Corea do Sur

Coordenadas: 36°N 128°L / 36, -128

República de Corea
대한민국
大韓民國
Daehan Minguk
Bandeira de Corea do Sur
Emblema de Corea do Sur
BandeiraEmblema
South Korea (orthographic projection)
Lema: 널리 인간을 이롭게 하라
(Traer beneficios a tódalas persoas)
Capital
 • Poboación
Seúl
10 140 000 (2013)
Cidade máis poboadaSeúl
Linguas oficiaisCoreano
Forma de gobernoRepública Presidencialista
Moon Jae-in
Lee Nak-yeon
 • República
 • Rendición do Imperio do Xapón
 • Constitución
1 de marzo de 1919
15 de agosto de 1945

17 de xullo de 1948
SuperficiePosto 107º
 • Total100 210 km²
 • % auga0,3
Fronteiras238 km
Costas2 413 km
PoboaciónPosto 26º
 • Total (2013)50 219 669 hab.
 • Densidade498 hab./km²
PIB (nominal)Posto 13º
 • Total (2013)1 449 000 millóns $
 • per cápita28 738 $
PIB (PPA)Posto 13º
 • Total (2013)1 789 000 millóns $
 • per cápita35 485 $
MoedaWon surcoreano (원)
IDH (2013)0,891 (15º) – Alto
XentilicioCoreano, -na o Surcoreano, -na
Fuso horarioUTC+9
 • Horario de veránNon aplica
Dominio de Internet.kr
Prefixo telefónico+82
Prefixo radiofónicoD7A-D9Z, HLA-HLZ, DSA-DTZ, 6KA-6NZ
Código ISO410 KOR KR
Membro de: ONU, APEC, OCDE

Corea do Sur,[1] oficialmente República de Corea (coreano: Daehan Minguk listen (Hangul: 대한 민국; Hanja: 大韓民國), é un país asiático que ocupa a metade sur da Península de Corea.[2] O nome Corea deriva do Reino de Goryeo, tamén pronunciado Koryŏ. Comparte fronteira terrestre con Corea do Norte, e a través de mar, con Xapón polo leste e con China polo oeste. Case a metade da poboación reside na área metropolitana da capital, Seúl, que é a segunda maior do mundo,[3][4] con máis de 25 millóns de habitantes.

Corea estivo habitada dende o período do paleolítico inferior[5] e a súa civilización comezou coa fundación do Gojoseon. Despois da unificación dos Tres reinos de Corea en 668, seguiu un milenio de relativa tranquilidade baixo dinastías que duraron séculos, e por un florecemento do comercio, a cultura, a literatura e a ciencia.[6] Foi anexionada polo Imperio do Xapón en 1910, e despois da súa derrota en 1945, Corea foi dividida nas zonas de ocupación da Unión Soviética e os Estados Unidos, converténdose a última na República de Corea en 1948. Malia que as Nacións Unidas declarou nunha resolución que a República era o único goberno lexítimo de Corea,[Cómpre referencia] un réxime comunista estableceuse no Norte, que invadiu o Sur en 1950 e comportou á Guerra de Corea, que rematou de facto en 1953.

Entre 1962 e 1994, o tigre económico de Corea do Sur medrou un 10% anual, alimentado por un crecemento anual das exportacións do 20%,[7] nun período chamado Milagre do Río Han que transformou o país nunha economía avanzada e de altos ingresos e na onceava maior do mundo en 1995. Na actualidade,[cando?] Corea do Sur é o oitavo país en comercio internacional,[8] unha potencial rexional co décimo maior gasto en defensa militar e membro fundador do G20 e da Cooperación Económica Asia-Pacífico.[9] Dende a caída do goberno militar en 1987, os surcoreanos desfrutan de amplas liberdades civís e dunha asentada democracia clasificada no segundo posto en Asia segundo o Índice de democracia.[10] No 2009, Corea do Sur converteuse no primeiro país do mundo antigo receptor de axuda exterior en unirse ó Comité de Axuda ó Desenvolvemento da OCDE, sendo un dos grandes doantes.[7] A súa cultura popular ten unha considerable influencia en Asia e está a estenderse globalmente nun proceso chamado a Onda coreana.[11]

Corea do Sur é un país desenvolvido, clasificado no posto 15 no Índice de Desenvolvemento Humano, o máis alto de Asia oriental. En termos de salario medio, ten a taxa máis alta de Asia e a décima do mundo.[12] Posúe indicadores altos en educación, saúde, xustiza e goberno, facilidade de crear negocios, transparencia do goberno, seguridade no traballo, tolerancia e inclusión. O 64% dos surcoreanos entre 25 e 34 anos ten un título de educación terciaria, o máis alto da OCDE. Destina o 3,74% do seu PIB en investigación e desenvolvemento, o segundo máis alto do mundo. O país máis innovador do mundo segundo Bloomberg Innovation Quotient,[13] é o sétimo exportador mundial,[8] con multinacionais de alta como Samsung, Hyundai-Kia e LG. É o líder global de tecnoloxías avanzadas, coa máis alta velocidade de conexión a internet, no primeiro posto do Índice ICT de desenvolvemento, e-Government e penetración de 4G LTE, e o segundo con maior penetración do teléfono intelixente.

Etimoloxía

Corea do Sur é chamada en coreano Daehan Minguk, 대한민국[14], cuxos caracteres significan: grande, 大; Han, nome chinés para Corea, hanja=韓 e pobo ou nación, 民國, literalmente O gran pobo de Han ou A gran nación de Han.

