Correo

O servizo postal ou servizo de correo é un sistema dedicado a transportar cartas, así como outros documentos escritos e paquetes de tamaño pequeno ou medio ao redor do mundo, así como xiros. Todo documento enviado a través do sistema postal é chamado correo ou correspondencia. Os paquetes son "envíos postais" que se poden transportar por terra, mar, ou aire; cada un con tarifas diferentes dependendo do tipo de envío, a súa duración na entrega e se leva ou non outros servizos adicionais. Un sistema postal pode ser privado ou estatal. Os sistemas privados a miúdo teñen impostas restricións por parte dos gobernos.

O 9 de outubro celébrase o Día Mundial do Correo.

Galería de imaxes

Caixa do correo en Pontevedra.
Caixa do correo en Pontevedra. 
Bocas de correo en Pontevedra.
Bocas de correo en Pontevedra. 

Véxase tamén

Ligazóns externas

.tk

.tk é o dominio de nivel superior xeográfico (ccTLD) para o arquipélago de Tokelau.

Tokelau ofrece a maioría de dominios .tk como gratuítos. Os dominios .tk foron creados no ano 1997 para o arquipélago. Os dominios gratuítos están sinalados aos servidores de Tokelau, os cales ofrecen servizo de redireccionamento web e de correo electrónico. O dominio está administrado por unha ONG cal razón social e proporcionarlle ingresos a poboación do arquipélago mediante a venda destes dominios. Constitúe unha exportación ou ingreso non convencional do arquipélago de Tokelau, que é maioritariamente un pobo de pescadores con un pouco de produción de artesanía.

Para rexistrar un dominio, existen 5 vías posibles, a primeira é un redireccionamento web gratuíto, co cal, terá a web un pouco de publicidade. O segundo consiste en rexistrar un dominio gratis, pero unha vez rexistrado, pódese enviar un sms para eliminar a publicidade. O terceiro é de pago e permite a posibilidade de modificar o DNS do dominio, para poder apuntar a un servizo de hospedaxe privado. O cuarto consta de nomes xa rexistrados por DotTK, e que valen o mesmo que un da segunda opción, pero poden ter máis valor. E o quinto consta de dominios xa rexistrados por DotTK, pero pertencentes a importantes marcas de produtos ou servizos, cos cales aumenta considerabelmente o seu valor.

3 de maio

O 3 de maio é o 123º día do ano do calendario gregoriano e o 124º nos anos bisestos. Quedan (242) días para finalizar o ano.

Abadín, Abadín

Santa María de Abadín é unha parroquia do concello de Abadín na comarca da Terra Chá. Tiña 268 habitantes en 2015 (136 homes e 132 mulleres) segundo datos do IGE. Iso supón unha diminución da poboación respecto a 2014 cando vivían nas súas sete entidades de poboación 269 veciños (138 homes e 131 mulleres).

Correo electrónico

O correo electrónico, (en inglés email ou e-mail) trátase dun medio usado para o envío de mensaxes usando fases similares ó correo tradicional, pero por medios totalmente electrónicos. Tamén se poden achegar documentos electrónicos ou outros arquivos. Hoxe en día, a maioría dos sistemas de correo electrónico utilizan Internet, e é un dos seus servizos máis populares. En comparación co correo ordinario, ten a vantaxe de ser máis barato e á vez máis rápido. A maioría do correo electrónico transmítese a servidores que traballan co protocolo SMTP (Simple Mail Transfer Protocol). Pode ser de carácter privado, empresarial ou institucional.

Os enderezos de correo son sempre da seguinte forma:

nome/nick/texto_que_queiramos@servizo_de_correo_que_usamos.dominio, por exemplo: galegonalua@wikipedia.gal.Os enderezos de correo xa poden conter tiles, maiúsculas, asteriscos, determinados signos, e letras que non existan no idioma inglés coma o eñe (Ñ), en dominios como .com, .net, .org, .es, .cat, .eu e .ws

Código postal

O código postal está composto por unha serie de caracteres que se inclúen nos enderezos postais para facilitar e axilizar o servizo de correos. Normalmente, os códigos son unha serie de díxitos, mais algúns estados tamén empregan letras.

Dialnet

Dialnet é un portal de Internet de difusión da produción científica hispana, que botou a andar no ano 2001, especializado en ciencias humanas e sociais. A súa base de datos, de acceso libre, foi creada pola Universidad de La Rioja e constitúe unha hemeroteca virtual que conten os índices das revistas científicas e humanísticas de España, Portugal e Latinoamérica, incluíndo tamén libros (monografías), teses de doutoramento, homenaxes e outro tipo de documentos. O texto completo de moitos dos documentos está dispoñible en liña.

No portal colaboran numerosas universidades españolas e hispanoamericanas que fan os volcados de sumarios de revistas. Tamén incorpora bases de datos con documentos noutras linguas.

El Correo Gallego

El Correo Gallego é un xornal galego que se edita en Santiago de Compostela. Fundouno José Mariano Abizanda na cidade de Ferrol en 1878.

