Convento de San Paio de Antealtares

San Paio de Antealtares é un convento do século IX de monxas beneditinas de clausura. Está situado no casco vello de Santiago de Compostela, fronte á cabeceira da catedral de Santiago de Compostela, pechando a praza da Quintana.

Convento de San Paio de Antealtares
Quintana Santiago050708peq
Fachada que dá á Praza da Quintana.
Datos xerais
PaísEspaña
RexiónGalicia
TipoConvento bieito de monxas de clausura
AdvocaciónBieito de Nursia
LocalizaciónSantiago de Compostela
Coordenadas42°52′50″N 8°32′35″O / 42.88055556, -8.54305556Coordenadas: 42°52′50″N 8°32′35″O / 42.88055556, -8.54305556
Culto
DioceseDiocese de Santiago de Compostela
Orde relixiosabeneditinas
Arquitectura
Construciónorixe: século IX, actual: 1793
ArquitectosFrei Gabriel de Casas (igrexa), Melchor de Velasco, Mateo López, Jácome Fernández Fillo, Bartolomé Fernández Lechuga, Lucas Ferro Caaveiro, Francisco de Lens, Fernando de Casas Novoa.
EstiloBarroco, neoclasicismo

Historia

San paio antealtares 1
Vista desde a rúa da Conga.

O mosteiro primitivo

O primeiro mosteiro foi fundado por volta do 830 por Afonso II o Casto e ocupárono unha ducia de monxes bieitos comunidade que tiña como misión atender e manter o culto ás reliquias do apóstolo Santiago o Maior. A esta primeira comunidade entregou o rei un pequeno couto que pouco despois ampliou ata chegar ás 3 millas desde a igrexa de Santiago. Levantouse o mosteiro ao leste do mausoleo romano onde se atoparon os restos apostólicos, en fronte da súa porta de acceso, o que fixo que o mosteiro recibise a denominación de Antealtares. Ningún vestixio ten chegado ata os nosos días daquela primeira construción xa que desde o século IX ao XI estivo contiguo ao testeiro da igrexa de Santiago, no lugar que ocupou a cabeceira do templo románico da catedral que substituíu á antiga igrexa.

En 1077, o abade Faxildo e o bispo Diego Páez chegaron, na Concordia de Antealtares, a un acordo sobre o novo emprazamento do mosteiro, que se situaba diante dos tres altares, na honra do Salvador, de San Pedro e de San Xoán. Neste mosteiro disque compuxo o bispo San Pedro de Mezonzo o himno "Salve Regina". Nos anos de decadencia, os monxes bieitos abandonárono case en ruínas (derrubouse en 1256) e instaláronse en San Martiño Pinario.

O Estudio de Gramática

O 4 de setembro de 1495 outorgáronse as escrituras de doazón de tódalas dependencias do mosteiro agás a igrexa para que Lopo Gómez de Marzoa funde nel un colexio para estudantes pobres, o coñecido como Estudio de Gramática, xermolo da Universidade de Santiago de Compostela.

En 1499 foi ocupado por unha comunidade de monxas bieitas de clausura, que nel permanece até hoxe.

Descrición

San paio antealtares 2
Fachada que dá á Vía Sacra.

A igrexa

A construción da igrexa, encetada en 1700, durou nove anos e iniciouna frei Gabriel de Casas, iniciándose no ano 1699 coa demolición da anterior igrexa. En 1703 a comunidade beneditina retira a súa confianza o arquitecto (pola lentitude das obras), sendo Pedro García quen continúe as obras, seguindo as trazas xa iniciadas. O novo templo inaugurarase solemnemente no ano 1707.

A fachada é sinxela pero monumental e mostra a San Paio mártir. A planta é de cruz grega e está recuberta con bóvedas de canón con casetóns. A cúpula elévase sobre pendentes moi decorados e remata nunha lanterna que ilumina o interior.

Imaxinería

O retablo maior é obra de Francisco Castro Canseco (1714) e nel aparecen tres santos, San Bieito, San Plácido e San Mauro e tres santas, Santa Escolástica, Santa Xertrude e Santa Francisca Romana, conducindo a imaxe de San Paio, arrodeado por Santiago e San Fernando montados a cabalo (inspirados no baldaquino catedralicio). O conxunto complétase cunha Asunción da Virxe, acompañada polos apóstolos Pedro e Paulo. O órgano, construído en 1782 polo mestre Alberto de la Peña, foi restaurado recentemente.

O convento actual

Do mosteiro primitivo só se conservan uns capiteis e unha ara de mármore branco. O actual comezouse a construír no século XVI e rematouse só en 1793. A renovación comezouse aló polo ano 1600 encargándoselle a Mateo López a traza da zona occidental, cara á praza da Quintana, construíndose un lenzo monumental e austero. No 1641 Jácome Fernández Fillo remata parte deste lado trazado por Bartolomé Fernández Lechuga. Entre 1653 e 1657 construirase un pasadizo que enlaza esta parte coa igrexa.

