Constantino Fraguas

Constantino Fraguas Couceiro, nado no concello de Cotobade, foi un veterinario e xornalista galego.

Constantino Fraguas
 Cotobade
NacionalidadeEspaña
FillosAntonio Fraguas Saavedra

Traxectoria

Instalado na Fonsagrada como veterinario titular do Concello, colaborou en Las Dos Regiones, Ilustración Gallega e O Tío Pepe. Utilizou o pseudónimo Xan Lanas. Foi fiscal da Fonsagrada en 1920[1].

Vida persoal

Casou con Aurelia Saavedra Lastra e foi pai do xornalista e novelista Antonio Fraguas Saavedra e avó do humorista Antonio Fraguas "Forges".

Notas

  1. El Progreso, 7-11-1920, p. 1.
Antonio Fraguas Saavedra

Antonio Fraguas Saavedra, nado na Fonsagrada en 1905 e finado en Madrid o 20 de abril de 1983, foi un escritor e xornalista galego.

Fraguas

O topónimo galego Fraguas pode referirse a:

Fraguas, lugar da parroquia de Luneda, no concello da Cañiza;

Fraguas, lugar da parroquia de Caroi, no concello de Cerdedo-Cotobade;

Fraguas, lugar da parroquia de Tomonde, no concello de Cerdedo-Cotobade;

Fraguas, lugar da parroquia de Vilar, no concello de Guitiriz;

Fraguas, lugar da parroquia de Leirado, no concello de Quintela de Leirado;

Fraguas, lugar da parroquia de Paizás, no concello de Ramirás;

Fraguas, lugar da parroquia de Vilapedre, no concello de Vilalba;Amais, como apelido pode referirse a:

Constantino Fraguas, veterinario e xornalista galego;

Antonio Fraguas Saavedra, escritor e xornalista galego, fillo do anterior (1905-1983);

Antón Fraguas, historiador e antropólogo galego (1905-1999);

Antonio Fraguas de Pablo "Forges", humorista gráfico español, fillo do segundo e neto do primeiro (1942-2018).

Las Dos Regiones

Las Dos Regiones foi un periódico editado en Meira entre 1908 e 1909.

O Tío Pepe

O Tío Pepe foi un quincenario editado na Fonsagrada en 1913.

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.