Corrente oceánica

A corrente oceánica ou mariña é un movemento de traslación, continuado e permanente dunha masa de auga determinada.

Correntes oceánicas en oceanografía son deslocamentos de augas oceánicas, ordenadas ou non, producidas pola inercia da rotación do planeta Terra. Os seus movementos non son ben definidos por haber continentes e illas ao longo do seu percorrido, polo tanto, corren en diversas direccións. Inflúen na pesca, na vida mariña e no clima.

As correntes mariñas presentan unha dirección distinta á do vento. O seu encontro con este, pode provocar variacións climáticas (Véxase clima). Polo xeral, nunha zona en que haxa, por exemplo, unha corrente mariña que vaia cara ó norte e teña ó leste un continente, cambiará a temperatura do vento do oeste, no caso de que este exista. Se a corrente mariña que se dirixe cara ó norte é fría, o vento do oeste (que viña de augas mas cálidas) vaise a arrefríar, de maneira tal que a humidade tomada das augas máis cálidas, se condensará, chovendo así sobre a corrente mariña. Cando o vento chega ó continente, chega seco.

Polo xeral, todo sector de terra que se encontre xunto a unha corrente mariña que free o vento, será seco.

As correntes oceánicas poden ter percorridos de miles de quilómetros. Inflúen determinantemente no clima dos continentes, sobre todo nas rexións que bordean os océanos. En particular a corrente do Golfo ou Gulf Stream, que nace no mar Caribe, proporciónalle á zona noroccidental de Europa uns invernos moito máis benignos do que lle correspondería pola súa latitude. Un exemplo oposto é o arrefriamento das illas Hawaii pola corrente de California.

Currents
All the world's currents on a continuos ocean map

Tipos

Ocean currents 1911
Correntes mariñas (1911)

As correntes oceánicas divídense en correntes frías e correntes quentes. As correntes frías encóntranse, máis frecuentemente no Hemisferio norte por seren as súas augas máis frías e con poucos peixes. As correntes quentes áchanse, máis frequentemente no Hemisferio sur por seren as súas augas máis quentes.

Correntes de superficie e correntes profundas

As correntes próximas á superficie dos océanos débense en xeral aos ventos, e viran no hemisferio norte no senso do reloxio e no hemisferio sur en senso contrario. Nas correntes debidas ao vento, o efecto da espiral de Ekman provoca que as correntes avancen angularmente con respecto aos ventos que as producen. Os ventos non teñen influencia nas correntes por baixo dos 800 m de profundidade.

As correntes de profundidade están causadas polo gradiente de temperatura e salinidade, co consecuente gradiente de densidade. A circulación termohalina, unha circulación convectiva (conveccion debida á diferenza de densidades) afecta dun xeito global o conxunto das masas de auga oceánicas. É moi importante pola súa significativa participación no fluxo neto de calor desde as rexións tropicais cara ás polares, sen a que non se comprendería o clima terrestre. Ao fluír nas profundidades, tamén se chaman "ríos submarinos". É importante salientar que estas correntes de profundidade encóntrase interconectadas coas correntes de superficie, formando o chamado "cinto de convección", describindo o transporte de auga profunda do Atlántico ao Pacífico e o seu retorno pola corrente de superficie.

Influencia

O coñecemento das correntes oceánicas é esencial na redución de custos de navegación, en canto ao aforro de combustible. Foi aínda máis fundamental cando a era da navegación a vela. Un bo exemplo é o da corrente das Agullas, no océano Índico, que entorpeceu a navegación portuguesa á India.

As correntes oceánicas son tamén moi importantes de cara ao esparexemento de moitas formas de vida. Un caso é o do cliclo de vida da anguía.

Medición

As correntes oceánicas mídense en sverdrups, unidade que ten por símbolo Sv. Un Sv correspóndese cunha velocidade de fluxo de 106 metros cúbicos por segundo. O instrumento de medición de correntes chámase correntómetro. Os modernos acostuman utilizar o efecto doppler para realizar a medición.

