Convento de San Domingos de Bonaval

O convento de San Domingos de Bonaval é un antigo convento dominico do século XIII cunha fábrica composta de elementos góticos, barrocos e neoclásicos.

Convento de San Domingos de Bonaval
Convento de Santo Domingo de Bonaval
Fachada.
Datos xerais
PaísEspaña
RexiónGalicia
Tipoconvento reconvertido en museo
AdvocaciónSan Domingos
LocalizaciónSantiago de Compostela
Coordenadas42°52′57″N 8°32′20″O / 42.8825, -8.53888889Coordenadas: 42°52′57″N 8°32′20″O / 42.8825, -8.53888889
CatalogaciónBen de Interese Cultural
Culto
DioceseDiocese de Santiago de Compostela
Orde relixiosaDominicos (non actualmente)
Arquitectura
Construciónorixe: século XII, remodelado no século XVII.
ArquitectosDomingo de Andrade entre outros.
EstiloBarroco, gótico, renacentista e neoclasicismo

Situación

Detalle portada gotica ceminterio pequeno bonaval
Tímpano gótico da porta de acceso o cemiterio pequeno do convento.

Sitúase na cidade de Santiago de Compostela, extramuros na aba do monte da Almáciga, preto do lugar coñecido como a Porta do Camiño.

Historia

O convento foi fundado por san Domingos de Guzmán, que peregrinou a Santiago no ano 1219. O documento máis antigo no que se cita o convento, coa primitiva advocación de santa María, data de 1228. Desde o século XV aparece xa co título de San Domingos, e baixo o patrocinio da casa de Altamira.

Coa exclaustración das ordes relixiosas, o convento pasou a mans do Concello. En cumprimento dun Real Decreto de 1836, unha comisión nomeada pola Deputación da Coruña propuxo o derribo de trinta edificios, e destinou San Domingos "para cuarteis dos Rexementos de Compostela e Santiago, coa demolición da igrexa". Por fortuna, este ditame non se chegou a executar.

En 1841, por mediación do arcebispo Vélez, o Concello destinou o convento a hospicio; aló polo ano 1945, o hospicio ocupaba aínda a parte norte; e a sur, á dereita da igrexa, acollía un colexio de persoas xordomudas e cegas. Ao ser suprimidas estas institucións, quedou por un tempo desocupado, ata que o Concello decidiu acondicionar e destinar unha parte das dependencias a Museo Municipal, que se inaugurou en decembro de 1963.

En 1977, a petición do Padroado do Museo do Pobo Galego, recentemente constituído, o Concello cedeu o edificio para a creación do museo do mesmo nome.

Absida bonaval
Ábsida gótica da igrexa.

Descrición

A igrexa

A igrexa, construída en estilos gótico e renacentista, na actualidade non se atopa aberta ao culto e alberga o Panteón de Galegos Ilustres. Construída seguindo os canons do gótico dominico con naves luminosas a e diáfanas, e desprazando o punto de interese litúrxico desde a ábsida ata o púlpito situado no cruceiro.[1]

Neste templo enterráronse as familias dos Moscoso e dos Castro, grazas a autorización dada polo papa Inocencio IV a esta orde para enterrar segrares nos seus conventos.

As bóvedas cobren todo o templo.

Santiago de Compostela - Iglesia y ex Convento de Santo Domingo de Bonaval (actual Museo del Pueblo Gallego) 03

Imaxinería

O retablo maior foi construído a partir de 1687 por Domingo de Andrade na igrexa parroquial de Santiago do Carril, e tras ser montado no seu lugar definitivo non se mantivo a estrutura orixinal. Estrutúrase a base da superposición de corpos, forma claramente renacentista.

A escultura encargóuselle a Esteban de Cendón, aló polo ano 1689, relacionado co estilo de Mateo de Prado. Representa a san Francisco, santo Agostiño, San Bieito, santo Ignacio, san Pedro de Nolasco e san Domingos. Na actualidade atópanse espallados en diferentes lugares do convento.

