Convención de Ramsar

A Convención relativa ás Zonas Húmidas de Importancia Internacional, especialmente como Hábitat de Aves Acuáticas, coñecida como Convención de Ramsar, foi adoptada na cidade iraniana de Ramsar, o 2 de febreiro de 1971, e entrou en vigor en 1975. A UNESCO é a tesouraría da Convención.

É un tratado internacional sobre a conservación e a utilización responsábel das zonas húmidas e os seus recursos, sexa por regulamentación nacional, sexa por proxectos de cooperación internacional co fin de protexer un dos ecosistemas máis produtivos e pero dos máis ameazados na actualidade. Aínda que inicialmente se centraba na protección do hábitat das aves acuáticas, cos anos foi ampliando o seu ámbito de aplicación no sentido de protexer toda a biodiversidade das zonas húmidas.

O artigo 2.2 da Convención establece que:

RAMSAR-logo
Corrubedo - Dunas 050821 GDFL

Parque dunar de Corrubedo.

Convención de Ramsar

Partes

Até o 14 de xaneiro de 2008, a Convención fora ratificada por 157 países, con 1.708 sitios incluídos na "lista das zonas húmidas de importancia internacional"[1], que suman 152,9 millóns de hectáreas[2].

Compromisos que adquiren as partes ao adherírense ao convenio

Pódese falar principalmente de catro compromisos que adquiren as partes:

  1. Inscrición de sitios na lista das zonas húmidas: o artigo 2 da convención establece a obriga das partes de designar no momento da adhesión polo menos un sitio para incluílo na "lista de Ramsar" e promover a súa conservación.
  2. Uso racional (sostible): o artigo 3.2 da convención establece a obriga das partes de incluíren as cuestións relativas á conservación das zonas húmidas nos seus plans nacionais do solo.
  3. Reservas e capacitación: o artigo 4 da convención establece a obriga de fixar reservas de natureza nas zonas húmidas.
  4. Cooperación internacional: o artigo 5 da convención establece a obriga de cooperar con outros Estados nos casos das zonas húmidas transfronteirizas, sistemas hídricos compartidos ou especies compartidas.

Funcionamento

Para o seu funcionamento, a convención prevé a existencia dos seguintes órganos:

  • A Conferencia das Partes Contratantes (COP): está formada polos representantes dos gobernos das partes e é o órgano reitor da convención. Ás súas reunións poden asistir sen dereito de voto representantes de ONGs e da comunidade académica. Nos artigos 6 e 7 recóllense as súas funcións entre as que están: recibir informes nacionais sobre os trienios anteriores, aprobar acordos sobre o programa e o orzamento para os tres anos seguintes, examinar orientacións dirixidas ás partes, e outros.
A primeira das reunións da conferencia celebrouse en Cagliari, Italia, en 1980. Introducíronse emendas á convención orixinal nas conferencias de París en 1982 ("protocolo de París") e Regina en 1987 ("emendas de Regina")[3]
  • O Comité Permanente (CP): órgano executivo que representa á conferencia nos tres anos entre cada unha das reunións da COP. Está composta por 16 membros rexionais e 2 membros ex officio do Comité que se reúnen anualmente elixidos proporcionalmente entre as 6 rexións Ramsar: África, Asia, Europa, Neotrópico, América do Norte e Oceanía, así como os países anfitrións da última reunión da COP e da seguinte.
  • A Secretaría da Convención: coordina as actividades correntes da Convención. Ten a súa sede en Gland, Suíza; sendo compartida coa UINC ("Unión Internacional para a Conservación da Natureza e os Recursos Naturais"). Está dirixida por un secretario xeral que ten ao seu cargo a 15 funcionarios técnicos, de comunicacións e administrativos que xuridicamente son considerados empregados da UINC.
  • O Grupo de exame científico e técnico (GECT): órgano subsidiario co obxecto de dar orientacións científicas e técnicas aos outros órganos da convención. Os seus integrantes desempeñan cargos non remunerados e son elixidos polo comité permanente entre os expertos presentados polas partes.
  • As Organizacións Internacionais asociadas: son cinco ONGs coas que a convención colabora estreitamente e coas que está asociada oficialmente:
BirdLife International
IWMI - Instituto Internacional para o Manexo da Auga
Wetlands International
UICN - Unión Mundial para a Natureza
WWF (Fondo Mundial para a Natureza) Internacional

Rexistro de Montreux

O Rexistro de Montreux é un rexistro creado na Conferencia do ano 1990, no que se recollen as zonas húmidas inscritas na lista das zonas húmidas de importancia internacional nas que se produciron, están producindo ou poden producirse cambios como consecuencia da intervención do ser humano, da contaminación ou dos avances tecnolóxicos[4].

