Contrarreforma

A Contrarreforma, tamén denominada Reforma Católica, é o nome dado ao movemento creado no seo da Igrexa Católica en resposta á Reforma Protestante iniciada con Lutero a partir de 1517. En 1543, a Igrexa Católica convocou o Concilio de Trento establecendo, entre outras medidas, a continuación do Tribunal do Santo Oficio (Inquisición), a creación do Index Librorum Prohibitorum, cunha relación de libros prohibidos pola igrexa, e o incentivo á catequese dos pobos do Novo Mundo, coa formación de novas ordes relixiosas dedicadas a esa empresa, incluíndo a Compañía de Xesús. Outras medidas incorporaron a reafirmación da autoridade papal, o mantemento do celibato, a creación do catecismo e seminarios e a supresión de abusos mediante indulxencias.

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre historia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.
Barroco

O Barroco é un movemento cultural e artístico que tivo lugar principalmente durante o século XVII. O termo provén do francés baroque, de barocco, figura de siloxismo que os renacentistas aplicaban aos razoamentos absurdos, cruzado co portugués barroco, perla irregular ou, por extensión, xoia falsa.A cultura barroca nace dunha situación histórica concreta, que é a crise económica e social que as monarquías absolutistas e a Contrarreforma non puideron ocultar. Por esa razón, o home desa época refuxiouse nos avances da ciencia e na expresión artística e literaria. O Barroco caracterízase tanto polo esplendor artístico e cultural como pola decadencia social e económica.

O Barroco é unha reacción fronte ao manierismo, movemento elitista, complicado e intelectual e, en xeral, á orde estética renacentista, de beleza equilibrada e razoable. O Barroco non cifra o seu ideal na proporción bela, máis ben procura a realidade cotiá, con frecuencia tratada con extrema crueza. Á vez mostra gusto polo aparatoso e monumental, empregado como instrumento propagandístico tanto da monarquía como da Igrexa católica.

Celestino IV, papa

Celestino IV, nado como Goffredo da Castiglione (? , Milán - 10 de novembro de 1241, Roma) foi papa entre o 25 de outubro de 1241 e o seu pasamento.

Fillo dunha irmá do papa Urbano III, foi elevado a cardeal por Gregorio IX en 1227.

Celestino V, papa

Santo Celestino V, nado como Pietro Angelerio e tamén coñecido como Pietro del Morrone (Isernia 1215 - Ferentino 1296), foi papa entre o 7 de xullo e o 13 de decembro de 1294.

Clemente X, papa

Emilio Altieri, nado en Roma o 13 de xullo de 1590, papa Clemente X (en latín Clemens X, en italiano Clemente X) do 29 de abril de 1670 ao 22 de xullo de 1676. "De fulmine magno" nas profecías de San Malaquías. Intervén na elección do rei de Polonia e obtivo o nomeamento de Jan III Sobieski estimado pola súa profunda fe cristiá e por combater os turcos na batalla de Chaezim. Celebrou o 15º Xubileu de 1675.

Conón, papa

Conón, finado o 21 de setembro de 687, foi papa desde o 21 de outubro de 686 ata a súa morte en Roma.

Cristianismo

O cristianismo (da verba en grego antigo Χριστός, Khristós (Cristo)) é unha relixión monoteísta baseada na vida e ensinanzas de Xesús Cristo como aparecen nos evanxeos canónicos e noutros escritos do Novo Testamento. Actualmente é a relixión, se contamos tódalas súas ramas, que conta con maior número de practicantes, coñecidos como cristiáns.

Os cristiáns cren que Xesús é o Fillo de Deus, Deus feito home, e o salvador da humanidade. Por mor disto, refírense a Xesús como Cristo, o Mesías profetizado nos textos xudeus que compoñen o Antigo Testamento. A doutrina teolóxica básica aparece nos primeiros textos cristiáns, cuxo contido é aceptado pola maioría das confesións cristiás. Estas profesións de fe din que Xesús sufriu, morreu e resucitou de entre os mortos para garantir a vida eterna a aqueles que cren nel e que confían nel para o perdón dos seus pecados. A maioría sosteñen tamén que Xesús subiu ao Ceo e que alí goberna xunto con Deus Pai. Aínda que o cristianismo é unha relixión monoteísta a maioría dos cristiáns cren que Deus existe en tres persoas, Deus Pai, Deus Fillo e Deus Espírito Santo que constitúen unha mesma substancia de Deus, o que constitúe o misterio da Santa Trindade.

Don Carlos

Don Carlos, ou Don Carlo na versión en italiano, é unha ópera en cinco actos con música de Giuseppe Verdi e libreto en francés de François Joseph Méry e Camille du Locle, baseado no drama Dom Karlos, Infant von Spanien de Schiller. Foi estreada o 11 de marzo de 1867 no Teatro Imperial da Ópera de París.

