Coristanco

Coristanco é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Bergantiños. Segundo o IGE no 2014 tiña 6706 habitantes (6974 no 2012, 7102 no 2011, 7165 no 2010). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «coristanqués».

Coordenadas: 43°11′14″N 08°44′12″O / 43.18722, -8.73667

Coristanco
Bandeira de Coristanco
---
Escudo de Coristanco
Torres de Nogueira, San Roque, Coristanco
Situacion Coristanco
Situación
Xeografía
ProvinciaProvincia da Coruña
ComarcaComarca de Bergantiños
Poboación6.177 hab. (2018)
Área141,1 km²
Densidade43,78 hab./km²
Entidades de poboación15 parroquias
Capital do concelloSan Roque, Traba
Política (2019[2])
AlcaldeJuan Carlos García Pose (PPdeG[3])
ConcelleirosBNG: 1
PPdeG: 5
PSdeG-PSOE: 1
Outros: TEGA - 3, alvc 2, Contigo 1
Eleccións municipais en Coristanco
Uso do galego[4] (2011)
Galegofalantes89,76%
Na rede
Web do concello de Coristanco
concello@concellocoristanco.es

Xeografía

Situación

O concello limita ao norte con Ponteceso e Carballo, ao sur con Santa Comba, Zas e Tordoia, ao leste con Carballo e ao oeste con Cabana de Bergantiños. A principal vía de comunicación é a estrada C-552, que une A Coruña con Fisterra.

Parroquias de Coristanco

Hidrografía

A lagoa de Alcaián, tamén coñecida como Braña Rubia, está situada na parroquia de Seavia, ao pé do monte Bubela. Malia o seu nome, é unha braña, e só ten auga estancada nas épocas máis chuviosas. Na actualidade está moi descoidada e apenas ten patrimonio ecolóxico. O nome de Alcaián débese á lenda de que baixo a lagoa hai unha cidade somerxida (lenda repetida noutras moitas outras lagoas) chamada Alcaián.

Outra lagoa do concello é a lagoa de Cuns.

Demografía

Fonte INE, 1857-2011

Evolución da poboación de Coristanco   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018
6495 7338 9327 10 314 7765 7285 7102 6974 6875 {{{13}}} {{{14}}}
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)
Censo total 2014 6706 habitantes
Menores de 15 anos 631 (9.41 %)
Entre 15 e 64 anos 4006 (59.74 %)
Maiores de 65 anos 2069 (30.85 %)

Historia

Hai restos megalíticos no concello, unhas 30 mámoas construídas hai uns 8000 anos, sendo os mellor conservados os catro que hai no monte Lume de Suso e os de Porcariza, en Xaviña.

A partir do século VI a. C. chegou a cultura castrexa traída polos ártabros. Na zona establecéronse os Brigaecini, que deron nome á comarca. Consérvanse oito castros catalogados[5], en moi mal estado de conservación debido ó uso das súas pedras noutras construcións ou peches de leiras.

  • Castro Redondo e O Portal (A Cruz de Agrelo-Cereo)
  • Cotón e San Roque (Coristanco)
  • Santa Cecilia (Centiña-Coristanco)
  • Vilar (Couso); O Cotón (Ferreira)
  • Oca e As Picureas (Oca)
  • Lume de Suso (Santa Baia de Castro)
  • A Croa de Arixón (Seavia)
  • Puga (Arixón-Seavia)
  • Castrobó (Castrobó-Valenza)
  • A Insua (Valenza)

Coa romanización comezaron a mellorarse as comunicacións, con construcións como a ponte Lubiáns sobre o río Rosendo.

Durante a Idade Media a zona estivo dominada polo arcebispo de Santiago, o mosteiro de San Mamede de Seavia e o conde de Traba. Na torre de Nogueira viviron os Bermúdez de Castro.

O concello de Coristanco constituíuse en 1835, formando parte do partido xudicial de Carballo. Con anterioridade a maioría das súas parroquias pertencían a Santiago de Compostela.

Cultura

Patrimonio arquitectónico

A ponte Lubiáns cruza o río Rosendo, afluente do Anllóns. Une o concello de Carballo con Coristanco, no lugar de Montecelo, na parroquia de Oca.

Foi construída no século I, e por ela discorría a vía XIX do itinerario de Antonino, tamén chamada Per loca maritima. Até a construción moitos anos despois da Ponte Nova uns metros máis abaixo serviu de paso entre A Coruña e Fisterra. Nas súas orixes tiña cinco arcos, contando na actualidade con 4. Ten 40,5 metros de lonxitude e 2,6 de ancho. A súa maior altura sobre o río é de 5,4 m. Aínda conserva a calzada de lousas.

A torre de Nogueira está situada no lugar de Nogueira, na parroquia de Seavia. É de forma rectangular e estilo gótico, de 13 m de altura. Formaba parte do pazo-fortaleza dos Bermúdez de Castro, levantado no século XV. O pazo tiña dúas torres, de carácter defensivo.

