Coren

Para a comuna francesa, véxase Coren.
Coren
LOGO COREN
TipoCooperativa
Fundación1959
MatrizCooperativas Ourensanas
LocalizaciónSanta Cruz de Arrabaldo, Ourense Galicia Galicia
FundadorEulogio Gómez Franqueira
IndustriaAlimentación
ProdutosOvos, carne, pensos
Beneficio982 millóns de euros (2013)[1]
Número de empregados3.000
Páxina webcoren.es

Coren (Cooperativa Orensana) é un grupo empresarial baseado en cooperativas avícolas e gandeiras máis importante de Galicia, con presenza en todos os continentes.

Historia

No ano 1959 comézase a forxar a nova compañía. Eulogio Gómez Franqueira é nomeado xerente da entón denominada Uteco Provincial. Franqueira comezou entón un proxecto de saneamento da empresa, mercando os produtos en orixe co fin de obter mellores prezos. En 1962 Uteco constitúe a Cooperativa Provincial Ganadera, que lle mercaba a unha empresa norteamericana os polos e os compostos para alimentalos, é entón cando Uteco comeza a construír a fábrica para a creación de compostos baixo a licenza desta empresa, pero as ganas de independizarse da empresa norteamericana, fai que en 1965 rompan o pacto coa americana, e xusto nese ano nace unha cooperativa dedicada exclusivamente a elaboración de compostos para a cría dos animais.

En 1966, a xa denominada Coren pon en funcionamento o matadoiro avícola e a primeira planta de incubación de Galicia, ao mesmo tempo preparábanse para entrar no mercado do vacún. É en 1968 cando as empresas de Coren crean a súa propia rede comercial, e en 1970 constrúese a central leiteira e a clasificadora de ovos no parque empresarial de San Cibrao das Viñas (Ourense), con esta aparición, Coren estende o seu mercado ao gando porcino coa creación dunha nova cooperativa.

En 1975 Coren sae de Galicia e inaugura a primeira planta en Alcobendas (Madrid), e asemade constrúese a segunda fábrica de compostos alimenticios.

Xa en 1987, co ingreso de España na Unión Europea, Coren asumiu para un período de catro anos a representación ante a comunidade de todos os produtores españois de polos e ovos.

En 1990 Coren chega a Portugal por medio de Lourinho Conservas de Carne Ltda.. En 1995 Coren chega a Arxentina, e en 1998 acada Romanía.

No ano 2000 Coren inaugura unha planta de Pensos en Lugo, e unha planta de procesado de pavos en Santa Cruz de Arrabaldo.

Notas

  1. "Cifras". Arquivado dende o orixinal o 06 de maio de 2015. Consultado o 09 de maio de 2015.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Antonio Álvarez Lamas

Antonio Álvarez Lamas, nado en Lobeira, foi un labrego e político galego.

Arrabaldo, Ourense

Santa Cruz de Arrabaldo é unha parroquia do concello de Ourense que está situada a 10 quilómetros da cidade e conta cunha extensión de 4,88 km². Segundo o padrón municipal en 2005 tila 642 habitante (303 homes e 339).

Caixa Rural de Ourense

A Caixa Rural de Ourense, fundada como Caja Rural de Orense, foi unha entidade bancaria xa desaparecida que operou na provincia de Ourense na segunda metade do século XX.

Cantal

O Cantal (15) é un departamento francés situado no centro de Francia, na rexión de Auvernia-Ródano-Alpes; o seu nome ven dos montes do Cantal, que pertencen ao Macizo Central.

Castrelo de Miño

Castrelo de Miño é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca do Ribeiro.

Club Deportivo Ourense B

O Club Deportivo Ourense B foi un equipo de fútbol da cidade de Ourense, filial do Club Deportivo Ourense, desaparecido pola disolución da SAD en xullo de 2014. Na tempada 2013/2014 xogou no grupo sur de Preferente, tempada na que ademais foi campión da Copa Deputación de Ourense, ó vencer o Verín CF no estadio do Couto na quenda de penaltis (0-0 despois dos 90 minutos regulamentarios e mais a prórroga, o 14 de xuño de 2014, no que foi o último partido oficial que disputou un equipo de CD Ourense no estadio do Couto.

