Convento de San Francisco do Val de Deus

San Francisco de Val de Deus é un convento franciscano fundado a comezos do século XIII en Santiago de Compostela, declarado monumento histórico artístico. Está situado no casco vello da cidade, no lugar coñecido como o Val de Deus.

Convento de San Francisco do Val de Deus
Monasterio de San Francisco, Santiago de Compostela, España, 2015-09-22, DD 01
Fachada da igrexa obra de Simón Rodríguez.
Datos xerais
PaísEspaña
RexiónGalicia
AdvocaciónFrancisco de Asís
LocalizaciónSantiago de Compostela
Coordenadas42°53′01″N 8°32′43″O / 42.88361111, -8.54527778Coordenadas: 42°53′01″N 8°32′43″O / 42.88361111, -8.54527778
CatalogaciónMonumento Histórico-Artístico en 1986
Culto
DioceseDiocese de Santiago de Compostela
Orde relixiosaFranciscana
Arquitectura
Construciónséculos XVII-XVII (anterior medieval)
ArquitectosSimón Rodríguez, Manuel Caeiro, Ginés Martínez
EstiloBarroco, neoclasicismo

Historia

Convento de San Francisco Saniago de Compostela
Vista xeral do templo.

Di a lenda que San Francisco de Asís, en peregrinación a Compostela en 1214, hospedouse cun carboeiro chamado Cotolai na súa choza do Monte Pedroso. Encomendoulle a este construír un mosteiro pero cando lle replicou que non tiña recursos, mostroulle un tesouro preto da ermida de San Paio do Monte que lle permitiría levar a cabo a obra. Val de Deus era un terreo propiedade do mosteiro beneditino de San Martiño Pinario, que o cedeu en troques dunha cesta de peixe anual, que se seguiu entregando até fins do século XVIII.

O convento primitivo veuse abaixo a comezos do XVIII e non fican del máis que cinco arcos apuntados que se conservan no claustro principal e o sepulcro de Cotolai. Estes arcos estaban na sala capitular, na que Carlos V celebrou cortes en 1520. A reconstrución, que implicaba cambiar a orientación da súa igrexa) encetouse en 1742, e non foi sen problemas, xa que os veciños (especialmente os monxes de San Martiño) queixábanse da magnitude da obra, que lles restaba luz e ventilación e, a mais, ocuparía terras pertencentes aos de San Martiño. A disputa saldouse rebaixando a altura da igrexa franciscana.

Descrición

A renovación da fábrica medieval iniciouse co arcebispo Maximiliano.

A igrexa

Santiago San Francisco GDFL050914 023
Torre da igrexa.

As obras do novo templo seguiron as trazas dadas por Simón Rodríguez, pese a que a lentitude das obras fai que a participación doutros mestres inclúan algún cambio substancial.

A planta da igrexa corresponde o tipo "xesuítico", en forma de rectángulo no que se inscribe unha cruz latina.

A fachada

A fachada da igrexa, deseñada (en estilo barroco) no XVIII por Simón Rodríguez, imponse no contorno polo seu tamaño. Foi executada por Frei Manuel Caeiro, non estando rematada aínda no 1770, feito que fai que responda a dous conceptos diferenciables na decoración reducida a parte inferior da mesma, cambiando drasticamente por riba da altura do taboado que cambia de forma perceptible adaptándose aos principios neoclásicos

A parte inferior é barroca e a superior neoclásica e consta de tres corpos e tres rúas. Na central destacan catro columnas dóricas que flanquean unha imaxe de San Francisco (obra de José Antonio Mauro Ferreiro Suárez). O segundo corpo está dominado por un enorme ventanal flanqueado por columnas xónicas, sobre as que se apoia un frontón triangular. As rúas laterais soportan os dous campanarios.

O adro

O adro atópase varios metros por debaixo do nivel da rúa nun extremo, e diante del, a res desta, érguese un monumento a San Francisco realizado por Francisco Asorey en 1926.

Interior do templo

Cupula da igrexa de San Francisco do Val de Deus
Cúpula do cruceiro da igrexa.

O interior do templo é tamén sobrio, se ben monumental. A planta é de cruz latina con tres naves. A central, de cinco tramos, e o cruceiro cuberto por unha bóveda de canón con cúpula de media laranxa nos pendentes, modificacións de Frei Manuel Caeiro. Na decoración do interior do templo apréciase a impronta de Simón Rodríguez ca decoración de placas e cilindros.

Aos lados das naves e aos do presbiterio sitúanse capelas intercomunicadas sobre as que descorre unha tribuna. A sancristía trala capela maior ten a mesma anchura co templo.

