Coresma

A coresma (da expresión latina quadragesima dies 'día cuadraxésimo')[1] son os corenta días de tempo litúrxico que observan a maioría das igrexas cristiás, antes da Pascua. Os corenta días representan o tempo que Xesús pasou no deserto, onde, segundo a Biblia, resistiu a tentación de Satanás; o obxectivo que se procura é establecer un período de reflexión e penitencia para que os cristiáns poidan preparase para a celebración pascual.

Nos primeiros anos do cristianismo, a duración da Coresma variaba, arredor do século IV estableceuse a súa duración en 40 días. Nos séculos VI e VII o xexún adquiriu grande importancia como práctica coresmal, como os domingos non se podía facer xexún por ser día de festa no século VII engadíronse catro días máis á coresma, antes do primeiro domingo, para imitar o xexún de Cristo no deserto, polo tanto o comezo da Coresma quedou establecido no Mércores de Cinsa na igrexa occidental mentres na oriental comezaba un luns. Na actualidade o mantemento da práctica do xexún relaxouse en moitas igrexas cristiáns, así na Igrexa Católica de rito latino só é obrigatoria a abstinencia o venres de coresma, pero na Idade Media era común a prohibición de comer carne e ovos e manter relacións sexuais; nas igrexas ortodoxas e na maioría das católicas de rito oriental a práctica da abstinencia mantense con máis forza.

Bruegel Lent
Representación da Coresma nunha festa de Entroido.

Notas

  1. "Coresma". Portal das Palabras. Consultado o 6 de maio do 2016.
A semana na cultura popular galega

Como acontece noutras culturas, en Galicia tamén estivo presente a vella preocupación supersticiosa polos días faustos e infaustos, felices e infelices. A seguir recóllense crenzas, refráns e cantigas que recollen a pegada da semana na cultura popular galega.

Abril na cultura popular galega

O que segue recolle diversa información sobre a pegada do mes de abril na cultura popular e na literatura oral galegas, recollida de diferentes traballos etnográficos –xerais a toda Galicia ou localizados nun ámbito xeográfico máis concreto-, dicionarios, refraneiros, cantigueiros etc. Tamén incluímos as mencións á Coresma, á Semana Santa e á Pascua de Resurrección por coincidir, habitualmente, neste mes.

Eladio Rodríguez recolle o costume de encender na lareira, en cada casa, o Lume novo, que se prende co tizón ou as ascuas do lume que o abade bendice no adro da igrexa no transcurso dunha cerimonia que se celebra o Sábado Santo. Este lume que se prende na igrexa facíase co pedernal e utilizábase para encender, inmediatamente, as brasas do incensario e as lámpadas do templo .

Alón, Santa Comba

Santa María de Alón é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Santa Comba. Segundo o padrón municipal de 2016 tiña 340 habitantes (183 mulleres e 157 homes) distribuídos en 7 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 2014, cando tiña 352 habitantes.

A parroquia de Alón ten sete lugares, que son: Alón de Arriba, Alón de Abaixo, Alvarín, O Cataduiro, O Couto, A Cruzana e Esmorode.

A actividade principal de Santa María de Alón é a gandeiría vacún de leite, sendo unha das parroquias galegas con maior produción leiteira.

Ana, nai de María

Santa Ana (do hebreo Hannah, חַנָּה, que significa "graza"), descendente de David, foi a nai da Virxe María e avoa de Xesús Cristo segundo a tradición cristiá e islámica. O seu nome non aparece nos Evanxeos canónicos e no Corán.

Asco (micoloxía)

Un asco (do latín ascus, asci en plural) é a célula sexual produtora de esporas dos fungos ascomicetos. Normalmente, os ascos conteñen oito ascosporas, producidas por unha división celular meiótica seguida, na maioría das especies, por unha mitose. Porén, nalgúns xéneros ou especies poden conter unha (por exemplo, en Monosporascus cannonballus), dúas, catro, ou outro número múltiplo de catro. Nalgúns casos, as ascosporas poden producir conidios, que poden encher por centos os ascos (como no xénero Tympanis), ou poden fragmentarse (como nalgúns Cordyceps), enchendo tamén os ascos de células máis pequenas. As ascosporas son inmóbiles e, polo xeral, unicelulares, aínda que non poucas veces poden presentarse septadas nun ou varios planos.

