Conxugación

A conxugación dun verbo son as variacións que sofre segundo as circunstancias nas que se use. Hai conxugacións regulares (que seguen unhas regras comúns a moitos verbos) e irregulares (que se poden considerar como excepcións das primeiras)

As irregularidades principais poden ser de tres tipos: ortográficas, fonolóxicas e temáticas. As ortográficas prodúcense pola non correspondencia exacta entre o que se pronuncia e o que se escribe. As fonolóxicas débense ás alternancias dos graos de abertura nas raíces dos verbos ó longo da súa conxugación. As temáticas xorden cando os verbos presentan variacións formais nos temas na conxugación. Os principais verbos irregulares en galego son:

  • Caber
  • Dar
  • Dicir
  • Estar
  • Haber
  • Ir
  • Poder
  • Poñer
  • Pór
  • Pracer
  • Querer
  • Saber
  • Ser
  • Ter v. irreg. Conxugación: Indic.: pres. teño, tes, ten, temos, tendes ou tedes, teñen; imperf. tiña, tiñas, tiña...; perf. tiven, tiveches, tivo, tivemos, tivestes, tiveron; plusc. tivera, tiveras, tivera...; fut. terei, terás, terá...; fut. pret. tería, terías...; Subx.: pres. teña, teñas, teña...; imperf. tivese, tiveses, tivese...; fut. tiver, tiveres, tiver, tivermos, tiverdes, tiveren; Imperat. ten, tende ou tede; Inf. conx. ter, teres, ter, termos, terdes, teren. Xer. tendo. Part. tido.
  • Traer
  • Ver
  • Vir

No entanto, hai certos verbos que en galego son regulares pero nos que hai confusión debido á influencia do castelán (v. Castelanismo)

  • andar;
  • os verbos rematados en "-ucir": conducir, traducir, reducir,... ;
  • os verbos rematados en "-uír";
Verbo regular gl morfemas
Paradigma regular en galego.

Véxase tamén

Amálgama (lingüística)

A amálgama é un proceso de fusión de dous ou máis elementos lingüísticos (fonemas ou morfemas) de xeito que no resultado non pode percibirse xa o límite entre as compoñentes orixinais, nin en forma nin en significado. Por exemplo na conxugación do presente de indicativo de cantar aparecen unha raíz e dous morfemas, un de tempo e outro de número e persoa, evidentes sobre todo cando se compara coa conxugación noutros tempos, por exemplo o antepretérito e o subxuntivo:

Ata aquí todo parece coincidir:

morfemas de tempo

Presente de indicativo: -a-

Presente de indicativo: -e-

Antepretérito: -ara-

morfemas de número e persoa

2 singular: -s

1 plural: -mos

2 plural: -desSeguindo estas regras pódense deducir os morfemas de 3ª singular (0 ou nulo) e de 3ª plural (-n), pero ó chegar á 1ª singular (cantara, cante, canto) hai unha discordancia:

no Antepretérito (morfema de tempo: -ara-) o morfema de número é 0 ou nulo;

no Presente de subxuntivo (morfema de tempo: -e-) o morfema de número é tamén 0 ou nulo;

pero no Presente de indicativo (canto) o morfema de tempo -a- desaparece e aparece unha combinación de -a- + 0.Este morfema -o reúne os significados de tempo, número e persoa, sen que se poida establecer unha división interna que asigne a cada parte cada un dos significados parciais. A amálgama faise patente sempre realizando a proba de conmutación e substitución lingüística entre tódalas formas do paradigma.

