Constantino II de Escocia

Constantino, fillo de Áed (en gaélico medieval: Constantín mac Áeda; en gaélico moderno: Còiseam mac Aoidh, coñecido na maioría das listas de reis como Constantino II), finado en 952, foi un rei de Escocia, coñecida daquela polo nome gaélico Alba. O reino de Alba, un termo que apareceu por vez primeira durante a vida de Constantino, sitúase na moderna Escocia. O núcleo do reino estaba formado polas terras arredor do río Tay. O seu límite polo sur era o río Forth, cara ó leste estendíase até Moray Firth e quizais Caithness, mentres que as fronteiras occidentais son descoñecidas. O avó de Constantino, Kenneth I de Escocia (Cináed mac Ailpín, finado en 858) foi o primeiro da familia en ser rei, mais como rei dos pictos. Este cambio de título, de rei dos pictos a rei de Alba, é parte dunha gran tranformación do reino picto e a orixe do reino de Alba.

O seu reinado, coma o dos seus predecesores, estivo dominado polas accións dos gobernantes viquingos das illas Británicas, particularmente Uí Ímair ("os netos de Ímar", ou Ivar o Desosado). Durante o reinado de Constantino, os gobernantes dos reinos sureños de Wessex e Mercia, posteriormente o reino de Inglaterra, estenderon a súa autoridade cara ó norte, no reino en disputa de Northumbria. Ó comezo, Constatino foi aliado dos gobernantes sureños contra os viquingos, pero despois entrou en conflito con eles. O rei Æthelstan tivo éxito en someter a Constantino en 927 e 934, pero volveu loitar con el cando Constantino se aliou cos britanos de Strathclyde e o rei viquingo de Dublín, invadindo o reino de Æthelstan en 937, mais foi derrotado na batalla de Brunanburh. En 943, Constantino abdicou e retirouse a Céli Dé (Culdee) no mosteiro de St Andrews, onde morreu en 952. Foi sucedido polo fillo do seu predecesor, Malcolm I.

Predecesor:
Donald II
Rei de Alba
900943
Sucesor:
Malcolm I
Constantino II
rei de Alba
Constantine II of Scotland (Holyrood)
Retrato anacrónico.

Reinado900 – 943
Falecemento952
St Andrews
SepulturaIona
PredecesorDonald II
SucesorMalcolm I
DescendenciaIndulf
Cellach
Unha ou máis fillas
ProxenitoresÁed

Véxase tamén

Bibliografía

  • Anderson, Alan Orr, Early Sources of Scottish History A.D 500–1286, volume 1. Reprinted with corrections. Paul Watkins, Stamford, 1990. ISBN 1-871615-03-8
  • Anderson, Alan Orr, Scottish Annals from English Chroniclers. D. Nutt, Londres, 1908.
  • Anon., Orkneyinga Saga: The History of the Earls of Orkney, tr. Hermann Pálsson and Paul Edwards. Penguin, Londres, 1978. ISBN 0-14-044383-5
  • Duncan, A.A.M., The Kingship of the Scots 842–1292: Succession and Independence. Edinburgh University Press, Edinburgh, 2002. ISBN 0-7486-1626-8
  • Lynch, Michael (ed.), The Oxford Companion to Scottish History. Oxford UP, Oxford, 2002. ISBN 0-19-211696-7
Aethelstan de Inglaterra

Aethelstan, Æþelstan, Æðelstān ou Ethelstan (nórdico antigo: Aðalsteinn), nado en 895 e finado o 27 de outubro de 939, chamado o Glorioso, foi rei dos anglosaxóns de 924 a 927 e rei de Inglaterra de 927 a 939. O seu reinado é frecuentemente pasado por alto polos historiadores modernos, enfocándose máis no do seu avó, Alfredo o Grande, ou no do seu sobriño, Edgar o Pacífico. Con todo, o seu reinado foi de importancia fundamental para o desenvolvemento político do século X.

Batalla de Corbridge

A batalla de Corbridge tivo lugar en Corbridge no ano 918. Foi un conflito decisivo no destino do reino viquingo de Northumbria e os anglosaxóns do Condado de Bamburgh. Os contendentes foron o rei viquingo Ragnall ua Ímair e Constantino II de Escocia.

Os Anais de Úlster ofrece información detallada sobre os acontecementos da batalla, informa dun exército escandinavo que se dividiu en catro columnas, unha das cales encabezada polo caudillo Ottir Iarla, un incondicional aliado de Ragnall, e sitúano co exército do rei viquingo:Segundo a cita os escoceses destruíron as primeiras tres faccións pero foron emboscados pola cuarta, comandada polo mesmo rei Ragnall, quen permanecera escondido tras un outeiro. Os escoceses tentaron escapar do desastre, non obstante a crónica Historia de Sancto Cuthberto engade que os ingleses loitaron á beira dos homes do norte, ignorando a presenza dos escoceses.

En 919, Ragnall dirixiuse a York, tomou a cidade e proclamouse rei. Os bernicios sometéronse, aínda que Ealdred I de Bernicia e Domnall I de Strathclyde, xuraran lealdade ao rei de Inglaterra.

Década de 940

A década de 940 abrangue o período que empeza o 1 de xaneiro de 940 e remata o 31 de decembro de 949.

Gofraid ua Ímair

Non confundir con Guthred rei viquingo de York no século IXGofraid (ou Gothfrith) (irlandés antigo: Gofraid ua Ímair, nórdico antigo: Góröðr), finado en 934, foi un caudillo hiberno-nórdico, monarca viquingo do reino de Dublín e, durante un breve tempo, tamén rei de Northumbria.

Olaf Guthfrithsson

Olaf Guthfrithsson tamén Amlaíb mac Gofraid, finado en 941, (en nórdico antigo: Óláfr Guðrøðarson; en inglés antigo: Ánláf) foi un comandante nórdico-gaélico da dinastía Uí Ímair, que herdou o reino de Dublín (934 - 941) e tamén quixo recuperar o trono do reino viquingo de Jorvik que o seu pai, Gofraid ua Ímair perdera cando o rei inglés Aethelstan o expulsou en 927.

Reis dos pictos e dos escoceses
Reis dos pictos
(tradicional)
Reis de Escocia
(tradicional)

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.