Corentena

Corentena é un período de tempo no que se mantén privado de comunicación a unha persoa ou animal para comprobar a posibilidade de enfermidade (ou evolución da mesma) para evitar contaxios. En orixe eran corenta días pero pode ser calquera período de tempo.

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre medicina é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.
Apocalipse Z. Os días escuros

Apocalipse Z. Os días escuros é unha novela de literatura fantástica en lingua castelá de Manel Loureiro, publicada en 2010 por Plaza&Janés. Foi traducida ao galego por Tomás González Ahola, e publicada en 2014 por Urco Editora. É a segunda parte da triloxía Apocalipse Z.

Campo de concentración

Un campo de concentración é unha instalación destinada a recluír persoas pola súa oposición a un réxime político, pola súa etnia ou relixión ou pola súa orientación sexual.

Crise dos mísiles de Cuba

A crise dos mísiles en Cuba é como se denomina ao conflito entre a Unión Soviética e os Estados Unidos a finais de 1962, e é unha das maiores crises entre ambas as potencias durante a guerra fría.

Doenza infecciosa

Unha doenza infecciosa ou contaxiosa pode ser a manifestación clínica dunha infección provocada por un microorganismo —como bacterias, fungos, virus, ás veces protozoos, etc.— ou por prións. No caso dos axentes biolóxicos patóxenos de tamaño macroscópico, como os vermes, non se fala de infección senón de infestación.

Cando a infección ou a infestación é causada por protozoos, vermes ou artrópodos fálase de doenza parasitaria porque devanditos grupos foron estudados tradicionalmente pola parasitoloxía.

Doomsday (filme)

Doomsday é un filme de ciencia ficción escrito e dirixido por Neil Marshall que foi estreado no 2008. A historia está ambientada nunha Escocia do futuro, que foi posta en corentena por mor dun virus mortal. Cando o virus aparece en Londres, os líderes políticos envían a un equipo liderado por Eden Sinclair (Rhona Mitra) para atopar unha posible cura. Doomsday foi concibido por Marshall na idea de representar soldados medievais loitando con outros do futuro. Na produción inspirouse en diferentes filmes, como Mad Max, salvaxes de autoestrada, 1997: Rescate en Nova York e 28 Days Later.

Galileo Galilei

Galileo Galilei, nado en Pisa o 15 de febreiro de 1564 e finado en Arcetri o 8 de xaneiro de 1642, foi un astrónomo Italiano, filósofo, e físico, asociado coa Revolución Científica. Foi sinalado como o "pai da moderna astronomía" (título ó que pode que Kepler teña máis dereito), o "pai da física moderna", e o "pai da ciencia". Con Bacon, foi o pioneiro do método científico. Naceu en Pisa e foi coetáneo de Johannes Kepler. O seu traballo está considerado como unha ruptura coas ideas de Aristóteles; en particular, Galileo enfatizou a cantidade, máis que a calidade.

Hospital Gil Casares

O Hospital Gil Casares, tamén coñecido como Sanatorio Antituberculoso Profesor Gil Casares, Hospital Profesor Gil Casares ou Sanatorio Miguel Gil Casares, bautizado así en lembranza do catedrático de Medicina Miguel Gil Casares, e anteriormente Sanatorio Antituberculoso de La Choupana, é un centro hospitalario situado no barrio compostelán da Choupana inaugurado en 1938.

Illa de Tambo

A illa de Tambo atópase no fondo da ría de Pontevedra, e pertence ao concello de Poio do que esta separado por unha canle de 1,1 km pero de pouca profundidade. A súa superficie é de 0,28 km², cunha altura máxima de 80 m, aínda que toda a súa parte central supera os 50 metros de altitude. O seu perímetro acada os 4 km.

Jean-Marie Gustave Le Clézio

Jean-Marie Gustave Le Clézio, ás veces abreviado como J.M.G. Le Clézio, nado o 13 de abril de 1940 en Niza, é un escritor franco-mauricio. Coñece moi pronto o éxito coa súa primeira novela Le Procès-verbal, publicada en 1963. Influído polas súas orixes familiares, polas súas viaxes, e o gusto polas culturas amerindias, J.M.G. Clézio é principalmente coñecido polas súas novelas Désert e Le Chercheur d'or, pero é tamén autor dunha corentena doutras obras de ficción (novelas, contos, noticias) e ensaios. En 2008 foille concedido o Premio Nobel de Literatura, como "escritor de novas saídas, da aventura poética e da éxtase sensual, explorador dunha humanidade máis aló e debaixo da civilización reinante".

Klein Curaçao

Klein Curaçao en neerlandés, ("Pequena Curaçao") é unha pequena illa do mar Caribe que pertence administrativamente a Illa de Curaçao (que depende á súa vez das Antillas Holandesas). Posúe unha superficie estimada en 1,7 km².