Localización

Thermohaline circulation
Circulación das correntes polo mundo.
  • Frías
  1. Corrente de California
  2. Corrente de Humboldt
  3. Corrente das Canarias
  4. Corrente de Labrador
  5. Corrente de Benguela
  6. Corrente da Groenlandia
  7. Corrente Oya Shivo
  • Quentes
  1. Corrente das Guianas
  2. Corrente do Brasil
  3. Corrente do Golfo
  4. Corrente Centro Ecuatorial
  5. Corrente Sur Ecuatorial
  6. Corrente Deriva Norte-Pacífico
  7. Corrente Kuro Shivo

Véxase tamén

Benguela (homónimos)

Benguela pódese referir a:

Provincia de Benguela, unha provincia de Angola.

Benguela, cidade capital da provincia de Benguela.

Corrente de Benguela, corrente oceánica no Atlántico suroriental.

Benguela, termo de capoeira.

Corrente

Unha corrente defínese nun senso xeral como un movemento ou desprazamento dunha serie de elementos.

Corrente de California

A corrente de California é unha corrente oceánica fría cunha compoñente prevalecente cara ao ecuador entre as latitudes 48º e 23º norte ao longo da costa occidental de América.

Corrente de marea

A corrente de marea é unha corrente mariña xerada polas mareas. A súa forza e dirección evolucionan co momento da marea. É importante preto das costas que bordean os mares influenciados polas mareas. Son máis ou menos marcadas dependendo da topografía da costa e dos fondos. Poden ser particularmente fortes en zonas como os estreitos e as foces de rías e esteiros.

Corrente de resaca

Unha corrente de resaca é unha forte corrente superficial (ou case superficial) de auga, que retrocede desde a costa cara o mar. Xérase fundamentalmente no rompemento irregular das ondas ao longo da crista, chegando bruscamente á praia cun índice elevado de enerxía, desvanecendo logo sobre o fondo para, posteriormente, regresar cara ao mar por un carreiro a través das ondas.

A súa intensidade depende da altura das ondas de das características topográficas da beira, sendo ademais son reforzadas polas correntes de marea, polo que se fan máis perigosas en baixamar.

Estas correntes poden ser visibles ou non dependendo da intensidade da corrente e do tipo de sedimento que se atopa na praia.

Corrente do Golfo

A Corrente do Golfo é unha corrente oceánica que despraza unha gran masa de auga quente procedente do Golfo de México e que se dirixe ó Atlántico Norte. A corrente chega a alcanzar os 100 metros de profundidade, e 1000 km de ancho en gran parte da súa longa traxectoria, o que dá unha idea aproximada da enorme cantidade de enerxía que transporta e das consecuencias tan beneficiosas da mesma. A súa velocidade é duns 1,8 m/s, aproximadamente e o seu caudal é duns 80 millóns de m³/s.

A circulación desta corrente asegura a Europa un clima cálido para a súa latitude e impide a excesiva aridez nas zonas atravesadas polos trópicos nas costas orientais de América (por exemplo, México e as Antillas).

A Corrente do Golfo provócase pola acción combinada dos ventos globais, especialmente, dos ventos do Oeste, ventos constantes ou planetarios na zona temperada do Hemisferio norte e do movemento de rotación do planeta.

Illa St. Lawrence

A Illa St. Lawrence (iupik: Sivuqaq) está situada ao oeste do territorio continental de Alasca no mar de Bering, ao sur do Estreito de Bering. É parte de Alaska, pero está máis preto de Rusia que da parte continental de Alaska. A illa San Lorenzo, considérase unha das últimas porcións emerxidas da ponte de terra que unha vez uniu a Asia con América do Norte durante o período Plistoceno.