En realidade, esta amálgama dáse case sistematicamente na conxugación verbal entre:

o número e a persoa, de xeito que dificilmente é se pode definir un morfema de plural distinto do de singular (que nos substantivos é -s ou -es ou -is) separable do de persoa.

entre o tempo e o modo, de xeito que é difícil establecer uns morfemas distintivos de indicativo, subxuntivo, imperativo e formas impersoais do verbo

Arte bizantina

A arte bizantina é a arte producida no Imperio bizantino desde o século V ata a caída de Constantinopla en 1453, tamén se emprega para referirse á arte de estados contemporáneos a el que compartían formas culturais comúns sen ser parte do imperio como Macedonia, Bulgaria, Serbia ou Rusia e mesmo certos aspectos da arte da República de Venecia.

A impronta romana, o gusto polo luxo, a suntuosidade e a proporción herdados da cultura grega deu lugar a unha arte imperial-relixiosa presidida pola idea do dogmático e por unha concepción xerarquizante e simbólica da arte na que as formas e as técnicas respondían a unhas normas fixas, segundo un preciso e inmutable contido teolóxico, no que Deus e o emperador quedaban no mesmo rango no nivel representativo.

Os templos bizantinos tiñan planta centralizada cunha gran cúpula central como un trasunto arquitectónico da bóveda celeste, conservando en xeral a organización da basílica paleocristiá. O iconostasio separaba o presbiterio das naves, constituíndo un lugar específico para as imaxes. Usualmente utilizaba como material de construción o ladrillo, como os romanos, pero acentuando a súa función decorativa, empregando frecuentemente o arco de medio punto e as cubertas abovedadas.

Os edificios no interior amosaban unha decoración suntuosa a base de mosaicos, esmaltes, ourivaría, teas e un longo etcétera. Exteriormente predominaba a verticalidade e conxugación de rectas e curvas.

A escultura bizantina renovou as formas e os motivos decorativos. Pictograficamente a forma de Cristo seguiu o modelo sirio de melena longa e barba partida, representado frecuentemente como Pantocrátor. A Virxe tiña unha tipoloxía máis variada con formas como a kiriotissa, hodigitria, theotokos, galactotrofusa e glycofilusa entre as máis frecuentes.

Carotenoide

Os carotenoides son pigmentos orgánicos que se atopan de xeito natural en plantas e outros organismos fotosintéticos como algas, e ademais nalgunhas clases de fungos e bacterias. Coñécese a existencia de máis de 700 compostos pertencentes a este grupo.

Conxugación bacteriana

A conxugación bacteriana é a transferencia de material xenético entre células bacterianas por contacto directo entre células ou pola formación dunha ponte de conexión entre as células. Foi descuberta en 1946 por Joshua Lederberg e Edward Tatum. A conxugación é un mecanismo de transferencia horizontal de xenes, e xunto coa transformación e a transdución (que non implican contacto entre células), é un mecanismo denominado parasexual, xa que lembra algúns aspectos da sexualidade (intercambio de xenes), aínda que é moi diferente dunha reprodución sexual, xa que as células non se reproducen (empezan sendo dúas e acaban sendo dúas) nin se pode falar propiamente de "sexos" senón de bacterias doantes e receptoras, e xeralmente só se transmite unha pequena cantidade de material xenético.Durante a conxugación, a célula doante do material xenético cede un elemento xenético mobilizable ou conxugativo, que adoita a ser un plásmido ou un transposón. A maioría dos plásmidos conxugantes teñen sistemas para asegurar que a célula receptora non contén xa un elemento similar.

A información xenética transferida é con frecuencia beneficiosa para o receptor, xa que pode conter xenes para a resistencia a antibióticos, tolerancia xenobiótica ou capacidade de utilizar novos metabolitos. Estes plásmidos beneficiosos poden ser considerados similares a endosimbiontes bacterianos. Outros elementos transferidos poden non conter xenes beneficiosos e poden considerarse similres a parasitos, que se reproducen, e a conxugación podería interpretarse como un mecanismo que evolucionou para permitir a súa propagación.

Copretérito de indicativo

O Copretérito de indicativo é un tempo verbal que expresa coincidencia temporal respecto a un referendo pasado. O referendo pode ser achegado mesmo por un adverbio.

