Convergència i Unió

Convergència i Unió (CiU) foi unha federación nacionalista catalá composta pola liberal Convergència Democràtica de Catalunya e a democristiá Unió Democràtica de Catalunya existente entre 1978 e 2015.[1]

Fundada como coalición electoral en 1978, gobernou a Generalitat de Cataluña entre 1980 e o 2003, e tamén entre 2010 e 2015. Ademais, foi a terceira forza política en escanos (en votos éo Esquerda Unida) no Congreso dos Deputados de España, por detrás de PSOE e PP.

CiU colaborou co BNG e o PNV a través de Galeusca para a consecución dun Estado plurinacional.

Convergència i Unió (CiU)
Federación de partidos nacionalistas cataláns (CDC e UDC)
Convergència i Unió (logo)
Dirixentes e organización
LíderArtur Mas
(Presidente)
Ramon Espadaler
(Secretario Xeral)
Filiación internacionalPartido Europeo Liberal Demócrata Reformista (por Convergència)
Partido Popular Europeo (por Unió)
Historia
Fundación1978
Disolución17 de xuño de 2015[1]
Posicións políticas
IdeoloxíaCentro dereita
Nacionalismo catalán
Democracia cristiá
Liberalismo
Federalismo europeo
Independentismo catalán
Conservadorismo
Representación
Representación16 deputados (de 350) no Congreso dos Deputados
Outros datos
SedeCòrsega, 331-333, 08037 Barcelona
Páxina webwww.ciu.cat

Integrantes

A federación Convergència i Unió estaba integrada por dous partidos políticos:

Resultados electorais

* En 1977, a suma de CDC (5) e UDC (1)

Eleccións xenerais españolas ao Congreso dos Deputados
Eleccións Candidato Votos % Escanos Posición
1979 Jordi Pujol 483.353 2,69% 8
1982 Miquel Roca 772.726 3,67% 12
1986 Miquel Roca 1 014 258 5,02% 18
1989 Miquel Roca 1 032 243 5,04% 18
1993 Miquel Roca 1 165 783 4,94% 17
1996 Joaquim Molins 1 151 633 4,60% 16
2000 Xavier Trias 970.421 4,19% 15 3º *
2004 Josep Antoni Duran i Lleida 835.471 3,23% 10 3º *
2008 Josep Antoni Duran i Lleida 774.317 3,05% 10 3º *
2011 Josep Antoni Duran i Lleida 1 015 691 4,17% 16 3º *

* Nas eleccións xerais de 2000, 2004, 2008 e 2011, CiU obtivo o terceiro lugar en escanos pero non en votos.

Eleccións autonómicas ao Parlamento de Cataluña
Eleccións Candidato Votos % Escanos Posición
1980 Jordi Pujol 752.943 27,68% 43
1984 Jordi Pujol 1 346 729 46,80% 72
1988 Jordi Pujol 1 232 514 45,72% 69
1992 Jordi Pujol 1 221 233 46,19% 70
1995 Jordi Pujol 1 320 071 40,95% 60
1999 Jordi Pujol 1 178 420 37,70% 56 1º *
2003 Artur Mas 1 024 425 30,94% 46 1º *
2006 Artur Mas 928.212 31,52% 48
2010 Artur Mas 1 198 010 38,47 % 62
2012 Artur Mas 1 112 341 30,68 % 50

* Tanto en 1999 como en 2003, CiU foi o segundo partido en obtención de votos, pero o primeiro en número de escanos.

Notas

  1. 1,0 1,1 Convergència anuncia o fin de CiU: “O proxecto acabouse”

Véxase tamén

Ligazóns externas

Anglès, Xirona

Anglès é un concello catalán da provincia de Xirona, na comarca da Selva.

A vila xerundense sitúase no medio dun extenso val que dista a 17 km de Xirona, 12 km de Santa Coloma de Farnens (capital da comarca), 100 km da cidade de Barcelona e 40 km da Costa Brava. A vila antiga álzase sobre unha pequena elevación situada en medio dunha chaira fértil no lado sur da desembocadura da riera de Osor no río Ter.

Artur Mas

Artur Mas i Gavarró, nado en Barcelona o 31 de xaneiro de 1956, é un economista e político catalán, foi o 129 presidente da Generalitat de Cataluña desde o 23 de decembro de 2010 ata o 10 de xaneiro de 2016, data en que foi sucedido por Carles Puigdemont.

É tamén presidente da federación de Convergència i Unió (CiU) e presidente de Convergència Democràtica de Catalunya. Foi conselleiro de Política Territorial e Obras Públicas da Generalitat de Cataluña de 1995 a 1997, de Economía e Finanzas de 1997 a 2001 e Conselleiro Xefe (Conseller en Cap) entre 2001 a 2003. Foi o líder da Oposición do Parlamento de Cataluña de maio de 2004 a decembro de 2010.

