Corcubión

Corcubión é un concello galego, o máis pequeno da provincia da Coruña. Pertence á comarca de Fisterra. Formado por tan só dúas parroquias (Corcubión e Redonda) está atravesado pola estrada C-552 que o comunica cos municipios limítrofes e coa capital provincial a 94 km. A vila foi declarada Conxunto Histórico-Artístico en 1985.

Coordenadas: 42°56′39″N 09°11′33″O / 42.94417, -9.19250

Corcubión
Escudo de Corcubión
Casa consistorial de Corcubión
Casa do concello.
Situacion Corcubión
Situación
Xeografía
ProvinciaProvincia da Coruña
ComarcaComarca de Fisterra
Poboación1.578 hab. (2018)
Área6,5 km²
Densidade242,77 hab./km²
Entidades de poboación2 parroquias
Capital do concelloCorcubión
Política (2019[2])
AlcaldeManuel Insua Insua (PSdeG-PSOE)
ConcelleirosBNG: 2
PPdeG: 1
PSdeG-PSOE: 3
Outros: PACor 1, CXM 2
Eleccións municipais en Corcubión
Uso do galego[3] (2011)
Galegofalantes45,05%
Na rede
www.corcubion.info
info@corcubion.info

Demografía

Segundo o IGE a súa poboación no 2014 era de 1.672 habitantes (1.803 no 2010, 1.912 no 2006, 1.927 no 2005, 1.964 no 2004, 1.997 no 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «corcubionés».

Censo total 2014 1.672 habitantes
Menores de 15 anos 185 (11.06 %)
Entre 15 e 64 anos 1.096 (65.55 %)
Maiores de 65 anos 391 (23.38 %)
Evolución da poboación de Corcubión   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018
1.551 1.613 1.581 2.114 1.964 1.803 1.731 {{{13}}} {{{14}}}
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Xeografía

Corcubión aséntase sobre unha pequena península que, con forma rectangular e rodeada polo concello de Cee, penetra no océano Atlántico entre a enseada de Estorde e a ría. Neste pequeno territorio os relevos máis elevados roldan os 150 e 200 m. de altitude, localizándose no centro da península, desde onde descenden cara ao mar. Na ladeira orientada ao mediodía, ao abrigo dos ventos e temporais, esténdese a vila de Corcubión.

A costa é fundamentalmente rochosa, coa excepción do tramo correspondente á ría que, por esta beira, comeza no Cabo de Cee e onde, tras un sector de costa alta onde se atopa o castelo do Cardeal, atopámonos na praia de Quenxe e a continuación o porto da vila. Este terreo, antes con máis espazo cultivado, está recuberto principalmente por unha espesa masa forestal (piñeiro e eucalipto)

Panorama Corcubion
Vista desde A Mariña.

Historia

Como toda a zona, suponse habitado desde a antigüidade pola tribo celta dos nerios, que tiñan en Fisterra o seu principal asentamento. Consérvanse castros como o de Quenxe.[Cómpre referencia]

Circulan varias versións sobre a etimoloxía do topónimo Corcubión a interpretación máis acertada considera que as raíces deste nome estarían no celta ou no luso-galaico arcaico. As voces corcu ou corco que significarían círculo e –bión/-beón que significarían lago, darian lugar a un círculo ou fondo de lago ou a unha enseada curviforme. Outra sitúano fundado por unha colonia grega á que lle deu o nome dunha das illas do mar Exeo. Ou a que a supón fundado polos mariñeiros vascos que sempre asucaron estes mares e cuxa voz Kotsko-Urbión significa 'enseada de boas augas'.[Cómpre referencia]

De orixes incertas. Corcubión para algúns autores identificaríase co "Arrotebrarum portus" ou "Portus parvus Artabrorum" dos antigos xeógrafos, aínda que outros se inclinan máis ben por situalo en Muros.[Cómpre referencia]

Na Idade Media, estas terras foron señorío dos Condes de Traba e Trastámara, pasando no século XIV á casa de Altamira, que exercía o seu poder sobre a maior parte do territorio, instalando en Corcubión un palacio. Durante estes anos, xa comeza a cobrar importancia o porto, debido á pesca do congro e sardiña e ás relacións marítimas cos comerciantes venecianos. Ademais disto, o paso obrigado dos peregrinos que se dirixían a Fisterra fixo que se construíse un hospital e a igrexa de San Marcos en 1480.[Cómpre referencia]