Morfoloxicamente está por unha raíz, unha vogal temática, un sufixo modo-temporal e un sufixo de número e persoa. O sufixo modo-temporal é o morfema "ba" no caso da primeira conxugación e o morfema "a" no caso da segunda e terceira conxugación verbal.

Dobre enlace

Un dobre enlace en química é un enlace químico entre dous elementos químicos no que están implicados catro electróns de enlace en lugar dos habituais dous. O dobre enlace máis común é o que se establece entre dous átomos de carbono, tal como o dos alquenos. Hai moitos tipos de dobre enlace entre dous átomos diferentes, por exemplo no grupo carbonilo entre un átomo de carbono e outro de oxíxeno. Outros dobres enlaces comúns encóntranse en compostos azo (N=N), iminas (C=N) e sulfóxidos (S=O). Nas fórmulas esqueléticas dos compostos o dobre enlace debúxase como dúas liñas paralelas (=) entre os dous átomos conectados; tipograficamente úsase o signo igual.Os dobres enlaces son máis fortes que os enlaces covalentes simples e os dobres enlaces son máis curtos (de menor lonxitude) e ríxidos (en canto a capacidade de rotar dos átomos implicados). A orde de enlace é dous. Os dobres enlaces son tamén ricos en electróns, o que os fai reactivos.

No metabolismo hai encimas especializados en formar ou eliminar dobres enlaces chamados liases.

Os dobres enlaces poden orixinar isomerías como a ceto-enol (pola posición do dobre enlace) ou a cis-trans (polas posicións dos substituíntes unidos aos carbonos ligados por dobre enlace). Poden orixinar tamén resonancia, como no enlace peptídico.

Haploide

Células haploides son as células dos organismos eucariotas que teñen un único conxunto de cromosomas ou a metade do número normal de cromosomas en céulas diploides (2n), característico da especie, xeralmente referido pola letra minúscula n.

Lingua catalá

O catalán é unha lingua románica falada polo pobo catalán nalgúns territorios de España, Francia e Italia, así como tamén en Andorra, feito que propicia a denominación destes territorios como Países Cataláns, dada a súa unidade lingüística e cultural. Cómpre sinalar por outra banda que na Comunidade Valenciana o catalán recibe o nome de valenciano.

É lingua oficial de Andorra, cooficial en Cataluña, País Valenciano e as Illas Baleares xunto ó castelán, e carece de oficialidade na Franxa de Aragón, na Cataluña do Norte (Francia), na cidade sarda de L'Alguer e na zona de El Carche (Murcia). É a lingua habitual duns 4,4 millóns de persoas; ademais, son capaces de falalo uns 7,7 millóns e é comprendido por preto de 10,5 millóns de persoas.

Lingua estoniana

O estoniano (eesti keel, IPA: [ˈeːs.ti ˈkeːl]) é a lingua oficial da Estonia, falada por preto de 1,1 millón de persoas. É unha lingua fino-ugria e intimamente ligada ao finlandés, falado do outro lado do Golfo de Finlandia (ambas as dúas linguas son mutuamente intelixíbeis), a lingua võro, e o saami, falado no norte da Finlandia. Máis afastadamente está relacionado coa lingua húngara. Por contra, o estoniano non ten relación co letón nin tampouco coa lingua rusa.

Lingua telugúa

O telugu (en telugu: tĕlugu / తెలుగు) é unha lingua do estado de Andhra Pradesh na India. Neste estado é a lingua oficial, e tamén se fala en Ianaon (unión territorial de Pondichery), na parte central do territorio tamil, ao leste de Carnataca, en Maharastra e en Orissa. Existe unha grande diáspora telugúa en Birmania, en Malaisia, na Illa Mauricio, en Arabia Saudita, nos emiratos do Golfo, na República de Suráfrica, nas Illas Fixi, en América do Norte, no Reino Unido e en Francia. Uns 70 millóns de persoas fálana como primeira lingua.

