Corrixidor

Un corrixidor era un funcionario real, instituído en Castela por Henrique III ao redor de 1393, cuxa misión era representar á Coroa no ámbito municipal.

Calabazanos - Real Monasterio de N. S. de la Consolacion 02
Monumento en Calabazanos a Gómez Manrique, que foi nomeado en 1477 Corrixidor de Toledo polos Reis Católicos.

Funcións

As súas funcións eran varias: representar á monarquía a nivel local, xestionar o desenvolvemento económico e administrativo dos municipios, presidir os concellos, dando validez ás súas decisións, ser xuíz en primeira ou segunda instancia etc. Desapareceron en 1833 ao instaurarse os Gobernadores políticos, no ámbito administrativo, e remodelarse o sistema xudicial.

Nas colonias americanas, particularmente en Chile, os corrixidores estampaban o seu cargo nos documentos e nas cerimonias, indicando as facultades investidas neles. De feito, unha fórmula recorrente era nomearse deste xeito: "Xustiza maior e lugartenente de capitán xeral", o cal significaba que nos territorios onde aqueles exercían o mando, tiñan plenos dereitos de administrar xustiza e comandar forzas militares.

Co a chegada dos Borbóns en España, a figura do corrixidor foi substituída por unha de máis amplas atribucións e prestixio: o intendente. No ámbito máis local entraron en funcións os subdelegados.

Véxase tamén

Bibliografía

  • González Alonso, Benjamín: El corregidor castellano (1348-1808), Madrid: Instituto de Estudios Administrativos, 1970
A esmorga

A esmorga é unha novela tremendista escrita por Eduardo Blanco Amor, publicada en Buenos Aires en 1959 e en Galicia en 1970. Foi unha das primeiras novelas galegas de posguerra, e marcou un fito na historia da literatura galega. A súa repercusión nas xeracións posteriores levouna a ocupar un lugar destacado do canon literario. O libro foi adaptado ao cinema e mailo teatro e traducido a varias linguas.

Alcalde

Non confundir con alcaide.

Alcalde, termo derivado do árabe قاضي, qāḍī, que significa "xuíz", é un funcionario público que se atopa á fronte da administración local básica dun país ou forma parte dela.

Nos distintos países existe unha ampla variedade de regulacións legais ou consuetudinarias, tanto no relativo ás competencias e responsabilidades do alcalde como na forma en que é elixido.

Historicamente, en partes de Castela o alcalde tamén exercía tamén as funcións de xuíz. Os poboados que ostentaban ese privilexio tiñan o título de vila (ou de cidade). A administración municipal das outras poboacións estaba nas mans dun corrixidor. Por esta razón, as vilas tiñan dereito a erixir un rollo, lugar de axustizamento. Existiu ademais, no Reino de Castela, o cargo de Alcalde de Casa e Corte da súa Maxestade, funcionario xudicial que impartía xustiza na Sala de Alcaldes de Casa e Corte.

O cargo de alcalde ten unha duración normalmente de 4 a 6 anos e pode ser reelixido na maioría dos países. Habitualmente está ao cargo de velar polos intereses dos seus concidadáns, representándoos ante a autoridade xerárquica maior, ademais de impulsar políticas locais para mellorar a súa calidade de vida, como programas de saúde ou deporte, e combater contra a delincuencia, entre outras tarefas.

Asturias de Santillana

Asturias de Santillana é unha comarca histórica cuxo territorio estaba situado entre as actuais comunidades autónomas de Cantabria e Asturias. Abarcaría aproximadamente un territorio situado entre Santander e o concello de Llanes. Coñecida tamén como meiriñado e documentada desde o século XIII. Comprende a parte occidental de Cantabria (salvo Liébana que se constituía noutra comarca) incluíndo o val do río Saja e o do río Nansa. Os seus límites ían desde o concello de Llanes, ata o de El Astillero (na Baía de Santander), que dá paso ao meiriñado de Trasmiera. Polo sur chegaba ata a cordilleira Cantábrica. Todos os vales desta comarca son perpendiculares á costa.

O meiriño era o representante do rei e neste meiriñado vivía en Santillana del Mar (Cantabria), que é a capital de devandito territorio desde 1209. Para a súa vivenda foi construída unha torre gótica apartada do centro urbano orixinal, creando así un novo centro da vila, de carácter civil, ao redor da torre do meiriño. A finais do século XIV o gobernador pasa de ser un meiriño a ser substituído pola figura dun corrixidor.