Como toda esta costa, foi sistematicamente atacada polas tropas inglesas e francesas. Estes últimos en 1809, co mariscal Michel Ney á cabeza, arrasaron a vila, asasinaron aos seus habitantes e incendiaron a igrexa, provocando unha grave crise da que se foi recuperando grazas á súa importancia estratéxica.[Cómpre referencia]

Na actualidade é cabeza de partido xudicial e segue vivindo da pesca e o marisqueo. Nos últimos anos, un auxe do turismo atrae á vila señorial de Corcubión a vistantes de todo o mundo que buscan tranquilidade.[Cómpre referencia]

Partido xudicial

É cabeceira do Partido xudicial de Corcubión, que abarca os municipios de Camariñas, Cee, Corcubión, Dumbría, Fisterra, Muxía, Vimianzo e Zas. O municipio de Carnota tamén se inclúe na zona electoral de Corcubión nas eleccións para a deputación provincial.

Economía

A estrutura económica é moi sinxela e vén determinada pola función administrativa, por iso é polo que a distribución da poboación activa mostre un predominio do sector terciario. O ostentar a cabeceira de partido xudicial favoreceu a existencia dunha serie de servizos como notaría, rexistro da propiedade, salas de xulgado, oficina de extensión agraria, recadación etc. Tamén é destacable a importancia dos servizos relacionados co turismo para o cal o municipio, e en xeral toda a zona, ofrece unhas condicións naturais moi atractivas.

A economía local compleméntase con algunhas pequenas industrias que, xunto coas do concello veciño de Cee, dan emprego ao resto da poboación activa. Con relación ao porto, tradicionalmente pesqueiro e comercial, viu reducida a súa actividade a un escaso tráfico pesqueiro.

Patrimonio

O máis destacado é o conxunto de casas que, situadas no casco antigo, constitúen unha bela mostra de arquitectura civil e reflexo do auxe económico que viviu a vila durante o século XVIII, data na que foron construídas a maioría delas.

O edificio da casa consistorial foi custeado polo emigrante José Carrera en 1924, coa intención de facer un asilo e unha Escola de Artes e Oficios. Foi deseñada por Eduardo Rodríguez seguindo a tipoloxía dos colexios da época: a partir dun corpo central cadrado, desenvólvense as dúas ás simétricas, acollendo cada unha as diferentes aulas para rapaces e rapazas respectivamente. O espazo central estaba marcado pola capela, estando o andar superior ocupado polas vivendas.

A fachada consta dun corpo central máis avanzado, enmarcado por dous pares de pilastras corintias que actúan como contrapunto vertical fronte á horizontalidade que impón o volume das ás. O acceso ao edificio realízase a través dunha escalinata central con dúas ramplas laterais.

O edificio foi remodelado en 1967 e ampliado en 2001.

O castelo do Cardenal atópase en punta Pión, fóra do núcleo, na estrada que percorre a costa.

A súa construción comezou en 1741 baixo a dirección de La Ferriere, sendo rematado por Francisco Llovet e Carlos Lemaur. Na actualidade é unha propiedade privada.

A súa misión era defender a entrada da ría xunto co castelo do Principe, na Ameixenda (Cee). Forman parella, permitindo mediante fogo cruzado a defensa da ría. Estaba fortificado con doce canóns montados, e tiña capacidade para noventa e seis homes. A tradición oral fala dunha cadea que uniría as dúas fortificacións, esta ao ser tensada impediría o paso das naves inimigas.

A igrexa parroquial de San Marcos de Corcubión é orixinariamente románica do século XII, pero nela predominan os elementos góticos.

A igrexa parroquial de San Pedro de Redonda é románica do século XII, con pinturas tardías (século XVII) na bóveda e o muro da ábsida.

A capela do Pilar foi construída en 1931. De estilo ecléctico, foi mandada edificar por Pilar Hermida Orbea como dependencia anexa ao Asilo de Anciáns Pobres Desamparados, que fora construído en 1925 en memoria do seu home, Emilio Alonso. A nave presenta unha planta rectangular, con nave única e unha pequena sancristía detrás do presbiterio. O edificio foi rehabilitado en 1989 polo Concello para ser auditorio municipal, pero a posterior construción da Casa Da Cultura relegou á Capela do Pilar desta función.

A capela de Santo Antón foi erixida en 1684 por Domingo Durán e reconstruída en varias ocasións.

