Cor

A cor é a impresión producida por un ton de luz nos órganos visuais, ou máis exactamente, é unha percepción visual que se xera no cerebro dos humanos e outros animais ao interpretar as sinais nerviosos que lle envían os fotorreceptores na retina do ollo, que á súa vez interpretan e distinguen as distintas lonxitudes de onda que captan da parte visible do espectro electromagnético.

Todo corpo iluminado absorbe unha parte das ondas electromagnéticas e reflicte as restantes. As ondas reflectidas son captadas polo ollo e interpretadas no cerebro como distintas cores segundo as lonxitudes de ondas correspondentes.

A cor é un aspecto físico da natureza. A cor dun material determínase pola lonxitude de onda dos raios luminosos que refliten as súas moléculas constituíntes. Un obxecto terá unha cor determinada se reflicte (non absorbe) exactamente os raios correspondentes á frecuencia daquela cor.

Así, un obxecto é vermello se absorbe todos os raios de luz, agás o vermello.

A cor relaciónase cos diferentes lonxitudes de onda do espectro electromagnético. Son percibidas a través dos órganos de visión na faixa da "zona visíbel" como unha sensación que nos permite diferenciar os obxectos do espazo con maior precisión.

Considerando as cores como luz, a cor branca resulta da superposición de todas as cores, en canto o negro é a ausencia de luz. A luz branca pódese descompor en todas as cores (o espectro) por medio dun prisma. Na natureza, esta descomposición orixina un arco da vella.

Cores do espectro visíbel
Cor Lonxitude de onda Frecuencia
Vermello ~ 625-740 nm ~ 480-405 THz
Laranxa ~ 590-625 nm ~ 510-480 THz
Amarelo ~ 565-590 nm ~ 530-510 THz
Verde ~ 500-565 nm ~ 600-530 THz
Ciano ~ 485-500 nm ~ 620-600 THz
Azul ~ 440-485 nm ~ 680-620 THz
Violeta ~ 380-440 nm ~ 790-680 THz

Espectro continuo

Spectrum441pxWithnm

Feito para monitores na gamma 1.5.

Cor, frecuencia e enerxía da luz
Cor /nm /1014 Hz /104 cm−1 /eV /kJ mol−1
Infravermello >1000 <3.00 <1.00 <1.24 <120
Vermello 700 4.28 1.43 1.77 171
Laranxa 620 4.84 1.61 2.00 193
Amarelo 580 5.17 1.72 2.14 206
Verde 530 5.66 1.89 2.34 226
Azul 470 6.38 2.13 2.64 254
Violeta 420 7.14 2.38 2.95 285
Ultravioleta próximo 300 10.0 3.33 4.15 400
Ultravioleta distante <200 >15.0 >5.00 >6.20 >598

Teoría da cor

Karachi - Pakistan-market
Mercado de teas de diversas cores en Pakistán.

Cando se fala de cor, hai que distinguir entre a cor obtida aditivamente (cores formadas con luz) ou a cor obtida substractivamente (cores formadas con pigmentos).

No primeiro caso, chamado de sistema RGB, temos os obxectos que emiten luz (monitores, televisión, Sol etc.) nos que a cor é a suma de diferentes lonxitudes de onda das cores primarias de luz Vermello + Azul + Verde = Branco.

No segundo sistema (subtractivo ou cor pigmento) píntase unha superficie sen pigmentación(branca) mesturándolle as cores secundarias da luz (tamén chamadas de primarias en artes plásticas); Ciano + Maxenta + Amarelo = negro. Este sistema corresponde ao "CMYK" das impresoras e serve para obter cor con pigmentos (tintas e obxectos non emisores de luz).

Moitas veces chámanse cores primarias ao amarelo, azul e vermello, o que é incorrecto en ambos espazos de cor. Así o que se chama azul primario corresponde ao ciano. O vermello primario ao maxenta e o amarelo Primario ao propio amarelo. O uso de cores diferentes (azul , amarelo, vermello) neste espazo de cor leva a que non sexa posíbel fabricar todas as cores, e que no círculo das cores certos opostos estean trocados.