Coalición por Europa

Coalición por Europa (CEU) foi unha das candidaturas que se presentaron ás eleccións ao Parlamento Europeo de 2009. Foi a sucesora natural da coalición Galeusca-Pobos de Europa, das eleccións ao Parlamento Europeo de 2004; e estivo formada por Convergència i Unió, Partido Nacionalista Vasco, Coalición Canaria, Partido Andalucista, Unió Mallorquina, Unió Menorquina e Bloc Nacionalista Valencià.

Con este mesmo nome repetiron a súa presentación en '2014, nos comicios europeos dese ano, formada tamén por Convergència i Unió, Partido Nacionalista Vasco e Coalición Canaria, pero en vez dos partidos rexionalistas e nacionalistas de Andalucía, Baleares e Valencia, figuraba a formación galega Compromiso por Galicia.

Consulta sobre a independencia de Cataluña

A consulta sobre o futuro político de Cataluña foi unha consulta sobre a independencia de Cataluña, motivo polo cal tamén é coñecida como consulta sobre a independencia de Cataluña, que se celebrou o 9 de novembro de 2014.

A consulta, incluída no marco dun proceso de participación cidadá organizado pola Generalitat de Cataluña, está formada por unha pregunta con dous apartados: «Quere que Cataluña sexa un Estado?» e «En caso de resposta afirmativa, quere que Cataluña sexa un Estado independente?».

O anuncio da convocatoria desta consulta fíxoa o presidente Artur Mas, o 14 de outubro de 2014 dende a galería gótica do Palau de la Generalitat de Catalunya, como resultado do bloqueo feito polo Goberno de España. Este bloqueo baseábase, en primeiro termo, na negativa do Goberno de España a aceptar un referendo sobre a independencia de Cataluña, e en segundo termo, na suspensión cautelar da "Lei de consultas populares non referendarias" e do decreto de convocatoria da consulta popular non referendaria sobre o futuro político de Cataluña por parte do Tribunal Constitucional de España, despois de admitir a trámite dous recursos do Goberno de España.A convocatoria dunha consulta era o principal acordo do «Pacto pola Liberdade», pacto de investidura asinado en decembro do 2012 despois das eleccións ó Parlamente de Cataluña.

A data e a pregunta da consulta foron anunciades polo Presidente da Generalitat de Cataluña Artur Mas o 12 de decembro de 2013 co apoio dos grupos parlamentarios de Convergència i Unió, Esquerra Republicana de Catalunya, Iniciativa per Catalunya Verds - Esquerra Unida i Alternativa e a Candidatura d'Unitat Popular, que sumaban 87 dos 135 deputados do Parlamento de Cataluña.A consulta contou co apoio da meirande parte das institucións locais após que 920 concellos, 36 consellos comarcais, o Consello Xeral de Arán e 4 deputacións aprobaran mocións a prol da convocatoria da consulta.

Convergència Democràtica de Catalunya

Convergència Democràtica de Catalunya (CDC) é un partido político liberal progresista e nacionalista catalán creado o 17 de novembro de 1974 en Montserrat arredor da figura de Jordi Pujol. O partido refundouse nun congreso entre o 8 e 10 de xullo de 2016 dando lugar ao Partit Demòcrata Europeu Català. Aínda que xa non ten actividade política, o partido segue a existir cunha mínima estrutura xurídica ligada ao novo Partit Demòcrata e presidida polo histórico líder converxente, Jacint Borràs.Xuntamente con Unió Democràtica formou a federación Convergència i Unió, que existiu entre 1978 e 2015. A coalición liderou o Goberno de Cataluña durante 8 lexislaturas.

Demòcrates de Catalunya

Demòcrates de Catalunya (DC, en galego: Demócratas de Cataluña) é un partido político catalán fundado en 2015 a partir dunha escisión de Unió Democràtica de Catalunya (UDC). Ten unha ideoloxía democristiá e independentista.

O grupo que formaría Demòcrates de Catalunya decidiu escindirse de UDC tras a ruptura protagonizada entre este e Convergència Democràtica de Catalunya (CDC), que durante 35 anos coexistiran xuntos a través da marca Convergència i Unió (CiU). Os seus principais impulsores son Antoni Castellà, Núria de Gispert e Joan Rigol.Pouco despois da súa fundación, o novo partido uniuse á alianza independentista Junts pel Sí que concorreu ás eleccións ao Parlamento de Cataluña de setembro de 2015.

Para as eleccións xerais de España de 2015 concorreu baixo a denominación Democràcia i Llibertat. O 13 de maio de 2016, Demòcrates de Catalunya anunciou que non se presentaría ás eleccións xerais do 26 de xuño, finalizando deste xeito a coalición con CDC.

