Constante

Flavius Iulius Constante, nado no ano 320 e falecido no 350, foi un emperador romano entre os anos 337 e o 350.

Constante
Emperor Constans Louvre Ma1021
Nacemento320
 Italia
Falecemento18 de xaneiro de 350
 Elne
SoterradoVila-mausoleo de Centcelles
NacionalidadeRoma Antiga e Imperio Bizantino
Ocupaciónpolítico
PaiConstantino I o Grande
NaiFausta
CónxuxeOlímpia da Armênia
IrmánsConstantina, Helena (esposa de Juliano), Constancio II, Constantino II e Crispo

Traxectoria

Foi o fillo máis pequeno do emperador Constantino o Grande e mais da súa segunda esposa Fausta, sendo nomeado César por Constantino, no ano 333.

No ano 337 morre o seu pai e, segundo estaba estipulado, o Imperio divídese entre os tres irmáns vivos e fillos de Constantino, correspondéndolle a Constante as provincias de África, Italia e tódolos Balcáns. Pero aínda era moi cativo e o seu irmán Constantino II quedou coma rexente e titor das súas provincias.

Ao acadar a maioría de idade, solicita a fin da titoría e rexencia, pero Constantino II negouse, considerando que sempre dobregara a vontade do seu irmán máis novo e desexando que a provincia de África pasase a ser gobernada por el e xunguila ás súas posesións. Pero Constante négase a isto e o enfrontamento entre os dous exércitos prodúcese en Aquileia, onde Constantino II morre, quedando polo tanto Constante coa parte Occidental do Imperio como único Emperador.

Os pais da Igrexa eloxiaron a figura de Constante, pero o certo é que era un emperador violento, cruel e avaricioso, libertino e dado á homosexualidade, pero revelouse coma un gran militar, xa que despois da batalla de Aquileia, fixo unha campaña contra dos sármatas, aos que derrotou, e a súa campaña nas Galias contra os francos, entre os anos 341 e 343, inclúe a pacificación das illas de Britannia

No 348 inicia co seu irmán Constancio II unha reforma monetaria, tendente a revaliar a moeda de billón, que estaba a piques de provocar unha crise ecónomica no imperio. Pero no ano 350, fráguase unha conspiración no exército, e Magnencio, xeneral das tropas do Rhin, é nomeado Augustus polas lexións. Constante deuse conta de que perdera o favor do exército e foxe de Italia cara a Hispania, pero é recoñecido en Helena, localidade na Galia preto dos Pireneos, sendo asasinado.

Magnencio fica coma único emperador de Occidente, mais o usurpador terá pronto que loitar co emperador de Oriente e irmán de Constante, Constancio II.

Imperio Romano

Segue a:
Constantino II
Constante
Precede a:
Constancio II
Constantina
Cordados

Os cordados (Chordata, do latín chordata, pl. de chordatum "cordado", "con corda"; de chorda, "corda"; literalmente "os que teñen corda") son un filo do reino animal caracterizado por presentar cinco sinapomorfias, a máis destacada das cales é a presenza dunha corda dorsal ou notocorda de células turxentes (e dun tubo neural) polo menos nalgunha fase do seu desenvolvemento.Coñécense preto de 65 000 especies actuais, a maioría pertencentes ao subfilo dos vertebrados, e case a metade das cales son peixes.

Os cordados son un grupo con gran diversidade, adaptados a un gran número de nichos ecolóxicos e que demostraron ao longo da súa historia evolutiva notábeis adaptacións, sobre todo ao medio terrestre e os seus ambientes, aínda que tamén ao acuático ou o anfibio, nos cales moitos deles constitúen os últimos elos tróficos dos seus ecosistemas.

Nos cordados destaca a capacidade de autorregulación e organización interna; algúns, como as aves e os mamíferos, poden elevaren e manteren constante a temperatura do corpo. Estes e outros factores engadiron complexidade a este grupo de animais, permitindo un maior control sobre as reaccións metabólicas e o desenvolvemento dun complexo sistema nervioso.

Discogs

Discogs, abreviatura de discografías, é unha páxina web e unha base de datos colaborativa que recolle información sobre gravacións de son, entre as que se inclúe gravacións comerciais, promocionais e gravacións non comerciais. Os servidores de Discogs, aloxados baixo o dominio discogs.com, son propiedade de Zink Media, Inc., e atópanse en Portland, Oregón, nos Estados Unidos.

Aínda que a páxina contén listas musicais de tódolos xéneros e en tódolos formatos, é especialmente coñecida por ser a meirande base de datos de música electrónica e polas súas gravacións en discos de vinilo.

Discogs contén arredor de 6 millóns de cancións, 3,9 millóns de artistas e uns 743 000 selos discográficos. Existen unhas 275 688 contas de usuario de colaboradores. Estas cifras están constante crecemento debido as contribucións dos usuarios.

Elipse (xeometría)

Unha elipse é o lugar xeométrico dos puntos do plano tales que a suma das distancias a dous puntos fixos chamados focos é unha constante positiva e igual á distancia entre os vértices.