O convento

No ano 1695 iníciase a súa reconstrución, ao parecer debido as malas condicións nas que se atopaba. Baixo o mecenado do arcebispo Monroy, foi Domingo de Andrade o que se encargou das obras. Deste modo a imaxe que hoxe podemos observar é na súa maioría produto destas reformas ordenadas polo arcebispo frei Antonio de Monroy, que ocupou o seu cargo entre os anos 1685 a 1715.

San domingos de bonaval fachada principal
Fachada principal do convento.

A fachada principal

Presídea o escudo dos condes de Altamira con coroa real, patróns do convento, e vense nela claras referencias a obra "Arte e uso da Arquitectura" de frei Lorenzo de San Nicolás. É de pequenas proporcións, dividida en tres partes, horizontal e verticalmente.

A portada componse de dúas pilastras toscanas decoradas con feixes de froitas típicas no quefacer de Andrade, que soportan un frontón curvo partido enmarcando a porta alintelada, presidida pola imaxe do santo fundador. A ámbolos lados da porta ábrense vanos rectangulares. Sobre os linteis, en cartelas, aínda se pode ler nitidamente o seguinte texto:

"Esa portada i quarto que le sigue mando hacer el ylustrissimo sr don frai Antonio de Monroy arzobispo i señor de esta ciudad i genera de esta sagrada religión con las himagines i dorado año de 1699".

Escaleira tripla de caracol (Compostela)
Escaleira tripla.

A tripla escaleira helicoidal

Destaca no seu interior a extraordinaria escaleira tripla de caracol helicoidal dos séculos XVII e XVIII, obra tamén do arquitecto Domingo de Andrade. Componse de tres espirais independentes. A estudosa María Teresa Ríos Miramontes relacionouna coa que se atopa no francés castelo de Chambord.[Cómpre referencia] No mesmo espazo desenvólvense tres ramplas independentes, que conducen a diferentes pisos; só unha delas chega ao miradoiro. Os pasos da escaleira están feitos dunha peza enteira, encravándose por un nervio exterior sen necesidade de encaixar no muro nin unirse uns ós outros.

Foi restaurada por Xosé Cerviño García, o Mestre Cerviño.

Igrexa de San Domingos de Bonaval en Santiago de Compostela 1II2014 01

A torre

Tamén obra de Domingo de Andrade, e de novo baixo o mecenado de Monroy, estrutúrase no esencial seguindo o xa feito polo autor na Torre do reloxo da catedral de Santiago, e realízase nos principios do século XVIII.

Outras estancias

No ano 1712 encárgaselle a Pedro García a realización da sancristía.

Situación actual

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes do convento de San Domingos de Bonaval.
Ábsida gótica da igrexa.
Ábsida gótica da igrexa. 
Mosteiro de San Domingos de Bonaval - Santiago de Compostela
 
Corredor do Museo do Pobo Galego.
Corredor do Museo do Pobo Galego. 
Patio do Museo do Pobo Galego.
Patio do Museo do Pobo Galego. 

Notas

  1. Desde o púlpito desta igrexa di a tradición que predicou un dos máis apaixonados oradores medievais, San Vicente Ferrer.

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Antigo Hospital de San Roque

O Antigo Hospital de San Roque de Santiago de Compostela é un edificio orixinario do século XVI, que foi reformado no XVIII.

Na actualidade, e tras da súa compra pola Xunta de Galicia e a súa rehabilitación a finais do século XX, o edifcio serve de sede a diversas institucións culturais da cidade.

Arquitectura gótica en Galicia

A arquitectura gótica en Galicia correspóndese coas infraestruturas e construcións, na súa maioría templos -a maioría conventos e catedrais- dos séculos XIV e XV que supoñen a evolución natural das primeiras igrexas románicas do século XIII.

Ademais da arte rural, sobresae pola súa calidade a arquitectura das ordes mendicantes: Dominicos e Franciscanos.