A fachada que dá á praza da Quintana, é sobria e utiliza exclusivamente liñas rectas. A súa monumentalidade provocou os celos do arcebispado e foi a principal causa da remodelación da cabeceira románica da Catedral, obra que deu como resultado o aspecto que posúe actualmente.

San paio antealtares 3
Detalle da porta dos Carros. Representa a fuxida a Exipto.

A fachada que dá á Vía Sacra, obra de Melchor de Velasco comezada cara o ano 1658, presenta unha portada, a Portería, enmarcada nun arco de medio punto baixo un friso de tríglifos e métopas entre dúas xigantes columnas dóricas. Na parte superior sitúase un frontón curvo partido cun escudo imperial. Todo iso realizado en claro estilo clasicista.

A partir de 1744 construirase o espazo ao longo da Vía Sacra que vai desde a portería ata a chamada Porta dos Carros, no que destaca o conxunto de chemineas que rematan o edificio e a estrutura da Porta dos Carros. Esta é froito de dúas etapas e trazas ben distintas; a primeira relacionada con Fernando de Casas Novoa, e unha segunda, na que a partir de 1749 Lucas Ferro Caaveiro aumentaralle a altura cun miradoiro sobre a balaustrada.

A porta presenta unha escena da Fuxida a Exipto relacionada co facer de Francisco de Lens.

Situación actual

Na actualidade atópase en bo estado de conservación.

Desde a igrexa pódese acceder ao Museo de Arte Sacra de Antealtares, inaugurado en 1873 e que ofrece unha colección de obxectos litúrxicos.

Ademais, hoxe en día pódense mercar nel doces elaborados polas monxas que o habitan.

Véxase tamén

Outros artigos

4 de setembro

O 4 de setembro é o 247º día do ano do calendario gregoriano e o 248º nos anos bisestos. Quedan 118 días para finalizar o ano.

As Orfas

O convento, igrexa e colexio das Orfas é un conxunto de edificios de estilo barroco situados en Santiago de Compostela.

Carballeira de San Lourenzo

A carballeira de San Lourenzo é unha carballeira compostelá cunha extensión de 8.000 metros cadrados. Está situada á beira do río Sarela, xusto ao pé do convento franciscano de San Lourenzo de Trasouto, que foi fundado no século XIII.

Por medio desta zona arborada transcorre o Camiño de Santiago, en dirección a Fisterra. No interior da carballeira hai dispostos unha fonte e dous cruceiros de interese.

Trátase dun lugar de reunión ao que Rosalía de Castro cantou na súa obra Follas Novas.

Casa da Conga

A casa da Conga é un edificio de principios do século XVIII sito na praza da Quintana de Santiago de Compostela.

Trátase dun edificio barroco construído para vivenda dos cóengos da catedral. As trazas iniciais débense a Domingo de Andrade, pero quen rematou a construción en 1730 foi Casas e Novoa. Está situada pechando a parte sur da praza da Quintana. Estrutúrase como un bloque de catro casas cun vistoso pórtico corrido que une as catro edificacións. É de estilo moi clasicista en contraste coa Casa da Parra situada na parte superior da praza. Na actualidade a casa da dereita é sede do Colexio de Arquitectos de Galicia e sala de exposicións. O resto está ocupado por comercios, restaurantes, bares e cafeterías.

Casa da Parra

A casa da Parra é un edificio de finais do século XVII situado na praza da Quintana de Santiago de Compostela. Foi deseñado por Domingo de Andrade

Casa do Cabido

A Casa do Cabido é un edificio situado na Praza de Praterías de Santiago de Compostela, construído no século XVIII e concibido para o embelecemento urbano con obxecto de adornar a praza.

Centro Comercial Compostela

O Centro Comercial Compostela é un edificio de tendas de El Corte Inglés, sito en Santiago de Compostela, na saída da cidade cara a Ourense. Inaugurado en 1998, foi o segundo centro comercial que se construíu na capital de Galicia.

Concordia de Antealtares

A Concordia de Antealtares (1077) é un documento, en latín, asinado entre Faxildo, o abade do Convento de San Paio de Antealtares e Diego Páez, bispo de Santiago de Compostela.

No documento os monxes bieitos cedían terreos para construír a cabeceira da catedral de Santiago de Compostela, o que supuña a destrución de parte do mosteiro. Na concordia relátase por vez primeira o descubrimento, de xeito milagroso, do sartego do apóstolo Santiago o Maior.

El Correo Gallego

El Correo Gallego é un xornal galego que se edita en Santiago de Compostela. Fundouno José Mariano Abizanda na cidade de Ferrol en 1878.

Filgueira, Lalín

Santa María de Filgueira é unha parroquia que se localiza no concello de Lalín. Segundo o INE en 2011 tiña 410 habitantes (223 mulleres e 187 homes), distribuídos en 10 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 455 habitantes.