Mar

O mar é un gran corpo de auga salgada rodeado por terra en parte ou na súa totalidade. Máis amplamente, mar - como un artigo definido - é o sistema interconectado de augas dos océanos, considerando estes un océano global e o conxunto das varias divisións oceánicas principais. O mar modera o clima da Terra e desempeña importante papel nos ciclos da auga, do carbono e do nitróxeno. Aínda que foi canle para viaxes e exploracións desde a prehistoria, o seu estudio científico contemporáneo, a oceanografía, data da expedición Challenger británica, durante a década de 1870. O mar está, por convención, dividido en cinco grandes seccións oceánicas, entre elas as catro instituídas pola OHI, que son o Atlántico, Pacífico, Índico e Ártico, máis o Antártico, seccións menores de segunda orde, como o Mediterráneo, son coñecidos como mares, así mesmo o termo tamén se usa para grandes lagos salinos que non teñen saída natural, como o mar Caspio, o mar de Aral e máis o mar Morto.

Debido o actual estado da deriva continental, o hemisferio norte configúrase cunha división equitativa entre a terra e o mar (con unha proporción de 2:3), mentres que no hemisferio sur é predominantemente oceánico (1:4,7). A salinidade en alta mar é, en xeral, de aproximadamente o 3.5% da masa, non obstante iso varia en augas pechadas, na proximidade da desembocadura de grandes ríos ou a grandes profundidades. Preto do 85% dos sólidos en mar aberto son cloruro de sodio. As correntes de augas profundas xorden a partir de diferenzas salinas e de temperatura; as correntes de superficie, á súa vez, están formadas polo rozamento das ondas producidas polos ventos e mareas. Os cambios na altura do nivel do mar orixínanse a partir da gravidade da Lúa e do Sol. As correntes mariñas son atribuída ás masas de terra de superficie e submarinas así como a rotación da Terra (Forza de Coriolis).

Antigos cambios nos niveis mariños provocaron a formación de plataformas continentais, áreas planas próximas á terra. Estas augas son ricas en nutrientes, e abundantes en vida, provendo aos humanos de materias esenciais para a súa alimentación -sobre todo peixes, pero tamén mariscos, mamíferos e macroalgas, por exemplo- que se recollen tanto en estado salvaxe como cultivados en viveiros. En áreas tropicais moi diversas os mares rodean grandes arrecifes de coral. A caza de baleas foi unha actividade moi común, pero a redución das cifras destes animais induciu a aparición de esforzos internacionais de conservación e unha consecuente moratoria á maior parte da caza comercial. A oceanografía estableceu que non toda a forma de vida marítima está restrinxida a augas de superficie iluminada polo Sol; mesmo a grandes profundidades e presión, os nutrientes que flúen de fontes hidrotermais manteñen o seu propio e único ecosistema. A vida pode que comezara alí neses lugares, xa que os microorganismos acuáticos están xeralmente acreditados como o grande evento de osixenación da atmosfera terrestre. Crese que tanto vexetais como animais terían evolucionado a partir dos mares.

O mar é un dos elementos esenciais do comercio, do transporte, da extracción mineral, de xeración de enerxía. Isto tamén fai que sexa esencial para as guerras, ademais, e é un factor determinante na exposición de grandes cidades e poboacións a terremotos e volcáns debido a fallas xeolóxicas próximas que poden producir grandes ondas e tsunamis; así como dos ciclóns e furacáns producidos nas zonas tropicais.

Océano

Para o deus mitolóxico Océano véxase Océano.

Un océano (do grego: Ωκεανός, Okeanós, 'océano') é unha grande extensión de auga salgada, que cobre case tres cuartas partes da superficie do planeta Terra, sendo o principal compoñente da hidrosfera. Aproximadamente o 70% da superficie da Terra (uns 361 millóns de quilómetros cadrados) está composta por océano, unha extensión continua de auga que se acostuma a dividir en varios océanos e en mares máis pequenos. Máis da metade desta área supera os 3.000 metros de profundidade. A salinidade media é arredor de 35 partes por mil, oscilando basicamente entre 31 e 38 partes por mil.

Urup

Urup (ruso: Уру́п, xaponés: 得撫島, ainu: ウルㇷ゚) é unha illa volcánica deshabitada na cadea das Illas Kuriles no sur do Mar de Okhotsk, ao noroeste do Océano Pacífico. O seu nome derívase da palabra en lingua ainu para troita. Anteriormente coñecíase como "Terra da Compañía".

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.