Consoante

Unha consoante é un son da lingua oral orixinado pola pechadura ou estreitamento do tracto vocal por achegamento ou contacto dos órganos de articulación de tal xeito que cause unha turbulencia audíbel. O termo consoante provén do latín e orixinalmente referíase a "soar xunto con" ou "soar con", sendo a idea que as consoantes non tiñan son en si mesmas, xa que en latín só aparecían xunto a unha vogal. Esta, con todo, é unha concepción pouco afortunada das consoantes, xa que existen linguas onde hai palabras longas que carecen por completo de vogais. En lingüística moderna defínense as consoantes en termos de constrición do tracto vocal.

Puntos de articulación
Labial
Bilabial
Labiovelar
Labioalveolar
Labiodental
Coronal
Linguolabial
Interdental
Dental
Alveolar
Apical
Laminal
Postalveolar
Alveolopalatal
Retroflexa
Dorsal
Palatal
Labiopalatal
Velar
Uvular
Uvular-epiglotal
Radical
Faringal
Epigloto-faringal
Epiglotal
glotal
Esta páxina contén información fonética do AFI (IPA), que pode non mostrarse correctamente nalgúns navegadores. [Axuda]
[Editar]

A diferenza das vogais, as consoantes poden ou non ter un son certo, mentres o das vogais é relativamente variábel.

No alfabeto latino as consoantes son:

B C D F G H J K L M N Ñ P Q R S T V W X E Z

Aínda que cada idioma ten as súas propias consoantes, moitas destas coinciden debido á influencia do Imperio Romano, pois, en ruso temos:

Б В Г Д Ж З К Л М Н П Р С Т Ф Х Ц Ч Ш Щ

Moi parecidas ás latinas polo mesmo.

Posto que o número de sons consonánticos nas linguas do mundo é moito maior que o número de letras para consoantes dispoñíbeis en calquera alfabeto, os lingüistas suscitaron sistemas como o Alfabeto Fonético Internacional ou AFI (IPA) para asignar un único signo a cada consoante identificadas nas linguas do mundo.

Tipos de consoantes

Véxase tamén: Consoante oclusiva e Consoante fricativa.

Nos grupos de consoantes pódense distinguir principalmente tres grupos: as sonoras, as xordas e as palatais.

As consoantes sonoras son as que teñen un son determinado que podemos manter emitindo durante un tempo, sendo este audíbel, como a D, F, L e demais; isto significa que teñen un son propio.

As xordas son as que non teñen son e dependen dunha vogal para brindar algún efecto, temos de mostra a T, P, Q, C e outras, pois por si soas non emitirán ningún son e a súa única consecuencia é que afectan a saída do son dunha vogal ao pronunciala.

As palatais son un tipo de consoantes algo especiais: teñen de característica común que dependen ou se apoian do padal para produciren efecto. No alfabeto latino só temos o Ñ e a CH, pero esta última só é unha aproximación xa que o seu son non se considera como palatal, aínda que ten certa familiaridade.

As consoantes palatais poden abrir un bo tema debido a que neste alfabeto só contamos coa Ñ, pero hai outras linguas que as conteñen, como o polaco que posúe o Ć Ś que son un C palatal e un S palatal, ou a gramática do Ruso no que en certo tempo se semipalatalizan as consoantes.

Ao pronunciar cana e caña podemos ver a diferenza de posicionamento da nosa lingua: cana induce a que a punta da lingua se sitúe na parte traseira dos dentes superiores centrais, mentres que en caña a palatal Ñ leva á parte traseira da lingua a xuntarse co padal.

Hai outros tipos de consoantes non moi tomadas en conta, pois non resaltan moito e poden ou non pertencer ao terceiro tipo, dependendo do idioma con que se estea tratando: o H latino non se pronuncia, polo cal non se pode incluír dentro de ningún dos tres tipos anteriores, da mesma forma o ? e o ? rusos non adquiren pronunciación, senón que fixan distincións entre palabras.

Acento agudo

O acento agudo é un signo diacrítico consistente nunha pequena raia que baixa de dereita a esquerda colocada sobre unha vogal ou unha consoante. O acento agudo é o único acento gráfico utilizado habitualmente na lingua galega.

Acento circunflexo

O acento circunflexo é un signo diacrítico consistente nun pequeno ángulo co vértice arriba colocado sobre unha vogal ou unha consoante. O seu nome procede do latín circumflexus (dobrado en torno de), tradución do grego perispomene (περισπωμένη).

O acento circunflexo non se utiliza na norma oficial do galego, mais si na norma reintegracionista.

Acento grave

O acento grave (`) é un signo diacrítico consistente nunha pequena raia que baixa de esquerda a dereita colocada sobre unha vogal ou unha consoante. O acento grave non se utiliza na norma oficial do galego.

Alfabeto árabe

O alfabeto árabe é a principal escritura empregada para escribir na lingua árabe. É o alfabeto empregado no Corán, o libro sagrado do islam. A influencia do alfabeto aumentou coa expansión do islam e foi, e aínda é, empregado para escribir noutras linguas sen ningunha raíz lingüística común co árabe, coma o persa e o urdú. Xeralmente é preciso engadir ou modificar certas letras para adaptar este alfabeto á fonoloxía das linguas de destino.

