e sistemas
Tipos de poder
Clases de estado
Conceptos
Procesos
Divisións administrativas
Cargos
Disciplinas
Ideoloxías
Actitudes

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.