Eleccións ao Parlamento de Cataluña 2010

As eleccións ao Parlamento de Cataluña correspondentes á novena lexislatura do actual período democrático celebráronse o 28 de novembro de 2010.

Eleccións ao Parlamento de Cataluña 2012

As eleccións ao Parlamento de Cataluña correspondentes á décima lexislatura do actual período democrático celebráronse o 25 de novembro de 2012, cando só transcorreron dous anos dende a última convocatoria electoral. As próximas eleccións serán o 27 de setembro de 2015.

Felipe González

Felipe González Márquez, nado en Sevilla, Andalucía o 5 de marzo de 1942, é un avogado, profesor universitario e político andaluz, secretario xeral do Partido Socialista Obreiro Español (PSOE) dende 1974 até 1997 e terceiro presidente do Goberno de España dende a reinstauración da democracia, entre 1982 e 1996.

En 1964, afiliouse ó Partido Socialista Obreiro Español, durante a época de clandestinidade deste. O ano seguinte finalizou os seus estudos de Dereito na Universidade de Sevilla. No Congreso de Suresnes de 1974 do PSOE renovado (escisión do PSOE dirixido por Rodolfo Llopis), Felipe González foi elixido secretario xeral do PSOE. Xa en democracia, obtivo a súa primeira acta de deputado en 1977, sendo o candidato do PSOE á Presidencia do Goberno en 1977 e 1979.

Logo de obter o PSOE a maioría absoluta nas eleccións de 1982, foi investido presidente do Goberno. O seu mandato de trece anos e medio foi o período máis longo dun xefe de Goberno da democracia en España. Baixo a súa dirección, o PSOE logrou dúas maiorías absolutas consecutivas: a de 1982, con 202 deputados no Congreso, e en 1986, eleccións nas que obtivo 184 deputados; asemade, en 1989 obtivo 175 deputados, exactamente a metade dos que compoñen o hemiciclo. En 1993 perdeu a maioría absoluta, obtendo 159 deputados. Logo deste resultado, o PSOE pactou con Convergència i Unió para poder formar goberno. En 1996, perdeu as eleccións ó lograr 141 deputados fronte a 156 que conseguiu o Partido Popular. Foi elixido deputado por última vez en 2000, ano no que concorreu ás eleccións na lista do PSOE pola circunscrición electoral de Sevilla.

Joaquim Forn

Joaquim Forn i Chiariello, nado en Barcelona o 1 de abril de 1964, é un político catalán, licenciado en dereito pola Universidade de Barcelona e adscrito primeiro a Convergència i Unió e posteriormente ao Partit Demòcrata Europeu Català.

Foi concelleiro en Barcelona dende 1999 ata 2017, exercendo de tenente de alcalde da cidade durante a alcaldía de Xavier Trias, entre 2011 e 2015. Foi conselleiro de Interior da Generalitat de Cataluña dende o 14 de xullo ata o 28 de outubro de 2017, en virtude da aplicación do artigo 155 da Constitución española en Cataluña. Foi deputado no Parlamento de Cataluña na súa XII lexislatura.

Desde marzo de 2018 atópase en situación de prisión preventiva, acusado de presuntos delitos de rebelión, malversación e sedición en relación coa celebración do referendo sobre a independencia de Cataluña do 1 de outubro de 2017. O xuízo comezou o 12 de febreiro de 2019.

Jordi Turull

Jordi Turull i Negre, nado en Parets del Vallès (Barcelona) o 6 de setembro de 1966, é un político catalán, membro do Partit Demòcrata Europeu Català (PDeCAT). Foi deputado no Parlament de Catalunya entre 2004 e 2018, e en 2017 exerceu de conselleiro de Presidencia e voceiro do Govern.

Licenciado en dereito, militou desde novo en Convergència Democràtica de Catalunya (CDC) e comezou a súa traxectoria política como concelleiro na súa localidade natal. Posteriormente, pertenceu aos grupos parlamentarios de Convergència i Unió (CiU), Junts pel Sí (JxSí) e Junts per Catalunya (JxCat), chegando a ser na IX lexislatura o presidente do grupo de Junts pel Sí. Foi cesado como conselleiro do executivo catalán en outubro de 2017 tras a aplicación do artigo 155 da Constitución española en Cataluña.

Desde marzo de 2018 atópase en situación de prisión preventiva, acusado de presuntos delitos de rebelión, malversación e sedición en relación coa celebración do referendo sobre a independencia de Cataluña do 1 de outubro de 2017. O xuízo comezou o 12 de febreiro de 2019.

Mollerussa

Mollerussa é a capital da comarca do Pla d'Urgell (provincia de Lleida, Cataluña, España).