É un pequeno templo de estilo barroco, de planta rectangular cunha capela maior que ocupa a súa totalidade, e cuberta de madeira a dúas augas con tella. No interior consérvase do primitivo retablo unha imaxe policromada de Santo Antón, datada no último terzo do século XVII.

Forma conxunto cun cruceiro do século XVIII.

Festas

Feira Medieval Corcubión.jpeg
Representación durante a XIII feira medieval.
  • San Marcos, 25 de abril. A imaxe do patrón local é sacada en procesión desde a igrexa de San Marcos polas rúas da vila. Festa local en Corcubión.
  • San Pedro, 29 de xuño. Romaría popular no campo de San Roque, nas proximidades da igrexa de San Pedro de Redonda.
  • A Virxe do Carme, 16 de xullo. En Corcubión, vila historicamente mariñeira, sácase en procesión pola ría á patroa dos pescadores. Os participantes nesta festividade poden subir aos barcos e acompañar a Virxe na súa procesión.
  • Feira Medieval, terceira fin de semana de xullo. Durante unha fin de semana, Corcubión convértese por uns días nun mercado medieval. A xente da vila participa nesta festa decorando os espazos públicos e vestíndose con roupas da época.
  • A Virxe das Mercedes, 24 de setembro. Festa de gran tradición popular na vila, as Mercedes serven para se despedir do verán.

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes de Corcubión.
Castelo do Cardenal, Corcubión

Castelo do Cardeal.

Capela do Pilar, Corcubión

Capela do Pilar.

Capela de Santo Antón, Corcubión

Capela de Santo Antón.

Corcubióndfs

A Vila.

Corcubión - Quenxe -BT- 01

Praia de Quenxe.

Lugares de Corcubión

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Corcubión vexa: Lugares de Corcubión.

Notas

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Resultados eleccións 2019
  3. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Consultado o 14 de outubro de 2014.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Outros artigos

A Amarela, Redonda, Corcubión

A Amarela é un lugar da parroquia de Redonda no concello coruñés de Corcubión na comarca de Fisterra. Tiña 47 habitantes no ano 2009 segundo datos do Instituto Nacional de Estadística, dos cales eran 17 homes e 30 mulleres.

Augusto César Lendoiro

Joaquín Augusto César Lendoiro, nado en Corcubión o 6 de xuño de 1945, é un dirixente deportivo e político galego, presidente do Deportivo da Coruña entre 1988 e 2014.

Cee

Cee é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Fisterra. Segundo o IGE en 2017 tiña 7539 habitantes. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «ceense».

Comarca de Fisterra

A comarca de Fisterra é unha comarca galega situada na provincia da Coruña cuxa capital é Fisterra. A esta comarca pertencen os concellos de Cee, Corcubión, Dumbría, Fisterra e Muxía. Correspóndese co territorio chamado Terra de Nemancos.

Corcubión, Corcubión

San Marcos de Corcubión é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Corcubión. Segundo o padrón municipal de 2014 tiña 1442 habitantes (723 mulleres e 719 homes), nunha soa entidade de poboación.

Costa da Morte

A Costa da Morte é a franxa costeira galega que gañou ese nome polos numerosos naufraxios acontecidos no século xix e comezos do século xx e que se popularizaron a través da literatura galega e inglesa. Un dos naufraxios de máis repercusión nos medios foi o dos mariñeiros do Serpent, que naufragaron en 1890 e se enterraron en Cabo Vilán.Algunhas veces a Costa da Morte foi delimitada como a costa que vai desde o cabo Fisterra ata as illas Sisargas, en Malpica, e outras mesmo desde Muros ata A Coruña.Os actuais proxectos gobernamentais,das agrupacións locais e europeos adoitan incluír dentro da Costa da Morte as comarcas de Bergantiños, Terra de Soneira e Fisterra e parte de Xallas ,Muros e A Coruña ; incluíndo os concellos de Cabana de Bergantiños, Camariñas, Carballo, Carnota, Cee, Coristanco, Corcubión, Dumbría, Arteixo,Fisterra, A Laracha, Laxe, Malpica de Bergantiños, Mazaricos, Muxía, Ponteceso, Vimianzo e Zas.Agás as vilas costeiras, o litoral e o espazo marítimo están catalogados como espazos naturais LIC e ZEC por ser unha área de importancia para as aves acuáticas que hibernan alí, un refuxio de fauna e pola vexetación dos seus cantís e polas peculiaridades xeolóxicas da costa.

