Convento de San Francisco de Pontevedra

O convento de San Francisco é un convento franciscano de Pontevedra, situado no centro da vila. Na actualidade está ocupado por catro frades[1].

Coordenadas: 42°25′52″N 08°38′34″O / 42.43111, -8.64278

Convento de San Francisco Pontevedra

Historia

Segundo a tradición, o convento foi fundado por Francisco de Asís, que parou en Pontevedra mentres facía a ruta Portuguesa do Camiño de Santiago. A chegada da orde franciscana á cidade tivo lugar posiblemente no último terzo do século XIII. Un dato historicamente comprobado é que a fundación existía xa en 1274, segundo consta no Arquivo Nacional e en papeis do mosteiro de Armenteira, testamentaría de Arias Fernández[2]. A edificación contou coa axuda económica dos herdeiros de Paio Gómez Chariño nun soar da casa de Soutomaior, naquela época aínda fóra do perímetro da muralla da cidade.

A opulencia desta construción provocou envexa nos membros da orde dominica instalados na cidade, que remataran a súa igrexa dez anos antes, e que decidiron iniciar en 1380 a construción doutra igrexa maior que a franciscana, con cinco ábsidas. En 1362 iniciouse a construción da cabeceira da igrexa das monxas clarisas na cidade, similar á de San Francisco, pero de menor tamaño. Ademais destas tres construcións, a igrexa parroquial de San Bartolomeu fora ampliada entre 1337 e 1339. Este grande apoxeo na construción debeuse ó gran número de doazóns económicas procedentes de familias pudentes, temorosas da morte procedente da peste bubónica que asolagou Europa nesa época.

A igrexa é de estilo gótico tardío ou oxival, e foi declarada monumento histórico-artístico en 1896. Ten planta de cruz latina, con nave única, cruceiro, cuberta de madeira e cabeceira con tres ábsidas poligonais, cubertas con bóvedas de crucería.

O edificio que ocupa a Delegación de Facenda foi construído en 1800, e inclúe a porta de Santo Domingo da antiga muralla da cidade, do século XIII.

Sartegochariño
Sartego de Pai Gómez Chariño

No seu interior están os sartegos de Pai Gómez Chariño, Xoán Feijoo de Soutomaior, e Paio de Montenegro.

Logo da desamortización de Mendizábal o recinto quedou deshabitado, sendo propiedade do concello. O 15 de xaneiro de 1909, o pai Luis María Fernández Espinosa e 5 relixiosos máis volveron habitar o recinto, cun contrato de alugueiro de 25 anos, a 250 pesetas por ano. En 1930 o templo foi cedido por Real Orde.

Nunha noite de verán de 1995 o templo sufriu un incendio, sendo restaurado pouco tempo despois.

Neste convento está o comedor de San Francisco, que de luns a sábado dá de comer a un bo número de necesitados.

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes do convento de San Francisco de Pontevedra.
Convento de San Francisco Pontevedra 2
Igrexa de Pontevedra Galicia
Pontevedra 04
Pontevedra San Francisco ánimas

Ánimas do Purgatorio.

Notas

  1. "Cuatro monjes sostienen la Orden Franciscana", artigo en Faro de Vigo, 20 de febreiro de 2011 (en castelán).
  2. Historia de San Francisco de Pontevedra Arquivado 24 de marzo de 2016 en Wayback Machine. (en castelán)

Véxase tamén

Bibliografía

Francisco Blanco

Francisco Blanco, nado no Tameirón (A Gudiña) en 1570 e finado en Nagasaki o 5 de febreiro de 1597, foi un relixioso católico galego.

Galería de imaxes de Pontevedra

Imaxes do concello de Pontevedra na provincia de Pontevedra.

Galería de imaxes do convento de San Francisco de Pontevedra

O convento de San Francisco é un mosteiro franciscano de Pontevedra.

Mosteiros e conventos de Galicia

Esta é unha lista dos mosteiros e conventos de Galicia divididos en provincias.