No ano 1993 determinouse que debía ser empregado para identificar as zonas húmidas nacionais ou internacionais que requirían unha atención prioritaria. En 2017, había 48 zonas húmidas inscritas[5].

Misión Ramsar de asesoramento (MRA)

Consiste nunha misión técnica formada por dous ou tres expertos que pode ser encargada pola Secretaría, previa solicitude dun Estado parte interesado, coa finalidade de analizar a situación existente nunha zona húmida inscrita no rexistro de Montreux, asesorar sobre as medidas a adoptar e avaliar a conveniencia de eliminar a inscrición no rexistro despois da adopción das medidas indicadas, se as mesmas foron eficaces para a solución do problema[4].

Zonas húmidas de importancia internacional por estados

Zonas húmidas galegas

No litoral galego hai cinco zonas húmidas incluídas la Lista das zonas húmidas de importancia internacional, as indicadas no cadro seguinte:[6][7][8][9]

Nome Data de designación Superficie Lagoa de Valdoviño a Frouxeira
Lagoa da Frouxeira, na zona húmida Lagoa e areal de Valdoviño
Complexo Intermareal Umia-O Grove 5 de decembro de 1989 2.561 ha
Ría de Ortigueira e Ladrido 5 de decembro de 1989 2.920 ha
Complexo das praias, lagoa e duna de Corrubedo 26 de marzo de 1993 550 ha
Lagoa e areal de Valdoviño 26 de marzo de 1993 485 ha
Ría de Ribadeo 4 de outubro de 1994 1.740 ha

Curiosidades

O 2 de febreiro declarouse o día mundial das zonas húmidas, en conmemoración da data na que se aprobou a Convención de Ramsar.

Notas

  1. Lista das zonas húmidas de importancia internacional en formato pdf
  2. Partes contratantes da Convención de Ramsar
  3. Documento Informativo de Ramsar Número 2:
    As reunións ordinarias da Conferencia das Partes Contratantes celebráronse en: 1. Cagliari, Italia, 1980; 2. Groningen, Países Bajos, 1984; 3. Regina, Canadá, 1987; 4. Montreux, Suíza, 1990; 5. Kushiro, Xapón, 1993; 6. Brisbane, Australia, 1996; 7. San José, Costa Rica, 1999; 8. Valencia, España, 2002; 9. Kampala, Uganda, 2005. Segundo o previsto, a 10a. celebrarase en Changwon, República de Corea, en 2008
  4. 4,0 4,1 Documento informativo Ramsar número 6
  5. "Montreux Record". Ramsar. Consultado o 3/11/2017.
  6. "Decreto 110/2004, do 27 de maio, polo que se regulan os humidais protexidos. CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE. Luns, 7 de xuño de 2004. Número 108.". DOG, Xunta de Galicia. Consultado o 1/10/2017.
  7. "DECRETO 127/2008, do 5 de xuño, polo que se desenvolve o réxime xurídico dos humidais protexidos e se crea o Inventario de humidais de Galicia. CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE E DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE". DOG, Xunta de Galicia.
  8. "Humidais protexidos". Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio. Xunta de Galicia.
  9. Páxs. 31 e 32 do documento pdf

Véxase tamén

Bibliografía

  • Secretaría de la Convención de Ramsar (2006): Manual de la Convención de Ramsar: Guía a la Convención sobre los Humedales (Libro en pdf). Gland, Suíza: Secretaría de la Convención de Ramsar. (en castelán).

Outros artigos

Ligazóns externas

2 de febreiro

O 2 de febreiro é o 33º día do ano do calendario gregoriano. Quedan 332 días para finalizar o ano, 333 nos anos bisestos.

Carballa da Rocha

A Carballa da Rocha é un carballo situado na Saínza de Abaixo, en Rairiz de Veiga, no concello de Rairiz de Veiga, Ourense, declarado Monumento natural pola Xunta de Galicia o 1 de marzo do ano 2007, englobando seis leiras lindeiras que suman 0,6429 ha. Tamén foi declarada árbore senlleira o 17 de abril do 2007 .

A Carballa da Rocha atópase dentro da reserva da biosfera Área de Allariz.

Día Mundial das Zonas Húmidas

O Día Mundial das Zonas Húmidas celébrase o 2 de febreiro e conmemora en todo o mundo a data na que se apobou a Convención de Ramsar sobre as Zonas Húmidas de Importancia Internacional, na mesma data de 1971. Tamén aparece denominado como Día Mundial dos Humedais (sic) e, nalgunhas fontes, Día Internacional dos Humedais (sic).

Fraga de Catasós

A fraga de Catasós é unha fraga declarada monumento natural no ano 2000, situada no lugar de Quintela, Catasós, no concello pontevedrés de Lalín. Tamén se coñece co nome de carballeira de Quiroga, xa que a maior parte dos exemplares dominantes son carballos, aínda que salienta polos seus senlleiros castiñeiros (tamén se lle chamaba souto), algúns de varios centos de anos, 5 metros de circunferencia e máis de 30 metros de altura (os máis altos de Europa).

