Constitución española de 1812

A Constitución española de 1812 ou La Pepa, aprobada o 19 de marzo de 1812 polas Cortes Xerais Extraordinarias reunidas na cidade de Cádiz, e promulgada no día inmediato, foi o primeiro documento constitucional aprobado na Península Ibérica e un dos primeiros no Mundo, sendo, no sentido moderno, só precedida pola Constitución Corsa de 1755 (a primeira constitución verdadeiramente democrática), pola Constitución dos Estados Unidos da América (1787) e pola Constitución francesa de 1791.

Oficialmente, a Constitución de Cádiz estivo en vigor dous anos, desde o día da súa promulgación, o 19 de marzo de 1812, día de San Xosé, de aí o alcuño de La Pepa que lle deu o pobo andaluz, até o 24 de marzo de 1814, día en que foi revogada co regreso a España do rei Fernando VII. Aínda que efemeramente, foi restaurada por dúas veces: de 1820 a 1823, durante o chamado Trienio Liberal; e en 1836-1837, como norma constitucional transitoria durante a elaboración da Constitución española de 1837.

A pesar desta curta vixencia, o seu texto exerceu profunda influencia no desenvolvemento do constitucionalismo español, portugués e latinoamericano, adoptándose as súas instrucións electorais, na secuencia da Martiñada, para a realización das eleccións para as Cortes Xerais e Extraordinarias da Nación Portuguesa, realizadas en decembro de 1820, e servido de inspiración na elaboración da resultante Constitución Política da Monarquía Portuguesa de 1822.

Const. Cádiz
Portada da Constitución de Cádiz.

Orixes e encadramento sociopolítico

Cadizplazaespana
Monumento á Constitución de Cádiz (Praza de España, Cádiz)
Alegoria constitucion 1812-1-
Alegoría á Constitución de 1812, por Francisco de Goya, colección do Museo de Belas Artes de Estocolmo ( o Nationalmuseum).

A Constitución de Cádiz naceu na secuencia das profundas mudanzas sociais desencadeadas na Europa pola expansión do iluminismo, pola Revolución Francesa e polo período de grande inestabilidade sociopolítica que houbo a seguir, e que alastrou por todo o continente tendo como catalizador inmediato as Guerras napoleónicas. Neste contexto, tivo particular importancia o surximento da chamada Constitución de Baiona, unha carta constitucional imposta por Napoleón Bonaparte aos representantes españois chamados en 1808 á cidade francesa de Baiona.

En consecuencia da Carga dos Mamelucos, un levantamento do pobo de Madrid contra os franceses ocorrido o 2 de maio de 1808 (inmortalizado por Francisco Goya na súa obra El 2 de Mayo de 1808 en Madrid), xurdiu en numerosas localidades un fenómeno espontáneo de resistencia que se agrupou en torno das chamadas Xuntas. Estas comprenderon que coa súa unión nunha estrutura nacional única obterían maior eficacia, polo que o 25 de setembro do mesmo ano foi constituída a Xunta Suprema Central Gobernativa, con sede primeiro en Aranjuez e despois en Sevilla. As súas funcións principais eran dirixir a guerra contra a ocupación francesa e preparar a posterior reconstrución do Estado.

No que respectaba à reconstrución do Estado, colocábanse dúas posibilidades distintas sobre o futuro político español: a primeira delas, representada fundamentalmente por Gaspar Melchor de Jovellanos, consistía na restauración das normas previas da monarquía absoluta e o retorno á situación anterior á intervención francesa; a segunda, de cariz liberal, implicaba a promulgación dunha Constitución para o Estado español e unha modernización global das súas estruturas, de acordo cos preceptos liberais implícitos nas ideas iluministas e racionalistas. Foi esta última a opción vencedora, convocándose para tal Cortes Generales y Extraordinarias con poderes constituíntes.

O estado de guerra que entón se vivía na Península Ibérica, consecuencia da Guerra Peninsular que naquela altura estaba no seu auxe, levou a que as Cortes tivesen de procurar refuxio fóra da cidade de Madrid, entón controlada por forzas francesas. Como resultado, as Cortes reuníronse en Sevilla, ao tempo unha das poucas cidades que non estaban baixo ocupación militar estranxeira. Durante o curso dos seus traballos, as Cortes foron forzadas a procurar refuxio en San Fernando, localidade entón coñecida por Isla de León, xa que unha epidemia de febre amarela volvía pouco segura a realización de reunións en Sevilla.

As Cortes, cuxa primeira reunión ocorreu o 24 de setembro de 1810 no edificio actualmente coñecido por Teatro de las Cortes, tiñan a seguinte composición socio-profesional:

  • 90 eclesiásticos
  • 56 xuristas
  • 30 militares
  • 14 nobres
  • 15 catedráticos
  • 49 altos funcionarios
  • 8 comerciantes
  • 20 sen profesión definida.