Consoante fricativa

Unha consoante fricativa é un tipo de consoante na que dous órganos están moi próximos un do outro, sen chegar a formar unha oclusión, que permite ao aire pasar por entre eles xerando un ruído turbulento. Poden clasificarse en sibilantes ou non sibilantes, en función de se a lingua está curvada ou non.

En galego existen os seguintes fonemas fricativos:

/f/: fricativa labiodental xorda

/θ/: fricativa dental xorda

/s/: fricativa alveolar xorda (normalmente é apical)

/ʃ/: fricativa prepalatal xorda

Consoante oclusiva

Unha consoante oclusiva é un tipo de consoante na que se produce un peche total do paso do aire por xuntar dous órganos durante un breve período de tempo, relaxando o xesto a continuación para provocar a súa saída dunha forma brusca, existente en tódalas linguas do mundo.

En galego hai os seguintes fonemas oclusivos:

/p/: oclusiva bilabial xorda

/b/: oclusiva bilabial sonora

/t/: oclusiva dental xorda

/d/: oclusiva dental sonora

/k/: oclusiva velar xorda

/g/: oclusiva velar sonora

Devanágari

O devanágari (palabra de orixe sánscrita, देवनागरी / devanāgarī, que significa «(escritura) cidadá divina») é o alfasilabario utilizado para escribir, entre outras, o sánscrito, o hindi, o nepalés, o marathi e moitas outras linguas da India. É unha das escrituras da India máis empregada. Provén da escritura brahmi.

Diacríticos dos silabarios xaponeses

Chámase diacrítico un signo gráfico aposto a un grafema dos silabarios hiragana ou katakana para transcribir un fonema modificado do que transcribe ese grafema. O xaponés utiliza dous diacríticos:

O primeiro (゛) é un signo composto de dous pequenos trazos, que permite transformar unha consoante xorda en consoante sonora en principio de sílaba – coa excepción do h que se cambia en b – e que ten moitas denominacións:

dakuten (濁点, «punto sonoro»),

por abreviación de nigoriten (濁り点),

e máis familiarmente ten (点, «punto») ou ten-ten (点点 ou 点々, «punto punto»);

O segundo (゜) é un pequeno anel, que permite transformar h en p, e que ten dous nomes:

handakuten (半濁点, «punto semisonoro»),

e máis familiarmente maru (丸, «anel»).

Escrita

Escrita ou escritura é o sistema de representación secundaria da lingua sobre material físico, ben sexa papel, pedra, madeira, arxila ou calquera outro material.

Estrofa

En literatura, denomínase estrofa a un grupo de versos unidos por unha serie de criterios fixos de métrica. Reciben distintos nomes segundo a extensión (número de versos), lonxitude dos mesmos (arte maior ou arte menor), rima (en función do formato e de se é asoante ou consoante) e ritmo.

Grafema

O grafema é a unidade fundamental dunha escrita dada; a palabra foi composta sobre o modelo de fonema. Segundo o tipo de escrita, o grafema realízase visual e foneticamente de xeitos diversos. Velaquí un modelo teórico:

alfabetos: un grafema = unha letra (ou un digrama, un trigrama) = un fonema.

silabarios: un grafema = unha sílaba.

alfasilabario: un grafema = unha consoante e unha vogal ou un fonema só.

abjad: un grafema =unha letra= unha consoante.

escrita logográfica: un grafema = un carácter = unha idea, unha palabra, un morfema, un composto ideo-fonético etc.Pódese aplicar, para saber se un carácter é un grafema ou non, o mesmo test que para os sons, a saber, o dos pares mínimos:

en francés, ⟨a⟩ e ⟨e⟩ son grafemas pois «sa» e «ce» opóñense;

⟨a⟩ e ⟨a⟩ non son grafemas pois «sa» non se opón nin a «sa» nin a «sa». Son pois variantes libres;

pola contra, ⟨a⟩ non é o único grafema asociábel ao fonema /a/ (o /a anterior/ no senso do API); en efecto, por exemplo, a palabra rouennais (habitante de Ruán) pronúnciase /rwanε/ e o fonema /a/ está aí representado polo digrama ⟨en⟩. O grafema ⟨en⟩ representa na escrita do francés actual polo menos dous sons: a nasal /ɑ̃/ e a vogal /a/.Entre as variantes non pertinentes dos grafemas, cóntase principalmente variacións de tipo de letra (grosa, itálica etc.), variantes contextuais e conxuntas.

Ademais, para que unha secuencia de letras (nos alfabetos) forme un grafema (digrama, trigrama), esta combinación debe estar ligada a un fonema identificábel: por exemplo, et non é un grafema en francés pois et se realiza de maneiras diferentes, [e], [εt], e non se nota un fonema único, ao contrario de au que na maioría dos casos se pronuncia [o].

