Corpus Christi

O Corpus Christi (en latín Corpo de Cristo) é unha festa da Igrexa Católica destinada a celebrar a Eucaristía.

A súa principal finalidade é proclamar e aumentar a fe da Igrexa na presenza de Xesús Cristo no Santísimo Sacramento. A celebración lévase a cabo o seguinte xoves ao oitavo domingo despois do Domingo de Resurrección (é dicir, 60 días despois dese día; formalmente é o xoves que segue ao noveno domingo seguinte á primeira lúa chea de primavera do hemisferio norte). Nalgúns lugares a festa trasládase ao domingo seguinte para adaptarse ao calendario laboral.

En moitos lugares é unha festa de especial relevancia e en varios países é un día festivo oficial (certas partes de España, Austria, partes de Alemaña e Suíza, Brasil, República Dominicana, Bolivia, Croacia, Polonia, Trinidad e Tobago, Portugal, Perú e Venezuela).

CorpusChristiPonteareas
Alfombras florais en Ponteareas.

Celebracións en España

Cabe destacar as de Toledo, Lagartera (Toledo), Laguna de Negrillos (León), La Orotava (Tenerife), La Puebla del Río (Sevilla), Sevilla, Tarragona ou Valencia.

Celebracións en Galicia

Alfombra de sal en muros - corpus 2017
Alfombras de sal na vila de Muros, como parte da ornamentación para as festas do Corpus Christi.

Corpus Christi en Ponteareas

Artigo principal: Corpus Christi de Ponteareas.

A localidade de Ponteareas celebra no fin de semana seguinte ao xoves de Corpus Christi as súas festas máis representativas. Na noite do sábado para o domingo, os veciños da localidade confeccionan alfombras florais con motivos relixiosos relativos ao día de Corpus Christi, adornados con motivos xeométricos. A confección de devanditas alfombras realízase con distintos tipos de flores e materiais, preparados durante os días previos á festividade polos veciños.

As alfombras permanecen intactas na súa confección ata a procesión do domingo, que percorre todas as rúas decoradas con esta arte. En 1980 foi declarada Festa de Interese Turístico Nacional, e en 2009 recibiu o recoñecemento de Festa de Interese Turístico Internacional.

Corpus Christi en Ares

As alfombras florais do Corpus Christi de Ares están recoñecidas como festas de interese turístico galego.

Alfara del Patriarca

Alfara del Patriarca é un concello da Comunidade Valenciana, situado na zona noroeste da área metropolitana de Valencia, na comarca da Horta Nord. Ten 2.985 habitantes (2008).

Anoeta

Anoeta é un municipio de Guipúscoa, no País Vasco. Pertence á comarca de Tolosaldea e atópase no val medio do río Oria.

Tiña en 2014 unha poboación de 1.893 habitantes. A principal actividade económica é o industrial: existen modernas industrias de construcións metálicas, dedicadas principalmente á maquinaria do papel e os seus complementos.

No casco deste municipio destaca a Igrexa de San Xoán Bautista, edificio do século XVI, con remodelacións no XVII e XVIII, cuberto con bóvedas de crucería. Conta tamén a localidade coa Casa-Torre de Ateaga, magnífico casarío con escudo de armas.

As súas festas patronais celébranse o día do Corpus Christi. Tamén se celebran as de San Xoán, o 24 de xuño.

Archena

Archena é un municipio español situado no leste da rexión de Murcia. Ten 18.280 habitantes (INE 2008).

Belesar, Vilalba

San Martiño de Belesar é unha parroquia do concello de Vilalba, na provincia de Lugo. Segundo o IGE en 2008 tiña 398 habitantes (196 mulleres e 202 homes), distribuídos en 37 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1991 cando tiña 484 habitantes.

Castrocontrigo

Castrocontrigo é un concello da provincia de León, que está situado a uns 80 quilómetros ó oeste da capital provincial. Áchase na comarca de La Valdería, próxima a da Cabreira.

O municipio ocupa unha área de 194,49 km2, e a súa poboación en 2005 era de 1.075 habitantes, o que resulta nunha densidade de poboación de 5,52 hab/km2.

Coca de Betanzos

A festa da Coca de Betanzos é unha celebración de orixe pagá que ten lugar no concello de coruñés de Betanzos, e que ten lugar o día do Corpus Christi. A orixe desta celebración radica na lenda mitolóxica da coca, un ser da mitoloxía galega que vive nas augas do mar ou dos ríos.

