Conxo, Santiago de Compostela

Santa María de Conxo é unha parroquia que se localiza no concello de Santiago de Compostela na comarca de Santiago. Segundo o IGE en 2013 tiña 502 habitantes (252 mulleres e 250 homes) distribuídos en 3 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 576 habitantes.

Coordenadas: 42°52′03″N 08°33′25″O / 42.86750, -8.55694

Conxo
Conxo 060325 03
Hospital provincial.
ConcelloSantiago de Compostela
Poboación502 hab. (2013)
Entidades de poboación16

Xeografía

Está situada ao suroeste do centro urbano da cidade, á beira do río Sar.

Historia

No castriño de Conxo consérvanse restos do poboado castrexo, e nel hai unha rocha con diferentes petróglifos.

Xa no século X apareceu o núcleo de poboación arredor da Igrexa da Nosa Señora da Mercé de Conxo. O castelo da Rocha Forte foi construído no século XIII e foi destruído na Gran Guerra Irmandiña.

Trala división territorial de España en 1833 Conxo constituíuse como concello de seu. En 1837 naceu en Cornes a escritora Rosalía de Castro. En 1856 tivo lugar o Banquete de Conxo, ao que asistiron entre outros Eduardo Pondal e Aurelio Aguirre. En 1873 saíu da estación de Cornes o primeiro ferrocarril de Galicia, con destino Carril.

Anexo á igrexa estaba o mosteiro de Santa María, abandonado trala desamortización, e no que o cardeal Miguel Payá creou en 1885 o Hospital Psiquiátrico de Santiago de Compostela. En 1925 o concello de Conxo pasou a formar parte do de Santiago de Compostela.

Existe unha locución moi común referida a Conxo: Vaiche na misa en Conxo, que se di cando alguén non está, e vai tardar en chegar. Segundo Eladio Rodríguez, a expresión provén de cando foi asasinado o arcebispo Sueiro, en 1366, no contexto duns graves enfrontamentos polos que se ordenou o peche de tódalas igrexas de Santiago. En consecuencia, os composteláns tiñan que ir a misa a Conxo, daquela lonxe da cidade, polo que tardaban moito en ir e volver.[1].

Economía

En Conxo ten a súa sede a multinacional galega das telecomunicacións Televés.

Patrimonio

Anoitecer en Santiago dende A Rocha Vella.

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes de Conxo, Santiago de Compostela.
Conxo 060325 04

Hospital psiquiátrico.

Hospital psiquiátrico de Conxo

Hospital psiquiátrico.

Castrino de conxo gravado

Gravados do Castriño de Conxo.

Proxectiles de catapulta do Castelo da Rocha

Proxectís de catapulta do castelo da Rocha Forte.

Parque infantil no barrio de Conxo, Santiago

Parque infantil.

Lugares e parroquias

Parroquias de Santiago de Compostela

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

  1. Eladio Rodríguez González, s. v. ir.
AG-56

A autovía AG-56 é unha vía de altas prestacións une a Autoestrada do Atlántico á altura do Rial de Conxo (Santiago de Compostela) co corredor CG-1.5 na localidade de Gontade (Os Ánxeles, Brión). Ten unha lonxitude aproximada de 12 km e é propiedade da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade da Xunta de Galicia.

Alfonso Penela

Alfonso Penela Fernández, nado en Vigo en 1955, é un arquitecto galego.

Anarquismo

O anarquismo é unha ideoloxía política, corrente filosófica e movemento social radical que chama á oposición e abolición de toda autoridade, xerarquía e forma de control social por consideralas non desexables, innecesarias e nocivas. Os tipos de autoridade rexeitados polos anarquistas inclúen os de tipo político (o Estado), económico (o capitalismo), relixioso (a Igrexa), cultural (o patriarcado), industrial (o especismo) ou calquera outra forma de opresión e explotación. Do mesmo xeito, os anarquistas pretenden abolir todo tipo de tratados ou normas impostas (é dicir, aquelas que sexan establecidas por imposición e sen a aprobación, mediante consenso, de todas as persoas), así coma as súas principais ferramentas de coerción e violencia, para conseguir rematar cos diversos tipos de dominación do ser humano polos seus conxéneres.