Os acontecementos históricos rodean e dirixen boa parte do drama. Para Verdi esta ópera representaba a loita da liberdade contra a opresión política e religiosa, representadas nos personaxes de Felipe II e o Grande Inquisidor. A historia está baseada en conflitos na vida de Carlos de Austria e Portugal (1545–1568) logo de que a súa prometida, Isabel de Valois, casara co seu pai, o rei Filipe II como parte do tratado de paz que puxo fin á guerra italiana de 1551-1559 entre as Casas de Habsburgo e Valois; aparecen a Contrarreforma, a Inquisición e a rebelión dos calvinistas en Flandres, Brabante e Países Baixos.

Ao longo de vinte anos, realizáronselle cortes e adicións á ópera, o que deu como resultado unha gran diversidade de versións dispoñibles para directores. Ningunha otra ópera de Verdi ten tantas versións. Coa súa duración íntegra (incluíndo o ballet e os cortes feitos antes da primeira representación), contén arredor de catro horas de música, sendo a ópera máis longa de Verdi.

Eutiquiano, papa

Eutiquiano ou Eutychianus (Eutichianus) ou Santo Eutiquiano, nacido cara a 220 en Etruria (segundo o Liber pontificalis), é bispo de Roma de 275 a 283. Mesmo se a tradición o conta entre os papas, este termo é posterior ao seu reinado.

Ve catro emperadores sucederse: Aureliano, Tácito, Probo e Caro.

Gregorio XV, papa

Alessandro Ludovisi (Boloña, 19 de xaneiro 1554 - Roma, 8 de xullo 1623) foi o 234º papa da Igrexa católica. Elixido o 9 de febreiro de 1621, tomou o nome de Gregorio XV (en latín Gregorius XV, en italiano Gregorio XV) en homenaxe à Gregorio XIII que o introducira nos asuntos eclesiásticos.

O papa mellorou o proceso das eleccións pontificais polas bulas «Aeterni Patris... » e « Decet Romanorum pontificem... » e creou á congregación para a propagación da Fe (Sacra congregatio de propaganda fide) coa bula « Inscrutabili divinae providentiae » o 22 de xuño 1622. Esta institución constituía o caldeirón do Concilio de Trento asegurando a perennidade da Contrarreforma. O tío e o sobriño Ludovisi trouxeron Bohemia e Moravia husistas no seo da Igrexa católica.

Igrexa católica

A Igrexa católica, tamén coñecida como Igrexa católica romana, é a maior denominación relixiosa cristiá con máis de 1.200 millóns de fieis. Reclámase organizativa e doutrinalmente a Igrexa cristiá orixinal fundada por Xesús e os Doce Apóstolos. A Igrexa católica está gobernada polo papa e polo Colexio Episcopal, integrado polos bispos en comuñón con el, e do cal é cabeza. Hoxe en día os ritos que se empregan na Igrexa son o rito latino (con diversas variacións nalgunhas igrexas locais e nalgunhas ordes relixiosas), o rito bizantino, o rito copto, o siríaco, o armenio, o maronita e o rito caldeo.As notas esenciais que definen á Igrexa son a súa Unidade, Santidade, Catolicidade e Apostolicidade; estas notas atópanse en tódalas Igrexas particulares que constitúen a Igrexa católica, que son a Igrexa latina e as igrexas católicas orientais; todas elas teñen en común as devanditas notas ou características esenciais e a autoridade suprema do Romano Pontífice.

En ocasións a Igrexa católica é aludida como Igrexa católica apostólica romana ou como Igrexa católica romana; quen fai isto sostén que as Igrexas anglicana e ortodoxa tamén son católicas (no sentido etimolóxico e en todo o contido do termo) e que a única diferenza é non estar sometidos á autoridade do papa, ou ben se trata de persoas procedentes de países nos que o idioma adoptou esta expresión debido ao uso intenso por parte de comunidades relevantes de anglicanos e outros protestantes e de ortodoxos.

Inocencio XII, papa

Antonio Pignatelli, nado en Spinazzola, preto de Bari (Italia) o 13 de marzo 1615, e finado en Roma o 27 de setembro de 1700, papa baixo o nome de Inocencio XII (en latín Innocentius XII, en italiano Innocenzo XII) — Rastrum in porta nas profecías de San Malaquías.

O seu pontificado contrastou co dos seus predecesores, do feito de que inclinaba para Francia máis ben que para Alemaña. Este papa benevolente , cheo de abnegación e piadoso, morreu o 27 de setembro de 1700 despois de celebrar o mesmo ano o décimo sexto Ano Santo.

