Constancio II

Constancio II (317 - 3 de novembro de 361) foi emperador romano desde 337 ata a súa morte.

Era o segundo fillo do anterior emperador, Constantino I o Grande e da súa segunda muller, Fausta. Naceu en Illyricum (actualmente en Hungría) e foi nomeado César. Cando o seu pai morreu, en 337, eliminou a todos os descendentes de Constancio I Cloro e de Teodora, quedando como únicos familiares homes os seus irmáns, Constantino II e Constante. Entre os tres dividíronse o Imperio, recibindo Constantino II Britania, Galia e Hispania; Constante reinou sobre Italia, África e as provincias ilíricas, quedando para Constancio Constantinopla e todo Oriente.

Esta repartición modificouse en 340, cando Constantino II morreu tratando de derrocar a Constante en Italia, e este quedou como único soberano da parte occidental do Imperio. Outro cambio na división produciuse en 350, ano en que Constante foi morto en batalla fronte ás tropas do usurpador Magnencio. Ata entón Constancio só se preocupou de loitar contra o Imperio Persa, pero o desenvolvemento dos acontecementos fíxolle elevar ao seu primo Treboniano Galo a César e colaborador seu, para poder prestarlle máis atención á insurrección.

En 351 Constancio derrotou a Magnencio na batalla de Mursa Major, unha das máis sanguentas da historia de Roma. Magnencio suicidouse en 353, e pouco despois, ao non serlle xa útil, Constancio ordenou a morte do seu primo Galo.

Tal como estaba a situación, Constancio deuse conta de que non podía facer fronte por si so a todas as frontes abertas nas fronteiras do Imperio, tanto en Oriente como en Occidente, polo que nomeou césar a Xuliano, o único familiar seu home que quedaba con vida, e deulle á súa irmá Helena en matrimonio. Pero este nomeamento sairíalle caro, pois Xuliano alzouse en armas e foi proclamado Augusto polas súas tropas en Galia, obrigando a Constancio a facerlle fronte. Os exércitos de ambos estaban moi igualados, pero a fortuna favoreceu a Xuliano, xa que o 3 de novembro de 361 Constancio morreu preto de Tarso por mor dunhas febres, deixando ao seu inimigo vía libre para exercer de Augusto en todo o Imperio Romano.

Constancio tomou parte activa no desenvolvemento da Igrexa Cristiá, apoiando en gran parte o punto de vista ariano.

Imperio Romano

Segue a:
Constante
Constancio II
Precede a:
Xuliano
dinastía Constantiniana
Constancio II
Bust of Constantius II (Mary Harrsch)
Nacemento7 de agosto de 317 e 13 de agosto de 317
 Sirmium
Falecemento3 de novembro de 361
 Cilicia
CausaFebre
NacionalidadeRoma Antiga e Imperio Bizantino
Ocupaciónpolítico
PaiConstantino I o Grande
NaiFausta
CónxuxeFaustina, Filha de Júlio Constâncio e Eusébia
FillosFlávia Máxima Constância
IrmánsHelena (esposa de Juliano), Constantina, Constante, Constantino II e Crispo
Antioquía

Este artigo é sobre unha cidade de Oriente Próximo. Para o departamento colombiano, véxase Antioquia.Antioquía (en turco: Antakya; ou "Αντιόχεια" en grego) é unha cidade que se atopa na rexión do Mediterráneo de Turquía. É a capital da provincia de Hatay e conta con 360.652 habitantes.

Constante

Flavius Iulius Constante, nado no ano 320 e falecido no 350, foi un emperador romano entre os anos 337 e o 350.

Década de 330

A década de 330 abrangue o período que empeza o 1 de xaneiro de 330 e remata o 31 de decembro de 339.

Década de 340

A década de 340 abrangue o período que empeza o 1 de xaneiro de 340 e remata o 31 de decembro de 349.

Década de 350

A década de 350 abrangue o período que empeza o 1 de xaneiro de 350 e remata o 31 de decembro de 359.

Fiz II, antipapa

Fiz II, finado en Roma o 22 de novembro de 365, foi un relixioso romano, antipapa de 355 a 365, entre os papados de Liberio e Dámaso I. Durante a Idade Media figurou entre os papas considerados lexítimos.

Lista de emperadores romanos

Esta é a lista dos emperadores romanos, indicando a data en que estes controlaron o Imperio Romano, até á caída do Imperio do Occidente.

Nótese que, ao contrario do que moita xente pensa, Xulio César nunca foi emperador (princeps), aínda que foi nomeado ditador vitalicio en -45 (a pesar de teren existido outros ditadores romanos antes del) e, aínda, a pesar dalgúns historiadores romanos así o designaren. Por outro lado, o nome César tornouse nome de familia da primeira dinastía, sendo usado como un título, manténdose esa tradición por todo o imperio. Suetonio, por exemplo, fala dos Doce Césares, incluíndo as dúas primeiras dinastías e o propio Xulio César, que sen o ter sido era xa, case lendariamente, o primeiro emperador romano.

Para a adoración do emperador romano como Deus, véxase Culto imperial

Magnencio

Flavius Magnus Magnentius, nado en Samarobriva, preto de Ambianum, Galia, no 303 e finado o 11 de agosto de 353, foi un emperador romano.

Xuliano

Flavio Claudio Xuliano, nado entre o ano 331 e o 332 e finado o 26 de xuño de 363, foi un emperador romano que gobernou desde o 361 ata a súa morte. Alcumado polas fontes cristiás como Xuliano o Apóstata, pola súa suposta conversión ao paganismo.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.