A Coca de Betanzos coñécese habitualmente como Camelo.

Corpus Christi, Texas

Corpus Christi é unha cidade no condado de Nueces, no estado de Texas (EUA), situada preto da desembocadura do río Nueces. A poboación era de 307 953 habitantes en xullo de 2011, segundo o censo dos Estados Unidos, o que a converte na oitava cidade máis grande do estado de Texas. O seu nome procede do latín e o seu significado en galego é "Corpo de Cristo". Ten industria química: zinc, aluminio etc.

A súa localización preto do Golfo de México convértea nunha cidade moi importante en canto á pesca, ós deportes marítimos e ó aire libre etc.

Corpus Christi de Ponteareas

A festa do Corpus Christi celébrase con especial énfase na localidade pontevedresa de Ponteareas, sendo unhas das festas máis representativas do concello. A data da celebración é a fin de semana seguinte ao xoves do Corpus Christi. En 1980 foi declarada Festa de Interese Turístico Nacional, e en 2009 recibiu o recoñecemento de Festa de Interese Turístico Internacional.

Durante as festas do Corpus, é característico a colocación de alfombras feitas con follas, flores e outros elementos naturais, recubrindo as principais e máis céntricas rúas da localidade. As alfombras permanecen intactas na súa confección, na madrugada do sábado, ata a procesión do domingo, que percorre todas as rúas decoradas con esta arte. Os preparativos para a confección destas comezan entre 30 e 40 días antes da celebración, e tradicionalmente eran realizadas polas mulleres da vila.A vila de Ponteareas está irmandada coa vila canaria de La Orotava (Tenerife), onde tamén se realizan alfombras semellantes que cobren as súas rúas.

Crónica anglosaxoa

A Crónica Anglosaxoa é unha colección de anais en inglés antigo que narran a historia dos anglosaxóns. Os anais creáronse no século IX, probabelmente en Wessex, durante o reinado de Alfredo o Grande. Fixéronse e distribuíron moitas copias manuscritas polos mosteiros de Inglaterra, e fóronse actualizando de maneira independente. Nun dos casos, a crónica aínda se seguía actualizando en 1154.

Sobreviven, en parte ou ao completo, nove dos manuscritos, aínda que non todos eles son de igual valor histórico, e ningún deles é a versión orixinal. O máis vello parece que se empezou sobre o final do reinado de Alfredo, mentres que o máis recente se escribiu na Abadía de Peterborough tras un lume no mosteiro, en 1116. Case todo o material da crónica está en forma de anal, por anos; os máis antigos están datados no ano 60 a.C., e o material histórico segue ata o ano no que se escribiu a crónica, punto no que comezan os rexistros contemporáneos. Colectivamente, estes manuscritos coñécense como a Crónica Anglosaxoa. A Crónica non carece de parcialidade: hai ocasións nas que a comparación con outras fontes medievais revela que os escribas que a escribiron omitiron sucesos ou contaron versións das historias só desde un lado; tamén hai partes que se contradín con outras. Porén, tomada no seu conxunto, a crónica é a fonte histórica máis importante do período que vai entre a saída dos romanos e a conquista normanda. Gran parte da información ofrecida na Crónica non está rexistrada en ningún outro lugar. Ademais, os manuscritos son fontes importantes da historia da lingua inglesa; en particular, o texto de Peterborough é un dos primeiros exemplos existentes do inglés medio.

Sete dos nove manuscritos e fragmentos superviventes residen hoxe na Biblioteca Británica. Os dous restantes están na Biblioteca Bodleiana e na biblioteca do Corpus Christi College, en Cambridge.

Danny Lohner

Daniel Patrick Lohner, nado o 3 de decembro de 1970 en Corpus Christi, Texas, é un músico de rock que toca o baixo, a guitarra e os teclados. Traballou con Trent Reznor en numerosas ocasións, na banda Nine Inch Nails e no proxecto Tapeworm. Tamén tocou en Killing Joke, Methods of Mayhem e foi un dos membros fundadores da xa disolta banda de industrial-trash Skrew, así como da banda texana de thrash metal Angkor Wat.

Farrah Fawcett

Ferrah Leni Fawcett, coñecida artisticamente como Farrah Fawcett, nada en Corpus Christi (Texas) o 2 de febreiro de 1947 e finada en Santa Monica (California) o 25 de xuño de 2009, foi unha actriz estadounidense. Foi moi popular nos anos setenta e oitenta grazas á serie de televisión Charlie's Angels, chegando a ser considerada unha icona da cultura pop e un verdadeiro Sex Symbol.

