Contos do Castromil

Contos do Castromil é o nome dunha colección de trinta relatos curtos, doutros tantos autores, iniciativa da empresa de autocares Castromil, que os puña, de balde, a disposición dos seus clientes.

Descrición

En 1992, 1993 e 1994, co patrocinio da Xunta de Galicia, a iniciativa da Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística, e editados por Ir Indo, distribuíronse 450 000 exemplares.[1] A dirección literaria estivo a cargo de Xosé González Martínez, Xoaquín Monteagudo, Paulino Novo e Xosé M. Rodriguez Abella.

Contos do Castromil é unha colección que pretende achegar ó lector e viaxeiro unha selección de autores de relato galego que o leven tamén pola rota da imaxinación.

—   Contraportada

Autores

Os vinte e nove[2] autores dos títulos que compoñen a colección non cobraron polos seus textos, porén todos eles recibiron un carné que lles permite viaxar sen pagar en calquera das liñas do Castromil, igual co que no seu día tivera Ramón Otero Pedrayo.[3]

Os nomes e títulos son os seguintes:

Notas

  1. "La cuarta generación sin «castromiles»". La Voz de Galicia. 6/12/2001.
  2. Non son 30 autores porque un repetiu (Ferro Ruibal: n.os 7 e 28).
  3. "Presentación de «Contos do Castromil»" Arquivado 22 de agosto de 2016 en Wayback Machine. Fundación Galicia Empresa.
  4. Querida avoa reeditado en PDF por Castromil (grupo Monbus) en 2018, co gallo do DLG.
  5. Inclúe tamén As toupas e O home dos ferranchos.
  6. Reeditado en 2019 por Galaxia.
  7. Despois reeditado por Galaxia [1]

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Alfonso Álvarez Cáccamo

Alfonso Álvarez Cáccamo, nado en Vigo o 23 de outubro de 1952, é un escritor e profesor galego.

Alfredo Conde

Alfredo Conde Cid, nado en Allariz o 6 de xaneiro de 1945, é un escritor e político galego en lingua galega e máis tarde exclusivamente en lingua castelá.

Basilio Losada

Basilio Losada Castro, nado na Pobra de San Xiao (Láncara) o 20 de xuño de 1930, é un tradutor galego, crítico literario, catedrático de Filoloxía Románica na Universidade de Barcelona desde 1986 e catedrático de Filoloxía Galega e Portuguesa, e antes profesor noutros moitos centros universitarios.

Carlos Casares

Carlos Casares Mouriño, nado en Ourense o 24 de agosto de 1941 e finado en Vigo o 9 de marzo de 2002, foi un escritor en lingua galega, crítico literario e político. Estudou en Santiago de Compostela, cidade na que entrou en contacto con representantes do galeguismo, como Ramón Piñeiro. Foi director da editorial Galaxia e da revista Grial. Cultivou sobre todo a narrativa. Nos anos sesenta publicou o libro de relatos Vento ferido e Cambio en tres. En 1975 aparece Xoguetes pra un tempo prohibido. Viñeron logo o libro de relatos Os escuros soños de Clío e as novelas Ilustrísima, Os mortos daquel verán, Deus sentado nun sillón azul e O sol do verán. É de destacar, tamén, o traballo como columnista, principalmente en La Voz de Galicia entre 1992 e 1998, recollido en sete volumes publicados por Galaxia de 2005 a 2008, titulados Á marxe. O ano 2017 dedicóuselle o Día das Letras Galegas.

Castromil

O topónimo galego Castromil pode referirse a:

Castromil, parroquia do concello da Mezquita;

Castromil, lugar de dita parroquia;

Castromil, lugar da parroquia de Muniferral, no concello de Aranga;

Castromil, lugar da parroquia de Rendal, no concello de Arzúa;

Castromil, lugar da parroquia de Salto, no concello de Vimianzo;

Castromil, localidade do concello de Hermisende, na provincia de Zamora.Amais, como apelido pode referirse a:

Evaristo Castromil Otero, empresario galego (1876-1969);

Ramón Castromil Ventureira, músico empresario e político galego (n. 1930);

Darío Xohán Cabana

Darío Xohán Cabana Yanes, nado en Roás (Cospeito) o 19 de abril de 1952, é un escritor galego.

David Otero

David Otero Fernández, nado en Santiago de Compostela o 27 de decembro de 1946, é un escritor galego.

Euloxio R. Ruibal

Euloxio Rodríguez Ruibal, nado en Ordes o 16 de marzo de 1945, é un escritor e director galego. Está considerado un dos renovadores do teatro galego.

Marina Mayoral

Marina Mayoral Díaz, nada en Mondoñedo o 12 de setembro de 1942, é unha escritora galega en galego e castelán.

Miguel Suárez Abel

Miguel Suárez Abel, nado en Campo (Arzúa) en 1952 e finado en Meirás (Valdoviño) o 18 de abril de 2017, foi un escritor galego.

O amor e as palabras

O amor e as palabras, publicado por Urco Editora no ano 2017, é un libro composto por unha selección de relatos de María Victoria Moreno que xa foran previamente publicados, maioritariamente en libros colectivos.

Paco Martín

Francisco Martín Iglesias, coñecido como Paco Martín, nado no barrio de Recatelo, en Lugo, o 22 de febreiro de 1940, é un escritor en lingua galega e foi mestre de ensino primario durante case catro décadas, até a súa xubilación no ano 2000.

Ramón Castromil

Ramón Evaristo Castromil Ventureira, nado en Santiago de Compostela o 11 de setembro de 1930, é un empresario, pianista e político galego.

Salvador García-Bodaño

Salvador García-Bodaño Zunzunegui, nado en Teis (Vigo) o 17 de xullo de 1935 é un escritor galego, membro do plenario da Real Academia Galega dende 1992 e vicesecretario desa institución no período 2001-2009. Cultiva exclusivamente a poesía en lingua galega e está considerado como membro da Xeración das Festas Minervais. É procurador dos tribunais e dedicouse a diversas actividades mercantís.

Suso de Toro

Xesús Miguel de Toro Santos, máis coñecido como Suso de Toro, nado en Santiago de Compostela o 10 de xaneiro de 1956, é un escritor galego.

Xavier Alcalá

Francisco Xavier Alcalá Navarro, máis coñecido como Xavier Alcalá, nado en Miguelturra (Cidade Real) o 19 de agosto de 1947, é un escritor galego. É irmán do arquitecto Alfredo Alcalá.

Xesús Ferro Ruibal

Xesús Ferro Ruibal, nado en Rebón (Moraña) o 28 de setembro de 1944, é un lingüista, teólogo, latinista e escritor galego.

Xosé Chao Rego

Xosé Chao Rego, nado en Vilalba o 23 de abril de 1932 e finado en Santiago de Compostela o 28 de novembro de 2015, foi un teólogo e escritor galego.

Úrsula Heinze

Úrsula Heinze de Lorenzo, nada en Colonia en 1941, é unha escritora galega de orixe alemá. É autora dunha vasta obra que abrangue a novela, o relato curto, a narrativa infantil e xuvenil e unha destacada produción poética.

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.