Exemplos de arquitectura gótica en Galicia son algunhas partes do Convento de San Domingos de Bonaval, do Convento de San Francisco de Ourense e de San Domingos de Pontevedra.

Bonaval

O topónimo Bonaval pode referirse a:

Bonaval, lugar da parroquia de Burgueira, no concello de Oia;

Convento de San Domingos de Bonaval, en Santiago de Compostela;

Carballeira de San Lourenzo

A carballeira de San Lourenzo é unha carballeira compostelá cunha extensión de 8.000 metros cadrados. Está situada á beira do río Sarela, xusto ao pé do convento franciscano de San Lourenzo de Trasouto, que foi fundado no século XIII.

Por medio desta zona arborada transcorre o Camiño de Santiago, en dirección a Fisterra. No interior da carballeira hai dispostos unha fonte e dous cruceiros de interese.

Trátase dun lugar de reunión ao que Rosalía de Castro cantou na súa obra Follas Novas.

Casa da Conga

A casa da Conga é un edificio de principios do século XVIII sito na praza da Quintana de Santiago de Compostela.

Trátase dun edificio barroco construído para vivenda dos cóengos da catedral. As trazas iniciais débense a Domingo de Andrade, pero quen rematou a construción en 1730 foi Casas e Novoa. Está situada pechando a parte sur da praza da Quintana. Estrutúrase como un bloque de catro casas cun vistoso pórtico corrido que une as catro edificacións. É de estilo moi clasicista en contraste coa Casa da Parra situada na parte superior da praza. Na actualidade a casa da dereita é sede do Colexio de Arquitectos de Galicia e sala de exposicións. O resto está ocupado por comercios, restaurantes, bares e cafeterías.

Centro Comercial Compostela

O Centro Comercial Compostela é un edificio de tendas de El Corte Inglés, sito en Santiago de Compostela, na saída da cidade cara a Ourense. Inaugurado en 1998, foi o segundo centro comercial que se construíu na capital de Galicia.

Centro Galego de Arte Contemporánea

O Centro Galego de Arte Contemporánea, CGAC é un centro con sede en Santiago que ten como fin fomentar a cultura en Galiza mediante a exhibición, deleite e coñecemento das tendencias e correntes da creación artística contemporánea.

Cidade vella de Santiago de Compostela

A cidade vella de Santiago de Compostela é unha zona urbana da capital galega caracterizada pola súa arquitectura antiga e monumental. Foi elixida como Patrimonio da Humanidade pola UNESCO en 1985, satisfacendo 3 dos criterios suficientes de selección:

I. Representar unha obra mestra do xenio creativo humano.

II. Testemuñar un importante intercambio de valores humanos ao longo dun período de tempo ou dentro dunha área cultural do mundo, no desenvolvemento da arquitectura ou tecnoloxía, artes monumentais, urbanismo ou deseño paisaxístico.

VI. Estar directa ou tanxiblemente asociado con eventos ou tradicións vivas, con ideas ou con crenzas, con traballos artísticos e literarios de destacada significación universal. (O comité considera que este criterio debe estar preferentemente acompañado doutros criterios).O centro histórico da cidade medrou arredor da catedral a partir do mítico achado do sepulcro do Apóstolo Xacobe no ano 813, atraendo a peregrinaxe de millóns de persoas durante séculos nun dos fenómenos mais salientables da historia medieval. As edificacións que foron construídas na cidade antiga durante ás épocas románica, gótica e barroca, fixeron dela unha das zonas urbanas mais fermosas do mundo, converténdose nun lugar de culto cun gran esplendor artístico.

El Correo Gallego

El Correo Gallego é un xornal galego que se edita en Santiago de Compostela. Fundouno José Mariano Abizanda na cidade de Ferrol en 1878.

Escaleira

Unha escaleira é unha construción deseñada para unir diversos espazos situados en varios niveis en vertical, dividíndoo en alturas reducidas cun lugar para poñer o pé, chamadas chanzos. Poden ser fixas, transportábeis ou móbiles. A escaleira ampla, xeralmente artística ou monumental, coñécese co nome de escalinata. A transportábel ou «de man», elaborada con madeira, corda ou ambos os dous materiais, denomínase escada. A escaleira cuxos chanzos se desprazan mecanicamente chámase escaleira mecánica.

