Converxencia 21

Converxencia XXI ou Converxencia 21, é unha forza política galega que se define a si mesma como galeguista, europeísta, democrática, de centro reformista, liberal no social e no económico, e aconfesional. Declara como obxectivo a defensa dos intereses colectivos de Galicia co fin de xerar as mellores condicións para o desenvolvemento individual dos seus cidadáns.[1]

Converxencia XXI
Partido político de Galicia
Logo de Converxencia 21
Dirixentes e organización
LíderCarlos Vázquez Padín
(Presidente)
Filiación internacionalPartido Europeo Liberal Demócrata Reformista
Historia
Fundación4 de maio de 2009
Posicións políticas
IdeoloxíaGaleguismo, europeísmo, centrismo, liberalismo, Liberalismo económico, Liberalismo social.
Representación
Concelleiros en Galicia
2 / 3.766
Outros datos
SedeSantiago de Compostela
Páxina webconverxencia.eu

Historia

(Carlos Vázquez Padín) Tuy San Telmo 2019
Carlos Vázquez Padín, presidente de Converxencia XXI.

Converxencia XXI foi inscrita no Rexistro de Partidos Políticos do Ministerio do Interior o 4 de maio de 2009.[2]

O seu Presidente é o tudense Carlos Vázquez Padín, elixido Secretario Xeral o 2 de outubro de 2010 no I Congreso da formación[3], e reelixido o 24 de setembro de 2011 xunto cunha nova executiva nacional no II Congreso do partido.[4]

O 3 de marzo de 2012 tivo lugar a I Conferencia Política de Converxencia XXI en Santiago de Compostela.[5]

No III Congreso Nacional da formación, celebrado no outono de 2012 en Santiago de Compostela, Carlos Vázquez Padín foi nomeado Presidente Nacional do Partido, mentres que o lucense Garcilaso de la Vega López foi elixido Secretario Xeral do Partido.

No eido estudantil, Converxencia XXI ten como referencia a Asociación Liberal do Estudantado Galego[6].

Eleccións municipais de 2011

Converxencia XXI comparecerá por primeira vez a unhas eleccións nas eleccións municipais de 2011 en Galicia, presentando candidaturas en catro concellos: A Coruña, Santiago de Compostela, Vigo e Tui. Nelas obteñen o seu primeiro representante institucional ao ser elixido concelleiro en Tui o Secretario Xeral do partido, Carlos Vázquez Padín.

Eleccións ás Cortes Españolas 2011

Por primeira vez na historia da democracia en España, algúns partidos foron obrigados a presentar un número mínimo de sinaturas para poder participar nas eleccións xerais do ano 2011. Ata entón a participación era libre [7]. Converxencia XXI presentou as sinaturas en forma de aval [8] e gañou o dereito a participar nas catro circunscricións galegas, presentando listas na Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra e colleitando o mellor resultado electoral da súa historia co 0.08% dos votos válidos emitidos en Galicia.

Circunscrición Votos Porcentaxe de votos Escanos
A Coruña 505 0,07% 0
Lugo 241 0,11% 0
Ourense 185 0,09% 0
Pontevedra 505 0,09% 0
Total Galicia 1.436 0,08% 0

Eleccións galegas de 2012

Nas eleccións ao Parlamento de Galicia do 21 de outubro de 2012 baixaron ata os 1056 votos, o 0,07 % dos sufraxios válidos emitidos.

Eleccións europeas de 2014

Nas eleccións ao Parlamento Europeo de 2014 non se presentou a formación, que pediu o voto para o Partido de la Libertad Individual, que obtivo 658 votos en Galicia (de novo, o 0.07 % dos sufraxios válidos emitidos en Galicia).

Eleccións municipais de 2015

Nas eleccións municipais de 2015 Converxencia 21 só presentou candidaturas nos concellos de Santiago de Compostela e Tui. Acadou dous concelleiros en Tui, colleitando neste concello o seu maior éxito electoral tras ser a terceira formación máis votada só por tras do PPdeG e o PSdeG-PSOE. En 2017, tras o triunfo dunha moción de censura, Padín foi nomeado alcalde de Tui, pasando a ser o primeiro rexidor municipal desta formación política.[9][10]