A intención é desenvolver e conseguir a anarquía, que recoñece a plena liberdade e autonomía dos individuos, configurando sociedades a escala humana ou, máis exactamente, en comunidades, baseadas no modelo libertario de comuna autónoma, que tería por fundamentos a asociación voluntaria, a horizontalidade, a iniciativa individual e o apoio mutuo ou solidariedade recíproca. Existen varios métodos propostos polas diversas escolas e tendencias xurdidas no movemento anarquista para a consecución destes fins, sempre a través de medios concordantes con eles como son os conceptos da autoxestión, a acción directa e de base.

Con movementos precursores dende a antigüidade, o anarquismo desenvólvese no século XIX a través de diversas tendencias, tendo lugar algunhas das experiencias libertarias máis significativas ao longo do século XX. Dende entón converteuse nun movemento que está presente de forma continua en múltiplos temas contemporáneos.

Axencia Galega de Innovación

A Axencia Galega de Innovación (GAIN) é unha axencia pública autonómica, adscrita á Consellería de Economía, Emprego e Industria pero con personalidade xurídica propia, que ten como finalidade fomentar e vertebrar as políticas de innovación nas administracións públicas galegas, e o apoio e impulso do crecemento e da competitividade das empresas galegas, a través da implementación de estratexias e programas de innovación eficientes.A Axencia creouse o 12 de xaneiro do ano 2012 polo o Decreto 50/2012, no que se aprobaron os seus estatutos, que se modificaron polo Decreto 15/2014, do 6 de febreiro, co cal a súa estrutura organizativa quedou dividida nas seguintes catro unidades orgánicas, dependentes directamente da Dirección da Axencia: Área de Xestión, Área de Programas, Área de Servizos e Área de Centros.A súa sede está situada na Rúa Airas Nunes s/n, Conxo, Santiago de Compostela.

Cornes, Conxo, Santiago de Compostela

Cornes é un lugar do antigo concello de Conxo, situado ao suroeste de Santiago de Compostela e dende 1925 integrado neste. Cornes aínda existe como núcleo, integrado agora na cidade compostelá.

Galería de imaxes de Conxo, Santiago de Compostela

Santa María de Conxo é unha parroquia que se localiza no concello de Santiago de Compostela.

Galería de imaxes de hospitais de Galicia

Imaxes de Hospitais de Galicia

Helicóptero

Un helicóptero é un aerodino que obtén a forza planeadora mediante superficies sustentadoras chamadas 'palas' que xiran movidas por un motor. O seu antecesor foi o autoxiro.

Hospital

Un hospital (do latín hospitālis) é un lugar onde se atenden enfermos, para avaliar o diagnóstico e fornecer o tratamento que precisen. Existen diferentes tipos de hospitais, segundo o tipo de patoloxías que atenden: hospitais xerais, hospitais psiquiátricos, xeriátricos, materno-infantís etc.

Dentro dos hospitais tamén existen as diferentes ramas de medicina como son; os otorrinos, oftalmólogos, cardiólogos, odontólogos figuran entre os pertencente a hospitais xerais. Dentro dos maternos están, por exemplo os xinecólogos, cirurxiáns, pediatras etc.

Medicina

A medicina é a área do coñecemento humano ligada ao mantemento e restauración da saúde. É, nun sentido amplo, a ciencia e a práctica da prevención e da cura das doenzas humanas. É a área de actuación do profesional formado nunha facultade de medicina.

Porén, non soamente a medicina contribúe para a cura do doente, senón que existen outra serie de disciplinas relacionadas coa saúde, tales como a Farmacia e Bioquímica (que produce e estuda os medicamentos e realiza exames de laboratorio), a Nutrición (que estuda a acción dos alimentos ou a falta deles sobre o corpo humano), a Psicoloxía (que estuda as alteracións emocionais e de comportamentos), a Enfermaría (que estuda e axe nos coidados do enfermo), a Fisioterapia (que axe no sentido de retornar os pacientes ao máis próximo posíbel do seu estado motor anterior e realizando a reeducación postural global) entre outros.