Nótese que nada disto se coñecía antes da invención do prisma e da división do espectro da luz branca, polo que aínda hoxe ensínase nas nosas escolas que Amarelo/Azul/Vermello son as cores primarias, a partir das cales se obteñen todas as demais, o cal é falso.

A principal diferenza entre un corpo azul (iluminado por luz branca) e unha fonte emisora azul é de que o pigmento azul está a absorber o verde e o vermello reflectindo apenas azul en canto que a fonte emisora de luz azul emite efectivamente apenas azul. Se se iluminase o obxecto con esa luz, continuaría a parecer azul. Mais, se polo contrario, se iluminase cunha luz amarela (luz Vermella + Verde), o corpo parecería negro.

Táboa de cores

  Negro
Branco
  Vermello
  Amarelo
  Azul
  Verde
  Laranxa
  Marrón ou castaño
Púrpura (cor)
Gris ou cinsento
Rosa ou cor de rosa
Ciano ou turquesa
Índigo ou anil
Violeta ou lila
Beixe
Ocre
Carmín
Salmón
Coral
Caqui
Pardo
Azul mariño ou azul escuro
Ciano escuro ou ciano petróleo
Verde oliva
Sepia
Viño
Azul celeste ou azul claro
Maxenta ou fucsia

Véxase tamén

Outros artigos

Edificio de cores
Edificio con fiestras de cores.
  • Modelos de cor:
    • CMYK - (do inglés Cyan, Magenta, Yellow, Key) Ciano, Maxenta, Amarelo e Negro, sistema de cores utilizado en Artes Gráficas e pigmentos
    • HLS
    • HSB
    • HSV
    • Lab- contén unha canle "A", unha canle "B", e a terceira ("L") vén designada pola luminosidade (lightness).
    • RGB - (do inglés Red, Green, Blue) Vermello, Verde, Azul, sistema de cores utilizado en luces e, por consecuencia, na electrónica e recursos visuais electrónicos como o vídeo
  • Cor primaria
  • Teorema das catro cores

Ligazóns externas

Amarelo

O amarelo (ou marelo) é unha cor cunha lonxitude de onda comprendida entre as faixas 565 nm e 590 nm do espectro de cores visibles. Pódese considerar unha mestura entre as cores vermella e verde. O amarelo é a cor complementaria do azul; o pigmento amarelo absorbe a luz azul.

O amarelo é unha das cores primarias.

Azul

O azul é unha das tres cores-luz primarias, e cor-pigmento secundaria, resultado da superposición dos pigmentos ciano e maxenta. Atópase na faixa 470 nm do espectro de cores visíbeis.

Sinónimos: cerúleo, cárdeo, celeste, azur, zafiro.

Branco

O branco ou albo é unha cor cuxo espectro luminoso é mestura aditiva de distintos espectros puros, dando unha sensación de claridade. Pódese definir a partir da composición de cores, coas porcentaxes de cada unha precisas, se ben non hai unha única definición de branco.

O branco é a cor do fondo desta páxina. O código HTML para a cor branca pura é #FFFFFF.

O prefixo grego para branco é Leuko-.

Carotenoide

Os carotenoides son pigmentos orgánicos que se atopan de xeito natural en plantas e outros organismos fotosintéticos como algas, e ademais nalgunhas clases de fungos e bacterias. Coñécese a existencia de máis de 700 compostos pertencentes a este grupo.

El País

El País (autodefinido como «Diario independiente da mañá») é un xornal español de ámbito nacional, redactado integramente en castelán (agás algunhas páxinas illadas nas edicións autonómicas) e de pago. Cunha media de 457.675 exemplares diarios, é o periódico non deportivo de maior difusión de España, segundo a Oficina de Xustificación da Difusión. Ten sede social e redacción central en Madrid, aínda que conta con delegacións nas principais capitais de España (Barcelona, Sevilla, Valencia, Bilbao...) desde as que edita diferentes edicións territoriais. A última destas en inaugurarse, en novembro de 2006, foi precisamente a correspondente a Galicia.