O telugu escríbese por medio dun silabario parcial procedente do brâhmî. Forma parte, canda o támil, da familia das linguas dravídicas.

O telugu é unha lingua aglutinante e con declinacións. Pola súa sonoridade vocálica os colonizadores ingleses denominárona o "italiano de Asia". En telugu, a conxugación ten en conta na flexión non só o tempo senón tamén a negación e a interrogación.

Pódense distinguir tres grandes períodos na historia da lingua telugu: o arcaico, que comeza no século VII a. C. conforme os primeiros documentos escritos que se gardan, o medio, desde o século IX ata o século XVII e máis o telugu moderno.

Morfoloxía (lingüística)

A morfoloxía é unha rama da lingüística que se encarga da forma das palabras nas linguas flexivas, da combinación dos diversos morfemas e das categorías en que estes se organizan.

O campo de traballo da morfoloxía é variable, segundo sexa o tipo de palabras coas que se traballe (verbal ou conxugación, nominal ou flexión e declinación, ...), os morfemas (raíz, formantes, bases, terminacións, ...), ou sistema de derivación (flexión, derivación, paronomasia, sufixos, prefixos, interfixos, infixos, afixos)

Pilus

Un pilus (que en latín significa pelo, en plural pili), xeralmente considerado sinónimo de fimbria, é un apéndice similar en forma de pelo que se encontra na superficie de moitas bacterias. Aínda que os termos pilus e fimbria (do latín "filamento", "fibra") se utilizan xeralmente como sinónimos, algúns investigadores reservan o termo pilus para os apéndices requiridos para a conxugación bacteriana. Todos os pili están compostos esencialmente polas proteínas oligoméricas pilinas.

Os pili son máis característicos das bacterias gramnegativas, pero tamén poden aparecer nalgunhas especies grampositivas. Unha bacteria pode ter ducias de pili por toda a súa superficie. Os pili sérvenlles ás bacterias para unirse a superficies ou a outras bacterias. Algúns virus bacteriófagos utilizan os pili das bacterias para adherirse á superficie bacteriana e iniciar o seu ciclo replicativo.

Os pili son antixénicos. Son bastante fráxiles e están a renovarse decote, ás veces con pili de diferente composición antixénica, o que altera a antixenicidade da bacteria. As respostas inmunitarias específicas do hóspede aos pili orixinais non son efectivas contra os pili novos. Os xenes dos pili teñen rexións variables (V) e constantes (C), que se combinan, de xeito similar a como se produce a variabilidade das inmunoglobulinas dos vertebrados.

Plásmido

Un plásmido é unha pequena molécula de ADN que se encontra nunha célula que está separada fisicamente do ADN cromosómico e pode replicarse independentemente. Normalmente trátase de pequenas moléculas de ADN circular bicatenario que se encontran en bacterias, pero ás veces están presentes tamén en arqueas e eucariontes. Na natureza, os plásmidos adoitan portar xenes que poden beneficiar a supervivencia do organismo, por exemplo danlles resistencia aos antibióticos. Aínda que os cromosomas son grandes e conteñen toda a información xenética esencial para vivir en condicións normais, os plásmidos xeralmente son moi pequenos e conteñen só xenes adicionais que poden ser útiles para o organismo en certas situacións ou condicións particulares. Os plásmidos artificiais utilízanse amplamente como vectores en clonación molecular, xa que serven para dirixir a replicación de secuencias de ADN recombinante dentro dos organismos hóspedes. No laboratorio, os plásmidos poden introducirse nunha célula polo mecanismo da transformación.