Perante o avanzar das forzas francesas, os traballos das Cortes volveron a deslocarse para Cádiz, promulgándose a Constitución no Oratorio de San Felipe Neri daquela cidade no día 19 de marzo de 1812, día de San Xosé. Aquela coincidencia de datas levou a que a Constitución recibise o alcuño de La Pepa, o diminutivo cariñoso de Josefa, alcuño que durante moitos anos foi utilizado como grito revolucionario polos seus defensores.

As Cortes ratificaron case de inmediato os principios fundamentais polos cales se guiaría a elaboración da Constitución: a soberanía nacional, afirmando que a soberanía reside no pobo e non no rei; a lexitimidade dinástica de Fernando VII de España como xefe de Estado; a separación de poderes, coa independencia e inamobibilidade dos xuíces; e a inviolabilidade dos deputados no exercicio do seu mandato. O traballo das Cortes foi arduo e rápido, aprobando un texto constitucional de grande complexidade (son 384 artigos, unha das máis longas Constitucións de sempre), nun período moi curto.

A Constitución de Cádiz non foi un acto revolucionario, nin mesmo unha ruptura co pasado. Desde a legalidade do momento, determinando coidadosamente quen eran os lexítimos representantes do pobo, todo foi obxecto de discusión e acordo. Comezaron os actos do día da abertura con procesión cívica, misa e unha exhortación, proferida polo Presidente da Rexencia, o bispo de Ourense, Pedro de Quevedo y Quintano, aos deputados reunidos para que cumprisen fiel e eficientemente as súas obrigacións.

Cando Fernando VII foi restaurado no trono, en marzo de 1814, en consecuencia da derrota francesa na Guerra Peninsular, foi obrigado a xurar que respectaría a Constitución. Con todo, encoraxado polas forzas conservadoras que dominaban a sociedade española, con especial importancia da xerarquía da Igrexa católica, o 4 de maio repudiou formalmente a Constitución de Cádiz e o 10 de maio mandou prender os líderes liberais, xustificando a súa acción coa alegación de que as Cortes se reuniran na súa ausencia e sen a súa autorización. Con estes actos púxose termo á incipiente vixencia da Constitución e restabeleceuse a doutrina de que a autoridade soberana era unha prerrogativa persoal do rei, non requirindo lexitimación popular.

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Ligazóns externas

Antonio González y González

Antonio González y González, nado en Valencia del Mombuey (Badaxoz) o 15 de xaneiro de 1792 e finado en Madrid o 30 de novembro de 1876, foi un político e avogado español. O rei concedeulle o título de marqués de Valdeterrazo.

Barro

Barro é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca de Pontevedra. Segundo o IGE no ano 2016 tiña 3.746 habitantes (1.862 homes e 1.884 mulleres), o que representa un aumento respecto a 2005, cando contaba con 3.408 habitantes. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é barrés ou barroso . Dende as Eleccións Municipais do ano 2015 o seu alcalde é Xosé Manuel Fernández Abraldes (BNG)

Constitución española

Constitución española pode referirse ás seguintes Constitucións:

Estatuto de Baiona de 1808.

Constitución española de 1812, ou das Cortes de Cádiz, popularmente coñecida como "a Pepa".

Constitución española de 1837.

Constitución española de 1845.

Constitución española de 1869.

Constitución española de 1876.

Constitución española de 1931.

Constitución española de 1978.

Constitución española de 1837

A Constitución española de 1837 mantívose en vigor desde 1837 até 1845. O seu principal legado foi recuperar as medidas máis progresistas da Constitución española de 1812 e deixar en España o sentimento de servirse dunha constitución que establecese o sistema político do Estado.

Cortegada

Cortegada é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca do Ribeiro. Segundo o IGE en 2015 tiña 1184 habitantes.

Cortes de Cádiz

Coñécese como Cortes de Cádiz á Asemblea constituínte celebrada na cidade española de Cádiz (Andalucía) desde 1810 a 1814 durante a Guerra da Independencia española.

Diocese católica latina de Ourense

A diocese de Ourense (en latín: Diœcesis Auriensis) é unha sé territorial galega da Igrexa católica latina sufragánea da arquidiocese de Santiago de Compostela. Entre xaneiro de 2010 e febreiro de 2012 a cadeira bispal estivo vacante, sendo a diocese administrada de forma temporal por Luís Quinteiro Fiúza, bispo da diocese de Tui-Vigo e anterior bispo ourensán. Porén, en febreiro de 2012 tomou posesión como bispo José Leonardo Lemos Montanet.