El Correo de Galicia (1900)

El Correo de Galicia foi un xornal editado en Santiago de Compostela entre 1900 e 1920.

Feliciano Barrera

Feliciano Barrera Fernández, nado en 1918 en Guláns (Ponteareas) e finado o 9 de febreiro de 2012, foi un empresario galego relacionado coa activade xornalística.

Flags of the World

Flags of the World ou FOTW (Bandeiras do Mundo en inglés) é unha asociación membro da Fédération Internationale des Associations Vexillologiques desde 2001. Naceu como un sitio web dedicado á vexiloloxía, e segue mantendo esta publicación dixital, con máis de 29.000 páxinas e máis de 54.000 imaxes. É considerado como o sitio máis grande do seu tipo en Internet.

Publícanse as contribucións enviadas á súa lista de correo polos máis de 800 membros de diferentes partes do mundo que se integran na asociación. Existe un comité editorial de voluntarios que administra e edita o sitio, que é actualizado semanalmente. Con todo, debido á gran cantidade de información que se manexa, moita desta información non se atopa actualizada. A páxina permite a creación de diferentes mirrors, os cales tardan ata meses en actualizarse, polo que poden ser considerados como fontes "históricas".

Galicia Hoxe

Galicia Hoxe foi un xornal galego que se publicou en Santiago de Compostela editado pola Editorial Compostela, a mesma que edita El Correo Gallego. Foi o primeiro diario en lingua galega, apareceu o 6 de xaneiro de 1994 coa cabeceira O Correo Galego e cunha tirada inicial de 10.000 exemplares, e en maio de 2003 cambiou para o seu nome definitivo. O derradeiro número saíu o 28 de xuño de 2011. As razóns do peche hai que buscalas, segundo o propio medio, no recorte de axudas económicas que habitualmente recibía da Xunta de Galicia. Non obstante mantén a súa cabeceira como diario dixital.

Informática

A informática é a disciplina que estuda o tratamento automático da información empregando dispositivos electrónicos e sistemas computacionais. Informática é un termo proveniente do francés informatique, acuñado polo enxeñeiro Philippe Dreyfus en 1962.

Na informática converxen os fundamentos das ciencias da computación, a programación e as metodoloxías para o desenvolvemento de software, así coma determinados temas de electrónica.

La Noche

La Noche foi un xornal vespertino que se editou en Santiago de Compostela entre 1946 e 1967.

Lost Wishes

Lost Wishes é edición limitada en casete da banda inglesa The Cure. Contén catro temas instrumentais non editados previamente gravados durante as sesións de Wish. Non chegou ás tendas de discos, e só se podía consegir a través dun pedido por correo ás oficinas de Fiction Records offices en Londres.

Netflix

Netflix, Inc. é unha empresa comercial estadounidense de contidos multimedia que proporciona mediante unha tarifa plana mensual, series e filmes en streaming, baixo demanda por internet e DVD-por-correo, onde os DVD se envían mediante Permit Reply Mail. A compañía foi fundada en 1997 e ten a súa sede en Los Gatos, California. Comezou o seu servizo baseado en subscrición en 1999. Para o ano 2009, Netflix estaba a ofertar unha colección de 100 000 títulos en DVD e posuía máis de 10 millóns de clientes subscritores. O 25 de febreiro de 2007, Netflix entregou o DVD número mil millóns. En abril de 2011, Netflix superou a cifra de 23 millóns de subscritores, que se converteron en máis de 60 millóns no ano 2015.O 20 de outubro de 2015, Netflix chegou a Galicia. En xaneiro de 2016, a empresa expandiuse pola maioría dos países do mundo, chegando a máis de 190.Netflix estreou internacionalmente a primeira serie en lingua galega distribuída pola plataforma o 29 de marzo de 2019: O sabor das margaridas.

Publicidade

Enténdese por publicidade a comunicación establecida tras a emisión dunha mensaxe que ofrece unha información interesada e que se divulga co obxectivo de influír no público para producir un beneficio ó emisor ou promotor ou no caso da publicidade institucional ofrecer información de servizo público. Na publicidade tamén se utilizan unha gran variedade de medios: de viva voz, medios de comunicación, o correo, teléfono, folletos, redes informáticas, competicións deportivas, bolígrafos, paraugas, roupa e mesmo avionetas, automóbiles, trens, bicicletas ou navíos.

Na publicidade empréganse con frecuencia estratexias de base lingüística:

A implicación do receptor na mensaxe, usando imperativos ou con oracións interrogativas.

Recursos da lingua literaria: A rima, a hipérbole, o símbolo. a metonimia, a metáfora, a alegoría, a antítese e bimembración, aliteracións, o paradoxo,...

Selo postal

Un selo postal é un comprobante do pago previo dos envíos efectuados polo correo en forma de etiqueta, xeralmente engomada, ou directamente impreso. O selo tipo é un pequeno papel rectangular que se pega a un sobre e que indica que a persoa que realiza o envío pagou o servizo.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.