En moitos casos os ascos forman unha camada regular chamada himenio, dentro dun corpo frutífero visíbel a simple vista chamado ascocarpo ou ascoma. Noutros casos, como no lévedo unicelular, non se atopan estas estruturas. En raros casos os ascos dalgúns xéneros poden desenvolver regularmente dentro de ascos vellos descargados, por exemplo no xénero Dipodascus .

Os ascos normalmente ceiban as súas esporas por descarga activa desde a punta mais tamén pódeno facer de xeito pasivo desde un líquido ou en forma de po seco. Tipicamente a descarga activa dos ascos faise nunha punta diferenciada especial, un poro ou un opérculo. Nalgúns xéneros que forman himenio, cando un asco estoura pode inducir a que tamén o fagan os demais ascos do ascocarpo, resultando nunha descarga masiva que se ve como unha nube de esporas incluso nalgunhas especies como Peziza e noutros séntese un estalido ao se ceibaren as esporas.

No laboratorio se teñen empregado ascos, como os de Neurospora crasa, para estudar o proceso da meiose, xa que estas especies fan a meiose moi regular e ordenada. Tamén se poden estudar, grazas a estes ascos, outros fenómenos cromosómicos.

Calendario gregoriano

O calendario gregoriano é un calendario de orixe europea actualmente utilizado en Europa, as súas antigas colonias e en boa parte do resto do mundo. Recibe este nome por ser o seu promotor o papa Gregorio XIII, e substituíu en 1582 ao calendario xuliano, utilizado desde que Xulio César o instaurara no ano 46 a. C.

Cogomelo de coresma

O cogomelo de coresma ou pantorra (Morchella esculenta) é unha especie de fungo comestíbel que medra en Europa (Andalucía), América do Norte e América do Sur (bosques da Rexión da Araucanía en Chile, na Arxentina (oeste das provincias de Neuquén, Río Negro e Chubut).

Entroido

O entroido ou carnaval é unha festa de carácter tradicional que se celebra entre os meses de febreiro e marzo, coincidindo co período inmediatamente anterior á Coresma e que se celebra principalmente en rexións de tradición católica e con menos extensión en zonas ortodoxas e moi modificado nalgunhas áreas protestantes, como é o caso do Fastelavn nalgúns dos países nórdicos.

O entroido celébrase tamén en Galiza con características particulares, con disfraces e esmorgas moi diferenciadas entre diversas poboacións: son coñecidos os entroidos de Xinzo de Limia, Laza, Verín, Vila de Cruces, A Estrada, Vilaboa e outros moitos, algúns dos cales están cualificados de festas de interese turístico nacional polo Ministerio de Industria, Turismo e Comercio.

Entroido de Ribadeo

O entroido de Ribadeo é unha festa popular galega que ten lugar en Ribadeo e que consta dalgunhas pecualiaridades con respecto a outras celebracións de entroido. O Día grande é o martes de coresma, que precede ao mércores de cinza. Malia que as actividades desenvólvense durante toda a xornada, a meirande parte teñen lugar na tardiña.

Gudesteo

Gudesteo (fl. 1067-1069) foi un bispo de Iria Flavia e Santiago de Compostela durante o século XI. Sobriño do seu predecesor inmediato, Cresconio, foi nomeado bispo de Iria Flavia polo rei García da Galiza antes do 23 de febreiro de 1067. En conflito con outro tío seu, o conde Froila Arias, este asinou a paz con el e xuroulle fidelidade. Porén, secretamente, o seu tío estaba a conspirar para asasinalo. No ano 1069, cando o bispo observaba a coresma no seu pazo de Iria Flavia, achegáronselle uns emisarios do conde Froila e, tras falar con eles, permitiulles quedar a durmir nos seus apousentos. De noite, mentres o prelado durmía, os emisarios saíron do pazo e foron buscar a Froila, que agardaba co seu exército agochado nun bosque. Os conspiradores entraron pausadamente na cámara onde durmía o bispo e asasinárono. Estes feitos serviron de advertencia a Diego Xelmírez, titular da mesma sé episcopal tempo despois, para que trasladase a súa residencia a Padrón, pois tanto el coma Nuno Afonso, un dos autores da Historia Compostelá, lembraban o asasinato de Gudesteo e temían un ataque similar.