Elviña, A Coruña

San Vicenzo de Elviña é unha parroquia que se localiza no sur do concello da Coruña. Segundo o padrón municipal (INE 2014) conta cunha poboación de 15.255 habitantes (7.569 homes e 7.686 mulleres) distribuídos en 14 entidades de poboación, o que supón un aumento en 259 habitantes en relación ao ano anterior. A parroquia de Elviña pertenceu ao antigo concello de Oza ata 1912, data na que o devandito foi anexionado polo concello da Coruña.

Francisco Martínez de la Rosa

Francisco de Paula Martínez de la Rosa Berdejo Gómez del Arroyo, nado en Granada o 10 de marzo de 1787 e finado en Madrid o 7 de febreiro de 1862, foi un poeta, dramaturgo e político español.

Gobernador civil

O gobernador civil foi a autoridade política nas provincias de España a partir da creación destas por Javier de Burgos en 1833.

Himno de Riego

O Himno de Riego é unha marcha militar de inspiración dos tradicionais himnos militares similar ao pasodobre e á "Marsellesa" de referencia no século XIX; composta por José Melchor Gomis dedicada ao Teniente Coronel Rafael del Riego. Himno nacional durante o trienio liberal de 1820-1823 e na Segunda República Española. Durante a Primeira Guerra Carlista as tropas liberais entonábano, pero prohibiuse durante os tempos de Fernando VII e parte do goberno de Isabel II.

Riego, un símbolo dos liberais españois no século XIX e comezos do XX,érguese contra o goberno absolutista de Fernando VII en Las Cabezas de San Juan, Sevilla (1 de xaneiro, 1820) intentando instaurar un réxime constitucional de norma básica a Constitución española de 1812, redactada polas Cortes de Cádiz, coñecida como "la Pepa".

Joaquín Varela Suanzes-Carpegna

Joaquín Varela Suanzes-Carpegna, nado en Lugo o 7 de abril de 1954, e finado en Oviedo o 1 de febreiro de 2018, foi un escritor, xurista e historiador galego.

Novo Reino de Granada

O Novo Reino de Granada ou Reino da Nova Granada foi a denominación outorgada a unha entidade territorial, integrante do Imperio español, estabelecida pola Coroa española durante o seu período de dominio americano, que se atopaba ó norte de Suramérica, que corresponde co núcleo principal da actual República de Colombia.

Nova Granada correspondeu ao territorio baixo a xurisdición da Real Audiencia de Santafé de Bogotá (1550-1718) e posteriormente correspondente ó Virreinado de Nova Granada (1718-1819) cuxa sede foi Santafé de Bogotá.

Oza, A Coruña

Santa María de Oza é unha parroquia que se localiza na parte central leste do concello da Coruña. Segundo o padrón municipal (INE 2014) conta cunha poboación de 6.339 habitantes (3.089 homes e 3.334 mulleres) distribuídos en 11 entidades de poboación, o que supón un aumento de 94 habitantes en relación ao ano 2014. Moitos núcleos de poboación históricos da parroquia (A Gaiteira, Os Castros, O Castrillón, Monelos etc.) foron absorbidos pola localidade da Coruña para os efectos de nomenclátor, non sendo contabilizados nas estatísticas oficias da parroquia a pesar de estaren situados dentro dela.

Pedroso, Narón

San Salvador de Pedroso é unha parroquia rural que se localiza no leste do concello de Narón, na provincia da Coruña, cunha superficie de 9,8 km². Na xurisdición eclesiástica forma parte do arciprestado de Xuvia, pertencente á diocese de Mondoñedo-Ferrol.

Segundo o padrón municipal de 2011 tiña 737 habitantes (347 mulleres e 390 homes) distribuídos en 28 entidades de poboación, o que supón un descenso en relación ao ano 2007 cando tiña 795 habitantes. A súa densidade poboación é de 75,2 hab./km².

Rafael del Riego

Rafael del Riego y Flórez, nado en Tuña (Tinéu) o 9 de abril de 1784 e finado o 7 de novembro de 1823 en Madrid, foi un militar e político asturiano. Deu nome ao Himno de Riego, que foi o himno oficial de España durante a Segunda República.

Tourém

Tourém é unha freguesía portuguesa do concello de Montalegre, con 16,61 km² de superficie e 151 habitantes en 2011, a súa densidade de poboación é de 9,1 hab/km². Isto supón unha diminución en relación ao ano 2001 cando tiña 185 habitantes.

Eclesiasticamente pertence ó arciprestado de Barroso na diocese de Vila Real.

Trasancos, Narón

San Mateo de Trasancos é unha parroquia rural, situada ao oeste do concello de Narón na provincia da Coruña, e ten unha extensión de 9,75 km². Segundo o padrón municipal de 2007 tiña 796 habitantes (416 mulleres e 380 homes) distribuídos en 19 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 791 habitantes. A densidade da poboación é de 81,64 hab/km².

Na xurisdición eclesiástica forma parte do arciprestado de Xuvia, pertencente á diocese de Mondoñedo-Ferrol.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.