Convento de San Xoán de Poio

San Xoán de Poio é un mosteiro medieval beneditino situado na parroquia de San Xoán de Poio, ocupado por unha comunidade de mercedarios. En 1971 foi declarado Ben de Interese Cultural[1]

Coordenadas: 42°26′47″N 08°41′05″O / 42.44639, -8.68472

Mosteiro de San Xoán de Poio
Fachada da igrexa conventual.

Historia

Mosteiro de San Xoán de Poio 1
Claustro das laranxeiras.

A data de fundación é difícil de precisar. A tradición mantén que foi fundado por Froitoso de Braga e os seus discípulos no século VII, e tres séculos máis tarde, no reinado de Vermudo III foi reconstruído nun lugar distinto pero próximo ó da primeira fundación. O documento máis antigo que se conserva que o mencione data do ano 1116[2].

O seu primeiro abade coñecido é Fromarico, a comezos do século XII. OUtros abades foron Sancho a finais do século XIII, que acadou unha bula pontificia. Desde 1476, co nomeamento doutro Sancho, houbo abades comanditarios, como Martín Zurbano de Azpeitia (nomeado bispo de Tui en 1514), Martín de Ávila Carvajal (capelán de Carlos V), Francisco de Solís ou Sebastián de Villoslada, conselleiro de Filipe II.

Recibiu numerosos privilexios reais e nobiliarios incorporándose a Congregación de San Bieito de Valladolid, coa que comeza a súa época de maior esplendor. Nela chegou a ter un colexio maior de teoloxía desde o ano 1548 a 1556. No ano 1581 comezaron as obras da actual igrexa e as do claustro procesional, e desenvolvéronse entre 1600 e 1612. Sobre a construción da nova igrexa resaltar a existencia dun plano a finais do século XVII de frei Gabriel de Casas, por aqueles tempos mestre de obras do mosteiro de San Martiño Pinario.

No ano 1613 comezou a funcionar o Colexio de Pasantes de San Xoán de Poio que non pararía o seu quefacer ata o decreto de exclaustración de 1834. Tralo seu abandono polos beneditinos coa desamortización, no ano 1890[2] foi ocupado polos mercedarios que seguen a ocupalo desde entón. En 1917 ingresou no convento Gumersindo Placer.

Arquitectura

A fachada do mosteiro é unha obra barroca de sinxela traza na que destaca a portada cun fornelo no que se aloxa a imaxe de San Bieito.

A igrexa

A obra foi contratada a Pedro de Monteagudo no ano 1691 seguindo unha traza de Gabriel de Casas. No ano 1700 a obra estaba inacabada e tivo que ser rematada por outro mestre. As torres, en opinión dalgúns autores, como Bonet, son postas en relación co barroco compostelán, concretamente co quefacer de Fernando de Casas Novoa.

A fachada da igrexa enmárcase por dúas esveltas torres cunha portada con dous pares de columnas dóricas no corpo inferior e outros dous pares de columnas corintias no superior. Sobre a portada unha imaxe de San Xoán Bautista.

Poio Mosteiro 01-03, San Xoán

San Xoán Bautista

Poio Mosteiro 01-05, Santo André

Santo André

Poio Mosteiro 01-06, Santiago

Santiago

O interior da igrexa foi comezado baixo unha traza clásica e adquirindo elementos barrocos durante o seu dilatado proceso de construción, que rematou no século XVIII. Deste xeito a obra non foi rematada seguindo o plano orixinal, pese a que si se respectou en gran medida, e no ano 1708 estábase trallando no abovedamento do cruceiro e no ano 1731 na construción da sancristía. Incluso no ano 1743 o Padre Sarmiento sinala que a igrexa aínda estaba aberta.

Configúrase nunha única e ancha nave cuberta con bóvedas de canón e bóvedas de aresta. Nela ábrense tres pequenas capelas, abertas con arcos de medio punto e sobre eles unha serie de balcóns.

A capela maior adórnase co retablo maior, obra realizada cara ao ano 1735, e estruturado en columnas salomónicas. Mostra imaxes de santos mercedarios procedentes do convento de Madrid, xunto a imaxes da Virxe da Mercede, patroa da orde, e de San Xoán Bautista, patrón do convento. O antigo retablo maior contratado a Bernardo Cabrera no ano 1631 foi aproveitado en parte para o retablo da capela do Cristo (antiga sancristía) na que se aloxa o sepulcro suevo-visigótico de Santa Trahamunda.

Os claustros

O claustro da portería ou dos laranxos é de planta rectangular e dividido en tres alturas todas en orde toscano. Foi construído entre o ano 1747 e 1749 ao mesmo tempo que a escaleira de honra.

O claustro principal ou das procesións é de menor tamaño e construíuse baixo a dirección de Mateo López no século XVI seguindo as trazas de Juan Ruíz de Pamames. De planta cadrada consta de dúas alturas distribuídas en arcos de medio punto. As naves cóbrense con bóveda de crucería estrelada.

Espazos anexos

Conta, tralo edificio monacal, cun hórreo de boas dimensións.

Biblioteca

A súa biblioteca ten máis de 150 000 fondos.[3][4]

Situación actual

No convento séguese levando a cabo vida monacal e atópase en bo estado de conservación. A comezos de 2018 vivían nel oito frades[3]

As dependencias claustrais, a antiga cociña, a sala capitular e o refectorio destínanse a museo. Acolle diversas actividades como o conclave de bispos galegos en 2013[5], congresos[6]. Tamén ten servizo de hospedaría[7].