Imaxinería

Ás naves laterais ábrense quince retablos, a maioría realizados por frei José Rodríguez, o mesmo que o retablo central. Este último consta de tres corpos. No inferior, Domingos de Guzmán, fundador da Orde dos Predicadores, e Boaventura de Bagnoregio, primeiro cardeal da Orde Franciscana, acompañan unha imaxe da Virxe. No segundo, unha talla de San Francisco, obra de Ferreiro Suárez ten a seu carón un escudo da Orde de San Francisco e outro coa Cruz da Terra Santa e as Cinco Chagas do santo. No corpo superior hai outra talla de Santa Clara e no centro un libro aberto.

Os claustros

Claustro 2 de San Francisco do Val de Deus
Claustro principal.

Foi coas obras do claustro principal coas que se iniciaron as tarefas de reedificación, que se realizaron con gran rapidez. O claustro principal do mosteiro é obra, segundo Bonet Correa, de Ginés Martínez finalizándose antes de 1607. O estilo no que se encadra é estritamente clasicista. Consta de dous andares, que se abren cara o interior mediante pilastras toscanas que sosteñen arcos de medio punto o inferior e mediante pilastras máis estreitas e xanelas con arcos de medio punto o superior. A este arquitecto tamén se relaciona o arco de Santo Antonio situado no testeiro oeste do refectorio.

Claustro de San Francisco do Val de Deus
Claustro.

Seguindo o estilo clasicista Juan González Araujo realiza cara a 1634 a escaleira entre os dous claustros. Tanto a escaleira como o segundo claustro foron executadas seguindo as trazas realizadas por Bartolomé Fernández Lechuga.

Outras estancias

Nos primeiros anos do século XVIII coa colaboración económica do arcebispo Antonio de Monroy princípianse as obras do noviciado (1703) e da enfermería (1705 a 1724).

Simón Rodríguez iniciou a realización dun novo refectorio (1725 a 1733) e a nova cociña (1740).

Situación actual

O convento foi declarado Monumento Histórico-Artístico en 1986. Hoxe[cando?] viven nel uns 20 franciscanos. Parte é un hotel monumento de catro estrelas, con 70 habitacións, e restaurante; un dos claustros pódese usar para banquetes. Outra parte alberga o Museo da Terra Santa (con diversos fondos: arqueoloxía, belas artes (pintura, escultura), artes aplicadas (cerámica, téxtil), numismática, ciencia e técnica, maquetas arquitectónicas) e outra máis ofrece actividades sociais diversas.

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes do convento de San Francisco do Val de Deus.

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Ligazóns externas

As Orfas

O convento, igrexa e colexio das Orfas é un conxunto de edificios de estilo barroco situados en Santiago de Compostela.

Carballeira de San Lourenzo

A carballeira de San Lourenzo é unha carballeira compostelá cunha extensión de 8.000 metros cadrados. Está situada á beira do río Sarela, xusto ao pé do convento franciscano de San Lourenzo de Trasouto, que foi fundado no século XIII.

Por medio desta zona arborada transcorre o Camiño de Santiago, en dirección a Fisterra. No interior da carballeira hai dispostos unha fonte e dous cruceiros de interese.

Trátase dun lugar de reunión ao que Rosalía de Castro cantou na súa obra Follas Novas.

Casa da Conga

A casa da Conga é un edificio de principios do século XVIII sito na praza da Quintana de Santiago de Compostela.

Trátase dun edificio barroco construído para vivenda dos cóengos da catedral. As trazas iniciais débense a Domingo de Andrade, pero quen rematou a construción en 1730 foi Casas e Novoa. Está situada pechando a parte sur da praza da Quintana. Estrutúrase como un bloque de catro casas cun vistoso pórtico corrido que une as catro edificacións. É de estilo moi clasicista en contraste coa Casa da Parra situada na parte superior da praza. Na actualidade a casa da dereita é sede do Colexio de Arquitectos de Galicia e sala de exposicións. O resto está ocupado por comercios, restaurantes, bares e cafeterías.

Casa da Parra

A casa da Parra é un edificio de finais do século XVII situado na praza da Quintana de Santiago de Compostela. Foi deseñado por Domingo de Andrade

Casa do Cabido

A Casa do Cabido é un edificio situado na Praza de Praterías de Santiago de Compostela, construído no século XVIII e concibido para o embelecemento urbano con obxecto de adornar a praza.

Centro Comercial Compostela

O Centro Comercial Compostela é un edificio de tendas de El Corte Inglés, sito en Santiago de Compostela, na saída da cidade cara a Ourense. Inaugurado en 1998, foi o segundo centro comercial que se construíu na capital de Galicia.

Ciborio

En Arquitectura denomínase ciborio ao corpo cilíndrico ou octogonal que serve de base á cúpula. Non é un elemento exclusivo da arquitectura relixiosa, aínda que é nos templos onde se alcanza a súa máxima utilización.