Na súa forma curta, Hanguk, 한국, "País de Han", é empregado para referirse a Corea coma un todo ou tamén Namhan, 남한, "A nación do sur", para referirse a Corea do Sur especificamente. Os norcoreanos refírense ó seu veciño do sur como Namchosŏn, 남조선, literalmente "Joseon do Sur"). O nome Han data das antiguas Confederacións Samhan da era dos tres antigos reinos de Corea. En galego, así coma na maioría das linguas occidentais, a nación é a miúdo referida como Corea. Esta verba deriva da dinastía Goryeo, a cal adoptou o seu nome en referencia ó aínda máis antigo Reino de Koguryŏ.

Historia

Antes da división

Artigos principais: Historia de Corea e Guerra de Corea.

Os primeiros restos humanos atopados en Corea datan de arredor de 500.000 anos.[15] De acordo coa tradición, no ano -2333, Tangun (tamén chamado Dangun) fundou o reino de Joseon[16] (a miúdo coñecido como "Gojoseon" para evitar a confusión coa dinastía do século XIV do mesmo nome; o prefixo go significa "vello" ou "anterior"). Despois de numerosas guerras, este reino desintegrouse.

Korean book-Jikji-Selected Teachings of Buddhist Sages and Seon Masters-1377
Jikji, o primeiro libro impreso nunha imprenta con móbiles metálicos, en 1377, 62 anos antes da Imprenta de Gutenberg.[17]

A antiga Corea pasou a acoller unha serie de cidades-estado en constantes guerras, que aparecían e desaparecían de xeito constante. Porén, tres reinos, Baekje, Koguryŏ e Silla fixéronse forte e entre os tres dominaron a escena histórica de Corea por máis de douscentos anos, no período coñecido como dos Tres reinos de Corea.[18] No ano 676, Silla logrou unificar case todo o territorio coreano, agás o reino de Balhae. O dominio destes dous reinos sobre todo Corea e parte de Manchuria deu orixe ó Período dos Estados Norte e Sur.[19]

Trala súa decadencia, en 918 o xeneral Wang Geon fundou o reino de Goryeo (ou Koryŏ, de onde provén o nome de Corea). No século XIII, a invasión dos mongois debilitou Goryeo: despois de case trinta anos de guerra, o reino conservou o dominio sobre todo o territorio de Corea, aínda que en realidade só era un tributario máis dos mongois.[16] Coa caída do Imperio Mongol, sucedéronse unha serie de loits políticas, e trala rebelión do Xeneral Yi Seong-gye en 1388, a dinastía Goryeo foi substituída pola dinastía Joseon.[16]

Gyeongbok Palace main attraction
O palacio de Gyeongbok é o meirande dos cinco grandes palacios construídos durante a dinastía Joseon.

Entre 1592 e 1598, os xaponeses invadiron Corea, despois de que os Joseon se negasen a brindarlle paso seguro ó exército xaponés, liderados por Toyotomi Hideyoshi, na súa campaña para a conquista de China. A guerra rematou cando os xaponeses se retiraron despois da morte de Hideyoshi. É nesta guerra onde se dá o xurdimento como heroe nacional do almirante Yi Sun-Sin e a popularización do famoso "Barco Tartaruga".[20]

No século XVII, Corea foi finalmente derrotada polos manchús e uniuse ó Imperio Qing. Durante o século XIX, grazas a súa política isolacionista, Corea gañou o nome de "Reino ermitán".[15] A dinastía Joseon tratou de protexerse contra o imperialismo occidental, pero foron obrigados a abrir as súas portas ó comercio. Despois das guerras sino-xaponesas e da guerra ruso-xaponesa, Corea quedou baixo o dominio colonial xaponés (1910-1945).[21] Ó final da Segunda Guerra Mundial, os xaponeses rindéronse ante as forzas soviéticas e estadounidenses, que ocuparon as metades norte e sur de Corea, respectivamente.

Despois da división

Artigo principal: Historia de Corea do Sur.

En 1948, como consecuencia da división da península entre os soviéticos e os estadounidenses, xurdiron dúas novas entidades: Corea do Norte e Corea do Sur. No norte, un guerrilleiro antixaponés e activista comunista, Kim Il-sung, obtivo o poder a través do apoio soviético, e no sur, un líder político exiliado de dereita, Syngman Rhee, foi nomeado presidente.[22]

Seoul.Olympic.Stadium.01 copy
O Estadio Olímpico de Seúl, visto dende o río Han, lugar das Olimpíadas de verán de 1988.

O 25 de xuño de 1950, Corea do Norte invadiu a Corea do Sur coa acción militar que desencadenou a Guerra de Corea. Naquel intre, o delegado da Unión Soviética no Consello de Seguridade]] da ONU estivo ausente como protesta pola negativa de admitir á República Popular China dentro do organismo.[22] Isto permitió ás Nacións Unidas, lideradas polo exército estadounidense, a intervir para frear a invasión. Pola súa parte, a Unión Soviética e China decidiron apoiar a Corea do Norte, enviando efectivos e provisións ás súas tropas. Despois das perdas masivas de civís norcoreanos e surcoreanos, a guerra chegou a un punto morto.[22] O armisticio de 1953 dividiu a península ó longo da zona desmilitarizada de Corea, preto da liña de demarcación orixinal. Ningún tratado de paz foi asinado, polo que tecnicamente os dous países continuaron en guerra. Polo menos 2,5 millóns de persoas morreron durante o conflito.[23]

En 1960, un movemento estudantil levou á renuncia do presidente Syngman Rhee. A este evento seguiulle un período de inestabilidade política, que un ano máis tarde finalizaría co golpe de estado realizado polo Xeneral Park Chung-hee (o "5-16 coup d' état").[24] Park foi duramente criticado como un ditador desapiadado e pola represión política que existiu durante o seu mandato. Porén, fixo que a economía surcoreana se desenvolvese de xeito significativo, xa que alentou o rápido crecemento económico impulsando as exportacións. Park foi presidente ata o seu asasinato, ocorrido en 1979.[24]