Os plásmidos considéranse replicóns, unidades de ADN con capacidade de replicación autónoma dentro dun hóspede axeitado. Porén, os plásmidos, igual que os virus, non son xeralmente clasificados como seres vivos. Os plásmidos transmítense desde unha bacteria a outra (incluso doutra especie) principalmente por conxugación. Esta transferencia hóspede a hóspede dun material xenético é un mecanismo de transferencia horizontal de xenes, e os plásmidos son considerados parte do mobiloma. A diferenza dos virus (que encapsulan o seu material xenético nunha cuberta proteica protectora chamada cápside), os plásmidos son ADN "espido" e non codifican os xenes necesarios para encapsular o material xenético para transferilo así a un novo hóspede. Porén, algunhas clases de plásmidos codifican os pili "sexuais" ou da conxugación necearios para a súa propia transferencia. O tamaño do plásmido varía de 1 a uns 200 kbp, e o número de plásmidos idénticos nunha soa célula pode estar entre un e miles baixo certas circunstancias.

As relacións entre microbios e o ADN do plásmido non é nin parasita nin mutualista, porque ambos os casos implicarían a presenza dunha especie independente nun estado prexudicial ou comensal co organismo hóspede. En vez diso,, os plásmidos proporcionan un mecanismo para a transferencia horizontal de xenes dentro dunha poboación de microbios e proporcionan tipicamente unha vantaxe selectiva baixo un estado ambiental dado. Os plásmidos poden portar xenes que proporcionan resistencia a antibióticos presentes de forma natural nun nicho ecolóxico competitivo, ou a proteína producida pode actuar como toxina en circunstancias similares, ou permitir que o organismo utilice un composto orgánico determinado que sería vantaxoso cando escaseasen os nutrientes.

Presente de subxuntivo

O presente de subxuntivo é un dos tempos verbais. Caracterízase por, ademais de non posuír vogal temática, ter un sufixo modo-temporal "e" para a primeira conxugación, e "a" para a segunda e terceira conxugacións.

O presente de subxuntivo é unha forma caracterizada polo modo. Temporalmente é presente ou prospectiva, nunca retrospectiva; habitualmente é referente. Cando existe no contexto outro elemento que indique modalidade (adverbio, conxunción,...), o trazo modal do subxuntivo é redundante. Nestes casos, o trazo modal de subxuntivo é redundante, polo que pode aparecer no seu lugar o indicativo u o futuro: Quizais vén hoxe ∼ Quizais virá hoxe ∼ Quizais veña hoxe.

Protozoos

Os protozoos ou protozoarios, son organismos xeralmente microscópicos, unicelulares, eucariotas, heterótrofos, fagótrofos, depredadores ou detritívoros, ou parasitos ou ás veces mixótrofos (parcialmente autótrofos); que viven en ambientes húmidos ou directamente en medios acuáticos de auga salgada ou doce ou no corpo doutros seres vivos, e que se reproducen de forma asexual por fisión binaria e tamén sexual por isogametos ou por conxugación intercambiando material xenético. A maioría miden unhas poucas decenas de microns, pero algúns poden verse a simple vista (algúns nummulites fósiles miden varios centímetros). Neste grupo encádranse taxons moi diversos cunha relación de parentesco remota, clasificados en moitos filos distintos do reino Protista. Porén, os protozoos son un grupo polifilético, e o termo non ten valor na clasificación taxonómica actual, pero foi utilizado nas clasificacións anteriores.

Aínda que nas clasificacións modernas foi desaparecendo o termo protozoo, o protistólogo Thomas Cavalier-Smith recuperou recentemente o termo Protozoa para denominar a un reino eucariótico (ver máis abaixo) na súa clasificación dos protistas, pero os límites deste taxon Protozoa non coinciden cos tradicionais.