Unha elipse é a curva cerrada que resulta de cortar a superficie dun cono por un plano oblicuo ao seu eixo de simetría –cun ángulo maior que o da xeratriz respecto do eixo de revolución. Unha elipse que xira arredor do seu eixo menor xera un esferoide achatado, mentres que unha elipse que xira arredor do seu eixo principal xera un esferoide alargado.

Entalpía de fusión

A entalpía de fusión ou calor de fusión é a cantidade de enerxía necesaria para facer que un mol dun elemento que se atope no seu punto de fusión pase do estado sólido ao líquido, a unha presión constante.

Esfera

A esfera é o lugar xeométrico dos puntos do espazo que teñen unha distancia constante respecto a outro chamado centro. Non debe confundirse o valor areal da súa superficie co volumétrico do espazo que pecha. Os dous están en función desa distancia constante chamada raio (R), pero a medida deste último ten o valor de:

mentres que o valor da súa superficie é:

Podería definirse tamén a esfera coma un poliedro de infinitas caras. A importancia desta figura na xeometría levou á creación do sistema de coordenadas polares en oposición ás tradicionais coordenadas cartesianas.

Europa Oriental

As conferencias de Ialta (4 de febreiro - 11 de febreiro de 1945) e de Potsdam (17 de xullo - 2 de agosto de 1945), dividiron Europa en dúas grandes áreas políticas. Nos países da Europa Oriental impuxéronse no goberno os partidos comunistas coa axuda, ás veces, do Exército Vermello.

Estes países, afíns ideoloxicamente, organizáronse no:

COMECON (Consello de Axuda Mutua Económica), creado en 1949 como resposta ó Plan Marshall (programa de créditos brandos dos EUA ós países de Europa Occidental).

Pacto de Varsovia, alianza militar constituída en 1955 como resposta á Alianza Atllántica ou OTAN.Na actualidade desapareceron tanto o COMECON como o Pacto de Varsovia. Os países de Europa Oriental estánse a integrar na Unión Europea e na Alianza Atlántica de xeito constante e progresivo trala caída do pano de aceiro.

Gas

O gas é o estado da materia cando non ten forma nin volume de seu. A súa principal composición son moléculas non unidas, expandidas e con pouca forza de atracción, provocando que o gas se expanda para ocupar todo o volume do recipiente que o contén.

É considerado nalgúns dicionarios como sinónimo de vapor, aínda que non hai que confundir os seus conceptos, pois este termo debe usarse estritamente para referirse a aquel gas que se pode condensar por presurización a temperatura constante.

ISO 3166-2

A ISO 3166-2 é a segunda parte do estándar da ISO 3166. É un sistema geocode creado para cifrar os nomes de subdivisións dos países (entidades territoriais), así coma tamén as Áreas dependentes. O obxectivo do estándar é estableces unha serie mundial de abreviaturas curtas para os lugares, para o seu uso en etiquetas de paquetes, envases e outros obxectos semellantes. Un código alfanumérico curto pode servir para indicar claramente unha localización dun xeito máis conveniente e menos ambigua có topónimo ao completo.

Impulso específico

O impulso específico (abreviado a miúdo como ISP) é unha magnitude que describe a eficiencia dos motores foguete e os motores de reacción. Representa a derivada do impulso con respecto da cantidade de propelente usado, é dicir, o pulo dividido pol cantidade de propelente usado por unidade de tempo. Se a cantidade de propelente se da en termos de masa (como quilogramos), o ISP terá unidades de velocidade. Se se da en termos de peso (como Newtons), o impulso específico terá unidades de tempo. A constante de conversión entre as dúas maneiras de expresa-lo impulso específico é a constante da gravedade estándar, g, que ten un valor de aproximadamente 9,8 m/s². Canto maior sexa o impulso específico, menor será o fluxo de propelente necesario para obter determinado pulo, e no caso dos foguetes menor propelente será necesario para alcanzar unha mesma velocidade.

José Alfredo Jiménez

José Alfredo Jiménez Sandoval, nado o 19 de xaneiro de 1926 e finado o 23 de novembro de 1973, foi un afamado compositor mexicano de rancheras e un dos cantautores mexicanos máis recoñecidos e interpretados do século XX e aínda na actualidade. Creou unha enorme cantidade de cancións (máis de mil); principalmente rancheiras, huapangos e corridos, todas elas coa constante da sinxeleza harmónica, melódica e lírica.

Leiro

Leiro é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca do Ribeiro. Segundo o Padrón municipal de habitantes no 2015 tiña unha poboación de 1.630 habitantes, o que representa unha diminución constante respecto ós anos 2004, cando tiña 1.940 habitantes, e 2003, con 1.967.

Líquido

O líquido é un dos catro estados da materia, un líquido é un fluído cuxo volume é constante en condicións de temperatura e presión constante e a súa forma é definida polo recipiente que o contén. É unha substancia que presenta un estado da materia intermedio entre os estados sólido e gasoso.

Un líquido exerce presión no recipiente con igual magnitude cara a tódolos lados. Se un líquido se encontra en repouso, a presión que exerce está dada por:

Onde é a densidade do líquido e é a distancia do punto debaixo da superficie.