No litoral do meiriñado atópanse as localidades de Santillana del Mar, Comillas e San Vicente de la Barquera. Cara ao oeste atópanse os vales do Saja e do Nansa.

Durante a Baixa Idade Media e o Antigo Réxime, as Asturias de Santillana estiveron dominadas por dúas grandes liñaxes nobiliarias: o dos Mendoza-de la Vega, Duques do Infantado, Marqueses de Santillana e o dos Manrique de Lara, Marqueses de Aguilar de Campoo, Condes de Castañeda.

Xunto ás de Santillana, existían tamén as Asturias de Oviedo con capital en Oviedo.

Beira, Portugal

A Beira foi unha das seis divisións -comarcas, despois provincias- nas que se dividía Portugal até o século XIX. É a área que corresponde, aproximadamente, aos posteriores distritos de Castelo Branco, Viseu, Guarda, Coimbra e Aveiro.

Inicialmente, correspondía á faixa interior do territorio portugués, limitada ao norte polo río Douro e ao sur polo río Texo. Máis tarde, pasou tamén a incluír unha faixa litoral de territorio -entre o Douro e o Mondego- que, antes, pertencía á Estremadura, tornándose a maior provincia portuguesa.

Betanzos

Betanzos é un concello e cidade da provincia da Coruña, pertence á comarca de Betanzos. Segundo o IGE no ano 2017 tiña 12.941 habitantes (13.352 no 2015, 13.673 no 2010).

Betanzos foi unha vila creada polo rei Afonso IX, tras aceptar en 1219 o traspaso da poboación de Betanzos O Vello ao lugar de Castro de Untia. Betanzos viviu o seu auxe no baixo medievo, medrando polo comercio da pesca, o viño e dos fornos, e nela instauráronse fidalguías e gremios importantes. Foi declarada cidade do Reino de Galicia polo rei Henrique IV en 1465. Betanzos foi capital de provincia entre os séculos XVI e XVIII. As casas de Fonte de Unta, as súas murallas e portas, as súas igrexas como as de San Francisco e Azougue, a Torre de Lanzós ou a Torre do reloxo na igrexa de Santiago fan que sexa a referencia galega do gótico e unha cidade declarada conxunto histórico-artístico.Outro patrimonio de interese de Betanzos son as súas igrexas románicas de Brabío, Pontellas ou Tiobre; os edificios neoclásicos de San Antonio de Padua, o Arquivo do Reino de Galicia ou o pazo de Piadela; e conxuntos modernistas como a Casa Núñez, a escola de García Naveira ou o Parque do Pasatempo.

A súa ría, coa súa marisma, e os ríos Mendo e Mandeo, que pasan por Betanzos e bordean a cidade, son parte da zona especial de conservación (ZEC) Betanzos - Mandeo. A ribeira de Piadela e a súa parte do encoro forman parte do ZEC Encoro de Abegondo - Cecebre. Destacan destes espazos a súa diversidade de ribeira, e da marisma no caso do Betanzos-Mandeo. Betanzos forma parte da reserva da biosfera das Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo.

O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é betanceiro, brigantino ou popularmente garelo.

Casa da Navegación

A Casa da Navegación é un espazo expositivo de titularidade municipal do concello de Baiona, na provincia de Pontevedra.

Castelo de Sarria

O castelo de Sarria, tamén coñecido como Torre dos Batallóns, ou simplemente Torre de Sarria, é unha fortaleza situada nun outeiro da vila de Sarria, nunha posición que lle dá unha visión dominante sobre todo o val do río Miño.

Foros xerais vascos

Os Foros eran o conxunto de leis particulares, propias dun lugar ou territorio, que incluían costumes, privilexios políticos, económicos e mesmo normas penais, refrendados, normalmente, polo monarca. Para o País Vasco non houbo un foro único, senón que eran propios de cada unha das tres provincias, á parte de foros singulares de tipo municipal. Navarra, monarquía independente ata 1512, tiña o seu propio ordenamento. Porén as semellanzas nas normas e as coincidencias no funcionamento permiten falarmos de Foros xerais ou Foros vascos para o territorio vasco e navarro.