Reprodución

Coñécense dous tipos principais de reprodución no mundo vivo, unha é a reprodución sexual ou sexuada e a outra a reprodución asexual ou asexuada

Reprodución asexual

A reprodución asexual é un modo de reprodución no cal a descendencia se orixina a partir dun só individuo, e só herda os xenes do seu proxenitor; esta reprodución case nunca afecta á ploidía (número de conxuntos de cromosomas). A descendencia é unha copia xenética exacta do proxenitor, excepto no caso específico da automixe. Outra definición máis estrita de reprodución asexual é a agamoxénese, que é unha reprodución sen a fusión de gametos. A reprodución asexual é a forma primaria de reprodución nos organismos unicelulares como as arqueas, bacterias, e protistas. Moitas plantas e fungos tamén se reproducen asexualmente.

Aínda que todos os procariotas se reproducen asexualmente (sen a formación e fusión de gametos), os mecanismos de transferencia lateral de xenes como a conxugación bacteriana, transformación xenética e transdución xenética son ás veces comparados coa reprodución sexual (ou polo menos co sexo, no sentido de recombinación xenética). A ausencia completa de reprodución sexual é relativamente rara nos organismos multicelulares, especialmente nos animais. Non se comprende de todo por que a capacidade de reproducirse sexualmente é tan común neles. As hipóteses actuais sinalan que a reprodución asexual pode ter beneficios a curto prazo cando é importante un crecemento rápido da poboación ou en ambientes estables, mentres que a reprodución sexual ofrece vantaxes netas ao permitir unha xeración máis rápida de diversidade xenética, perimitindo a adaptación a ambientes cambiantes. Nuns poucos animais que eliminaron a reprodución sexual completamente nos seus ciclos de vida poden subxacer razóns que teñen que ver con restricións de desenvolvemento. Outra restrición para cambiar da reprodución sexual á asexual sería a perda simultánea da meiose e da reparación recombinacional protectora dos danos no ADN, que é unha das funcións da meiose.

VOLG

VOLG (habitualmente pronunciado /bolga/) é o acrónimo do Vocabulario ortográfico da lingua galega. Se as NOMIG son as prescricións ortográficas e morfolóxicas da RAG e do ILG, asumidas por lei, o VOLG consiste na súa aplicación. Malia circular en copias privadas durante anos, no ano 2004 por fin apareceu publicado oficialmente en papel por estas dúas institucións baixo a coordinación de Manuel González González e de Antón Santamarina Fernández, co cal se creou a base normativa de facto (non de iure) para calquera obra lexicográfica xeral do galego.

Verbo

O verbo é unha clase de palabra que funciona como núcleo do predicado e adoita indicar acción (traer, ler etc.), proceso (pensar, crer etc.) ou estado (existir, vivir, permanecer, ser etc.). En galego constitúe a clase de palabra máis variable.

Dependendo da lingua, hai moitos factores que fan que os verbos poidan mudar a súa forma, entre eles pódense atopar o tempo, o modo, o aspecto, a voz. Ademais, o verbo pode concordar en xénero, persoa e número con algúns dos seus argumentos (aos que normalmente se coñece como suxeito, complemento directo etc.).

As linguas en que os verbos son conxugados denomínanse linguas flexivas, e cada unha destas determina regras específicas para a conxugación dos seus propios verbos, diferindo notablemente estas entre un sistema lingüístico e outro. En galego, por exemplo, os verbos conxúganse dunha forma regular segundo a persoa, número, tempo e modo, e ademais con estruturas chamadas perífrases verbais que expresan modos e aspectos que non aparecen na conxugación regular. Como a terminación é distinta para cada persoa, o uso de persoais considérase a miúdo unha redundancia.

Noutros idiomas, por exemplo o francés, os verbos teñen terminacións distintas para cada persoa, pero debido á súa particular ortografía, moitas delas son homófonas, polo que o pronome si se considera necesario. Os verbos do idioma xaponés, por outra banda, non se conxugan coa persoa nin o número, polo que expresións como "日本語の本を読んでいます" (nihongo non hon wo yondeimasu) poden ser interpretados como "estou lendo un libro de xaponés", "están lendo un libro de xaponés", ou calquera persoa e/ou número, dependendo do contexto.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.