NoLesVotes

NoLesVotes, tamén coñecido polo cancelo #nolesvotes, é un movemento de activismo en rede de carácter cívico que se move nun ámbito estatal español e que comezou co afán de castigar nas urnas os partidos políticos Partido Popular, Partido Socialista Obrero Español e Convergència i Unió pola súa aceptación da Lei Sinde a pesar do rexeitamento dun importante sector da poboación. Con todo, o movemento inicial evolucionou tanto no tocante aos seus obxectivos como nas súas motivacións, que se espallaron a outros campos como a loita contra a corrupción ou a partitocracia.

Partit dels Socialistes de Catalunya

O Partit dels Socialistes de Catalunya (PSC) é un partido socialdemócrata catalán creado o 16 de xullo de 1978 coa fusión do Partit Socialista de Catalunya-Congrés, o Partit Socialista de Catalunya-Reagrupament e a federación catalá do PSOE. O PSC está asociado ó PSOE co que comparte grupo parlamentario no Congreso dos Deputados.

Nas eleccións municipais de 1979 consolídase como a segunda forza de Cataluña. Nas eleccións autonómicas de 1980 presentou como candidato á Generalitat a Joan Reventós que non puido evitar o triunfo do candidato converxente Jordi Pujol. En 1999 consegue ser a forza máis votada nas eleccións autonómicas pero con menos escanos que Convergència i Unió. Tras as eleccións autonómicas de 2003 o candidato do PSC, Pasqual Maragall vai gobernar co apoio de ERC e de ICV-EUiA.

Referendo de autodeterminación de Cataluña

O referendo de autodeterminación de Cataluña é un referendo sobre o "futuro político de Cataluña" que estaba previsto celebrar durante o 2014 segundo un acordo de gobernabilidade ratificado por Artur Mas por parte de Convergència i Unió e Oriol Junqueras por parte Esquerra Republicana de Catalunya o 18 de decembro do 2012, e coñecido como "Pacto pola Liberdade". O texto indicaba que a data do referendo sería acordado por ámbalas partes, e que os dous comprometeríanse en mantelo no 2014 "agás se o contexto socioeconómico e sociopolítico fai necesario pospoñelo." Como parte do acordo, Artur Mas foi investido Presidente da Generalitat de Cataluña por segunda volta. O referendo iría precedido da aprobación dunha Lei de consultas durante o 2013.

O 12 de decembro de 2013, o Goberno de Cataluña anunciou que a data do referendo de independencia celebraríase o 9 de novembro de 2014 e que contería unha pregunta con dúas seccións: "Quere que Cataluña sexa un Estado?" e "En caso de resposta afirmativa, quere que Cataluña sexa un Estado independente?". O Goberno de España declarou pouco despois a súa intención de bloquear o referendo, afirmando que "Tal enquisa non se celebrará."O proceso foi suspendido de xeito cautelar o 29 de setembro do mesmo ano, trala aceptación a trámite dos recursos de inconstitucionalidade do Goberno de España, presentados perante o Tribunal Constitucional, do decreto de convocatoria da consulta e da Lei do Parlamento de Cataluña 10/2014, de 26 de setembro, de consultas populares non referendarias e outras formas de participación cidadá na que esta se ampara. O 14 de outubro, ante a situación da suspensión, Artur Mas anunciou que a consulta non se celebraría nos termos previstos e que no seu canto convocaría unha consulta alternativa. Finalmente, as dúas primeiras frases do artigo 3.3 e os apartados 4 a 9 do artigo 16 da Lei do Parlamento de Cataluña 10/2014, así como a convocatoria de devandita consulta, foron declarados inconstitucionais pola Sentenza 31/2015, de 25 de febreiro de 2015, da Corte constitucional.

Unió Democràtica de Catalunya

Unió Democràtica de Catalunya (UDC) é un partido político catalán de ideoloxía nacionalista e democristiá que estivo integrado xunto con Convergència Democràtica de Catalunya na federación Convergència i Unió (CiU) ata a súa ruptura no ano 2015. O seu presidente e principal líder é desde 1987 Josep Antoni Duran i Lleida. O secretario xeral é Ramon Espadaler.

Constituíuse o 7 de novembro de 1931 e actuou politicamente durante a Segunda República, tralo fin da Guerra Civil española UDC pasou á clandestinidade, reorganizándose a partir de 1941 na clandestinidade, formando parte dos organismos da oposición democrática contra o franquismo, logo da restauración da democracia participou nas primeiras eleccións ao Parlamento de Cataluña conseguindo un escano e en 1978 asinou acordos con CDC para formar listas electorais conxuntas como CIU. UDC formou parte dos gobernos da Generalitat desde entón ata que CIU perdeu as eleccións catalás de 2003. UDC conta con 16.000 afiliados

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.