Caracterízase por ser un xornal de tendencia europeísta, socialdemócrata no ideolóxico, e polo gran tratamento que dá, no informativo, ás novas de carácter internacional, de cultura e de economía, ademais da información sobre España. Conta con columnistas e colaboradores puntuales provenientes de diferentes ámbitos sociais, que avezan a reforzar a liña editorial progresista do diario. Entre os seus colaboradores habituais destaca o xornalista e escritor galego Manuel Rivas, que ademais publica con frecuencia no suplemento dominical de El País, EPS País Semanal.

No aspecto formal, El País caracterízase pola sobriedade expresiva, tanto no tratamento da información como no estético: páxinas a cinco columnas con predominio da orde e a clara distribución dos distintos subxéneros xornalísticos. A fotografía e a infografía cumpren un papel secundario de apoio á información escrita. Desde a súa fundación sempre mantivo o mesmo deseño e tipografía: la Times New Roman.

As imaxes son maioritariamente en branco e negro, coa da portada sempre en cor (só desde uns anos atrás), xunto con outras fotografías illadas do interior.

El País pertenece ó maior grupo mediático español, o Grupo PRISA, que é tamén propietario da Cadena SER (radio), Cinco Días (prensa económica), Santillana, Diario As (prensa deportiva), Los 40 Principales (radiofórmula), Sogecable;Cuatro e Digital+; e Localia (televisión).

Fenotipo

En bioloxía denomínase fenotipo á manifestación visíbel do xenotipo nun determinado ambiente.

O fenotipo dun organismo individual está definido pola aparencia física e mais a constitución. Especificamente maniféstase como trazas que varían entre os diferentes individuos tales como o tamaño ou a cor dos ollos.

O fenotipo está determinado, en certa medida polo xenotipo, ou pola identidade dos alelos, os cales, individualmente, ocupan unha ou máis posicións nos cromosomas. Algúns fenotipos están determinados polos múltiples xenes, influenciados ademais por factores do medio. Desta maneira, a identidade dun, ou duns poucos alelos coñecidos, non sempre permite unha predición do fenotipo.

Así e todo, como os fenotipos son moito máis doados de observar do que os xenotipos (non se necesita ningún tipo de exame químico para determinar a cor de ollos dunha persoa), a xenética clásica usa os fenotipos para determinar as funcións dos xenes. Os experimentos de reprodución poden probar estas interferencias. Desta forma, estudos xenéticos temperáns son capaces de rastrexar os padróns hereditarios sen ningún tipo de coñecemento da bioloxía molecular.

A interacción entre o xenotipo e mais o fenotipo describiuse a miúdo usando a simple ecuación que se expón a continuación:

Fenotipo = xenotipo + ambienteEn conclusión, o fenotipo é calquera característica detectábel dun organismo (por exemplo, estrutural, bioquímico, fisiolóxico e as relativas á conduta) determinado por unha interacción entre o seu xenotipo e o seu medio.

A idea de fenotipo como o produto do xenotipo foi xeneralizada por Richard Dawkins no seu libro O fenotipo estendido de 1982.

La Voz de Galicia

La Voz de Galicia é un xornal galego con sede no polígono de Sabón (Arteixo), redactado maioritariamente en castelán, fundado no ano 1882 por Juan Fernández Latorre. La Voz de Galicia fíxose un oco a nivel estatal converténdose nun dos dez medios impresos con maior tiraxe de todo o estado. A empresa editora, La Voz de Galicia Sociedad Anónima, sempre estivo nas mans da mesma familia e na actualidade o accionista maioritario e único é Santiago Rey Fernández-Latorre.

Luz

A luz é unha radiación electromagnética visible polo ollo humano responsable do sentido da vista. A luz visible ten unha lonxitude de onda que vai dos 380 nanómetros aos 740 nm (entre a luz infravermella e a luz ultravioleta invisibles).

Como onda electromagnética, a luz propágase en forma de dúas ondas: unha móvese polo campo eléctrico e outra polo magnético. A súa velocidade no baleiro é de 299 792 458 metros por segundo (case 300.000 km/s), que é unha das constantes fundamentais da natureza.

Ao tratarse dunha radiación electromagnética, a luz visible emítese e absórbese en pequenos paquetes de enerxía denominados fotóns e mostra propiedades tanto de onda coma de partícula. Esta propiedade é a dualidade onda-partícula. O estudio da luz coñécese como óptica.