Cognición

A cognición (do latín cognoscere, 'coñer') é o acto ou proceso de coñecer, que implica atención, percepción, memoria, raciocinio, xuízo, imaxinación, pensamento e linguaxe. O termo ten orixe nos escritos de Platón e Aristóteles.

Fai referencia á facultade dos seres de procesar información a partir da percepción, o coñecimiento adquirido (experiencia) e características subxectivas que permiten valorar a información.

Os procesos cognitivos poden ser naturais ou artificiais, conscientes ou inconscientes, o que explica o por que se abordou o seu estudo desde diferentes perspectivas incluíndo a neuroloxía, psicoloxía, socioloxía, filosofía, as diversas disciplinas antropolóxicas, e as ciencias da información, tales como a intelixencia artificial e a xestión do coñecemento.

A cognición está intimamente relacionada con conceptos abstractos tales como mente, percepción, razoamento, intelicencia, aprendizaxe e moitos outros que describen numerosas capacidades dos seres superiores (aínda que estas características tamén as compartirían algunhas entidades non biolóxicas segundo propón a intelixencia artificial.

Nas primeiras etapas de desenvolvemento do concepto críase que a cognición era unha característica unicamente humana, pero co desenvolvemento da etoloxía e a intelixencia artificial, discútese a validez de tal argumento.

Comarca da Limia

A comarca da Limia é unha comarca galega situada na provincia de Ourense e a súa capital é Xinzo de Limia. A cal pertencen os concellos de Baltar, Os Blancos, Calvos de Randín, Porqueira, Rairiz de Veiga, Sandiás, Sarreaus, Trasmiras, Vilar de Barrio, Vilar de Santos e Xinzo de Limia.

A Limia é unha das comarcas naturais máis nítidas de Galicia. Está situada no centro da provincia de Ourense ocupando en gran parte unha ampla depresión tectónica de fondo plano, na cal estivo a lagoa de Antela, desecada a partir do ano 1958. Ten unha altitude media duns 600 metros, cunha topografía de chaira rodeada polo sur pola serra do Larouco.

Os concellos que se inscriben nesta depresión son: Xinzo de Limia, Porqueira, Rairiz de Veiga, Sandiás, Vilar de Santos, Trasmiras e un pequeno sector de Os Blancos, xa fóra da depresión, o mesmo cós concellos de Calvos de Randín e Baltar, xa na serra do Larouco. No nordeste, o concello de Vilar de Barrio, xa comeza a situarse na depresión de Maceda, así como nas serras centrais ourensás.

A comarca ocupa unha extensión de 801,9 km² e tiña unha poboación de 21.964 habitantes no 2014 (IGE), cunha densidade de poboación de 27.39 habitantes por quilómetro cadrado. Arredor do 40% desta poboación concéntrase no concello de Xinzo de Limia. Esta comarca está a experimentar un forte proceso de despoboamento, sobre todo nos concellos situados nas zonas montañosas como o de Baltar e o de Calvos de Randín.

O cultivo de cereais e a pataca, produto con denominación de orixe, predominan na maior parte das terras de labradío. A maior superficie dedicada ó cultivo da pataca por produtores a título principal dáse, con moita diferenza, nos concellos de Xinzo de Limia e no de Sandiás.

A Limia é a comarca agrícola extensiva máis importante de Galicia, con 350 familias vivindo exclusivamente da agricultura e outras 500 dedicadas a ela como unha segunda actividade. No relativo ós cultivos, colléitanse unhas 16.000 Has de cereais, cun 55% de trigo; seméntanse unhas 4000 Has de pataca, a maior parte para consumo en fresco, sostendo a única indicación de pataca protexida de Europa. Estes cultivos manteñen un sector de servizos directos (fertilizantes, sementes, fitosanitarios, cereais, talleres) moi desenvolto.