Para o uso desta lista é necesario facer algunhas precisións:

Nome: recóllese o nome oficial que tivo o edificio cando cumpría coa súa función monacal. O que non significa que na actualidade conserve ese nome. De feito, en máis dun caso, a ligazón envía a páxinas que se titulan de xeito distinto, respectando o nome actual do edificio.

Fundación: data, o máis aproximada posible, da primeira fundación. Deixando ben sabido que moitos cenobios, sobre todo os máis antigos, cambiaron de orde titular, de status, foron abandonados e de novo ocupados etc.

Estilo: case tódolos mosteiros e conventos, sobre todo os de historia máis longa e de economía máis próspera, pasaron por transformacións e ampliacións, en distintas épocas e con distintos estilos. Na táboa consignamos o estilo ou estilos dominantes na construción tal como a vemos hoxe. Advertir tamén que en todos ou case todos os casos en que damos como estilo o románico, falamos de edificios románicos con engadidos ou transformacións posteriores.

Paio Gómez Chariño

Paio Gómez Chariño, nado cara a 1225 probablemente en Pontevedra e finado en Ciudad Rodrigo en outono de 1295, foi un poeta e nobre galego. Foi primeiro Señor de Rianxo, Adiantado Maior do Reino de Galicia, destacado aristócrata e militar do reino e sobranceiro trobador en lingua galega.

No seu sepulcro, en Pontevedra, consta o nome de Payo Guomez Charino, pero nos seus textos aparecen diferentes nomes, como Pae Gomez Charinho, Paay Gomez Charinho, Pae Gomez ou Pay Gomez .

Pintura gótica

A pintura gótica, unha das expresións da arte gótica, apareceu apenas en 1200 ou case 50 anos despois do inicio da arquitectura e escultura góticas. A transición do Románico cara ao Gótico é bastante imprecisa e non hai unha creba definida, mais pódese percibir o inicio dun estilio máis sombrío e emotivo que o do período anterior. Esta transición ocorre primeiro en Inglaterra e Francia preto de 1200, en Alemaña preto de 1220 e en Italia preto de 1300.

A característica máis evidente da arte gótica é un naturalismo cada vez maior. Esa calidade, que xorde por primeira vez na obra dos artistas italianos de finais do século XIII, marcou o estilo dominante na pintura europea até o remate do século XV.

O período gótico estendeuse por máis de douscentos anos, xurdindo en Italia e espallándose cara ao resto de Europa. Os italianos foron os primeiros en empregar o termo gótico, indicando desprezativamente a arte que se produciu no Renacemento serodio, pero que aínda seguía un estilo medieval. Era unha referencia ao pasado bárbaro, en especial aos godos. A palabra perdeu o ton pexorativo e pasou a designar o período artístico entre o Románico e o Renacemento. A arte gótica pertence, sobre todo, aos últimos tres séculos da Idade Media.

A pintura (a representación de imaxes nunha superficie) durante o período gótico era practicada en catro principais técnicas: frescos, táboas, iluminación de manuscritos e vidreiras. Os frescos continuaron a ser empregados como o principal oficio pictográfico narrativo nas paredes de igrexas no sur de Europa como continuación de antigas tradicións cristiás e románicas. No norte, as vidreiras foron os máis difundidos até ao século XV. A pintura de táboas comezou en Italia no século XIII e esparexeuse por Europa, volvéndose a forma dominante no século XV, superando mesmo as vidreiras. A iluminación de manuscritos representa o rexistro máis completo da pintura gótica, fornecendo un rexistro de estilos en lugares onde non sobreviviu ningún outro traballo. A pintura ao óleo en lona non se volveu popular até aos séculos XV e XVI e foi un dos oficios característicos da arte renacentista.

No comezo do período gótico, a arte era producida principalmente con fins relixiosos. Moitas pinturas eran recursos didácticos que facían o cristianismo visíbel para unha poboación analfabeta; outras eran expostas como iconas para intensificar a contemplación e as preces. Os primeiros mestres do góticos preservaron a memoria da tradición bizantina, mais tamén crearon figuras persuasivas, con perspectiva e con perfección no trazo. En efecto, producíronse lentos avances no uso da perspectiva e doutras cuestións técnicas en pintura en canto ao tratamento dos soportes (que permiten a maior difusión dunha arte mobiliar), os pigmentos e os aglutinantes.