Lois I, Sacro Emperador Romano-Xermánico

Lois I coñecido como «o Piadoso» ou Ludovico Pío (en latín, Ludovicus Pius), nado o 16 de abril de 778 en Cassinogilum (o lugar foi identificado como o actual Chasseneuil) e finado o 20 de xuño de 840 en Ingelheim am Rhein, foi o único fillo de Carlomagno que chegou á idade adulta e foi o seu sucesor como rei dos francos e emperador do Sacro Imperio Romano Xermánico (814-840).

Morchella

Morchella é un xénero de fungos ascomicetos comestíbeis, caracterizados por posuír ascocarpos de aspecto reticulado. Son moi apreciados polos cociñeiros franceses e españois. O nome culinario en francés é morille; en galego coñécense como cogomelos de coresma, especialmente a especie Morchella esculenta.

Mosè in Egitto

Mosè in Egitto (en galego, Moisés en Exipto) é unha ópera en tres actos con música de Gioachino Rossini e libreto en italiano de Andrea Leone Tottola, baseado nunha obra de Francesco Ringhieri, L'Osiride, de 1760. Foi estreada o 5 de marzo de 1818 no recentemente reconstruído Teatro San Carlo de Nápoles.

Mosè in Egitto é considerada unha azione tragico-sacra, o drama sagrado con algúns trazos do oratorio permitiu eludir proscripcións de interpretacións dramáticas seculares durante a Coresma. Rossini revisou a ópera para Nápoles en 1819, cando introduciu a aria de oración de Moisés "Dal tuo stellato soglio", que se converteu nunha das pezas de ópera máis populares da época, inspirou unha serie de variacións para violín e piano a Niccolò Paganini, e sobrevive en forma de concerto. Rossini ampliou a obra en 1827, desta vez cun libreto en francés: Moïse et Pharaon, ou Le passage de la Mer Rouge (en galego Moisés e o Faraón, ou O cruce do Mar Vermello), en catro actos e cun ballet, que foi estreada en París o 26 de marzo dese mesmo ano.

Esta ópera rara vez é representada na actualidade, nas estatísticas de Operabase aparece con só 5 representacións no período 2005-2010.

Motilla del Palancar

Motilla del Palancar é un concello español pertencente á provincia de Cuenca, na comunidade autónoma de Castela-A Mancha.

Atópase na ribeira esquerda do Xúcar, na cabeceira do pantano de Alarcón e a 68 km de Cuenca. É un punto de enlace entre Valencia, Albacete, Madrid e Cuenca.

Mércores de Cinsa

O Mércores de Cinsa ou Cinza é o primeiro día da Coresma no calendario católico, protestante, e anglicano. Sucede 46 días antes da Pascua cristiá, aínda que se considera que a Coresma ten 40 días de duración, xa que non se contan os domingos.

Este día cae en diferentes datas ano a ano, de acordo á data móbil de Pascua. Pode acontecer entre o 4 de febreiro e o 10 de marzo.

Pascua cristiá

A Pascua (grego: Πάσχα) é a festividade relixiosa máis importante do ano litúrxico cristián en conmemoración da resurrección de Xesús de entre os mortos, segundo conta o Novo Testamento, o terceiro día desde a súa crucifixión. Os cristiáns celebran esta resurrección o Domingo de Pascua ou Resurrección, dous días despois do Venres Santo e tres despois do Xoves Santo.

A Pascua tamén se refire ó Tempo Pascual, período do ano litúrxico cristián, que tradicionalmente duraba corenta días entre o Domingo de Pascua e a Ascensión pero agora dura cincuenta días ata Pentecoste, a primeira semana coñécese como Semana Santa. A Pascua marca tamén a fin da Coresma, época de xaxún, oración e penitencia.