Os anos que seguiron ó asasinato de Park estiveron marcados novamente pola axitación política, xa que os líderes da oposición anteriormente reprimida realizaron múltiples intentos para acceder á presidencia.[24] En 1980, realizouse outro golpe de estado, desta volta polo Xeneral Chun Doo-hwan en contra do goberno transitorio de Choi Gyuha, quen ocupaba o cargo de primeiro ministro durante o mandato de Park. O feito de que Chun asumise a presidencia desencadenou protestas a nivel nacional esixindo democracia e legalidade nas elecciones.[24]

Chun e o seu goberno mantiveron a Corea baixo un réxime despótico ata 1987, cando as manifestacións de traballadores e de grupos opositores estouraron por todo o país.[24] Ó cabo, o partido político de Chun, o Partido Democrático de Xustiza, e o seu líder, Roh Tae-woo, deron a coñecer a Declaración do 29 de xuño, que incluía o chamamento a eleccións directas para elixir un novo presidente. Roh gañou as eleccións por unha estreita marxe contra os dous dirixentes dos principais partidos de oposición, Kim Dae-Jung e Kim Young-Sam.[24]

Seoul-Cityscape-03
A cidade de Seúl experimentou un rápido crecemento urbano durante as décadas de 1980 e 1990.

En 1988, Seúl organizou satisfactoriamente os Xogos Olímpicos de verán de 1988,[25] e en 1996 continuouse co desenvolvemento económico que levou ó ingreso do país na Organización para a Cooperación e o Desenvolvemento Económico (OCDE).[26] Coma a maioría dos seus veciños asiáticos, a economía nacional viuse afectada pola crise financeira asiática de 1997, mais foi quen de recuperarse e continuar o seu crecemento económico.

En xuño de 2000, como parte da "Política soleada" do presidente Kim Dae-Jung, celebreouse o Encontro Intercoreana, o cal tivo lugar en Pionyang, a capital de Corea do Norte.[Cómpre referencia] Máis tarde, ese mesmo ano, Kim recibiu o Premio Nobel da Paz "polo seu traballo para a democracia e os dereitos humanos en Corea do Sur e no leste asiático en xeral e para a paz e a reconciliación con Corea do Norte en particular."[27] En 2002, Corea do Sur e Xapón foron os anfitrións da Copa Mundial de Fútbol de 2002, mais as relacións entre ambas naciones deterioráronse por mor do conflito sobre a posesión das Rochas de Liancourt (Dokdo en coreano).[28]

En decembro de 2012, a "Comisión Electoral Nacional" outorgou a Park Geun-hye o 51,6% dos sufraxios, fronte ó 48% do seu rival, Moon Jae-in. Park, filla do ditador Park Chung-hee, fixo historia ó converterse na primeira muller presidenta de Corea do Sur[29]

Política

O xefe de estado da República de Corea é o presidente, elixido por voto directo popular para un único mandato de cinco anos. Ademais de ser o representante máis alto da república e o comandante-en-xefe das forzas armadas, o presidente tamén ten considerábeis poderes executivos e nomea o primeiro ministro despois de o aprobar o parlamento, amais de tamén nomear e presidir o Consello de Estado, ou goberno.

O parlamento coreano, unicameral, chámase Asemblea Nacional, ou Gukhoe (국회). Os seus membros serven en mandatos de catro anos. Está composto por 299 deputados, dos cales 243 elíxense por voto rexional e os restantes son distribuídos por votos de representación proporcional. O corpo xudiciario mais elevado é o Supremo Tribunal, cuxos xuíces son nomeados polo presidente co consentimento do parlamento.

O 12 de marzo de 2004, o parlamento surcoreano votou a destitución de Roh Moo-hyun debido a acusacións de fraude electoral e incompetencia. O primeiro-ministro Goh Kun dirixirá o pais ata que o Tribunal Constitucional decida sobre a destitución.

Dereitos humanos

En materia de dereitos humanos, respecto á pertenza nos sete organismos da Carta Internacional de Dereitos Humanos, que inclúen o Comité de Dereitos Humanos (HRC), Corea do Sur firmou ou ratificou:

Flag of South Korea.svg Corea do Sur UN emblem blue.svg Status dos principais instrumentos internacionais de dereitos humanos[30]
CESCR CCPR CERD CED CEDAW CAT[31] CRC MWC CRPD
CESCR CESCR-OP[32] CCPR CCPR-OP1 CCPR-OP2-DP CEDAW CEDAW-OP[33] CAT CAT-OP CRC CRC-OP-AC CRC-OP-SC CRPD CRPD-OP[34]
Pertenza Yes check.svgCorea do Sur recoñeceu a competencia de recibir e procesar comunicacións individuais por parte dos órganos competentes Nin firmado nin ratificado Yes check.svgCorea do Sur recoñeceu a competencia de recibir e procesar comunicacións individuais por parte dos órganos competentes Yes check.svgCorea do Sur recoñeceu a competencia de recibir e procesar comunicacións individuais por parte dos órganos competentes Nin firmado nin ratificado Firmado e ratificado Nin firmado nin ratificado Firmado e ratificado Yes check.svgCorea do Sur recoñeceu a competencia de recibir e procesar comunicacións individuais por parte dos órganos competentes Yes check.svgCorea do Sur recoñeceu a competencia de recibir e procesar comunicacións individuais por parte dos órganos competentes Nin firmado nin ratificado Firmado e ratificado Firmado e ratificado Firmado e ratificado Nin firmado nin ratificado Firmado e ratificado Nin firmado nin ratificado
Yes check.svg Firmado e ratificado, Check.svg firmado pero non ratificado, X mark.svg nin firmado nin ratificado, Symbol comment vote.svg sen información, Zeichen 101 - Gefahrstelle, StVO 1970.svg accedeu a firmar e ratificar o órgano en cuestión, pero tamén recoñece a competencia de recibir e procesar comunicacións individuais por parte dos órganos competentes.