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes do Convento de San Xoán de Poio.
Mosteiro de Poio. Cruceiro

Cruceiro

Mosteiro de San Xoán de Poio 2

Claustro das procesións

Mosteiro de San Xoán de Poio 02

Claustro

Monasterio de San Xoán de Poio (179591330)

Claustro das procesións, detalle das bóvedas de crucería estrelada

Sepulcro de Trahamunda no Convento de San Xoán de Poio

Sepulcro de Trahamunda.

Notas

  1. Ministerio de Educación, Cultura e Deporte. "Base de datos de bens inmobles". Consultado o 9 de xullo de 2017.
  2. 2,0 2,1 Filgueira Valverde, X. (1931): "Mosteiros galegos: San Xoan de Poyo", en Logos nº 11, novembro. Páx. 10-13.
  3. 3,0 3,1 "Poio despide al padre Jerónimo, custodio de la biblioteca del monasterio", Diario de Pontevedra, 3 de xaneiro de 2018 (en castelán).
  4. López Penide "El monasterio de Poio saca a la luz los secretos de su biblioteca", en La Voz de Galicia, 4/2/2018.
  5. "Cónclave dos bispos galegos no Mosteiro de Poio", Pontevedra Viva, 23 de setembro de 2013.
  6. "Poio dedica uns días para repensar a historia do turismo en España", Pontevedra Viva, 6 de xuño de 2017.
  7. Hospedería Monasterio de Poio, na web Hospederías de Galicia (en castelán).

Véxase tamén

Bibliografía

  • Cerviño Lago, J. (1998): "Dos monasterios pontevedreses: Poio y Armenteira". En José Leira López (dir.): O Camiño Portugués: III Aulas no Camiño: un estudio multidisciplinar da realidade galega que atravesan os camiños de Santiago. ISBN 84-95322-31-5, páx. 191-221.
  • Vázquez Rouco, Sergio (1998). San Xoán de Poio. Monasterio, coto, parroquia (en castelán). Deputación de Pontevedra. ISBN 84-89690-40-5.

Outros artigos

Ligazóns externas

Almanaque Gallego

Este artigo é do "Almanaque Gallego" editado na Arxentina, 29 volumes de 1898 a 1927. Para o homónimo editado en 1909, un só número, véxase: Almanaque Gallego (A Habana).

O Almanaque Gallego foi unha publicación anual que se editou en Buenos Aires entre 1898 e 1927, editada por Manuel Castro López. Aínda que predominan os textos en castelán, o galego está ben representado no almanaque.

Antonio Rey Soto

Antonio Rey Soto, nado en Arrabaldo (Ourense) o 18 de febreiro de 1879 e finado en Madrid o 20 de febreiro de 1966, foi un sacerdote, escritor e destacado bibliófilo galego.

Illa de Tambo

A illa de Tambo atópase no fondo da ría de Pontevedra, e pertence ao concello de Poio do que esta separado por unha canle de 1,1 km pero de pouca profundidade. A súa superficie é de 0,28 km², cunha altura máxima de 80 m, aínda que toda a súa parte central supera os 50 metros de altitude. O seu perímetro acada os 4 km.

José Miguélez Pampín

José Miguélez Pampín, nado en Santiso, o 15 de xaneiro de 1891 e finado en Madrid o 10 de xullo de 1944, foi un compositor, organista, musicólogo, teólogo e lingüista galego. Exerceu notable influencia no modelo español de órgano ligado ao cecilianismo durante o primeiro terzo do século XX e contribuíu igualmente ao desenvolvemento desta estética na Pontevedra do período circundante á Guerra Civil.

Lista de monumentos da provincia de Pontevedra

Esta é unha lista dos monumentos da provincia de Pontevedra que están declarados como BIC polo Ministerio de Cultura ou pola Xunta de Galicia.

Mosteiros e conventos de Galicia

Esta é unha lista dos mosteiros e conventos de Galicia divididos en provincias.

Para o uso desta lista é necesario facer algunhas precisións:

Nome: recóllese o nome oficial que tivo o edificio cando cumpría coa súa función monacal. O que non significa que na actualidade conserve ese nome. De feito, en máis dun caso, a ligazón envía a páxinas que se titulan de xeito distinto, respectando o nome actual do edificio.

Fundación: data, o máis aproximada posible, da primeira fundación. Deixando ben sabido que moitos cenobios, sobre todo os máis antigos, cambiaron de orde titular, de status, foron abandonados e de novo ocupados etc.

Estilo: case tódolos mosteiros e conventos, sobre todo os de historia máis longa e de economía máis próspera, pasaron por transformacións e ampliacións, en distintas épocas e con distintos estilos. Na táboa consignamos o estilo ou estilos dominantes na construción tal como a vemos hoxe. Advertir tamén que en todos ou case todos os casos en que damos como estilo o románico, falamos de edificios románicos con engadidos ou transformacións posteriores.

Trahamunda

Trahamunda foi unha monxa galega da Alta Idade Media.

Ángela Santamarina Alduncín

Ángela Santamarina Alduncín, nada no Tandil, (Buenos Aires, Arxentina) en xaneiro de 1863 e finada en Ourense o 5 de xullo de 1956, foi unha nobre e filántropa galega.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.