A Pascua é unha festa que non ten data fixa en relación co calendario civil. O Primeiro Concilio de Nicea (325) estableceu o día de Pascua como o primeiro domingo despois de lúa chea tralo equinoccio de primavera, eclesiasticamente establecido o 21 de marzo, na práctica a data varía entre o 22 de marzo e o 25 de abril para a Igrexa católica latina e as protestantes que basean os seus cálculos no calendario xuliano, as igrexas orientais, que se basean no calendario gregoriano celébrana entre o 4 de abril e o 8 de maio.

A Pascua cristiá está relacionada coa Pascua xudía, a Pessach, non só no simbolismo senón tamén pola súa disposición no calendario

Nas celebracións modernas da Pascua introducénse novos elementos, como en Galicia o ovo de Pascua ou a rosca de Pascua que os padriños regalan ós afillados, que celebran tanto cristiáns como non cristiáns. Tamén hai unhas poucas confesións cristiás, como os cuáqueros, que non celebran a Pascua.

Portal de la Valldigna

O Portal de la Valldigna é unha construción civil da baixa idade media, que separaba a cidade cristiá da mouraría de Valencia. Atópase no barrio do Carme, dentro da Ciutat Vella. É un portal sen porta, que toma o nome do Mosteiro de Santa María da Valldigna (Simat de la Valldigna), a casa da cal se atopaba diante do portal.

Aberta sobre a propia Muralla árabe de Valencia no ano 1400, era a porta de acceso á mouraría. É un arco de medio punto, de perpiaño, cun lixeiro avance nas impostas. Foi restaurado en 1965. No portal hai unha reprodución do retablo orixinal que alí existiu, dedicado á Virxe e que foi colocado no ano 1589. O retablo representa ao rei Jaume el Just no acto de fundación do mosteiro da Valldigna, que outorgou ao abade de Santes Creus, cunha inscrición que acompaña á imaxe e que di:

Aquesta vall per a la vostra causa (Este val para a vosa causa)

Na súa parte superior está a representación da Virxe cos escudos da cidade de Valencia e do mosteiro da Valldigna. Trátase dun retablo dos anos 60 do século XX, xunto a cal hai unha inscrición que di

Nostra Dóna

de la Bona Son

Pregueu per nósPortal

de Valldigna

Xunto ao portal instalouse a primeira imprenta do estado, por parte do mestre impresor Lambert Palmart, na cal no ano 1474 vaise imprimir o primeiro libro da Península Ibérica, escrito en valenciano: Les obres o trobes davall scrites les quals tracten de lahors de la sacratíssima Verge Maria (Trobes en Llaors de la Verge Maria). Unha placa conmemorativa nolo lembra.

Tamén, xunto co portal tivo lugar o suceso vivido por Fra Joan Gilabert Jofré, interpoñéndose ao acoso e apedramento dun demente, despois da cal e cambiando o seu sermón da coresma, propiciou que o 9 de abril de 1409 se puxeran os cimentos do primeiro manicomio do mundo, o Hospital dels Folls i dels Ignocents.

Telésforo, papa

Telésforo, nado probablemente en Terranova da Sibari e falecido seguramente en Roma en 136, foi bispo cristián de Roma entre 126 e 136 ou quizais 138.

Venres de Dores

O Venres de Dores ou de Dor é o venres anterior ao Domingo de Ramos, comprendido dentro da última semana da Coresma, coñecida pola Igrexa como Semana de Paixón. Nalgunhas rexións é considerado como o inicio da Semana Santa ou Semana Maior, ao iniciarse neste os desfiles procesionais.

Os católicos manifestan o seu fervor relixioso na celebración das Dores da nosa Señora, incluíndo por exemplo na liturxia da Misa a secuencia do Stabat Mater.

Nalgúns lugares denomínase Venres de Concilio, o cal é tomado como día de xaxún e abstinencia, quedando proscrito o consumo de carnes.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.