Metacritic

Metacritic é un sitio web que recompila críticas de discos de música, xogos, filmes, programas de televisión, DVD e libros. En cada avaliación para un produto asígnaselle unha cualificación numérica, e a continuación obtense unha media. Un extracto de cada unha das probas inclúese xunto cunha ligazón para a fonte. Para levar a cabo a recomendación da crítica, empréganse tres códigos de cor: verde, amarelo e vermello. Isto dá unha idea xeral da avaliación do produto entre os críticos e, en menor medida, o público.

A puntuación dos resultados ás veces varían dramaticamente, dependendo do que a avaliación é marcada. Por exemplo, Rotten Tomatoes dá unha clasificación xeral desfavorable para Kenneth Branagh en a versión cinematográfica de As You Like It citando a maioría dos críticos británicos, que, ó parecer, teñen rexeitou firmemente o filme Branagh de Shakespeare.

Negro (cor)

A cor negra ou moura dáse nun obxecto que absorbe a luz en todas as súas lonxitudes de onda. Isto provoca que teña ausencia de cor, aínda que comunmente se fala de cor negra. O termo portugués preto tamén foi empregado en Galiza coma sinónimo de negro; Martín Sarmiento dicía: Os feyxons pretos (referíndose aos feixóns): Del griego latino phaseolo se formó el gallego feyxôo, y son los que llaman fesóles, y son las alubias negras o pintadas de negro.

Ollo

O ollo ( pronunciación ), (do latín ocŭlus), ou globo ocular é o órgano que detecta a luz, sendo a base do sentido da vista. Componse dun sistema sensible aos cambios de luz, capaz de transformar estes en impulsos eléctricos. Os ollos máis sinxelos non fan máis que detectar se os arredores están iluminados ou escuros. Os máis complexos serven para proporcionar o sentido da vista.

As partes do ollo son esenciais para a existencia humana porque grazas a elas captamos, percibimos e atopamos o que se chama as imaxes percibidas por este sistema.

Os ollos compostos atópanse nos artrópodos (insectos e animais semellantes) e están formados por moitas facetas simples que dan unha imaxe "pixelada", ou sexa, en mosaico (non imaxes múltiples, como a miúdo crese).

Na maioría dos vertebrados e nalgúns moluscos, o ollo funciona proxectando imaxes a unha retina sensible á luz, onde se detecta e transmítese un sinal correspondente a través do nervio óptico. O ollo polo xeral é aproximadamente esférico, cheo dunha substancia transparente xelatinosa chamada humor vítreo, que enche o espazo comprendido entre a retina e o cristalino, o humor transparente, atópase no espazo existente entre o cristalino e a córnea transparente, cuxa función é a de controlar o estado óptimo da presión intraocular, cun lente de enfoque chamado cristalino e, a miúdo, un músculo chamado iris que regula a cantidade de luz que entra e lle dá cor aos ollos.

Para que os raios de luz se poidan enfocar débense refractar. A cantidade de refracción que cómpre depende da distancia do obxecto que se ve. Un obxecto distante requirirá menos refracción que un máis próximo. A maior parte da refracción acontece na córnea, que ten unha curvatura fixa. O resto da refracción requirida dáse no cristalino. Ao avellentar, o ser humano vai perdendo esta capacidade de axustar o enfoque, deficiencia coñecida como presbicia ou vista cansa.

Os ollos máis simples non fan máis que detectar se as zonas ao seu redor están iluminadas ou escuras. Os máis complexos serven para proporcionar o sentido da visión.

Partido Demócrata (Estados Unidos de América)

O Partido Demócrata (en inglés: Democratic Party) é unha das dúas forzas políticas máis importantes dos Estados Unidos de América xunto co Partido Republicano. Dende as eleccións de 2016 é o principal partido da oposición ao actual presidente, o republicano Donald Trump.

A cor azul utilízase para identificar os estados dos Estados Unidos de América nos que gaña este partido político, a diferenza da cor vermella usada para o Partido Republicano, sendo por extensión a cor oficial do partido.