Nos diferentes concellos atopámonos cun maior ou menor aproveitamento gandeiro, avícola e cunícola, destacando os complexos da cooperativa Coren nos concellos de Sarreaus e Porqueira. Esta comarca conta con 350 explotacións de bovino, 319 de ovino-caprino, 91 de aves, 71 de porcino e 9 de coellos. Esta capacidade produtiva dá lugar a un sector de transformación e comercialización agrogandeira que xera máis de 150 empregos directos.

A actividade industrial máis destacada está relacionada co sector da construción, (serradoiros de madeira, canteiras, areeiras etc.).

A vila de Xinzo de Limia actúa como centro comercial de toda a comarca, concentrando asemade a maioría das actividades industriais e de servizos.

Darrell Armstrong

Darrell Eugene Armstrong, nado en Gastonia (Carolina do Norte) o 22 de xuño de 1968, é un antigo xogador profesional americano de baloncesto. Actualmente é adestrador asistente nos Dallas Mavericks da National Basketball Association (NBA).

Eulogio Gómez Franqueira

Eulogio Gómez Franqueira, nado en Cenlle en 1917 e morto en Ourense o 20 de abril de 1988, foi un mestre, empresario e político galego de centro-dereita ourensán.

José Rodríguez Reza

José Rodríguez Reza, nado en Ourense o 11 de marzo de 1922 e falecido na mesma cidade o 9 de abril de 2007, foi un avogado, empresario e político galego.

Manuel Gómez-Franqueira

Manuel Gómez-­Franqueira Álvarez, nado en Castrelo de Miño en 1947, é un empresario galego. Preside o Grupo Coren, a maior cooperativa agroalimentaria de España. É fillo do empresario e político Eulogio Gómez Franqueira, impulsor de Coren, e de Sofía Álvarez. Está casado e ten tres fillos.

Outeiro de Rei

Outeiro de Rei é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca de Lugo. Segundo o INE en 2016 tiña 5.047 habitantes (4.695 no 2006, 4.645 no 2005, 4.528 no 2004, 4.428 no 2003).

Polígono Industrial de San Cibrao das Viñas

O Polígono Industrial de San Cibrao das Viñas é o polígono máis antigo de Galicia. Foi promovido pola Caixa de Aforros Provincial de Ourense o 25 de maio de 1965.

A localización foi decidida pola proximidade das estradas N-120 e N-540, preto da capital provincial (a 6,5 km), e preto da liña de ferrocarril Zamora - Ourense, próxima á estación de Taboadela. O 31 de maio de 1974 o decreto 1.890/74 delimitaba os terreos como chan industrial, e o 5 de xullo foi incluído na Grande Área de Expansión Industrial de Galicia.

As primeiras empresas en instalarse no polígono foron Barreiros Orense, Mobles Calvo e Orember. En 1975 Citroën adquiriu 56 ha de terreo. Trala total ocupación das parcelas, a Caixa de Aforros promoveu, en colaboración con Sigalsa, unha segunda fase de compra de parcelas. Adquiríronse 810.000 m², nos que se asentaron 27 empresas, entre elas Coren Uteco.

Porriño Industrial Club de Fútbol

O Porriño Industrial Fútbol Club é un club de fútbol galego do Porriño. Fundouse en 1933 e actualmente compite no Grupo Sur da Preferente Autonómica de Galicia.

San Cibrao das Viñas

San Cibrao das Viñas é un concello da provincia de Ourense, pertence á comarca de Ourense. Segundo o IGE en 2015 tiña 5.036 habitantes (3.840 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «cibrense».

San Cristovo de Cea

San Cristovo de Cea é un concello da provincia de Ourense, pertence á comarca do Carballiño. Segundo o IGE en 2014 tiña 2.418 habitantes (3.026 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «ceés».

Sandiás

Sandiás é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca da Limia. Segundo o IGE en 2015 tiña 1.307 habitantes (1.584 en 2004, 1.618 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «sandiao».

Vitorino Núñez

para o escultor, véxase Victorino Núñez DíazVictorino Núñez Rodríguez, nado en Quiroga o 20 de maio de 1936 e falecido o 19 de xuño de 2010, foi un político galego.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.