Notas

  1. Declaración de principios feita a través do blogue do Secretario Xeral en maio do 2009.
  2. Peleteiro, Loreto (30-4-2019). "Converxencia 21: el partido gallego de los 69 votos". elespanol.com (en castelán). Consultado o 20-6-2019.
  3. "Artigo en A Nosa Terra". Arquivado dende o orixinal o 06 de outubro de 2010. Consultado o 06 de outubro de 2010.
  4. Información da súa páxina web[Ligazón morta]
  5. Información da súa páxina web
  6. http://www.converxencia.eu/?p=1641[Ligazón morta]
  7. Nova LOREG
  8. "Nova en Mundo Galiza". Arquivado dende o orixinal o 27 de decembro de 2011. Consultado o 12 de marzo de 2012.
  9. «Padín, novo alcalde de Tui entre berros de "corrupto" e "traidor"», artigo en Galicia Confidencial, 17 de outubro de 2017.
  10. «Carlos Padín, alcalde de Tui ao triunfar a moción de censura da dereita», artigo en Sermos Galiza, 17 de outubro de 2017.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Carlos Vázquez Padín

Carlos Vázquez Padín, nado en Tui o 1 de agosto de 1973, é un político e emprendedor galego.

Eleccións ao Parlamento de Galicia 2016

As eleccións autonómicas de Galicia de 2016 foron as décimas eleccións ao Parlamento de Galicia dende a súa constitución e celebráronse o 25 de setembro de 2016, data en que se fan catro anos desde a celebración dos comicios anteriores.

Eleccións municipais de 2015 en Galicia

As eleccións municipais de 2015 celebráronse o día 24 de maio de 2015 en toda España. En Galicia, escolléronse nelas 314 corporacións municipais, unha menos que nos comicios precedentes, logo da fusión de Oza-Cesuras, así como as catro deputacións provinciais. Ademais en España celebráronse comicios en 13 comunidades autónomas no mesmo día que as eleccións municipais.

Eleccións municipais de 2019 en Galicia

As eleccións municipais de 2019 celebráronse o 26 de maio de 2019 en toda España. En Galicia, escolléronse nelas 313 corporacións municipais, unha menos ca nos comicios precedentes, logo da fusión de Cerdedo-Cotobade, así como as catro deputacións provinciais. Ademais, en España celebráronse comicios en 13 comunidades autónomas no mesmo día cás eleccións municipais.

Eleccións municipais en Lugo

Corporacións democráticas en Lugo desde a aprobación da Constitución de 1978.

Eleccións municipais en Santiago de Compostela

Corporacións democráticas en Santiago de Compostela desde a aprobación da Constitución de 1978.

1979 Alcalde: José Antonio Souto Paz — UCD. Renuncia, sendo substituído por Marcial Castro Guerra o 7 de setembro de 1981.Modelo:Santiago de Compostela 1979

1983 Alcalde: Xerardo Estévez — PSdeG-PSOE. Tras unha moción de censura o 5 de maio de 1986 toma posesión como alcalde Ernesto Viéitez Cortizo de Alianza Popular (AP).Modelo:Santiago de Compostela 1983

1987 Alcalde: Xerardo Estévez — PSdeG-PSOE

1991 Alcalde: Xerardo Estévez — PSdeG-PSOE

1995 Alcalde: Xerardo Estévez — PSdeG-PSOE. Renuncia, sendo substituído por Xosé Antonio Sánchez Bugallo o 19 de decembro de 1998.

1999 Alcalde: Xosé Antonio Sánchez Bugallo — PSdeG-PSOE

2003 Alcalde: Xosé Antonio Sánchez Bugallo — PSdeG-PSOE

2007 Alcalde: Xosé Antonio Sánchez Bugallo — PSdeG-PSOE

2011 Alcalde: Xerardo Conde Roa — PPdeG. Dimite en abril de 2012 trala súa imputación por fraude fiscal, sendo substituído polo seu compañeiro de partido Ángel Currás Fernández. O 9 de xuño de 2014, dimite Currás trala inhabilitación de sete dos seus concelleiros condeados por prevaricación, xunto coa súa imputación e a doutros dous concelleiros na Operación Pokemon. O seu substituto foi o ex-conselleiro Agustín Hernández, que fora na lista do PP ao concello no último posto.

2015 Alcalde: Martiño Noriega — Compostela AbertaCandidatos: Martiño Noriega Sánchez (Compostela Aberta), Agustín Hernández Fernández de Rojas (PP), Francisco Reyes Santiás (PSdeG-PSOE), Rubén Cela Díaz (BNG), Javier Sánchez-Agustino Mariño (C's), Xosé Antón López Fernández (CxG-CCTT), Cristina Bandín Potel (SAIn) e Antonio Asorey Cacheda (Converxencia 21).