Lazareto

Para consultar o artigo sobre a illa grega, vexa Lazareto

Un lazareto é un hospital ou instalación similar, máis ou menos illada, onde se tratan enfermidades infecciosas. Historicamente utilizáronse para enfermidades pouco ou nada infecciosas, como a lepra ou a tuberculose e algunhas destas instalacións eran máis ben de reclusión, sen ningún tipo de coidados médicos nin salubridade.

Lazareto, Grecia

Lazareto (Grego: Λαζαρέτο, tamén chamada Nisaki tou Sotira Νησάκι του Σωτήρα, os illotes do Salvador") é o nome dunha pequena illa hoxe deshabitada na baía de Vathy, no porto de Ítaca

A pequena illa cuberta de árbores atópase a uns 100 metros da beira da baía. Nela hai unha capela construída en 1668. Do mesmo xeito que en Lazzaretto Vecchio na lagoa de Venecia, a illa no período moderno serviu como hospital e zona de corentena. En 1817 os británicos construíron na illa un edificio de dous pisos onde se atopa un busto do entón Alto Comisionado británico para as Illas Xónicas, Sir Thomas Matilands. O edificio foi utilizado por primeira vez como prisión para os exiliados. Entre os detidos aquí estaba o revolucionario grego Odysseas Androutsos. En 1912 os edificios foron abandonados. Desde abril de 2008 a Sociedade Grega para o desenvolvemento do Turismo (Εταιρεία Τουριστικής Ανάπτυξης), administra a propiedade para a conservación e utilización turística da illa.

Molokai

Molokaʻi (/ˈmoʊ.lə.kaɪ/ ou /ˌmoʊ.ləˈkɑː.i/ ou /ˈmɒl.ə.kaɪ/ ou /ˌmoʊ.loʊˈkɑː.i/; Hawaiian: Modelo:IPA-haw), alcumada “The Friendly Isle” (illa amistosa) é unha das oito illas principais que conforman o arquipélago de Hawai no medio do Océano Pacífico. Ten un tamaño de 61 por 16 km no seu longo e largo extremos cunha superficie de terra utilizable de 673´4 km², polo que é a quinta máis grande das principais Illas Hawaianas e a 27ª illa máis grande dos Estados Unidos. Está situada a 40 km ao leste de Oahu, separada pola canle Ka-iwi, e ao norte de Lanai, separada pola canle Kalohi. Administrativamente Molokai depende do condado de Maui, excepto a península de Kalaupapa que forma o condado de Kalawao.

A illa coñécese polo Rancho Molokaʻi que abarca gran parte da illa, pola produción de ananás, a gandaría e o turismo. De noite pódense ver as luces de Honolulú desde o extremo occidental de Molokai, mentres que as próximas Lanai e Maui pódense ver con claridade desde calquera punto da costa sur da illa. No condado de Kalawao, na península de Kalaupapa na costa norte, establecéronse asentamentos en 1866 para o tratamento en corentena de persoas con lepra que funcionaron ata 1969. O Parque Histórico Nacional Kalaupapa agora conserva todo este condado e área.

Números

Números é o cuarto libro da Biblia e da Torá, contén narracións sobre o tempo de peregrinación do pobo de Israel polo deserto. O seu nome vén das numeracións das tribos de Israel coas que se inicia.

Peste

A peste é unha enfermidade infectocontaxiosa que afecta tanto a animais como a humanos, e que causa a bacteria Yersinia pestis que se espalla a través das pulgas das ratas Rattus rattus ou outros roedores.

Provincia romana

A provincia romana (latín: provincia; plural, provinciae) baixo a Roma antiga foron subdivisións territoriais fóra da península Itálica que tiñan unha organización regular e estaba baixo a administración romana.As provincias romanas variaron amplamente en número no transcurso dos case oito séculos da súa existencia.

Aparecen durante as guerras púnicas, no momento en que a República romana se estende fóra da península italiana, e o número de provincias romanas non deixan entón de aumentar. Ao final da República como baixo o Imperio ata o século III, as provincias son as maiores divisións administrativas do territorio.

O número e tamaño das provincias variaron ao longo da historia, segundo as políticas da metrópole. Así, o seu número alcanzou a corentena baixo os Severos. Durante o Imperio, as maiores e máis ben guarnecidas provincias foron subdivididas en territorios máis pequenos, para evitar que un único gobernador tivese demasiado poder nas mans.Diocleciano, baixo a tetrarquía, reforma profundamente a administración territorial do Imperio, multiplicando o número de provincias e creando unha entidade superior ás provincias, as dioceses.