Subdivisións

Artigo principal: Subdivisións de Corea do Sur.
Provinces of South Korea
Subdivisións de Corea do Sur

Corea do Sur consta dunha cidade especial (Teukbyeolsi; 특별시; 特別市), 6 cidades metropolitanas (Gwangyeoksi, singular e plural; 광역시; 廣域市), e 9 Provincias (do, singular e plural; 도; 道).

Nome Hangul Hanja
Cidades especiais (Teukbyeolsi)
1 Seúl 서울특별시 서울特別市
Cidades metropolitanas (Gwangyeoksi)
2 Busan 부산광역시 釜山廣域市
3 Daegu 대구광역시 大邱廣域市
4 Incheon 인천광역시 仁川廣域市
5 Gwangju 광주광역시 光州廣域市
6 Daejeon 대전광역시 大田廣域市
7 Ulsan 울산광역시 蔚山廣域市
Cidade autónoma especial (Teukbyeoljachisi)|-
8 Sejong 세종특별자치시 世宗特別自治市
Provincias
9 Gyeonggi 경기도 京畿道
10 Gangwon 강원도 江原道
11 Chungcheong do Norte 충청북도 忠淸北道
12 Chungcheong do Sur 충청남도 忠淸南道
13 Jeolla do Norte 전라북도 全羅北道
14 Jeolla do Sur 전라남도 全羅南道
15 Gyeongsang do Norte 경상북도 慶尙北道
16 Gyeongsang do Sur 경상남도 慶尙南道
Provincia autónoma especial (Teukbyeoljachi-do)
17 Jeju 제주특별자치도 濟州特別自治道

Xeografía

Corea forma unha península que se estende ao longo de 1.100 km desde a súa xunta co resto de Asia. Limita ao norte con Corea do Norte, ao leste co Mar do Leste (Mar do Xapón), ao sur co Estreito de Corea (a través do cal fai fronteira co Xapón) e co Mar da China Oriental, e ao oeste co Mar Amarelo, do outro lado do cal se estende China. Alén da parte continental e de moitas illas costeiras, inclúe tamén as illas de Cheju, no Mar da China Meridional, e de Ullung, no Mar do Leste. A paisaxe da metade sur consta de cadeas montañosas parcialmente cubertas de selva, a leste, separadas por vales profundos e estreitos, e de planicies costeiras densamente poboadas e cultivadas, a sur a e oeste.

O clima local é relativamente temperado, coa precipitación a ser mais forte no verán, durante unha breve estación chuviosa chamada xangma, e con invernos que poden por veces ser moi fríos. A capital e maior cidade de Corea do Sur é Seúl, no noroeste do pais. Outras cidades principais son Incheon, situada preto de Seúl, Daejeon, localizada no centro do pais, Gwangju, situada no suroeste e Daegu e Busan, localizadas no sueste.

Economía

Artigo principal: Economía de Corea do Sur.

O crecemento económico de Corea do Sur nos últimos 30 anos foi espectacular. O PIB per capita, que era de só 100 $ en 1963, chegou a case 9800 dólares en 2002; o PIB actual[cando?] é 18 veces maior que o de Corea do Norte. A Corea do Sur está entre as dez maiores economías do mundo. O éxito económico do pais debese a un sistema de lazos íntimos desenvolvidos entre o goberno e a iniciativa privada, que inclúe crédito facilitado, restrición a importacións, subsidios a determinados sectores e incentivo ao traballo.

Demografía

A poboación de Corea é unha das mais homoxéneas, étnica e lingüisticamente, do mundo. A única minoría é unha pequena comunidade chinesa, se ben que as persoas cuxos pais son parellas mestizas (por exemplo, fillos de soldados americanos ou de homes de negocios europeos) sexan encaradas como unha minoría e frecuentemente discriminadas (por exemplo, polos cativos na escola). Os coreanos viviron na Manchuria durante moitos séculos e son hoxe unha minoría na China, e Stalin enviou millares de coreanos de Vladivostok e Khabarovsk, contra a súa vontade, para a Asia Central (na antiga Unión Soviética), mentres que a maioría da poboación coreana do Xapón foi levada para o pais como traballadores forzados durante o período colonial (entre 1910 e 1945).

A inestabilidade política, social e económica na Corea do Sur levou moitos sur-coreanos a emigrar para outros países, en particular aos Estados Unidos de América e ao Canadá. California ten un número moi alto de coreanos e coreano-americanos: ben mais dun millón de persoas.

Deportes

A arte marcial do taekwondo orixinouse en Corea. Nas décadas de 1950 e 1960, creáronse regras modernas para normalizarlo, e en 2000 converteuse en deporte olímpico. Outras artes marciales coreanas inclúen o hapkido, o taekkyon, o tangsudo, o kuk sool won, o soo bahk do e o kumdo.

O béisbol foi introducido a Corea en 1905 e desde entón converteuse no deporte de espectadores máis popular en Corea do Sur.KOIS (2003), pág. 632. Establecida en 1982, a Organización Coreana de Béisbol foi a primeira liga deportiva profesional no país. O equipo surcoreano finalizou terceiro no Clásico Mundial de Béisbol 2006, segundo na edición de 2009 e gañou a medalla de ouro nos Xogos Olímpicos de Pekín 2008.[35]

World Peace Gate, Olympic Park, Seoul
A porta da paz mundial no Parque Olímpico de Seúl.