Estes foros desenvolvéronse na Idade Media e durante o Antigo Réxime, e mantivéronse ata 1839, sendo orixe a partir desa data de fortes controversias, que conduciron ata enfrontamentos armados, especialmente as denominadas guerras carlistas.

Intendente

O Intendente é un funcionario, de orixe francés, introducido en España e na América hispana polos Borbóns, que exerce as súas competencias sobre un determinado territorio. Na actualidade, esta figura segue existindo, con atribucións diferentes, en varios países do Cono Sur, como Arxentina, Chile, Paraguai, ou Uruguai. En Brasil, o cargo de intendente existiu ata 1930, sendo entón substituído polo prefeito.

Tanto o exercicio das funcións de intendente como o territorio xurisdiccional onde estas se exercen, adoita denominarse Intendencia.

Joaquín Vizcaíno

Joaquín Vizcaíno y Martínez Moles, nado na Coruña o 21 de agosto de 1790 e finado en Madrid o 30 de setembro de 1840, marqués consorte e viúvo de Casa Pontejos, foi un militar, político e filántropo de ideas ilustradas e liberais, corrixidor de Madrid e fundador da primeira caixa de aforros de España.

Ourense

Ourense é unha cidade e concello de Galicia, capital da provincia de Ourense e da súa comarca homónima. É a terceira cidade máis poboada de Galicia despois de Vigo e A Coruña. Segundo o IGE, en 2016 a poboación foi de 105.893 habitantes (107.597 en 2012).

Está atravesada polos ríos Miño, Barbaña e Lonia. É coñecida como A cidade das Burgas debido á sona das súas famosas fontes de augas termais (a auga sae a 60-68 °C). Tamén se lle coñece como Auria.

Destacan como monumentos a catedral de Ourense (século XII) co seu Pórtico do Paraíso e o Santo Cristo, a ponte Maior, o claustro de San Francisco, a igrexa da Trindade e a de San Domingo, e o conxunto da súa zona vella, en proceso de recuperación.

Cidade termal por excelencia, ademais das Burgas hai augas termais no balneario da Chavasqueira (de inspiración xaponesa), O Tinteiro, Muíño da Veiga e Outariz. Están moi próximos á capital os centros balnearios da Arnoia, Baños de Molgas, Laias e O Carballiño.

Pazo da Trave

O pazo da Trave é unha casa señorial galega situada na parroquia de Galdo, no concello de Viveiro. Na actualidade alberga un establecemento de turismo rural.

Pazo do Conde de Gondomar

O pazo do Conde de Gondomar, tamén chamado fortaleza de Gondomar, é unha fortificación de orixe medieval situada ao sur da vila de Gondomar. Está declarado Ben de Interese Cultural, e sitúase nunha fraga de árbores centenarias, rodeado por unha leira de 30 ha.

Pedro Mariño de Lobeira

Pedro Mariño de Lobeira, en ocasións escrito Pedro Mariño de Lobera, nado en Pontevedra en 1528[Cómpre referencia] e falecido en Lima en 1594, foi un militar e cronista da Casa Mariño de Lobeira que, tras participar na Conquista de Chile, deixou un relato dos seus sucesos na obra Crónica del Reino de Chile. Non se debe confundir co tamén nobre pontevedrés Pedro Mariño de Lobeira Lemos, entre os que media case un século.

Ponferrada

Ponferrada (do latín pontem ferratam 'ponte de ferro, na que se utilizou ese material') é un concello e cidade de Castela e León, capital da comarca do Bierzo, na provincia de León. Está situada na confluencia dos ríos Sil e Boeza, e cos seus 68.121 habitantes (INE 2013), é o segundo municipio máis poboado da provincia, por detrás de León.

Atópase a 543 m de altitude nunha cunca mineira, ocupa unha superficie de 283 km² e ten unha poboación duns 65.000 habitantes. A súa fundación, no 1086, coincide coa construción dunha ponte de ferro (que deu nome á cidade, para cruzar o río Sil, ordenado levantar catro anos antes, no 1082, polo bispo Osmundo. Dende o ano 1178 ata o 1312 a cidade estivo en mans dos Templarios que construíron un castelo (século XIII) que hoxe en día é o monumento principal da cidade.

A vila de San Pedro de Devesas é de fala galega autóctona, e Fontesnovas foi de fala galega ata 1960. Ademais na vila de Ponferrada por efecto da emigración berciana hai numerosos galegofalantes, e aquí teñen a súa sede asociacións como Fala Ceibe ou a Asociación Berciana da Lingua Xarmenta.