Proxecto Apollo

O proxecto Apollo foi un programa de exploración espacial levado a cabo pola NASA entre febreiro de 1966 e decembro de 1972. Constou de 17 misións, 11 delas tripuladas, que ocuparon 2.719 horas e 29 minutos. Este programa custou máis de 25,4 miles de millóns de dólares.

Síndrome respiratoria aguda severa

A Síndrome Respiratoria Aguda Severa (SARS, siglas en inglés) ou pneumonía asiática é unha enfermidade relacionada coa pneumonía, da que se coñecen dous episodios. O axente causante é o coronavirus SARS.

Ébola

A febre hemorráxica do Ébola ou enfermidade polo virus Ébola (ICD-10, CIE-10) e informalmente "o ébola" (ás veces escrito Ebola) é unha enfermidade viral humana contaxiosa e de alta mortalidade que pode ser producida pola infección de catro das cinco especies de Ebolavirus, que son: Zaire, Sudán, Bundibugyo, e Bosque Taï (ou Costa do Marfil). Os ebolavirus tamén afectan a algúns animais, e a quinta especie, Reston, afectou só a primates non humanos e porcos. A especie prototípica é o Ebolavirus Zaire, tamén chamado simplemente virus Ébola. Os primeiros brotes coñecidos desta enfermidade aconteceron en 1976 no sur do Sudán e en rexións preto do río Ébola (ou Ebola), na actual República Democrática do Congo (antes Zaire). As taxas de mortalidade da doenza son altas e nas distintas epidemias que se sucederon variaron entre o 90% e o 25% (media 50%).A infección produce febre hemorráxica; o seu período de incubación pode variar dos dous aos vinte e un días. O virus multiplícase polo fígado, o bazo, os pulmóns e o tecido linfático causando danos significativos. Os seus síntomas clínicos son moi similares aos da enfermidade polo virus Marburg; comeza cunha forte sensación de febleza, cefalea intensa, náuseas, vómitos, dores musculares, diarrea, dor abdominal e na garganta, despois avanza con tose seca e dores punzantes no peito ao tempo que se desenvolven signos de deshidratación, insuficiencia renal e hepática, e coagulación intravascular diseminada. No sangue detéctanse síntomas de leucocitose neutrofílica, trombocitopenia e anemia producíndose xeralmente a morte na segunda semana da enfermidade debido a fallos multiorgánicos ou shock hipovolémico.O virus pode contaxiarse por contacto co sangue ou fluídos corporais dun animal infectado (xeralmente monos ou morcegos da froita). Non se transmite de forma natural polo aire. Os morcegos da froita crese que son portadores e espallan o virus sen seren eles afectados. Unha vez que se produce a infección humana, a enfermidade pode contaxiarse dunha persoa a outra por contacto con fluídos corporais. Os homes superviventes poden transmitir a doenza por medio do seu seme normalmente durante un período de dúas a sete semanas despois de curados, pero rexistráronse casos de maior duración. Para facer o diagnóstico, xeralmente procúranse excluír outras doenzas con síntomas similares como a malaria, cólera e outras febres hemorráxicas virais. Despois compróbase en mostras de sangue do paciente a presenza de anticorpos contra o virus, ARN viral, ou a do propio virus para confirmar o diagnóstico.Entre as medidas de prevención están tratar de diminuír o espallamento da enfermidade desde os monos e outros animais aos humanos mediante o exame dos animais na procura de casos de infección ou mortes, e desfacerse dos seus corpos da forma máis axeitada. Tamén son útiles medidas como cociñar suficientemente a carne e levar roupas protectoras cando se manexa carne. Unha vez que comezou o brote nas poboacións humanas debe levarse roupa protectora e lavar as mans cando se está cerca dunha persoa coa enfermidade e aplicar medidas xerais de desinfección. As mostras de fluídos corporais e de tecidos de persoas afectadas deberían manexarse con especial precaución.Non existe un tratamento específico para esta doenza; pode atenderse ás persoas infectadas dándolles unha terapia de rehidratación oral (auga algo azucrada e salgada para beber) ou fluídos intravenosos. A doenza ten unha alta taxa de mortalidade: como media mata ao 50% dos infectados (a cifra exacta depende de cada epidemia e virus, e nalgúns casos chegouse ao 90%). A doenza aparece tipicamente en brotes en rexións tropicais da África subsahariana. Desde que se identificou en 1976 ata 2013, foron infectadas menos de 1.000 persoas por ano. Porén, o maior brote ata agora é o de 2014 que está afectando sobre todo a Guinea, Serra Leoa e Liberia e que ata o momento non rematou. Estanse a facer grandes esforzos para obter unha vacina, pero polo momento non existe ningunha, e estanse a probar medicamentos experimentais.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.