En 1988, organizou os Xogos Olímpicos de Seúl 1988, quedando no cuarto lugar do medallero, con 12 preseas de ouro, 10 de prata e 11 de bronce. Regularmente, o país obtén bos resultados no tiro con arco, o tenis de mesa, o bádminton, patinaje de velocidade sobre pista curta, balonmano, hóckey sobre xeo, loita de estilo libre, béisbol, judo, taekwondo, patinaje e levantamiento de pesas. gañou máis medallas nos Xogos Olímpicos de Inverno que calquera outro país de Asia. No seu última edición, gañou un total 14 medallas (6 de ouro, 6 de prata e 2 de bronce) para sumar un total de 45 medallas (23 de ouro, 14 de prata e 8 de bronce).

Acolleu os Xogos Asiáticos en 1986 (Seúl) e 2002 (Busán) e será sé de novo en 2014 (Inchon).[36] Tamén foi a sé dos Xogos Asiáticos de Inverno de 1999; e das Universíadas de inverno en 1997 e de verán en 2003. Na Copa Mundial de fútbol de 2002, conjuntamente organizada por Corea do Sur e Xapón, a selección de fútbol converteuse no primeiro equipo da Confederación Asiática de Fútbol en chegar a semifinais.[37] En 2010 celebrouse por primeira vez unha proba do mundial de Fórmula 1, o Gran Premio de Corea do Sur no Circuíto Internacional de Corea, en Yeongam. Ademais, prevese que o Campionato Mundial de Atletismo de 2011 celébrese en Daegu.[38] Tamén son importantes as tres competicións hípicas do país, entre as que destaca a do parque de carreiras de Seúl que é a maior.

Seleccións nacionais

Notas

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para surcoreano.
  2. Modelo:CIA World Factbook
  3. Forstall, Richard L.; Greene, Richard P.; Pick, James B. (2009-7). "WHICH ARE THE LARGEST? WHY LISTS OF MAJOR URBAN AREAS VARY SO GREATLY". Tijdschrift voor economische en sociale geografie (en inglés) 100 (3): 277–297. doi:10.1111/j.1467-9663.2009.00537.x.
  4. Tijdschrift voor economische en sociale geografie 100, 277 (2009), Table 4
  5. "Ancient civilizations". Canadá: Royal Ontario Museum. 12 de decembro de 2005. Consultado o 25 de abril de 2010.
  6. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 10 de xuño de 2014. Consultado o 25 de outubro de 2014.
  7. 7,0 7,1 "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 02 de maio de 2014. Consultado o 25 de outubro de 2014.
  8. 8,0 8,1 韓 세계무역 점유율 순위 외환위기 이후 첫 하락
  9. "South Korea: Economic and social developments". Encyclopædia Britannica. Consultado o 18 de febreiro de 2010.
  10. http://www.eiu.com/Handlers/WhitepaperHandler.ashx?fi=Democracy_Index_2013_WEB-2.pdf&mode=wp&campaignid=Democracy0814[Ligazón morta]
  11. South Korea's K-pop craze lures fans and makes profits
  12. Where are you on the global pay scale?, BBC
  13. http://www.bloomberg.com/slideshow/2014-01-22/30-most-innovative-countries.html#slide32
  14. Gobierno de Corea, ed. (2010). "The official website of the Republic of Korea". Korea.net (en coreano). Consultado o 31 de maio de 2010.
  15. 15,0 15,1 Hapki Yu Kwon Sul Euskadi (2009). "Historia". Hapki do eh.com (en español). Arquivado dende o orixinal o 21 de xuño de 2009. Consultado o 25 de maio de 2010.
  16. 16,0 16,1 16,2 Embaixada de Corea. "Korea's History". Asian Info.org (en inglés). Consultado o 6 de abril de 2010.
  17. "Digital Jikji". Digital Jikji.net (en inglés). 2003. Arquivado dende o orixinal o 05 de outubro de 2009. Consultado o 9 de abril de 2010.
  18. "Korea's Three Kingdoms". Ancient Worlds.net (en inglés). 2005. Arquivado dende o orixinal o 16 de maio de 2011. Consultado o 9 de abril de 2010.
  19. NHN Corp. (2009). "남북국시대 [南北國時代]". Naver.com (en coreano). Arquivado dende o orixinal o 03 de febreiro de 2012. Consultado o 23 de maio de 2010.
  20. Hawley, pág. 192
  21. Yutaka Kawasaki (1996). "Was the 1919 Annexation Treaty Between Korea and Japan Concluded Legally?". Murdoch University Electronic Journal of Law (en inglés) 3 (2). Consultado o 9 de abril de 2010.
  22. 22,0 22,1 22,2 Juan Carlos Ocaña (2003). "La guerra de Corea, 1951-1953". Historia siglo 20.org (en español). Consultado o 2 de xuño de 2010.
  23. "Korean War". Encyclopedia Britannica (en inglés). 2009. Consultado o 9 de abril de 2010.
  24. 24,0 24,1 24,2 24,3 24,4 24,5 "Corea del Sur - Historia". Guia del Mundo.org.uy (en español). 2008. Consultado o 3 de xuño de 2010.
  25. Comité Olímpico Internacional (2009). "Seoul 1988". Olympic.org (en inglés). Consultado o 3 de xuño de 2010.
  26. OCDE (2009). "Ratification of the Convention on the OECD". OECD.org (en inglés). Consultado o 3 de xuño de 2010.
  27. Fundación do Premio Nobel (2000). "The Nobel Peace Prize 2000". Nobel Prize.org (en inglés). Consultado o 6 de abril de 2010.
  28. BBC News (2006). "South Korea survey angers Japan". BBC.co.uk (en inglés). Consultado o 3 de xuño de 2010.
  29. ElPais. "Park Geun-hye, primera mujer que gana las presidenciales en Corea del Sur". Consultado o 19 de decembro de 2012.
  30. Oficina do Alto Comisionado para os Dereitos Humanos. "Status by country" (en inglés). Oficina do Alto Comisionado das Nacións Unidas para os Dereitos Humanos. Arquivado dende o orixinal o 14 de agosto de 2013.
  31. Convención contra la Tortura y Otros Tratos o Penas Crueles, Inhumanos o Degradantes (Resolución) (en castelán). Oficina do Alto Comisionado das Nacións Unidas para os Dereitos Humanos. 10 de decembro de 1984. 39/46. Arquivado dende o orixinal o 7 de marzo de 2013.
  32. Protocolo Facultativo del Pacto Internacional de Derechos Económicos, Sociales y Culturales (PDF) (Resolución) (en castelán). Oficina do Alto Comisionado das Nacións Unidas para os Dereitos Humanos. 10 de decembro de 2008. A/RES/63/117. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 9 de febreiro de 2014.
  33. Protocolo Facultativo de la Convención sobre la eliminación de todas las formas de discriminación contra la mujer (Resolución) (en castelán). Oficina do Alto Comisionado das Nacións Unidas para os Dereitos Humanos. 6 de outubro de 1999. A/54/4. Arquivado dende o orixinal o 7 de marzo de 2013.
  34. Protocolo facultativo de la Convención sobre los derechos de las personas con discapacidad (Resolución) (en castelán). Oficina do Alto Comisionado das Nacións Unidas para os Dereitos Humanos. Arquivado dende o orixinal o 2 de agosto de 2014.
  35. COI (2010). "Republic of Korea". Olympic.org (en inglés). Consultado o 12 de abril de 2010.
  36. "Asian Games" (en inglés). Consello Olímpico de Asia. 2010. Arquivado dende o orixinal o 08 de decembro de 2011. Consultado o 16 de novembro de 2010.
  37. FIFA (2010). "República de Corea: Clasificación Mundial/FIFA Coca Cola". FIFA.com (en castelán). Consultado o 12 de abril de 2010.
  38. "GP de Corea Do Sur Yeongam" (en español). Diario As. Consultado o 17 de xuño de 2010.
(I Like) The Way You Love Me

