Coreses

Coreses é un concello español da provincia de Zamora, en Castela e León. Atópase na comarca da Tierra del Pan, a pouco máis de 15 km de Zamora.

Coordenadas: 41°32′53″N 5°37′20″O / 41.54806, -5.62222

Coreses
Bandera de Coreses
Escudo de Coreses
Localización
Coreses en España

Coreses
Coreses
Coreses en Castela e León

Coreses
Coreses
PaísEspaña España
Comunidade autónomaCastela e León Castela e León
ProvinciaZamora
ComarcaTierra del Pan
Xeografía
Altitude645 msnm
Superficie43,16 km²
Demografía
Poboación1.061 hab. (2017)
Densidade24,58 hab/km²
XentilicioCoresano, -a
Coresino, -a
Outros datos
Código postal49530
AlcaldeJosé Luis Salgado Alonso (PSOE)
www.coreses.es

Xeografía

Limita ao norte con Molacillos, Algodre e Villalube, ao sur co río Douro, ao leste con Toro e Fresno de la Ribera, e ao oeste con Zamora e Monfarracinos. Ao sur do termo atópase a devesa de San Pelayo, antigo poboado independente.

Historia

Coreses foi fundado na Idade Media con mozárabes procedentes de Coria, dentro dos procesos repobladores emprendidos polos reis leoneses, feito do cal procede o seu nome, que deriva do xentilicio que se daba ás xentes de Coria na época medieval.​

O 4 de novembro de 1301, Fernando IV concedeu os dereitos, servizos, tributos e arbitrios da localidade de Coreses a Juan Alfonso de Benavides en agradecemento polos servizos prestados.

Coa creación das actuais provincias en 1833, Coreses quedou integrado na de Zamora, dentro da Rexión de León, a cal, como todas as rexións españolas da época, carecía de competencias administrativas. Tras a constitución de 1978, en 1983 pasou a formar parte de Castela e León.

Festividades

  • Os quintos, o 5 e 6 de xaneiro
  • Carnaval
  • Santa Águeda
  • O Maio
  • San Isidro
  • Nosa Señora da Asunción, patroa da localidade

Véxase tamén

Ligazóns externas

Algodre

Algodre é un municipio da provincia de Zamora, na comunidade autónoma de Castela e León. Ten unha superficie de 18,16 km² cunha poboación de 181 habitantes e unha densidade de 9,97 hab/km². Limita ao norte co municipio de Galegos do Pan, ao sur con Coreses, e ao oeste con Molacillos.

Atilano Vecino Escuadra

Atilano Vecino Escuadra, nado en Coreses (provincia de Zamora) o 18 de agosto de 1958, é un ex-futbolista que xogaba na demarcación de defensa.

Lista de concellos de España por provincia

Existen en España 8.124 concellos. O concello máis setentrional é Mañón (A Coruña), o máis meridional é El Pinar de El Hierro (Santa Cruz de Tenerife), o máis occidental é La Frontera (Santa Cruz de Tenerife) e o máis oriental é Maó (Illas Baleares). O máis extenso é Cáceres e o máis poboado Madrid.

As seguintes son listas de concellos de España ordenados por diferentes categorías.

Concellos por comunidade autónoma

Concellos por provincia

Concellos máis poboados

Concellos máis extensos

Liña de alta velocidade Olmedo-Zamora-Galicia

A liña de alta velocidade Olmedo-Zamora-Galicia é unha liña de alta velocidade que conectará Galicia co resto da península Ibérica. Parte da LAV Madrid-Valladolid á altura de Olmedo e finaliza en Santiago de Compostela.

Atópase en servizo entre Olmedo e Zamora (a vía par dende o 17 de decembro de 2015 e a vía impar dende o 21 de outubro de 2016), e entre Ourense e Santiago (dende o 11 de decembro de 2011), con continuidade ata A Coruña e Vigo a través do eixe atlántico de alta velocidade. Está prevista a inauguración do tramo entre Zamora e Seabra para 2018 e entre Seabra e Ourense para 2019.Para facilitar a explotación de trens que continúan por vía convencional, ten actualmente ancho ibérico de 1.668 mm entre Ourense e Santiago. Cando a liña estea finalizada, cambiarase ao ancho internacional de 1.435 mm, como o resto de liñas de alta velocidade. O trazado está adaptado ás esixencias de interoperatibilidade da Unión Europea. Cando se atope finalizado completamente, contará con dobre vía electrificada a 25 kV e unha velocidade máxima de 350 km/h. Forma parte do Corredor Atlántico da Rede Transeuropea de Transporte.

Tierra del Pan

Tierra del Pan é unha comarca da provincia de Zamora, na comunidade autónoma de Castela e León.

Xosé María Álvarez Blázquez

Xosé María Álvarez Blázquez, nado en Tui o 5 de febreiro de 1915 e finado en Vigo o 2 de marzo de 1985, foi un escritor galego de poesía, narrativa e ensaio, arqueólogo, investigador e editor galeguista. Foi cronista oficial da cidade de Vigo desde 1976. É unha das figuras máis laboriosas da cultura galega, cunha grande actividade que vai dende a literatura (novela, poesía, teatro) ata a investigación como arqueólogo e a súa tarefa como editor e galeguista. Pertence a unha saga de escritores que ten os seus antecedentes no seu avó Emilio Álvarez Giménez, seguiu co seu tío Xerardo Álvarez Limeses e compartiu co seu irmán Emilio. É un dos representantes da poesía neotrobadoresca, vangarda poética xurdida ao redor de 1930 debida á difusión en Galiza da lírica medieval galego-portuguesa. En 2008 dedicóuselle o Día das Letras Galegas.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.