Conventus bracarensis

O conventus bracarensis ou convento bracarense, foi unha entidade administrativa romana da Gallaecia sita no Noroeste de Península Ibérica. O seu nome deriva da súa capitalidade, Bracara Augusta (Braga), a cidade máis importante do convento e que rexía económica e administrativamente todo o territorio. Tiña como lindes o curso do río Douro polo sur -que marcaba a raia coa Lusitania-, polo norte o río Verdugo na parte meridional da actual provincia de Pontevedra, e o río Sil, ambos marcaban o linda norte co conventus lucensis, na cara oriental, o río Navea, afluente do Sil, sería de liña divisoria a respecto do convento asturicense, quedando as actuais comarcas de Trives (esta non completamente), Viana e o Valdeorras dentro dos dominios conventuais de Asturica Augusta.

Gallaecia-conventus bracarensis
Extensión do conventus bracarensis dentro da Gallaecia (nome latino de Galicia) a finais do século III dentro do Imperio Romano.
A Cañiza

A Cañiza é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca da Paradanta. Segundo o IGE no 2014 tiña 5342 habitantes (6719 en 2003), incluídas 126 persoas de orixe estranxeira.

A Mezquita

A Mezquita é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca de Viana. Segundo o Padrón municipal, en 2018 tiña 1039 habitantes (1468 en 2003).

Castro de San Millao

O castro de San Millao é un poboado castrexo situado na parroquia de Santa María de San Millao, no concello ourensán de Cualedro. É coñecido tamén coma Cidá do Castro ou Cidá de Grou.

Conventus asturicensis

O conventus asturicensis ou convento asturicense, foi unha entidade administrativa romana sita no Noroeste de Península Ibérica. O seu nome deriva da súa capitalidade, Asturica Augusta (Astorga), a cidade máis importante do convento e que rexia económica e administrativamente todo o territorio. Tiña como lindes o curso do río Douro polo sur -que marcaba a raia coa Lusitania-, polo norte o propio mar Cantábrico entre os ríos Navia e Sella.Na cara occidental, lindaba co Conventus lucensis nos Ancares ata O Courel, e na Serra de Tras-os-Montes (Portugal) co Conventus bracarensis. Polo leste, lindaba co Conventus Cluniensis, que orixinalmente formaba parte da provincia tarraconensis e que finalmente acabaría por integrarse na Gallaecia antes do século V. Foi o territorio orixinario dos ástures.

Conventus iuridicus

O conventus iuridicus (convento xurídico) foi unha subdivisión administrativa romana, utilizada nas provincias de Asia, Dalmatia e Hispania, cuxa creación atribúese á época de Augusto. Unha fonte importante para a identificación dos conventus é a Historia Naturalis de Plinio

Conventus lucensis

O conventus lucensis ou convento lucense, foi unha entidade administrativa romana da Gallaecia sita no Noroeste de Península Ibérica. O seu nome deriva da súa capitalidade, Lucus Augusti (Lugo), a cidade máis importante do convento e que rexía económica e administrativamente todo o territorio. Tiña como lindes o curso dos ríos Verdugo e Sil polo sur -que marcaba a raia co Conventus bracarensis-, polo norte a propia liña costeira desde O Morrazo ata a desembocadura do río Navia (territorio actual de Asturias, polo leste a propia serra dos Ancares, pertencendo o Courel xa probablemente ao Conventus asturicensis.

Galicia altomedieval

A época altomedieval esténdese desde a caída do Imperio Romano de Occidente até o ano 1000. Para comprender mellor este período consulte o artigo sobre a Idade Media.

O Imperio Romano caeu baixo a presión dos movementos migratorios xermanos. A comezos do século V, tres destes pobos repartíronse a Península Ibérica a través de foedus e a Gallaecia pasou así en 411 a mans de suevos e vándalos asdingos (que posteriormente a abandonarían).

Gallaecia

A Gallaecia foi unha provincia romana do noroeste da Península Ibérica que abranguía o que hoxe é a comunidade autónoma de Galicia, o norte de Portugal e as provincias españolas de Asturias, León e Zamora. As súas capitais estaban en Bracara Augusta (Braga), Lucus Augusti (Lugo) e Asturica Augusta (Astorga).

Grovios

Os grovios (latín: Grovii) eran un pobo galaico prerromano da Gallaecia bracarense, tamén coñecidos como Crovios, Gravius ou Gronios.

Historia de Galicia

A historia de Galiza comeza co nacemento da propia Galiza, que é fixado tradicionalmente arredor do 19 a. C., cando o Imperio Romano logra anexionar definitivamente os pobos galaicos —kallaikoi segundo o autor grego Estrabón— unificándoos por vez primeira na historia e denominando ó seu territorio como Gallaecia —terra dos callaeci—, e que acabaría derivando nos actuais nomes Galicia ou Galiza, motivo polo que é considerada como unha das entidades político-administrativas máis antigas de toda Europa.

O feito de que no ano 298 d. C. o emperador Diocleciano decidise elevala ao rango de provincia consular —ampliando así tamén o seu territorio— supuxo un acrecentamento da súa cohesión política, pois desta maneira pasaba a estar baixo o goberno dun cónsul romano. A súa definitiva consolidación estatal chegaría no ano 409 d. C., cando o rei suevo Hermerico funda nela o primeiro reino de Galiza, afianzando a existencia de Galiza ata os nosos días.

A ocupación humana do territorio correspondente á actual Galiza, non obstante, é moito máis antiga cá chegada de Roma, existindo testemuños arqueolóxicos que certifican o seu poboamento desde o Paleolítico inferior. Estas poboacións recibiron diversas achegas culturais durante milenios, formando parte xa na Idade de Bronce da área cultural atlántica que se deu entre as terras máis occidentais de Europa. A finais da Idade de Ferro estas poboacións autóctonas formaban unha unidade cultural, que os romanos denominaron como galaicos e que supoñen o principal substrato da poboación actual en Galicia.

Do mesmo xeito, durante os séculos seguintes Galiza recibiu sucesivos asentamentos de xente, entre os que destacan romanos, suevos e bretóns, que non só se integraron na poboación autóctona senón que tamén influíron decisivamente na súa vida, como foi o caso da cultura romana que propiciou a formación dunha nova lingua autóctona, o galego. Ata o ano 1833 mantívose coma un reino, no ano 1933 recibe o recoñecemento internacional da súa realidade nacional e desde 1981 organízase xurídica e administrativamente como unha comunidade autónoma dentro do Estado español.

Seurros

Os seurros (en latín: Seurri) eran unha tribo galaica prerromana pertencentes ó conventus lucensis.

Ocupaban desde as actuais terras de Taboada até a Fonsagrada, Baralla, O Cebreiro e pasando por Sarria. Limitaban ó norte con Caporos e ó sur con Lemavos, sendo as súas cidades máis importantes Talamina, Ocelum e Turriga.

Este populus foi identificado por Tolomeo. Non se deben confundir co populus galaico Seurbi pertencente ó conventus bracarensis.

Galaicos bracarenses
Galaicos lucenses
Ástures augustanos
Ástures transmontanos
Outros

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.