Golfo de Fonseca

O golfo de Fonseca, é un entrante protexido do océano Pacífico, ao oeste de América Central, que limita ao noroeste co Salvador, ao nordeste e ao leste, por Honduras, e ao sur por Nicaragua.

Un dos mellores portos naturais do mundo, cunha extensión duns 3.200 km². Entre os portos importantes atópanse La Unión, no Salvador; San Lorenzo, en Honduras; e Puerto Morazán, en Nicaragua.

Illas Briñas

As Illas Briñas son un subarquipélago galego na provincia de Pontevedra que forma parte do arquipélago de Cortegada, e con ela integradas no Parque nacional das Illas Atlánticas. Sitúanse a poñente das Illas Malveiras, ao oeste da Illa de Cortegada. Son dous illotes que suman no seu conxunto 5,5 hectáreas: A Briña e O Con Branco. A maior é a Briña (4 hectáreas), que é baixa, alargada e alternando area con zonas pedregosas. Está cuberta de vexetación herbácea e carece, como o espido Con Branco, de construcións.

Lagoa da Frouxeira

A lagoa da Frouxeira é unha zona húmida do concello de Valdoviño. Localízase ao pé da praia da Frouxeira, na parroquia de Lago, dando orixe ao nome da parroquia. Constitúe un ecosistema de gran valor, no que habitan milleiros de aves, en especial, migratorias, que atopan na lagoa o lugar ideal para descansar e aniñar. Como Lagoa e areal de Valdoviño é considerada Zona húmida de importancia internacional pola Convención de Ramsar (Zona húmida de Importancia Internacional). Ademais foi declarada Zona de Especial Protección para as Aves (ZEPA), é lugar de Importancia Comunitaria (LIC Costa Ártabra) e está incluída no Rexistro Xeral de Espazos Naturais de Galicia.

Anualmente a Xunta de Galicia procede a abrir a canle que vai da lagoa ao océano para previr inundacións nas vivendas da zona.

Lagoa e areal de Valdoviño

A lagoa e areal de Valdoviño é un espazo natural galego declarado como zona húmida protexida e que ocupa 490 ha. da lagoa da Frouxeira e a praia da Frouxeira, Valdoviño.

Esta zona húmida forma parte da zona especial de conservación (ZEC) "Costa Ártabra" e da zona de especial protección para as aves (ZEPA) da "Costa de Ferrolterra - Valdoviño". É ademais unha das zonas húmidas galegas incluídas na Lista das zonas húmidas de importancia internacional, da Convención de Ramsar..

Mar Menor

O Mar Menor é unha lagoa de auga salgada de España, situada xunto ao mar Mediterráneo, na rexión de Murcia. Os seus especiais características ecolóxicas e naturais fan do Mar Menor unha paraxe natural única e o lago de auga salgada maior de Europa.

Monumento natural

Un monumento natural é un elemento da natureza que ten un valor paisaxístico, xeolóxico, histórico ou social e é único a causa da súa rareza, das súas cualidades estéticas, ou do seu significado cultural.Os monumentos naturais están nalgúns países suxeitos a unha protección legal, que define as características dos monumentos, identifícaas, e realiza o inventario dese patrimonio para logo reforzar a protección ofrecida.

Paisaxe protexida

Unha paisaxe protexida é un espazo natural que polo seu valor estético, ou singularidade no aproveitamento humano do medio natural, se lle outorga unha protección. Esta figura e protección pretende conservar a paisaxe e os elementos socio-económicos que a orixinaron e a mantiveron.O marco lexislativo galego recoñece esta categoría seguindo a Lei 42/2007 do patrimonio natural e da biodiversidade española e o Convenio da paisaxe do Consello de Europa.

Parque nacional

Un parque nacional é, no marco lexislativo español, un espazo natural declarado como parque por estar pouco transformado pola explotación ou pola ocupación humana e que, en razón á beleza das súas paisaxes, a representatividade dos seus ecosistemas ou a singularidade da súa flora, da súa fauna ou das súas formacións xeomorfolóxicas, posúe uns valores ecolóxicos, estéticos, educativos e científicos, co cal a súa conservación merece unha atención preferente. Poden ser marítimos ou terrestres, e encontrarse na montaña, no mar, no deserto ou en calquera outro espazo definido xeograficamente.

O único parque nacional galego é o Parque Nacional das Illas Atlánticas.

O termo de parque nacional pode ser unha figura legal similar noutros estados para a conservación de espazos naturais.