Porta de Carlos V

A Porta de Carlos V, tamén chamada Porta Maior ou Porta do Castelo da Ponte (polo seu aspecto de fortaleza) é unha das tres portas que se conservan da antiga muralla da vila de Viveiro, na provincia de Lugo, edificada en 1548 por obra de Pedro Pedroso. Realizouse en homenaxe a Carlos V substituíndo outra anterior do século XIII, que por mor da acción erosiva das mareas e dos avatares históricos se fora deteriorando.

Porto Rico

O Estado Libre Asociado de Porto Rico é un grupo de illas na parte oriental do Mar Caribe, territorio non incorporado dos Estados Unidos desde o ano 1898. No 1952 conformouse o "Estado Libre Asociado de Porto Rico", traducido oficialmente ao inglés como Commonwealth of Porto Rico. É de interese o feito de que o tipo de goberno en Porto Rico non é unha "mancomunidade", posto que o E.L.A. é unha fórmula de autonomía política de natureza limitada, territorial e sen a soberanía dun país independente. Véxase como referencia Mancomunidade Británica de Nacións e Commonwealth

O arquipélago está formado pola illa de Porto Rico (a menor das Grandes Antillas ou Antillas Maiores) e varias illas, illotes e caios, entre os que se atopan as illas de Vieques, Culebra e a Mona, esta última unha reserva natural deshabitada. A illa maior de Porto Rico, con 9.100 km², ocupa o lugar número 82 entre as illas do mundo por tamaño, sendo pouco menor que Chipre e maior que Córsega e Chiloé, así como o número 169 entre os países e territorios do mundo por tamaño.

Porto Rico, localizado ao leste de República Dominicana e ao oeste das Antillas Menores, está comprendido entre os 17º 50´ e 18º 30´ de latitude norte e os 65º 30´ e 65º 15´ de lonxitude oeste do Meridiano de Greenwich onde se funden o Atlántico e o Mar Caribe, ao leste co Canle de Vieques que a separa das Illas Virxes Estadounidenses e ao oeste coa illa de Mona, na canle do mesmo nome que a separa da República Dominicana. O Estado Libre Asociado está dividido en setenta e oito municipios, tendo como capital a cidade de San Xoán.

Sarmiento

Sarmiento pode referirse a:

A familia castelá da Casa de Sarmiento, afincada en Galiza desde o século XV.

Túpac Amaru II

José Gabriel Condorcanqui Noguera, marqués de Oropesa chamado igualmente José Gabriel Túpac Amaru (Surimana, Canas, Vicerreinado do Perú, 19 de marzo de 1738 - Cuzco, 18 de maio de 1781), coñecido posteriormente como Túpac Amaru II ou simplemente Túpac Amaru, foi un caudillo indíxena líder da maior rebelión anticolonial que se deu en Hispanoamérica durante o século XVIII. Descendía de Túpac Amaru I (derradeiro Sapa Inca, executado polos españois no século XVI).

Liderou a denominada «Gran rebelión» que se desenvolveu no Vicerreinado do Río da Prata e o Vicerreinado do Perú, pertencentes ó Reino de España, rebelión iniciada o 4 de novembro de 1780 coa captura e posterior execución do corrixidor Antonio de Arriaga.

Curaca (xefe nativo) de Surimana, Tungasuca e Pampamarca, era adiñeirado e adicábase ó comercio. Tratábase dun personaxe de orixe mestiza (foi marqués de Oropesa) no que confluía o sangue do Sapa Inca Túpac Amaru coa dos crioulos. De feito, durante unha gran parte da súa vida, sendo criado até os 12 anos polo sacerdote crioulo Antonio López de Sos ea logo no Colexio San Francisco de Borja, mostrou preferencia polo crioulo chegando a dominar o latín e a empregar refinadas vestimentas hispanas, pero posteriormente vestiu como un nobre inca, fixo uso activo da lingua nativa quechua na súa vida e proclamas, e foi excomulgado da Igrexa católica.No Perú foi recoñecido como o fundador da identidade nacional peruana. Foi unha figura capital para o réxime velasquista (1968-1975) e dende entón permaneceu reivindicado no imaxinario popular.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.