Luteranismo

O luteranismo é o movemento relixioso cristián que comezou coas ensinanzas teolóxicas de Martiño Lutero no século XVI que serviron de base á Reforma protestante que conduciu á súa separación da igrexa católica e a formación do protestantismo. A certeza bíblica que tivo de que Deus non xulga as persoas polas súas obras, boas ou malas, senón máis ben a causa da súa fe, proporciona a Lutero a raiz fundamental do seu pensamento. Así, o luteranismo inspírase en tres principios angulares: a xustificación pola fe, o sacerdocio universal e a autoridade da Biblia.

O ataque comezado por Lutero baséase no concepto de xustificación pola fe, que negaba toda teoría romana sobre os méritos da salvación e a mediación dos santos. Denunciou tamén as que consideraba falsas seguridades de salvación ofrecidas por Roma a través da venda de indulxencias e a obtención dos perdóns.

O luteranismo rexeita a primacía e autoridade romana do papado. Nega a tradición dogmática e a existencia do purgatorio. O movemento protestante iniciado por Lutero afirma o valor único das Escrituras, e a supremacía da fe en Xesucristo. Lutero desenvolve a doutrina do Sacerdocio Universal, onde afirma que as Escrituras son intelixibles para tódolos crentes e que cada un, libremente, pode examinalas. Lutero busca transformar a cada crente no seu propio sacerdote.

A data simbólica da reforma foi o 31 de outubro de 1517 e para 1555 o luteranismo estaba firmemente asentado no norte, centro e leste de Alemaña, en Escandinavia, Letonia, Bohemia e Transilvania e a contrarreforma católica impediu que se establecera ou expulsou o luteranismo de gran parte do leste e o sur de Europa.

No século XVII en paralelo no luteranismo apareceron dúas tendencias contrapostas, o sincretismo que se circunscribía á teoloxía e que avogaba por unha concordia entre as igrexas, distinguindo entre verdades fundamentais que eran patrimonio de todas as confesións e secundarias, a outra tendencia foi o pietismo que avogaba por un reavivamento da relixiosidade popular combinando a énfase luterana na doutrina bíblica coa énfase puritana na piedade individual e unha vida cristiá vigorosa.

Na actualidade hai setenta millóns de fieis membros de igrexas luteranas que se agrupan en tres asociacións de igrexas luteranas, a Federación Luterana Internacional (66 millóns de fieis), o Consello Luterano Internacional e a Conferencia Evanxélica de Confesión Luterana, asemade catrocentos millóns de protestantes teñen a súa orixe na doutrina de Lutero.

Marcelino, papa

Santo Marcelino, bispo de Roma de 296 a 304. Incluído pola tradición entre os papas, nunca levou este título que non foi atribuído aos bispos de Roma máis que baixo o reinado de Silvestre I.

No transcurso do seu pontificado, en 301, Armenia volveuse a primeira nación oficialmente católica.

Pío IV, papa

Giovanni Angelo Medici di Marignano en italiano, nacido en Milán o 31 de marzo de 1499 e finado en Roma o 9 de decembro de 1565, foi papa de 1559 a 1565 baixo o nome de Pío IV (en latín Pius IV, en italiano Pio IV). O seu nome é asociado ao final do concilio de Trento.

Pío V, papa

Antonio Michele Ghislieri, nado en Bosco Marengo (Alessandria) o 17 de xaneiro de 1504 e finado en Roma o 1 de maio de 1572, foi o 225° Papa da Igrexa católica desde 1566 até a súa morte, co nome de Pio V. Foi canonizado por Clemente XI no 24 de maio de 1712.

Sisinio, papa

Sisinio, descoñécese a data de nacemento pero finou o 4 de febreiro 708, sendo enterrado na basílica de San Pedro de Roma, foi o papa número 87 da Igrexa católica, durante aproximadamente tres semanas en 708.

Torquato Tasso

Torquato Tasso, nado en Sorrento, preto de Nápoles, o 11 de marzo de 1544 e finado en Roma o 25 de abril de 1595, foi un poeta italiano da época da Contrarreforma. É coñecido sobre todo polo seu extenso poema épico Xerusalén liberada, ambientado no asedio de Xerusalén durante a Primeira Cruzada, así como pola loucura que o invadiu nos seus últimos anos.

Xoán V, papa

Xoán V, nado en Antioquía e finado en Roma o 2 de agosto de 686, foi o Papa nº 82 da Igrexa católica de 685 a 686.

Xoán VI, papa

Xoán VI, descoñécese a data de nacemento pero finou en Roma o 11 de xaneiro de 705, foi o 85º Papa da Igrexa católica, dende o 701 ata o 705.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.