Raxó, Poio

San Gregorio de Raxó é unha parroquia do concello de Poio, na comarca de Pontevedra Segundo o IGE, no ano 2014 tiña 1.144 habitantes (558 homes e 586 mulleres), 7 máis ca no ano 2008.

Con 1.8 km² é a parroquia máis pequena do concello. Dista 8,5 km da casa consistorial. Ten once entidades de poboación: A Igrexa, Caneliñas, Espedregada, Lameiriña, Outeiro, Praia, Portería, O Rego, Serpe, Terradepedra e Valdemós. Porén, debido ó desenvolvemento urbano o INE conta só dous núcleos, Raxó e Serpe.

Reino de Galicia

O Reino de Galicia ou Reino de Galiza foi unha entidade política situada no suroeste de Europa, que durante a súa etapa de apoxeo territorial, ocupou gran parte do norte e noroeste da Península ibérica. Fundado polo rei suevo Hermerico no ano 410, e establecida a súa capital en Braga, foi o primeiro reino que adoptou oficialmente o catolicismo e que emitiu moeda propia (ano 449). Tras o goberno temporal dos monarcas visigodos (585-711) reorganizouse nos séculos VIII e IX, desprazando a súa capital desde Tui ata Oviedo e León, establecéndose como principal reino cristián da Península ibérica.

Consolidada Compostela como capital do reino desde o século XI, a separación de Portugal (1128) e a individualización dos reinos de Castela e León tras o ano 1065, delimitaron o seu territorio practicamente ó actual. Mantivo unha soberanía política plena —compartindo rei co reino de León— ata o ano 1230 cando o rei castelán Fernando III usurpou o trono poñendo temporalmente o reino baixo control da coroa de Castela.

Os conflitos sucesorios e as tentativas de independencia mediante entronizacións de reis non casteláns como Xoán de Borgoña (1296), Fernando I de Portugal (1369) ou Xoán de Gante (1386) permitíronlle gozar de soberanía fáctica ata que en 1486 os Reis Católicos someteron o reino polas armas. Desde entón o reino estivo subxugado á coroa de Castela (1486-1715) e posteriormente á coroa de España (1715-1833), adquirindo a súa Xunta Suprema (1808-1812) amplas liberdades ó ser o único reino peninsular libre de ocupación napoleónica, pouco antes de ser disolto por María Cristina de Borbón-Dúas Sicilias en 1833.

Sebastián Malvar Pinto

Sebastián Malvar Pinto, tamén coñecido como o Arcebispo Malvar, nado en Salcedo en 1730 e falecido en Santiago de Compostela en 1795, foi un relixioso galego. Foi tío de Andrés, Manuel e Pedro Acuña Malvar.

Zona Monumental de Pontevedra

O conxunto histórico ou zona monumental da cidade galega de Pontevedra, comprende o conxunto de monumentos que ao longo dos anos, dende 1951 até a actualidade (2015), foron protexidos patrimonialmente, ao abeiro de distintas figuras legais que en 1985 quedaron unificadas baixo a categoría de Ben de Interese Cultural, froito da entrada en vigor da Lei 16/1985, de Patrimonio Histórico Español.

En particular, os Bens de Interese Cultural máis importantes existentes na vila de Pontevedra son os seguintes:

Ruínas do Convento de San Domingos declaradas Monumento o 14 de agosto de 1895.

Convento-Igrexa de San Francisco declarados Monumento Nacional o 26 de agosto de 1896.

Basílica de Santa María a Maior declarada Monumento Histórico-Artístico o 3 de xuño de 1931.

Cidade Antiga, declarada Conxunto Histórico-Artístico o 23 de febreiro de 1951.

Museo de Pontevedra declarado Monumento Histórico-Artístico o 1º de marzo de 1962.

Capela da Peregrina declarada Monumento o 13 de outubro de 2011.

De interese en Pontevedra
Lugares senlleiros
Espazos relixiosos
Museos
Parques e espazos naturais
Artes escénicas
Outros lugares

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.