Pigmento

Un pigmento é un material que cambia a cor da luz que reflicte como resultado da absorción selectiva de certas lonxitudes de onda da luz. Este proceso físico é diferente da fluorescencia, a fosforescencia e outras formas de luminescencia, nas cales o propio material emite luz. Moitos materiais absorben selectivamente luces de certas lonxitudes de onda.

Os pigmentos biolóxicos son substancias endóxenas que producen cor nas células de forma natural, como a melanina e lipofuscina nos animais ou as clorofilas e antocianinas nas plantas.

Os materiais que os seres humanos elixiron e produciron para ser utilizados como pigmentos polo xeral teñen propiedades especiais que os volven ideais para darlle cor a outros materiais. Un pigmento debe ter unha alta forza tinguidora relativa aos materiais que colorea. Ademais debe ser estable en forma sólida a temperatura ambiente.

Os pigmentos son utilizados para tinguir pintura, tinta, plástico, téxtiles, cosméticos, alimentos e outros produtos. A maioría dos pigmentos utilizados na manufactura e nas artes visuais son colorantes secos, usualmente en forma de po fino. Este po engádese a un vehículo ou matriz, un material relativamente neutro ou incoloro que actúa como adhesivo. Para aplicacións industriais e artísticas, a permanencia e a estabilidade son propiedades desexadas. Os pigmentos que non son permanentes chámanse fuxitivos. Os pigmentos fuxitivos esváense co tempo, ou coa exposición á luz, mentres que outros acaban por ennegrecer.

Xeralmente, faise distinción entre pigmento, que é insoluble no vehículo (formando unha suspensión), e tinguidura ou tintura, a cal ou é un líquido ou é soluble no vehículo (formando unha solución). Un colorante pode ser un pigmento ou unha tinguidura dependendo do vehículo no que se usa. Nalgúns casos, un pigmento pode fabricarse a partir dunha tinguidura precipitando unha tinguidura soluble cun sal metálico.

Os pigmentos foron utilizados desde tempos prehistóricos, e foron fundamentais nas artes visuais ao longo da Historia. Os principais pigmentos naturais utilizados son de orixe mineral ou biolóxica. A necesidade de conseguir pigmentos menos custosos dada a escaseza dalgunhas cores, como o azul, propiciou a aparición dos pigmentos sintéticos.

Pintura

A pintura é a arte da representación gráfica utilizando pigmentos mesturados con outras substancias aglutinantes orgánicas ou sintéticas, en forma líquida a unha superficie bidimensional, co fin de coloreala, atribuíndolle matices, tons e texturas. Nesta arte empréganse técnicas de pintura, coñecementos de teoría da cor e de composición pictórica, e o debuxo. Nun sentido máis específico, a práctica da arte de pintar, consiste en aplicar, nunha superficie determinada -unha folla de papel, un lenzo, un muro (pintura mural ou de frescos), unha madeira, un fragmento de tecido etc.- unha técnica determinada, para obter unha composición de formas, cor, texturas, debuxos etc. dando lugar a unha obra de arte segundo algúns principios estéticos.

O arquitecto e teórico do clasicismo André Félibien, no século XVII, nun prólogo das Conferencias da Academia francesa fixo unha xerarquía dos xéneros da pintura clásica: «a historia, o retrato, a paisaxe, os mares, as flores e os froitos».

A pintura é unha das expresións artísticas máis antigas e unha das sete Belas Artes, e está incluída como materia na maior parte das licenciaturas nesta disciplina. En estética ou teoría da arte modernos a pintura está considerada como unha categoría universal que comprende todas as creacións artísticas feitas sobre superficies. Unha categoría aplicable a calquera técnica ou tipo de soporte físico ou material, incluíndo os soportes ou as técnicas efémeras así como os soportes ou as técnicas dixitais.

A pintura é considerada por moitos como un dos soportes artísticos tradicionais máis importantes; moitas das obras de arte máis importantes do mundo, tales como a Mona Lisa, son pinturas.

Diferénciase do deseño polo uso dos pigmentos líquidos e do uso constante da cor, mentres aquel apropiase principalmente de materiais secos.