2019 Alcalde: Xosé Antonio Sánchez Bugallo — PSdeG-PSOE

Eleccións municipais en Tui

Corporacións democráticas en Tui desde a aprobación da Constitución de 1978.

1979 Alcalde: Ángel Álvarez Durán — UCD

1983 Alcalde: Ángel Álvarez Durán — PG

1987 Alcalde: Juan Miguel Diz Guedes. Substituído en 1990 por José Luís Gómez Núñez.

1991 Alcalde: Miguel Ángel Capón Rey — PPdeG

1995 Alcalde: Miguel Ángel Capón Rey — PPdeG. Substituído en 1998 por Antonio Feliciano Fernández Rocha por unha moción de censura.

1999 Alcalde: Antonio Feliciano Fernández Rocha — CPT

2003 Alcalde: Antonio Feliciano Fernández Rocha — PPdeGModelo:Tui 2003

2007 Alcalde: Antonio Feliciano Fernández Rocha — PPdeGModelo:Tui 2007

2011 Alcalde: Moisés Rodríguez Pérez — PPdeG

2015 Alcalde: Enrique Cabaleiro González — PSdeG-PSOE. Foi substituído en outubro de 2017 por Carlos Vázquez Padín logo dunha moción de censura.Candidatos: Antonio Feliciano Fernández Rocha (PP), Carme Núñez (BNG), Carlos Vázquez Padín (Converxencia 21), Laureano Alonso Álvarez (Son de Tui), Manuel González Vázquez (Ciudadanos Tudenses), Xosé Manuel Sousa Sousa (Alternativa Popular de Tui), Miguel Ángel Capón Rey (Alternativa Tudense) e Enrique Cabaleiro González (PSdG-PSOE).

Pola súa banda, na entidade local menor de Pazos de Reis houbo tamén eleccións a presidente da entidade, resultando elixido Enrique Pérez Martínez, da formación (Ciudadanos Tudenses), que se impuxo aos outros candidatos: Margarita Romero Lorenzo (BNG), José Claudio Cardoso Machado (Alternativa Popular de Tui), Juan Jorge González (PP), Vanesa González Nunes (PSdeG-PSOE) e Rogelio Alonso Álvarez (Alternativa Tudense).

Enrique Cabaleiro González

Enrique Cabaleiro González, nado en Tui, é un avogado e político galego do PSdeG-PSOE.

José Manuel Palacín

José Manuel Palacín Rodríguez, nado no Porriño en 1966, é un político galego, que foi líder do Centro Democrático Liberal, fundando os liberais demócratas en Galicia, concelleiro de Converxencia 21, articulista e tamén músico. Fillo de emigrantes, estabeleceuse na península de forma definitiva en 1973. É licenciado en Xeografía e Historia e tamén fixo estudos de música sendo saxofonista e vocalista de dous grupos musicais, BBC e Muerte en la Noria. Posteriormente estudou Arquivística e Historia das Institucións.

Provincia de Pontevedra

Pontevedra é unha das catro provincias de Galicia creadas por Javier de Burgos en 1833. Limita ao norte coa provincia da Coruña, ao leste coa provincia de Ourense e a provincia de Lugo, ao sur con Portugal e ao oeste co océano Atlántico. A súa capital é a cidade de Pontevedra, con 82.539 habitantes en 2015, sendo Vigo a súa maior cidade cunha poboación de 294.098 habitantes (2015). É provincia máis pequena e a segunda máis poboada de Galicia trala da Coruña.

Tui

Tui é un concello galego da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca do Baixo Miño da que é capital. Tui foi a capital dunha das sete provincias de Galicia até 1833, da provincia de Tui. Segundo o IGE a súa poboación en 2016 era de 16.966 persoas. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é tudense.

Dende o 10 de febreiro de 2012, forma coa cidade portuguesa de Valença do Minho unha eurocidade, como mostra de cooperación e integración dos dous concellos, separados tan só polo río Miño.

Xabier Cid

Xabier Cid Fernández, nado en Ourense o 7 de setembro de 1975, é un escritor e tradutor galego.

Xaime Requeixo

Xaime Manuel Requeixo Souto, nado en Lugo o 28 de outubro de 1969, é un avogado e escritor galego.

Partidos políticos
Sindicatos
Organizacións armadas
Asociacións xuvenís e de estudantes
Movementos sociais

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.