Converxencia Galega

Converxencia Galega é un partido político nacionalista galego que se autodefine a si mesmo coma centrista, progresista no senso social e liberal no senso económico, europeísta, interclasista e confederalista.[1]

Converxencia Galega (CG)
Partido político de Galiza
Dirixentes e organización
LíderXoán Gato
Historia
Fundación24 de setembro de 2010
Posicións políticas
IdeoloxíaGaleguista
Centrismo progresista
Representación
Representaciónsen representación parlamentaria
Outros datos
SedeFerrol
Páxina webhttps://www.converxenciagalega.es/

Traxectoria

Constituíuse como partido o 24 de setembro de 2010, no seu primeiro congreso constituínte en Santiago de Compostela, malia que as siglas desta formación foron rexistradas no Ministerio do Interior hai case 20 anos por unha serie de catedráticos lugueses, que nunca chegaron a ser utilizadas en ningún comicio electoral até a data. O seu presidente é Xoan Gato, Presidente da Cámara de Comercio de Ferrol e ex-alcalde de Narón. O seu maior asentamento constitúese en Lugo onde mellor está organizado con 20 comités locais. Nas demais provincias, 13 hai na Coruña, 14 en Pontevedra e 2 en Ourense.[2]

Naceu por mor dunha grande escisión de Terra Galega e provocada pola marcha do seu máximo dirixente Xoan Gato, ex-alcalde do concello coruñés de Narón.[3] Até esa data, Terra Galega era a cuarta forza política de Galicia tralos tres grandes partidos con representación parlamentaria PP, PSdeG-PSOE e BNG.

Notas

  1. "Converxencia Galega". Arquivado dende o orixinal o 21 de marzo de 2019. Consultado o 21 de marzo de 2019.
  2. http://www.galiciaconfidencial.com/nova/6753.html
  3. http://www.galiciahoxe.com/politica-galicia/gh/converxencia-galega-nace-da-excision-terra-galega/idEdicion-2010-08-26/idNoticia-583143/

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.