Sangue

O sangue é un fluído corporal dos animais que ten como función principal transportar nutrientes e osíxeno ás células e os residuos metabólicos producidos polas células. En anatomía e histoloxía o sangue considérase un tipo especializado de tecido conectivo con matriz líquida (o plasma), dada a súa orixe nos ósos e a presenza de fibras proteicas en potencia en forma de fibrinóxeno. Os termos médicos relacionados co sangue xeralmente empezan por hemo- ou hemato-, do grego αἷμα (haima) 'sangue'.

Nos vertebrados, o sangue está composto por células sanguíneas suspendidas no plasma sanguíneo. O plasma, que constitúe o 55% do fluído sanguíneo, é principalmente auga (92% do seu volume), e contén proteínas dispersas, glicosa, ións minerais, hormonas, dióxido de carbono (e outros produtos residuais), e nel flotan as propias células sanguíneas. A albumina é a principal proteína do plasma, que funciona regulando a presión osmótica coloidal do sangue; o plasma tamén contén os anticorpos. As células sanguíneas constitúen o 45% volume do sangue son de tres tipos: na súa maioría son glóbulos vermellos (tamén chamados eritrocitos ou hemacias), que transportan o oxíxeno, as outras son glóbulos brancos (leucocitos), que interveñen na defensa inmunitaria, e as plaquetas (ou trombocitos), que interveñen na coagulación do sangue. Os glóbulos vermellos conteñen a proteína hemoglobina, que contén ferro, e á que se une (reversiblemente) o oxíxeno que o sangue transporta, o que incrementa a capacidade de disolver oxíxeno do sangue. Ao contrario, o dióxido de carbono transpórtase extracelularmente na súa gran maioría disolvido libre no plasma en forma do ión bicarbonato.

Cando o sangue chega aos pulmóns prodúcese un intercambio de gases entre o sangue e o aire alveolar no que, por difusión, se expulsa dióxido de carbono e se capta oxíxeno. Desde modo o sangue queda oxixenado e diríxese desde os pulmóns ao lado esquerdo do corazón. Despois sae do corazón pola aorta e o sangue oxixenado distribúese por medio de arterias e capilares por todo o corpo, onde as células consumirán o oxíxeno e cederán dióxido de carbono, de maneira que regresa ao corazón desoxixenado por veas e cargado de dióxido de carbono, desde onde é enviado aos pulmóns.

O sangue dos vertebrados é vermello brillante cando a súa hemoglobina está oxixenada e vermello escuro cando está desoxixenada. Algúns animais invertebrados teñen outras proteínas respiratorias distintas da hemoglobina, que transportan o oxíxeno e lle dan ao seu sangue outra cor. Os insectos e algúns moluscos teñen un fluído chamado hemolinfa en lugar de sangue; a hemolifa non está contida dentro dun sistema circulatorio pechado. Na maioría dos insectos este "sangue" non transporta oxíxeno.

Os vertebrados con mandíbula teñen un sistema inmunitario adaptativo, baseado principalmente nas células brancas do sangue. Os glóbulos brancos interveñen na loita inmunitaria contra as infeccións e parasitos. As plaquetas son importantes para a coagulación do sangue. Os artrópodos, na súa hemolinfa teñen hemocitos como parte do seu sistema inmunitario.

Verde

O verde é unha cor localizada aproximadamente na faixa de frecuencia 550 nm do espectro de cores visíbeis. É unha cor-luz primaria e unha cor-pigmento secundaria composta polo ciano e o amarelo.

O prefixo grego para verde é Chloro-, como por exemplo en clorofila.

Vermello

O vermello (do latín vermiculus, "vermiño", a cochinilla) é a cor situada no límite inferior do espectro visíbel luminoso (por baixo desta lonxitude de onda está o infravermello que xa non é perceptíbel pola visión humana). Tamén se coñece como "rubio" ou "encarnado".

Óscar á mellor fotografía

A seguir figura unha listaxe dos premios Oscar á mellor fotografía. A orde é cronolóxica e descendente.

Óscar ó mellor deseño de vestiario

O Oscar ó mellor deseño de vestiario foi entregado por primeira vez para as películas feitas en 1948. Ata 1966 entregábanse premios separados as películas en branco e negro e as películas en cor.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.