Festa da coca de Redondela

A festa da Coca é unha celebración de orixe pagá que ten lugar no concello de pontevedrés de Redondela, e que ten lugar o día do Corpus Christi. A orixe desta celebración radica na lenda mitolóxica da coca, un ser da mitoloxía galega que vive nas augas do mar ou dos ríos. Foi declarada Festa de Interese Turístico Galego en 2001.A razón da celebración é a derrota deste animal mitolóxico a mans dos mozos de Redondela. Así, para conmemorar esta vitoria, realízanse representacións tanto do propio animal coma da batalla na cal a Coca foi derrotada. Esta representación coñécese como danza das Espadas, representando aos mozos que comezaron a danzar coas súas armas arredor do animal morto após de derrotalo, e baile das Penlas, representando a celebración das doncelas liberadas das fauces do dragón.

Ademais de en Redondela, a festa da Coca segue a celebrarse en diferentes lugares do conxunto etnográfico galego-portugués, como Betanzos ou Monção. Está última localidade posúe desde o ano 2002 un irmandamento con Redondela, e desde o 2003 ambas as dúas celebracións son publicitadas baixo unha promoción turística conxunta.

Festa do Boi

A Festa do Boi é unha celebración popular característica da localidade de Allariz (Ourense) e consiste en correr un boi polas rúas allarizás, controlado polos mozos grazas a unha corda atada ós cornos. A festa, que se celebra desde o século XVI, faise coincidir coa fin de semana do Corpus Christi.

Dende entón tódolos anos saía o boi no Corpus, e aínda que durante a Guerra Civil esta celebración foi suspendida, contra o 1983 un grupo de mozos decidiu recuperar a Festa do Boi. Está declarada Festa de interese turístico de Galicia.

Panis Angelicus

Panis angelicus é a penúltima estrofa do himno Sacris solemniis composto por San Tomé de Aquino para a celebración do Corpus Christi como parte dunha completa liturxia da Festa que incluía oracións para a Misa e a Liturxia das Horas.

A estrofa mencionada, que comeza coas palabras "Panis Angelicus / fit panis hominus", frecuentemente se considerou coma un himno independente; algo semellante ao sucedido con outros himnos compostos polo mesmo autor para o Corpus Christi, como Verbum supernum prodiens, a pénultima estrofa do cal comeza co verso O salutaris Hostia, ou o ben coñecido Pange lingua, cunha penúltima estrofa que se inicia con Tantum ergo.

Pittsburgh, Pensilvania

Pittsburgh é unha cidade de Pensilvania, Estados Unidos, sede do Condado de Allegheny. Ten 334.563 habitantes e coa área metropolitana alcanza 2.358.695 habitantes, coñecida popularmente como a cidade do aceiro.

Procesión do Corpus Christi de Toledo

A procesión do Corpus Christi en Toledo (España) é unha festa católica, eucarística de tradición moi antiga que se celebra cada ano nesta cidade. É a festa principal dos toledanos e de gran notoriedade entre os católicos españois, despois de ser declarada en 1980 de Interese Turístico Internacional.

Dende 1595 vénse celebrando na conmemoración do Corpus Christi que é o seguinte xoves ao oitavo domingo despois do Domingo de Pascua (é dicir, 60 días despois do Domingo de Pascua; formalmente é o xoves que segue ao noveno domingo seguinte á primeira lúa chea de primavera do hemisferio norte). Tras establecerse en 1991 o domingo posterior como festividade do Corpus Christi, en 2010 a procesión toledana volveu celebrarse definitivamente o xoves, acolléndose ao calendario litúrxico hispano-mozárabe.

Selena

Selena Quintanilla Pérez, coñecida artisticamente como Selena, nada en Lake Jackson (Texas) o 16 de abril de 1971 e finada en Corpus Christi (Texas) o 31 de marzo de 1995, foi unha cantante mexicano-estadounidense texana.

Valdelugueros

Valdelugueros é un concello español da provincia de León (Castela e León). A súa capital está na pedanía de Lugueros (1.250 msnm), e inclúe 12 núcleos de poboación: Arintero, La Braña, Cerulleda, Llamazares, Lugueros, Redilluera, Redipuertas, Tolibia de Abajo, Tolibia de Arriba, Valdeteja, Valverde e Villaverde de la Cuerna.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.