"(I Like) The Way You Love Me" é unha canción do artista estadounidense Michael Jackson incluída no álbum póstumo Michael, que foi estreada en Corea do Sur como sinxelo dixital o 18 de xaneiro de 2011, e nas estacións de radio de Italia o 8 de xullo de 2011.

Aeroporto internacional de Incheon

O aeroporto internacional de Incheon (IATA: ICN, OACI: RKSI), tamén coñecido como aeroporto internacional de Seúl-Incheon, é o aeroporto máis grande de Corea do Sur e un dos máis concorridos do mundo. Dende o ano 2005 vén sendo considerado o mellor aeroporto do mundo por Airports Council International. Tamén foi elixido o aeroporto máis limpo e o que ten o mellor tránsito internacional do mundo por Skytrax.O aeroporto ten campo de golf, spa, habitacións de descanso privadas, unha pista de patinaxe sobre xeo, un casino, xardíns interiores e un museo sobre a cultura coreana. As autoridades do aeroporto afirman que de media as chegadas e saídas duran 19 e 12 minutos, respectivamente, en comparación coa media mundial de 60 e 45 minutos, converténdoo nun dos aeroportos máis rápidos do mundo á hora de operar.O aeroporto inaugurouse o 29 de marzo de 2001 para substituír ao antigo aeroporto internacional de Gimpo que a día de hoxe opera principalmente voos domésticos e voos de enlace ás principais cidades da zona, como Toquio, Osaca, Pequín, Shanghai e Taipei.

Está situado ao oeste do centro de Incheon, nunha área creada artificialmente entre as illas de Yeongjong e Yongyu. As dúas illas estaba orixinalmente separadas por mar pouco profundo.

Asia

Asia ( pronunciación ) é o maior e máis poboado dos cinco continentes do planeta Terra localizado principalmente nos hemisferios norte e oriental. Abrangue un terzo das partes sólidas da superficie da Terra e é responsábel por albergar case tres quintos da poboación mundial. Limita ó norte a (Rusia) co océano Glaciar Ártico, ó leste co océano Pacífico e ó sur co océano Índico, ó oeste co mar Vermello, onde se xunta coa África pola canle de Suez. Tamén ó oeste limita co mar Exeo (Asia Menor), cordilleira do Cáucaso, mar Caspio, río Ural e os montes Urais. Ademais do territorio continental, tamén ten territorios insulares: as Kuriles, Sakhalin, as illas xaponesas, a illa de Formosa (Taiwán), as Filipinas, as Illas de Sonda, Sri Lanka e milleiros de illas menores. Cobre o 8,6% da superficie da Terra, o 29,4% sen contar os mares e nel habita máis do 60% da poboación mundial, uns 4.000 millóns de persoas.

Na división convencional de continentes, de orixe europea, Asia e Europa aparecen como dúas entidades diferentes por razóns culturais e históricas, mais en termos xeográficos, forman realmente un único continente, Eurasia. Tamén África está unida a Eurasia polo istmo de Suez polo que tamén se pode considerar Europa, Asia e África como un único supercontinente, Eurafrasia.

Dado o seu tamaño e diversidade, o concepto de Asia - un nome que se remonta á antigüidade clásica - en realidade pode ter máis que ver coa xeografía humana que coa xeografía física. Asia varía considerablemente entre e dentro das súas rexións con respecto aos grupos étnicos, as culturas, os ambientes, a economía, os lazos históricos e os sistemas de goberno.

Asiana Airlines

Asiana Airlines Inc. (hangul: 아시아나 항공; RR: Asiana Hanggong; antigamente Seoul Airlines) é unha das dúas maiores aeroliñas de Corea do Sur, xunto con Korean Air. Asiana ten a súa sede no Asiana Town en Osoe-dong, Gangseo-gu, Seúl. A compañía ten o seu centro de operacións doméstico no aeroporto internacional de Gimpo, e o centro de operacións internacional no aeroporto internacional de Incheon, a 70 quilómetros do centro de Seúl.