O pazo de Cereo Vello conserva entre dous pináculos barrocos unha pedra de armas co emblema dos Manueles, descendentes do infante Xoán Manuel, á súa vez descendente de Afonso X o Sabio. O escudo é cuartelado con dous leóns rampantes con dous brazos armados. Consérvanse tamén os emblemas doutras familias nobres de Bergantiños, como os Vilardefrancos e os Pardiñas.

Outros dous pazos son o de Ferreiros, que pertenceu a un descendente de María Pita, e o de Ponte, en Verdes, que conserva restos dunha torre con pequenas garitas e unha gran muralla arredor da construción.

Irmandade

Coristanco está irmandado dende 1998 con La Guyonnière situado no departamento Vendée na rexión Pays de la Loire[6].

  • Francia La Guyonnière

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes de Coristanco.
Rio Anllons, Verdes, Galiza

O Río Anllóns o seu paso por Verdes.

Coristanco (Verdes), Galiza

O Río Anllóns o seu paso por Verdes.

Carroza deseñada con patacas na Festa da Pataca de Coristanco 2005

Carroza deseñada con patacas na Festa da pataca de Coristanco de 2005.

Cesto de patacas da Festa da Pataca de Coristanco 2005

Cesto de patacas na Festa da pataca de Coristanco de 2005.

1 Coristanco (1)

Casa do concello

Notas

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Resultados eleccións 2019
  3. Concello de Coristanco na FEGAMP
  4. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Consultado o 14 de outubro de 2014.
  5. CASTROS DE GALIZA/GALICIA I Coristanco onosopatrimonio.blogspot.com.es
  6. "Irmandamento Guyonnière concello de Coristanco". Arquivado dende o orixinal o 06 de outubro de 2015. Consultado o 10 de outubro de 2015.

Véxase tamén

Outros artigos

A Agualada, Coristanco

San Lourenzo da Agualada é unha parroquia que se localiza no oeste do concello coruñés de Coristanco na comarca de Bergantiños. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 678 habitantes (345 mulleres e 333 homes) distribuídos en 8 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 687 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 577 habitantes, sendo 262 homes e 315 mulleres.

Desta parroquia, provén a nai de Arturo Cuadrado e máis tarde este viría a vivir aquí ao falecer seu pai.

Cabana de Bergantiños

Cabana de Bergantiños é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Bergantiños no Partido xudicial de Carballo.

Segundo o INE a súa poboación no ano 2018 era de 4.337 habitantes dos cales 2.091 eran homes e 2.246 eran mulleres (4.347 no ano 2017, 4.446 no ano 2016, 4.552 no 2015, 4.623 no 2014, 4.716 no 2013, 4.759 no 2012, 4.865 no 2011, 4.909 no 2010). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é cabanés ou bergantiñán .

Cereo, Coristanco

Santa María de Cereo é unha parroquia que se localiza no norte do concello coruñés de Coristanco na comarca de Bergantiños. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 415 habitantes (214 mulleres e 201 homes) distribuídos en 8 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 468 habitantes. Segundo o IGE, no 2016 a súa poboación descendera ata os 290 habitantes, sendo 133 homes e 157 mulleres.

Comarca de Bergantiños

A comarca de Bergantiños é unha das 53 comarcas galegas e esta situada na provincia da Coruña e a súa capital é Carballo. Pertencen a esta comarca os concellos de Cabana de Bergantiños, Carballo, Coristanco, A Laracha, Laxe, Malpica de Bergantiños e Ponteceso. Ten unha superficie de 742 km² e tiña 68.928 habitantes no ano 2014.

Coristanco, Coristanco

San Paio de Coristanco é unha parroquia que se localiza no norte do concello coruñés de Coristanco na comarca de Bergantiños. Segundo o IGE en 2014 tiña 852 habitantes (413 homes e 439 mulleres), distribuídos en 17 entidades de poboación. En 1999 tiña 994 habitantes, e segundo o padrón municipal en 2004 tiña 932 habitantes (482 mulleres e 450 homes)

Couso, Coristanco

San Miguel de Couso é unha parroquia que se localiza no sur do concello coruñés de Coristanco na comarca de Bergantiños. Segundo o IGE en 2016 tiña 301 habitantes distribuídos en 11 entidades de poboación (139 homes e 162 mulleres), 139 menos ca en 1999. Segundo o padrón municipal en 2004 tiña 396 habitantes (211 mulleres e 185 homes), e segundo o IGE en 2014 tiña 336 habitantes (152 homes e 184 mulleres).

Cuns, Coristanco

San Vicenzo de Cuns é unha parroquia que se localiza no suroeste do concello coruñés de Coristanco na comarca de Bergantiños. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 379 habitantes (192 mulleres e 187 homes) distribuídos en 10 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 412 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 273 habitantes, sendo 135 homes e 138 mulleres.

Na parroquia existe unha lagoa que segue mantendo o seu encanto a pesar de que parte da súa contorna está nun estado de abandono.

Erbecedo, Coristanco

San Salvador de Erbecedo é unha parroquia que se localiza no leste do concello coruñés de Coristanco na comarca de Bergantiños. Segundo o padrón municipal de 2014 tiña 711 habitantes (338 mulleres e 373 homes) distribuídos en 15 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 889 habitantes. Segundo o IGE, en 2004 a súa poboación era de 829 habitantes (426 mulleres e 403 homes).