Galería de imaxes de escritores en lingua galega

Galería de imaxes de escritores en lingua galega.

Galería de imaxes do convento de San Domingos de Bonaval

O convento de San Domingos de Bonaval é un antigo convento dominico de Santiago de Compostela.

Monte do Gozo

O monte do Gozo é unha elevación do terreo próxima á cidade de Santiago de Compostela, no lugar de San Marcos en Bando, chamada así polo sentimento de gozo que desperta nos peregrinos, xa que este monte é o primeiro punto dende o cal a xente que fai o Camiño de Santiago ve as torres da catedral.

Museo do Pobo Galego

O Museo do Pobo Galego abriu as súas primeiras salas no ano 1977 no antigo Convento de San Domingos de Bonaval, na cidade de Santiago de Compostela, no lugar coñecido comunmente como Porta do Camiño.

Panteón

O termo Panteón pode referirse a:

En arquitectura:

Panteón, monumento funerario que aloxa os restos mortais de varias persoas.Panteón de Roma, en Italia;

Panteón de París, en Francia;

Panteón de Londres, en Inglaterra;

Panteón Real, na Catedral de Santiago de Compostela;

Panteón de Galegos Ilustres, na igrexa do antigo Convento de San Domingos de Bonaval, tamén en Santiago de Compostela;

Panteón de Hombres Ilustres, en Madrid;

Panteón de los Reyes, no Mosteiro del Escorial, Madrid;

Panteón Nacional, en Caracas, Venezuela.

Panteón de Marinos Ilustres, en San Fernando, España.

Panteón Nacional de los Héroes, en Asunción, Paraguay.En mitoloxía:

Panteón, conxunto de deuses dunha cultura ou crenza.En literatura:

Panteón, terceiro e último tomo da triloxía Memorias de Idhún.

Panteón de Galegos Ilustres

O Panteón de Galegos Ilustres atópase na igrexa do convento de San Domingos de Bonaval, en Santiago de Compostela. Toda a igrexa é Panteón, aínda que so se estean usando a Capela da Visitación (ou de San Domingos en Suriano) e a Capela do Santo Cristo. Nel repousan os restos de galegos sobranceiros como a poeta Rosalía de Castro, o político rexionalista Alfredo Brañas, o escultor Francisco Asorey, o poeta Ramón Cabanillas, o xeógrafo Domingo Fontán e o artista e político nacionalista Alfonso Daniel Rodríguez Castelao.

A idea foi proposta inicialmente polos emigrantes galegos en Cuba.

Parque de San Domingos de Bonaval

O parque de San Domingos de Bonaval é un parque de Santiago de Compostela.

Porta do Camiño (Santiago de Compostela)

A Porta do Camiño de Santiago de Compostela era a primeira porta pola que entraban á cidade os peregrinos que acudían polo Camiño Francés. Desde este lugar pódese contemplar o Convento de San Domingos de Bonaval, sede do Museo do Pobo Galego desde 1963.Antigamente existía un arco que formaba unha das sete entradas á cidade amurallada de Compostela, tras ser arrasada polas tropas do árabe Almanzor.

Área Central

Área Central é un complexo cívico comercial de Santiago de Compostela, sito no barrio de Fontiñas. Inaugurado o 20 de outubro de 1993, foi o primeiro centro comercial da capital de Galicia.

Artigos sobre a cidade de Santiago de Compostela
Edificios institucionais
Edificios relixiosos
Teatros
Museos
Outros edificios
Parques
Centros comerciais
Rueiro
Transporte
Medios de comunicación
Clubs deportivos
Recintos deportivos
Outros recintos
Centros de saúde
Empresas locais
Restos arqueolóxicos
Accidentes xeográficos
Educación
Outros

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.