En efecto, nas igrexas de planta en forma de cruz, ben sexa latina ou ben grega, prodúcese un espazo de encontro entre a nave principal e a que a curta ortogonalmente ou transepto que recibe o nome de cruceiro. É habitual que este ámbito cúbrase mediante unha cúpula elevada sobre un ciborio.

Segundo que a anchura do transepto sexa ou non igual á da nave, o cruceiro é un cadrado perfecto ou un rectángulo; en todo caso, os seus catro lados van constituídos por senllos arcos torais sobre os que se alza o ciborio. Tendo en conta que este é de planta circular ou octogonal, mentres que o cruceiro é un cuadrilátero, para realizar o debido asento disponse nos catro vértices deste último outras tantas pezas estruturais abovedadas, xa sexa en forma de triángulos esféricos, nese caso denomínanse pendentes, ou de beirís fora do muro, no que se designan como trompas. No ciborio adoita abrirse ocos ou lucernarios que alivian o seu peso e propician a iluminación superior.

Colexio de San Xerome

O Colexio de San Xerome, dito tamén Colexio de Artistas, é un edificio civil de Santiago de Compostela, sito no lado meridional da praza do Obradoiro, cerrándoa por ese lado.

El Correo Gallego

El Correo Gallego é un xornal galego que se edita en Santiago de Compostela. Fundouno José Mariano Abizanda na cidade de Ferrol en 1878.

Galería de imaxes do convento de San Francisco do Val de Deus

Convento de San Francisco do Val de Deus, Santiago de Compostela

Monte Pedroso

O monte Pedroso é un monte situado no concello de Santiago de Compostela, na parroquia de Santa María de Figueiras.

Dista tan só 3 km do casco urbano da capital galega. Accédese a el a través do Campo das Hortas e da Calzada do Carme de Abaixo. Está na marxe dereita do río Sarela e na zona consérvase unha ponte medieval. Dende o seu cumio (461 m) hai unha boa vista de Compostela e doutros montes pretos como o de Fontecova. No cumio atópanse as antenas e instalación dos reemisores de radio e televisión. Os seus bosques foron moi castigados na vaga de incendios do verán de 2006.

Da presenza humana no Pedroso desde tempos remotos dan testemuña os petróglifos preto do cumio.

Monte do Gozo

O monte do Gozo é unha elevación do terreo próxima á cidade de Santiago de Compostela, no lugar de San Marcos en Bando, chamada así polo sentimento de gozo que desperta nos peregrinos, xa que este monte é o primeiro punto dende o cal a xente que fai o Camiño de Santiago ve as torres da catedral.

Monumento a San Francisco

O Monumento a San Francisco é unha obra realizada entre 1926 e 1930 do escultor galego Francisco Asorey e situada no casco vello de Santiago de Compostela, no lugar coñecido como o Val de Deus, diante da igrexa do Convento de San Francisco do Val de Deus.

Con este monumento procurábase a conmemoración do VII centenario da morte do Santo de Asís.

Museo Pedagóxico de Galicia

O Museo Pedagóxico de Galicia (MUPEGA) é un centro dedicado á recuperación, coidado, estudo e mostra do legado pedagóxico de Galiza. Está situado en Santiago de Compostela.

Museo do Pobo Galego

O Museo do Pobo Galego abriu as súas primeiras salas no ano 1977 no antigo Convento de San Domingos de Bonaval, na cidade de Santiago de Compostela, no lugar coñecido comunmente como Porta do Camiño.

Pazo do Hórreo

O Pazo do Hórreo é un edificio de comezos do século XX situado na Rúa do Hórreo 63, na cidade capital galega de Santiago de Compostela, actual sede do Parlamento de Galicia.

Pedro Bartolomé Casal

Pedro Bartolomé Casal, O.F.M., nado en San Xurxo de Sacos (Cerdedo-Cotobade) o 20 de setembro de 1816 e finado en Santiago de Compostela o 12 de novembro de 1886, foi un humanista galego.

Residencia oficial de Monte Pío

A residencia oficial de Monte Pío é o aloxamento do Presidente da Xunta de Galicia. Está situada nas Casas Novas (Vista Alegre, Santiago de Compostela).

Área Central

Área Central é un complexo cívico comercial de Santiago de Compostela, sito no barrio de Fontiñas. Inaugurado o 20 de outubro de 1993, foi o primeiro centro comercial da capital de Galicia.

Artigos sobre a cidade de Santiago de Compostela
Edificios institucionais
Edificios relixiosos
Teatros
Museos
Outros edificios
Parques
Centros comerciais
Rueiro
Transporte
Medios de comunicación
Clubs deportivos
Recintos deportivos
Outros recintos
Centros de saúde
Empresas locais
Restos arqueolóxicos
Accidentes xeográficos
Educación
Outros

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.