Nesta parroquia tivo a súa sede a Banda de música de Filgueira.

Galería de imaxes do convento de San Paio de Antealtares

San Paio de Antealtares é un convento do século IX de monxas beneditinas de clausura situado en Santiago de Compostela.

Monte do Gozo

O monte do Gozo é unha elevación do terreo próxima á cidade de Santiago de Compostela, no lugar de San Marcos en Bando, chamada así polo sentimento de gozo que desperta nos peregrinos, xa que este monte é o primeiro punto dende o cal a xente que fai o Camiño de Santiago ve as torres da catedral.

Mosteiro

Mosteiro, palabra que procede do grego monos (só), designa un grupo de construcións de residencia e práctica relixiosa de monxes ou monxas.

Muralla de Santiago de Compostela

A muralla de Santiago de Compostela, da que soamente quedan algúns lenzos, rodeaba a cidade de Santiago de Compostela até o seu derrubamento no século XIX, aínda que na actualidade se conservan algúns restos, sendo o maior o arco de Mazarelos. Existen, así mesmo, algunhas partes ocultas polas casas actuais. A traza da muralla é claramente visíbel aínda sobre o plano da cidade antiga de Santiago, cuxo urbanismo veu determinado pola existencia desta fortificación.

Museo Pedagóxico de Galicia

O Museo Pedagóxico de Galicia (MUPEGA) é un centro dedicado á recuperación, coidado, estudo e mostra do legado pedagóxico de Galiza. Está situado en Santiago de Compostela.

Praza da Quintana

A praza da Quintana é unha praza simbólica de Santiago de Compostela, formada pola confluencia da fachada sur da catedral de Santiago, a casa da Parra, o Convento de San Paio de Antealtares e a casa da Conga.

San Paio

San Paio pode referirse a:

Paio (mártir) personaxe da relixión cristiá, nado en Albeos;

O convento de San Paio de Antealtares, no concello de Santiago de Compostela;

O mosteiro de San Paio de Abeleda, no concello de Castro Caldelas.O haxiónimo San Paio pode referirse a:

San Paio de Bais, parroquia do concello de Agolada;

San Paio de Bais, lugar de dita parroquia;

San Paio de Abeleda, parroquia do concello de Castro Caldelas;

San Paio de Araúxo, parroquia do concello de Lobios;

San Paio, lugar de dita parroquia;

San Paio de Senra, parroquia do concello de Rodeiro;

San Paio, lugar de dita parroquia;

San Paio, parroquia do concello de Santiago de Compostela;

San Paio de Fóra, parroquia do concello de Vigo;

San Paio, lugar da parroquia de Figueiroa do concello de Arzúa;

San Paio, lugar da parroquia de Cubilledo do concello de Baleira;

San Paio, lugar da parroquia de Abades do concello de Baltar;

San Paio, lugar da parroquia de San Xusto de Cabarcos do concello de Barreiros;

San Paio, lugar da parroquia de Guísamo do concello de Bergondo;

San Paio, lugar da parroquia de Lousada do concello de Carballedo;

San Paio, lugar da parroquia de Entrecruces do concello de Carballo;

San Paio, lugar da parroquia de Servoi do concello de Castrelo do Val;

San Paio, lugar da parroquia de Arcos do concello de Castroverde;

San Paio, lugar da parroquia de Rabal do concello de Celanova;

San Paio, lugar da parroquia de Coristanco do concello de Coristanco;

San Paio, lugar da parroquia de Añá do concello de Frades;

San Paio, lugar da parroquia da Guía do concello de Gomesende;

San Paio, lugar da parroquia de Churío do concello de Irixoa;

San Paio, lugar da parroquia da Viña do concello de Irixoa;

San Paio, lugar da parroquia de Erboedo do concello da Laracha;

San Paio, lugar da parroquia de Piñeiro do concello de Maside;

San Paio, lugar da parroquia de Santiago de Mondoñedo do concello de Mondoñedo;

San Paio, lugar da parroquia de Roo do concello de Noia;

San Paio, lugar da parroquia de Parada do concello de Outeiro de Rei;

San Paio, lugar da parroquia de Mones do concello de Petín;

San Paio, lugar da parroquia de Castrelo de Cima do concello de Riós;

San Paio da Veiga, lugar da parroquia da Veiga do concello de Celanova.

Área Central

Área Central é un complexo cívico comercial de Santiago de Compostela, sito no barrio de Fontiñas. Inaugurado o 20 de outubro de 1993, foi o primeiro centro comercial da capital de Galicia.

Artigos sobre a cidade de Santiago de Compostela
Edificios institucionais
Edificios relixiosos
Teatros
Museos
Outros edificios
Parques
Centros comerciais
Rueiro
Transporte
Medios de comunicación
Clubs deportivos
Recintos deportivos
Outros recintos
Centros de saúde
Empresas locais
Restos arqueolóxicos
Accidentes xeográficos
Educación
Outros

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.