Masa molar

A masa molar (símbolo M) dunha substancia é unha propiedade física que se define como a súa masa por unidade de cantidade de substancia. A unidade de medida no SI é o quilogramo por mol (kg/mol ou kg·mol−1). Non obstante, por razóns históricas a masa molar adoita expresarse en gramos por mol (g/mol).

Max Planck

Max Planck, nado en Kiel o 23 de abril de 1858 e finado en Gotinga o 4 de outubro de 1947, foi un físico alemán, considerado como o pai da teoría cuántica.

Despois de estudar en Múnic e Berlín, Planck obtivo o seu grao de doutor en 1879. Despois de ocupar o cargo na Universidade de Kiel, Planck foi nomeado profesor de física teórica da Universidade de Berlín no 1899 substituíndo a Kirchhoff, permaneceu aquí ata 1926. Planck foi premiado no 1918 co Premio Nobel de Física polo descubrimento da natureza cuantizada da enerxía.

Militar

Un militar é un membro dunha organización autorizada a usar a forza, xeralmente incluíndo o uso de armas de fogo, na defensa do seu país a través da loita real ou de ameazas. Como adxectivo, o termo "militar" tamén é usado para se referir a calquera propiedade ou aspecto desas organizacións. As organizacións militares funcionan moitas veces como unha sociedade no seo das sociedades, tendo as súas propias comunidades militares, economía, educación, medicina, xustiza, normas e outros aspectos de funcionamento diverxentes dos da sociedade civil.

Nivel medio do mar

Nivel medio do mar (por veces abreviado como nivel do mar) é a altitude media da superficie do mar medida en relación a unha superficie terrestre de referencia. O nivel medio do mar é á súa vez utilizado como punto de referencia a partir do cal se miden as altitudes dos accidentes topográficos e se marcan as curvas de nivel e as altitudes nos mapas e cartas mariñas. Un concepto relacionado é o de cero hidrográfico, en xeral utilizado en hidrografía costeira e na medición de profundidades de portos e barras. Na maior parte dos casos faise coincidir o cero hidrográfico co nivel medio do mar ou ten con el unha relación simple e constante.

PH

Para a doenza pulmonar denominada PH ver Pneumonite por hipersensibilidade.

O valor do pH é un número aproximado, entre 0 e 14, que indica se unha solución é ácida (pH < 7), neutra (pH = 7), ou básica/alcalina (pH > 7)

Punto de ebulición

O punto de ebulición é a temperatura á cal un elemento ou composto químico pasa do estado líquido ao estado gasoso, nunhas condicións de presión determinadas. Se o proceso é á inversa chámase punto de condensación.

A temperatura dunha substancia ou corpo é unha medida da enerxía cinética das moléculas. A temperaturas inferiores ao punto de ebulición, só unha pequena fracción das moléculas na superficie ten enerxía suficiente para romper a tensión superficial e escapar.

Cando se chega ao punto de ebulición a maioría das moléculas é quen de escaparen desde tódalas partes do corpo, non só da superficie. Porén, para a creación de burbullas en todo o volume do líquido necesítanse imperfeccións ou movemento, precisamente polo fenómeno da tensión superficial.

A temperatura mantense constante durante todo o proceso de ebulición, e a achega de máis enerxía só produce o aumento do número de moléculas que foxen do líquido en forma de gas.

Quilogramo

O quilogramo (comunmente quilo cando se usa para quilogramo-forza) é a unidade básica de masa do SI e o seu padrón, que se conserva na Oficina Internacional de Pesos e Medidas. O seu símbolo é kg.

Un quilogramo equivale a 1000 gramos pero, dado que no SI é a unidade fundamental de masa, non debe ser considerado como derivado do gramo.

Tamén é común que se utilice á vez como unidade de peso, aínda que se debería facer baixo o nome de quilogramo forza. O quilogramo-forza correspóndese, aproximadamente, co peso dunha masa de 1 quilogramo situada na superficie terrestre, a nivel do mar. A definición só é correcta na Terra, por canto intervén o valor da gravidade.

Semieixo maior

En matemáticas, o semieixe ou semieixo maior (tamén chamado semieixo maior ou eixo semimaior) dunha elipse é a metade do diámetro máis longo; o seu símbolo é a. En astronomía, é a distancia media dun obxecto que orbita ao redor doutro.

O semieixe maior é unha das características máis importantes dunha órbita, xunto co seu período orbital. Pode ser matematicamente probado que para un corpo orbitando, o semieixe maior representa a distancia media do corpo á fonte central gravitacional. Para os obxectos do Sistema Solar, o semieixe maior está relacionado co período da órbita pola terceira lei de Kepler, orixinalmente descrita como:

onde P é o período medido en anos, a é o semieixe maior medido en unidades astronómicas e k, unha constante de proporcionalidade.

Esta fórmula foi modificada por Newton ao desenvolver a súa teoría gravitatoria, expresándoa como:

onde G é a constante da gravitación universal, M é a masa do corpo central e m é a masa do corpo orbitando.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.