Pena Corneira

Pena Corneira é un espazo natural de 998 hectáreas declarado monumento natural da comarca ourensá do Ribeiro, entre Avión, Carballeda de Avia e Leiro, e que se caracteriza por se asentar sobre un vasto macizo granítico senlleiro cun grande interese pola súa singularidade e importancia dos seus valores científicos, culturais e paisaxísticos. Carballeda de Avia o municipio que alberga unha maior superficie, seguido dos concellos de Leiro e Avión, todos na comarca do Ribeiro.No cumio do monte existe a a Pena Corneira, un penedo vertical de dez metros de altura.

Río Landro

O río Landro ou Landrove é un curso fluvial galego, pertencente á vertente cantábrica. Segue unha dirección S-N e desemboca na ría de Viveiro. Ten un percorrido de 42 km e a súa bacía esténdese por 268 km².

Río Lérez, ría de Pontevedra

O río Lérez pertence á vertente atlántica e na súa desembocadura forma a ría de Pontevedra.

Río Oka, mar Cantábrico

O río Oka (nome en éuscaro, ás veces escrito en castelán como Oca), é un curso fluvial da vertente cantábrica da península Ibérica que discorre por terras de Biscaia, no País Vasco.

Ten unha lonxitude de 17 km. Orixínase en Zugastieta, na confluencia de diversos regatos que proveñen das montañas Goroño (601 m), Oiz (1.035 m), Bizkargi (563 m) e Arburu (552 m). Corre en dirección sur/norte até que finalmente desemboca no estuario de Urdaibai.

A conca do río Oka é a parte principal da Reserva da Biosfera de Urdaibai, espazo protexido cualificado pola UNESCO en 1984.A súa riqueza natural, en especial a ornitolóxica, foi o fundamento principal pata obter esta cualificación e para a súa declaración como Zona de Especial Protección para es Aves (ZEPA) en 1994 e á súa incorporación á Rede Natura 2000.En 1992 incluíuse na relación de Zonas húmidas de importancia internacional da Convención de Ramsar, por decisión do Goberno Vasco.O Oka atravesa terreos dos municipios de Mundaca, Pedernales, Busturia, Murueta, Fórua, Gernika-Lumo, Ajangiz, Mendata, Arrazua, Cortézubi, Gautegiz Arteaga, Múgica e Ibarrangelu.

Sitios Ramsar en España

España é parte contratante da Convención de Ramsar desde 1982 (Instrumento de Adhesión de 18 de marzo de 1982, BOE 199, de 20.08.1982, data na que se incluíron as dúas primeiras zonas húmidas: o Parque Nacional de Doñana (que é Patrimonio da Humanidade) as Tablas de Daimiel. Neste momento, conta cun total de 49 Sitios Ramsar, cunha superficie total declarada de máis de 173.126 ha.

O Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente de España ofrece un mapa interactivo no que se pode consultar a localización e características de todas as zonas húmidas incluídas nesta Convención.

Souto de Rozavales

O Souto de Rozavales, tamén nomeado Souto de Rozabales, é un monumento natural que se atopa no lugar ourensá do Souto de Rozavales, San Martiño de Manzaneda, Manzaneda. Foi declarado monumento natural polo Decreto 78/2000, do 25 de febreiro. Tamén o castiñeiro de Pumbariños, que está aí, se incluíu no Catálogo de Árbores Senlleiras de Galiza.

Zona húmida protexida

As zonas húmidas protexidas son ecosistemas que teñen auga constantemente ou dun xeito estacional e que polo seu interese de protección e conservación son espazos naturais protexidos. Segundo a Convenio de Ramsar, unha zona húmida é unha «área de marismas, esteiros, foces ou turbeiras, tanto naturais como artificiais, nas que a auga é estática ou flúe, é tanto doce, salobre coma salgada, e áreas nas que a auga mariña en marea baixa non ten unha profundidade maior de seis metros». Agás na Antártida, estas zonas están por todo o planeta e son ecosistemas como os de lagoas e ríos, acuíferos subterráneos, marismas, esteiros, turbeiras, deltas, mangleirais, corais ou encoros construídos, entre outros.As zonas húmidas máis destacables do planeta, segundo a UNESCO, son Tonlé Sap (Cambodia), Pantanal (Brasil), Lac Saint-Pierre (Canada), a Ciénaga Grande de Santa Marta (Colombia), Camarga (Francia), a reserva da biosfera de Hara (Irán), o delta do Volga (Rusia), Langebaan (Suráfrica), The Everglades (EEUU) e o delta du Saloum (Senegal).As zonas húmidas Ramsar supera en 2017 as 2200 e cobren o 2,1% da superficie do planeta. En Galicia hai declarados cinco zonas húmidas de importancia internacional.

Espazos protexidos de Galicia
Parque Nacional:
Parque Natural:
Monumento Natural:
Rede Natura 2000:
Zona húmida protexida:
Reserva da Biosfera:
Outros:

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.