Esta pequena parroquia de poboación conta cun total de tres igrexas, das cales dúas seguen en uso. A primeira delas está situada no lugar do Campo, e úsase para facer a misa pola Virxe da Saleta. Case ao lado desta está unha que é máis antiga e que está en desuso dende practicamente a fin da guerra civil española. A pouco menos de 200 metros desta última encóntrase a máis nova e a que se usa para a misa de todos os domingos, e xeralmente para enterros e defuncións.

Xeralmente nos días de festa adórnase o cruceiro situado no lugar do Campo, ao igual que a primeira igrexa e que lle da un aire novo á pequena parroquia.

Ferreira, Coristanco

Santa María de Ferreira é unha parroquia que se localiza no sur do concello coruñés de Coristanco na comarca de Bergantiños. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 192 habitantes (104 mulleres e 88 homes) distribuídos en 6 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 209 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 174 habitantes, sendo 77 homes e 97 mulleres. En 2016 contaba con 166 habitantes dos cales 72 eran homes e 94 mulleres.

Oca, Coristanco

San Martiño de Oca é unha parroquia que se localiza no norte do concello coruñés de Coristanco na comarca de Bergantiños. Segundo o IGE en 2013 tiña 527 habitantes (274 mulleres e 253 homes) distribuídos en 8 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999, cando tiña 627 habitantes.

Pataca

A pataca ( pronunciación ), baloca, batata ou castaña da terra é o tubérculo da planta da pataca ou pataqueira (Solanum tuberosum), unha planta da familia das solanáceas, orixinaria de América do Sur e cultivada en case todo o mundo polo seu tubérculo comestíbel.

Con frecuencia adóitase citar como endémica dos Andes nunha área que coincide aproximadamente co sur do Perú, onde foi cultivada e consumida polo menos dende o VIII milenio a.C. , porén dende hai séculos a planta é cultivada noutras latitudes dando lugar a diversas variedades de patacas.

En Galicia a maior zona de produción do tubérculo é a comarca da Limia, de cuxo comercio procede a principal fonte de ingresos da comarca. En Vilalba (Terra Chá) e Coristanco (comarca de Bergantiños), cultivan a pataca como complemento dos ingresos da actividade agraria e do autoconsumo, resultando un produto de grande sona e calidade en feiras e mercados.

San Xusto, Coristanco

San Xián de San Xusto é unha parroquia que se localiza no norte do concello coruñés de Coristanco na comarca de Bergantiños. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 234 habitantes (122 mulleres e 112 homes) distribuídos en 4 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 231 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 197 habitantes, sendo 88 homes e 109 mulleres.

Santa Baia de Castro, Coristanco

Santa Baia de Castro é unha parroquia que se localiza no oeste do concello coruñés de Coristanco na comarca de Bergantiños. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 347 habitantes: 183 mulleres e 164 homes distribuídos en 10 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 354 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 292 habitantes, sendo 145 homes e 147 mulleres.

Seavia, Coristanco

San Mamede de Seavia é unha parroquia que se localiza no leste do concello coruñés de Coristanco na comarca de Bergantiños. Segundo o IGE en 2017 tiña 833 habitantes (423 mulleres e 410 homes) distribuídos en 17 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 1.069 habitantes.

Torre de Nogueira

A torre de Nogueira, xunto coa casa anexa, forma parte dun antigo pazo construído pola familia Bermúdez de Castro no século XV en San Mamede de Seavia, no concello de Coristanco. Actualmente está declarada Ben de Interese Cultural, e é unha das mostras máis representativas da arquitectura civil medieval da comarca de Bergantiños.

Traba, Coristanco

Santa María de Traba é unha parroquia que se localiza no norte do concello coruñés de Coristanco na comarca de Bergantiños. Segundo o IGE en 2013 tiña 808 habitantes (426 mulleres e 382 homes) distribuídos en 10 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 857 habitantes.

Desde 1980 vense celebrando a Festa da pataca a finais de setembro.

Valenza, Coristanco

San Pedro de Valenza é unha parroquia que se localiza no norte do concello coruñés de Coristanco na comarca de Bergantiños. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 479 habitantes (249 homes e 230 mulleres) distribuídos en 8 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 505 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 391 habitantes, sendo 197 homes e 194 mulleres.

Verdes, Coristanco

Santo Adrán de Verdes é unha parroquia que se localiza no norte do concello coruñés de Coristanco na comarca de Bergantiños. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 73 habitantes (36 mulleres e 37 homes) distribuídos en 3 entidades de poboación, o que supón un descenso en relación ao ano 1999 cando tiña 88 habitantes.

Xaviña, Coristanco

San Tomé de Xaviña é unha parroquia que se localiza no norte do concello coruñés de Coristanco na comarca de Bergantiños. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 361 habitantes (189 mulleres e 172 homes) distribuídos en 10 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 388 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 349 habitantes, sendo 173 homes e 176 mulleres.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.