Contou Rosalía

Contou Rosalía é un telefilme (emitido tamén como miniserie), da TVG, estreado o 16 de maio de 2018, véspera do Día das Letras Galegas, baseada na vida de Rosalía de Castro en Madrid.

Contou Rosalía
XéneroBiopic
Escrito porRaúl Veiga [1]
Dirixido porZaza Ceballos
IntérpretesMelania Cruz, entre outros.
Lingua(s)galego
Produción
Localización(s)A Coruña
Emisión orixinal
Canle de orixeTVG
Ligazóns externas

Argumento

Ao Madrid de mediados do S. XIX chega a Duquesa da Gloria, unha aristócrata de provocante singularidade. Tamén está na cidade, por asuntos de familia, a escritora feminista Rosalía de Castro. Alí fai vida social, escribe e reencóntrase co historiador Manuel Murguía. Ao calor da común preocupación polas xentes e a cultura de Galicia, nace entre eles unha paixón que a escritora non quere ver morrer nas cadeas con que a sociedade da época aferrolla as mulleres. O amor da escritora, desafiando limitacións de todo o tipo, desenvólvese no clima conspiratorio do final da era absolutista, tan axitado como traxicómico, onde a actuación da Duquesa da Gloria adquire unha sorprendente relevancia no camiño da emancipación.

A propia Rosalía é quen nolo conta.

Elenco

Calle Ballesta nº 13 (Madrid) 02
Calle Ballesta nº 13, residencia de Rosalía en Madrid.

Notas

  1. "Raúl Veiga, guionista da película 'Contou Rosalía'" Zigzag diario, 11/6/2017.
  2. "A luguesa Melania Cruz será Rosalía nunha nova serie de ficción da TVG". Diario de Pontevedra. 3/6/2017.

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Rosalía de Castro (1837-1885)
Obra
Familia
Lugares
Programación da Televisión de Galicia
Década de 1980
Década de 1990
Década de 2000
Década de 2010
Produción allea

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.