Segundo a Organización Mundial da Saúde, saúde non só a ausencia de doenza. É moito máis que iso, é o completo benestar social e económico do individuo. Ese é un dos motivos de estar a medicina tan intrínseca e historicamente ligada á política.

Modo de transporte

Un modo de transporte, ou medio de transporte, ou aínda sistema de transporte, é unha forma particular de transporte dun lugar a outro de bens ou de persoas, e que se distingue principalmente polo vehículo utilizado e, en consecuencia, pola infraestrutura que utiliza. Cando se asocian varios modos de transporte para concorrer á realización dunha operación de transporte, utilízase o termo intermodalidade.

Mosteiros e conventos de Galicia

Esta é unha lista dos mosteiros e conventos de Galicia divididos en provincias.

Para o uso desta lista é necesario facer algunhas precisións:

Nome: recóllese o nome oficial que tivo o edificio cando cumpría coa súa función monacal. O que non significa que na actualidade conserve ese nome. De feito, en máis dun caso, a ligazón envía a páxinas que se titulan de xeito distinto, respectando o nome actual do edificio.

Fundación: data, o máis aproximada posible, da primeira fundación. Deixando ben sabido que moitos cenobios, sobre todo os máis antigos, cambiaron de orde titular, de status, foron abandonados e de novo ocupados etc.

Estilo: case tódolos mosteiros e conventos, sobre todo os de historia máis longa e de economía máis próspera, pasaron por transformacións e ampliacións, en distintas épocas e con distintos estilos. Na táboa consignamos o estilo ou estilos dominantes na construción tal como a vemos hoxe. Advertir tamén que en todos ou case todos os casos en que damos como estilo o románico, falamos de edificios románicos con engadidos ou transformacións posteriores.

SC-20

A SC-20 é unha estrada multicarril que circunvala polo leste a cidade de Santiago de Compostela. Discorre en paralelo á AP-9 e foi a antiga N-550. No trascurso da súa vida foi mellorada, como no túnel do Hórreo.

Televés

Televés é unha empresa galega con sede en Conxo, Santiago de Compostela dedicada á investigación, deseño, fabricación e comercialización de equipos para a recepción e distribución do sinal de radio, televisión, telefonía, Internet e telecomunicacións. A empresa fundouse no ano 1958, cando a televisión en España acababa de comezar as súas emisións. Inicialmente, a empresa operou desde un pequeno obradoiro cun cadro de persoal de 10 traballadores.. A facturación do seu primeiro ano foi de 400.000 pesetas.

En 2015, a Corporación Televés agrupa máis de 20 filiais cuns 700 traballadores, cunha cifra de vendas de 150 millóns de euros en 90 países, que procede nun 60% das vendas no estranxeiro. Dende o ano 1995 forma parte do DVB, un consorcio internacional de empresas que crea e mantén un conxunto de estándares relacionados coa televisión dixital. Televés é unha das tres empresas máis grandes do sector en Europa.

Torrente, Conxo, Santiago de Compostela

Torrente é un lugar da parroquia de Conxo, no concello coruñés de Santiago de Compostela, na comarca de Santiago.

Urbanismo

O termo urbanismo procede da palabra latina urbis (cidade), que na antigüidade se refería á capital do mundo romano, Roma. É un concepto moderno que xurdiu na comunidade científica logo dos traballos do enxeñeiro catalán Ildefons Cerdà i Sunyer que empregou a palabra urbs para expresar a problemática do desenvolvemento das cidades. Por unha banda o urbanismo refírese aos coñecementos que temos da urbanización dende os primeiros asentamentos humanos estables con perfeccionamentos tecnolóxicos que permiten a repartición das actividades dun poboamento, ata as cidades contemporáneas, e por outra banda refírese á ciencia e técnicas modernas de ordenación do territorio dunha cidade.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.