Illas Lobeiras

As Illas Lobeiras son un pequeno arquipélago galego pertencente á provincia da Coruña, en fronte da costa de Carnota, en plena ría de Corcubión. Está formado por dous grupos de illas separadas entre elas por un quilómetro e medio.

José Miñones

José Miñones Bernárdez, coñecido como Pepe Miñones, nado en Corcubión o 1 de maio de 1900 e finado na Coruña o 2 de decembro de 1936, foi un avogado, empresario e político galego.

Luís Lamela

Luís Lamela García, nado en Corcubión o 5 de novembro de 1945, é un historiador galego.

Monte Pindo

O monte Pindo é un macizo granítico de 627 metros de altura que se atopa no concello coruñés de Carnota.O monte Pindo xunto con outros ecosistemas como as praias de Carnota, forma parte da zona especial de conservación (ZEC) de Carnota - Monte Pindo dentro da Rede Natura 2000. Ese ZEC de Carnota - Monte Pindo ten unha superficie de 4 629 ha e abrangue os concellos de Carnota, Mazaricos, Cee e Dumbría, entre as rías de Corcubión e a de Muros e Noia.

O Vilar, Redonda, Corcubión

O Vilar é un lugar da parroquia de Redonda no concello coruñés de Corcubión na comarca de Fisterra. Tiña 69 habitantes no ano 2011 segundo datos do Instituto Nacional de Estadística, dos cales eran 32 homes e 37 mulleres.

Plácido Castro

Este artigo trata sobre o xornalista e tradutor. Para o artigo sobre o seu pai, vaia a Plácido Castro Rivas.Plácido Ramón Castro del Río, nado en Corcubión o 25 de xaneiro do 1902 e finado en Cambados o 17 de xullo de 1967, foi un escritor, xornalista e tradutor galego. Foi unha figura destacada do galeguismo de entreguerras, así como un activo persoeiro da cultura galega na diáspora, durante a súa estadía no Reino Unido tras a Guerra Civil.

Ramón Polo

Ramón Polo Pardo, nado o 13 de abril de 1901 en Corcubión foi un futbolista galego que xogaba na demarcación de dianteiro.

Redonda, Corcubión

San Pedro de Redonda é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Corcubión. Segundo o padrón municipal de 2014 tiña 230 habitantes (126 mulleres e 104 homes) distribuídos en 6 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 281 habitantes.

Ría de Corcubión

A ría de Corcubión, atópase na provincia da Coruña, en Galiza.

Ría de Muros e Noia

A ría de Muros e Noia forma parte das Rías Baixas, sendo a que está situada máis ó norte, entre as rías de Corcubión e Arousa. A ría foise formando na desembocadura do río Tambre.

As augas do Tambre son as que orixinan na súa confluencia co mar, un hábitat no que se desenvolverán os bivalvos, que serán o motor económico das vilas que a circundan. As ameixas e os berberechos acadan boas proporcións nos tempos da colleita, a partir do mes de setembro, nos lombos de Testal e o Freixo, grazas a esa simbiose entre as augas doces do río e a salinidade que achega o océano Atlántico.

A ría comeza a partir da punta do Castro de Baroña en Porto do Son, pola súa beira sur, e remata coa punta Carreiro en Louro (Muros), pola súa parte norte.

Entre as vilas a destacar están as que dan nome á ría: Muros, fundada detrás do monte Louro como unha vila mariñeira agochada da vista de piratas e de corsarios alá polo século XVI e XVII e Noia, vila medieval. Tamén Porto do Son, que vive fundamentalmente do turismo e do mar e Portosín, outra vila de interese pertencente ao mesmo concello.

Rías Baixas

As Rías Baixas son as rías galegas situadas entre a fronteira portuguesa e o cabo Fisterra.

De sur a norte son:

Ría de Vigo

Ría de Pontevedra

Ría de Arousa

Ría de Muros e Noia

Ría de CorcubiónEntre elas atópanse as seguintes baías e enseadas:

Ría de Baiona

Ría de AldánCaracterízanse polo seu tamaño, grandes en relación ó resto das rías de Galiza, e pola súa orientación transversal á costa. A súa colmatación é relativamente baixa.

VG-1.4

A VG-1.4 ou Vía de Alta Capacidade Cee - Sardiñeiro, tamén coñecida como Variante de Sardiñeiro, é unha infraestrutura de dominio público dependente da Xunta de Galicia. Conecta o concello de Fisterra coa AC-552 evitando o paso polos cascos urbanos de Cee e Corcubión.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.