Corredoira, Cerdedo-Cotobade

San Gregorio de Corredoira é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Cerdedo-Cotobade. Segundo o IGE[1], en 2015 tiña 127 habitantes (64 homes e 63 mulleres), distribuídos en 10 entidades de poboación, o que supón un descenso en relación co ano 2005 cando tiña 166 habitantes.

Coordenadas: 42°29′49″N 08°26′29″O / 42.49694, -8.44139

Corredoira
Foxodolobo
Foxo do Lobo.
ConcelloCerdedo-Cotobade
Área6,8 km²
Poboación127 hab. (2015)
Densidade18,68 hab./km²
Entidades de poboación11

Patrimonio

Na parroquia está o Foxo do Lobo, os restos dun foxo de lobo feito para acantoar os lobos. Tamén se atopa nesta parroquia a carballeira de Don Elías, ó pé do monte Coirego. Desde este cumio, a 774 metros de altitude, vense as rías de Vigo, Pontevedra e Arousa.

Festas

A mediados de xuño ten lugar a festa do requeixo.

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes de Corredoira, Cerdedo-Cotobade.
Ponte Serrapio

Ponte Serrapio, sobre o río Almofrei.

Lugares e parroquias

Parroquias de Cerdedo-Cotobade

Notas

  1. IGE (ed.). "IGE - Nomenclátor de Galicia" (en galego).

Véxase tamén

Outros artigos

A Anta, Corredoira, Cerdedo-Cotobade

A Anta é un lugar da parroquia de Corredoira, no concello pontevedrés de Cerdedo-Cotobade na comarca de Pontevedra. Segundo o IGE, en 2015 tiña 11 habitantes (6 homes e 5 mulleres), o que supón un descenso respecto ó 2005, cando tiña 14.

Neste lugar atópanse o muíño da Anta (no río Cabaleiros) e o muíño do Batán (río Almofrei).

A Pedra Picada, Corredoira, Cerdedo-Cotobade

A Pedra Picada é un lugar da parroquia de Corredoira, no concello pontevedrés de Cerdedo-Cotobade. Segundo o IGE, en 2015 tiña 7 habitantes (5 homes e 2 mulleres), o que supón un descenso respecto ó 2005, cando tiña 17.

Neste lugar está o cruceiro de Pedrapicada, obra de Lino Vidal. Tamén hai tres muíños: o muíño Pequeno e o muíño de Gamato (río Cabaleiros) e o muíño de Amaro (río Almofrei).

A Redonda, Corredoira, Cerdedo-Cotobade

A Redonda é un lugar da parroquia de Corredoira, no concello pontevedrés de Cerdedo-Cotobade. Segundo o IGE, en 2015 tiña 31 habitantes (14 homes e 17 mulleres). Malia que supón un descenso respecto ó 2005, cando tiña 36, segue sendo o lugar máis poboado da parroquia.

As Pozas, Corredoira, Cerdedo-Cotobade

As Pozas é un lugar da parroquia de Corredoira, no concello pontevedrés de Cerdedo-Cotobade. Segundo o IGE, en 2015 tiña 6 habitantes (2 homes e 4 mulleres), o que supón un aumento respecto ó 2005, cando tiña 5.

Festa do requeixo de Corredoira

A festa do requeixo de Corredoira é unha festa gastronómica que ten lugar en Corredoira (Cerdedo-Cotobade) para exaltar o requeixo. Celébrase desde 1980 a medidados de xuño, coincidindo coas festas de Santo Antón (13 de xuño) e Santa Bárbara.

Festa gastronómica

Unha festa gastronómica é un evento celebrado co gallo de exaltar un determinado produto ou grupo de produtos alimenticios. Algunhas delas están declaradas Festas de interese turístico de Galicia ou de Interese turístico nacional.

As festas gastronómicas foron fomentadas co réxime franquista tras pasaren os efectos de racionamento da guerra civil española, e mesmo se declararon algunhas de interese turístico nacional (a festa do pemento da Arnoia ou a festa do polbo do Carballiño). A Xunta de Galicia seguiu con esta política e popularizáronse festas coma a festa do cocido de Lalín.

Foxo de lobo

Un couso, lobeira ou foxo de lobo (do latín fossum, escavado) é unha construción tradicional empregada no medio rural para a caza do lobo ou de calquera outro animal considerado daniño e perigoso.

Galería de imaxes de Cerdedo-Cotobade

Galería de imaxes do concello Cerdedo-Cotobade na provincia de Pontevedra.

Galería de imaxes do río Almofrei

O río Almofrei é un pequeno río galego que flúe na provincia de Pontevedra. É afluente, pola beira esquerda, do río Lérez.

O Carballal, Corredoira, Cerdedo-Cotobade

O Carballal é un lugar da parroquia de Corredoira, no concello pontevedrés de Cerdedo-Cotobade. Segundo o IGE, en 2015 tiña 10 habitantes (6 homes e 4 mulleres), o que supón unha diminución con respecto o ano 2005, cando tiña 12.

O Casal, Corredoira, Cerdedo-Cotobade

O Casal é un lugar da parroquia de Corredoira, no concello pontevedrés de Cerdedo-Cotobade. Segundo o IGE, en 2015 tiña 20 habitantes (9 homes e 11 mulleres), o que supón un descenso respecto ó 2005, cando tiña 28.

Neste lugar atópanse o muíño dos Malatos, no regueiro dos Malatos, e o cruceiro da Portela.

O Lombo, Corredoira, Cerdedo-Cotobade

O Lombo é un lugar da parroquia de Corredoira, no concello pontevedrés de Cerdedo-Cotobade. Segundo o IGE, en 2015 tiña 11 habitantes (6 homes e 5 mulleres), o que supón unha diminución respecto ao ano 2005 cando tiña 13.

O Meixoeiro, Corredoira, Cerdedo-Cotobade

O Meixoeiro é un lugar da parroquia de Corredoira, no concello pontevedrés de Cerdedo-Cotobade. Segundo o IGE, en 2015 tiña 16 habitantes (10 homes e 6 mulleres), o que supón un descenso respecto ó 2005, cando tiña 21.

Neste lugar hai sete muíños, todos no río Almofrei: muíño de Rimouro, muíño da Freixa, muíño da Veiga, muíño de Rei, muíño do Cachacho, muíño Novo e muíño da Ponte. Ademais está o cruceiro de Suataberna, no camiño á Laxa.

O Outeiro, Corredoira, Cerdedo-Cotobade

O Outeiro é un lugar da parroquia de Corredoira, no concello pontevedrés de Cerdedo-Cotobade. Segundo o IGE, en 2015 tiña 4 habitantes (2 homes e 2 mulleres), o que supón un leve aumento respecto ó 2005, cando tiña 3.

Neste lugar está o cruceiro do Avelar.

O Val, Corredoira, Cerdedo-Cotobade

O Val é un lugar da parroquia de Corredoira, no concello pontevedrés de Cerdedo-Cotobade. Segundo o IGE, en 2015 tiña 11 habitantes (4 homes e 7 mulleres), o que supón unha diminución con respecto ó ano 2005, cando tiña 17.

Neste lugar está o cruceiro do Val. Tamén hai tres muíños: o muíño de Pombiño, muíño de Maquía e muíño da Ponte, os tres no río Almofrei.

O lobo na cultura popular galega

A seguir recóllese a pegada do lobo na cultura popular galega, na etnografía e na literatura de transmisión oral.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.