Asiana é membro da alianza Star Alliance e ofrece 516 voos diarios a Asia, Europa, Norteamérica e Oceanía, operando 14 rutas domésticas e 85 internacionais de pasaxeiros e 20 de carga.

Bandeira de Corea do Sur

A bandeira de Corea do Sur ou Taegeukgi (태극기, tamén escrito Taegukgi) foi adoptada o 6 de marzo de 1883 durante a Dinastía Joseon. É de cor branca e leva no seu centro o yin-yang. O yin (símbolo vermello) significa a luz e a calor, o yang (símbolo azul) representa a escuridade e o frío. Os símbolos que rodean o yin-yang son catro dos taeguk, que simbolizan ceo, auga, lume e terra.

Busan

Busan (en coreano: 부산시; e tamén coñecida coma Pusan) é a segunda cidade máis importante de Corea do Sur, despois de Seúl, cunha poboación de máis de 3,5 millóns de habitantes. Sitúase no extremo sueste da península coreana a beira do Mar do Xapón na entrada norte do Estreito de Corea. É un importante centro económico, cultural e educativo do sur da península de Corea, e conta co porto con maior tráfico do país e o noveno do mundo, que se atopa a só 190 km das illas xaponesas de Kyushu e Honshu. A "Área Económica do Sueste" (que inclúe Ulsan e Gyeongsang do Sur) é a meirande área industrial de Corea do Sur.

Ver Historia urbana de Busan.

Charles J. Pedersen

Charles John Pedersen, nado en Busan (Corea do Sur) o 3 de outubro de 1904 e finado en Salem (Nova Jersey) o 26 de outubro de 1989, foi un químico nacionalizado estadounidenses galardoado co Premio Nobel de Química en 1987.

Corea

Corea, chamada Daehanminguk (en coreano: 대한민국) en Corea do Sur e Joseon (en coreano: 조선) en Corea do Norte, é unha entidade xeográfica e cultural dividida en dous estados, Corea do Norte e Corea do Sur. Estes dous países xurdiron despois da Guerra de Corea, entre 1950 e 1953.

Ocupa a península de Corea, limitando coa China polo norte, uns poucos quilómetros con Rusia (Siberia), e o resto co mar, polo sur co Mar da China e polo norte co Mar do Xapón. Ademais da península, Corea conta cunhas 3200 illas. A cadea montañosa de Taebaeksan corre ao longo da costa oriental, onde as grandes ondas do mar de Xapón esculpiron enormes cantís e illotes rochosos. As ladeiras do sur e do oeste presentan un relevo suave, que forma chairas e unha multitude de pequenas illas con pequenas calas. O cume máis alto é a montaña Baekdusan, en Corea do Norte, que se eleva 2744 msnm, na fronteira setentrional que linda con China.

Guerra de Corea

A guerra de Corea foi un conflito bélico entre Corea do Norte (comunista) e Corea do Sur (capitalista) que se desenvolveu entre o 25 de xuño de 1950 e o 27 de xullo de 1953. Á vez, foi unha guerra non oficial entre os Estados Unidos e a Unión Soviética.

Os principais combatentes nesta guerra foron as repúblicas de Corea do Norte e China por un bando e Corea do Sur, con axuda de Estados Unidos, Australia, Canadá, Reino Unido, Colombia e outras nacións baixo o mando de Estados Unidos polo outro. A Unión Soviética tamén subministrou conselleiros militares e pilotos de combate, así como armamento ás tropas chinesas e norcoreanas.

Kim Dae-jung

Kim Dae-jung (en hangul: 김대중; en hanja: 金大中), nado en Haui-do (Corea do Sur) o 3 de decembro de 1925 e finado o 18 de agosto de 2009 en Seúl, foi un político surcoreano, retirado, que foi presidente do seu país e galardoado co Premio Nobel da Paz do 2000 «polo seu traballo para a democracia e os dereitos humanos en Corea do Sur e no leste de Asia, xeralmente, e pola paz e a reconciliación con Corea do Norte, particularmente».

Korean Air

Korean Air Lines Co., Ltd. (Hangul: 대한항공; RR: Daehan Hanggong) é a maior aeroliña surcoreana con sede principal na cidade de Seúl. Considerada entre as máis destacadas de Asia, voa a Europa, África, Asia, Oceanía e Norte América, ademais de iniciar operacións proximamente con Sudamérica dende o seu hub internacional no aeroporto Internacional de Icheon e o seu hub doméstico no aeroporto Internacional de Gimpo. A empresa compite polo seu posto como principal aeroliña do país con Asiana Airlines, con menor cantidade de frota.

Lingua coreana

A lingua coreana fálase principalmente na Corea, sendo o idioma oficial da Corea do Norte e da Corea do Sur. Ademais de nas dúas Coreas, o coreano tamén se utiliza na rexión autónoma de Yanbian (연변/延邊) situada ao sur da provincia de Heilongjiang en China. Estímase que existen arredor duns 80 millóns de persoas que falan coreano no mundo.

O sistema de escrita coreano chámase de hangul, que é un alfabeto fonético e o hanja, constituído por caracteres sino-coreanos.

O alfabeto coreano constitúese de palabras silabarias. O hangul é un alfabeto inventado na dinastía do Rei Sejong no 1214, que encomendou o alfabeto a universitarios, pois ata entón na Corea só se usaba o hanja (caracteres chineses). Este alfabeto rexeitouse nun comezo ao achar máis sofisticado usar os caracteres chineses e só se popularizou no comezo do século XX, coa chegada da educación en masa na Corea. O hangul ao contrario dos kanas xaponeses (hiragana e katakana) componse verdadeiramente de consoantes e vogais, formando un alfabeto de feito.

Mar da China Oriental

O mar da China Oriental (chinés tradicional: 東海, chinés simplificado: 东海, pinyin: Dōnghǎi, "mar do Leste" ou "mar do Oriente") é unha parte do océano Pacífico rodeada pola China (República Popular da China), o Xapón, Corea do Sur e Taiwán (República da China). A súa superficie é duns 752.000 km², aínda que ás veces menciónanse 1 200 000 km² ao incluír ao mar Amarelo.

A súa parte setentrional, entre a China e a península de Corea coñécese como mar Amarelo. En realidade, o mar da China Oriental é a parte norte do mar da China, que estaría dividido pola illa de Taiwán: a parte norte denomínase mar da China Oriental e a parte sur mar da China Meridional ou simplemente mar da China.

Mundial de Fútbol de 2002

A Copa Mundial da FIFA 2002 (en coreano: 2002 FIFA 월드컵 한국/일본, en xaponés: 2002 FIFAワールドカップ 韓国/日本) foi a edición número dezasete do Campionato Mundial de fútbol de seleccións, a competición máis importante deste deporte. O torneo, organizado por primeira vez en Asia e tamén por primeira vez de conxuntamente entre por dous países, a República de Corea e Xapón, comezou o 31 de maio e rematou o 30 de xuño coa vitoria da selección de Brasil sobre Alemaña, conseguindo así o seu quinto título.

Prefixo radiofónico

Os prefixos radiofónicos son prefixos utilizados pola IARU (International Amateur Radio Union) para designar os distintos países e territorios, e aos radioafeccionados que transmiten desde eles. Seguen as asignacións establecidas pola ITU (International Telecomunications Union), a axencia das Nacións Unidas que coordina o espazo radioeléctrico mundial que usan todas as estacións emisoras.

Selección de fútbol de Corea do Sur

A Selección de fútbol de Corea do Sur é o equipo formado por xogadores de nacionalidade surcoreana que representa á Asociación de Fútbol de Corea desde 1948 nas competicións oficiais organizadas pola Confederación Asiática de Fútbol (AFC) e a Federación Internacional de Asociacións de Fútbol (FIFA).

Seúl

Seúl (서울; hangul, 서울특별시; hanja, 서울特別市; romanización revisada, Seoul Teukbyeolsi; McCune–Reischauer, Sŏul T'ŭkpyŏlsi) é a capital e meirande metrópole de Corea do Sur. É unha megacidade cunha poboación de máis de 10 millóns de habitantes. A Área da Capital de Seúl, que inclúe á metrópole de Incheon na provincia de Gyeonggi, é a segunda área metropolitana máis poboada do mundo, cunha poboación de 25,6 millóns de persoas, sendo o fogar da metade dos surcoreanos e 632.000 residentes internacionais.Situada á beira do río Han, a historia da cidade abrangue máis de 2.000, dende a súa fundación no ano -18 por Baekje, un dos Tres reinos de Corea. Continuou como capital de Corea durante a dinastía Joseon e o Imperio de Corea. A área metropolitana de Seúl contén catro lugares Patrimonio da Humanidade: Changdeokgung, a Fortaleza de Hwaseong, Jongmyo e as Tumbas reais da dinastía Joseon. Seúl está rodeada por montañas, sendo a máis alta Bukhansan, o parque nacional máis visitado do mundo por metro cadrado. Seúl foi votado como o destino turístico máis desexable polos turistas chineses, xaponeses e tailandeses durante tres anos consecutivos entre 2009 e 2011 con máis de 10 millóns de visitantes internacionais no 2012.

Xogos Olímpicos de 1988

Os Xogos Olímpicos de 1988, oficialmente chamados Xogos da XXIV Olimpíada, foron realizados en Seúl, capital da Corea do Sur, entre o 17 de setembro e o 2 de outubro de 1988, coa participación récord de 159 países e 8.465 atletas, entre eles 2.194 mulleres.

Após os boicots ocorridos nos xogos anteriores en Montreal, Moscova e Os Ánxeles, estes Xogos tiveron a presenza de estados de todo o planeta, a excepción de Corea do Norte, a súa veciña comunista, que non tivo atendido o seu pedido para unha co-participación como sede olímpica e de Cuba.

Países como Etiopía, Illas Seychelles e Nicaragua tampouco participaron debido a dificultades económicas para enviaren os seus equipos.

Os Xogos de Seúl lémbranse polo seu suceso máis escandaloso: o dopaxe do velocista canadense Ben Johnson, que conseguira unha medalla de ouro e unha marca mundial na proba dos 100 metros lisos.

Xogos Olímpicos de Inverno de 2018

Os Xogos Olímpicos de Pyeongchang 2018 (en hangul: 평창 동계 올림픽, hanja: 平昌 冬季 올림픽), oficialmente coñecidos como XXIII Xogos Olímpicos de Inverno, é un evento multideportivo internacional que leva a cabo na cidade de Pyeongchang, Corea do Sur entre o 9 e o 25 de febreiro de 2018.

A elección da cidade sede dos Xogos celebrouse o 6 de xullo de 2011 en Durban (Suráfrica), durante a 123.ª Sesión do COI. Pyeongchang venceu a Annecy (Francia) e Múnic (Alemaña).Esta foi a terceira candidatura consecutiva de Pyeongchang, a primeira exitosa logo de perder ante Vancouver e Sochi. Serán os segundos Xogos Olímpicos e os primeiros invernais en Corea do Sur. Pyeongchang converterase na terceira cidade asiática, tras Sapporo e Nagano (Xapón), en celebrar uns Xogos de Inverno.

Países
Países con parte asiática

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.