Hangul

O han-geul (tamén hangul ou han'gŭl, e previamente han-kul; 한글) é o alfabeto nativo coreano (en contraste cos hanja (漢字), ou caracteres chineses). Cada bloque silábico hangul consta dalgunhas das 24 letras (jamo): 14 consoantes e 10 vogais. Historicamente, tiña 3 consoantes e unha vogal máis.

Estes bloques silábicos poden ser escritos tanto horizontalmente de esquerda a dereita como verticalmente de riba a baixo, as columnas de dereita a esquerda.

Aínda que esta escrita lles poida parecer ideográfica a algúns occidentais, realmente é fonética.

Katakana

O katakana (片仮名; カタカナ) é un dos dous silabarios empregados na escrita xaponesa xunto co hiragana. Tamén se acostuma empregar katakana para se referir a calquera dos carácteres do devandito silabario. Dos dous silabarios é o máis antigo. Provén da simplificación de carácteres máis complexos de orixe chinesa que chegaron antes do comezo do illamento cultural xaponés, que se mantivo inflexíbel ata a fin da Era Edo.

Estes carácteres, ao contrario que os kanji, non teñen ningún valor conceptual, senón unicamente fonético. Graficamente, amosan unha forma angulosa e xeométrica.

O silabario katakana consta de 46 carácteres que representan sílabas formadas por unha consoante e unha vogal, ou ben unha única vogal. A única consoante que pode ir soa é o 'n'.

Usos do katakana:

O katakana emprégase para escribir palabras tomadas doutras linguas (principalmente do inglés en tempos recentes) así como en onomatopeas.

Tamén se utiliza o katakana para resaltar unha palabra concreta, sendo nese sentido equivalente ás nosas comiñas ou á escrita itálica.

Finalmente escríbense en katakana os nomes de animais en textos científicos, mentres que noutros textos eses mesmos nomes se escriben en kanji ou hiragana.Realmente os dous silabarios son equivalentes, aínda que cada un ten distintos usos. No alfabeto latino hai algo parecido coas maiúsculas e minúsculas, no sentido de que as grafías e os usos son distintos.

Lingua escocesa

Para a lingua xermánica orixinaria de Escocia, véxase scots.O escocés ou gaélico escocés (gàidhlig) é unha lingua céltica falada hoxe en día nalgunhas illas de Escocia e tamén no norte do país; fálana só 70.000 persoas aínda que en tempos tivo unha extensión moito maior polo territorio da actual Escocia. Recentemente fixéronse intentos por recuperala e mesmo se declarou a súa cooficialidade co inglés nalgunhas administracións locais.

O gaélico escocés é membro da rama goidélica das linguas celtas, que inclúe tamén as variantes de Irlanda e de Manx. Provén do irlandés antigo, xa que chegou desde Irlanda a Escocia a partir do século IV.

Lingua árabe

O árabe (العربية al-'arabiyyah, ou menos formalmente 'arabi), tamén chamado arábigo ou arábico, é a lingua máis falada dentro da rama semítica das linguas afroasiáticas, e está intimamente relacionada co hebreo e o arameo. Fálase ó longo do mundo árabe e é moi coñecida e estudada dentro do mundo islámico. O árabe leva sendo unha lingua literaria dende, polo menos, o sexto século, e é a lingua litúrxica do islam.

O termo "árabe" pode referirse tanto ó árabe literario, que non é falado como lingua materna por ningún árabe, como ó árabe moderno estándar, ou ás diferentes variedades do árabe, xeralmente chamadas "árabe coloquial". Os árabes consideran o árabe literario a lingua estándar, e adoitan ver o resto como simples dialectos.

O árabe literario refírese tanto á lingua utilizada polos medios de comunicación do Magreb e os do Oriente Medio, como á lingua, máis arcarca, do Corán. O árabe coloquial, pola súa banda, refírese ós diferentes dialectos falados polos habitantes das zonas arriba referidas de forma habitual. En moitas ocasións, son diferentes entre os distintos lugares de tal forma que o falante dun concreto dialecto do árabe pode non comprender outro dialecto. Xeralmente, estes dialectos non son linguas literarias, pero nalgúns hai algunhas pequenas mostras de literatura.

A situación sociolingüística actual do árabe é un claro exemplo de diglosia (o uso normal de dúas diferentes variedades da mesma lingua, dependendo da situación na que a persoa se atope). Todo árabe culto adoita falar tanto o seu dialecto local como o árabe estándar, que aprendeu na escola. Este último adoita ser utilizado en situacións de comunicación con falantes doutros dialectos arábigos (por exemplo, un marroquí a falar cun sirio).

Xa que o árabe escrito de hoxe en día é substancialmente diferente do árabe dos tempos do Corán, é normal (nos países occidentais) referirse a esta última coma árabe clásico e á lingua actual dos medios de comunicación como árabe moderno estándar. Os árabes, pola contra, utilizan o termo Fuṣḥa para referirse a ámbalas dúas, poñendo énfase no seu grande parecido.

Ás veces, é difícil traducir conceptos islámicos, e outros relacionados coa cultura árabe, sen utilizar a terminoloxía árabe. o Corán está expresado en árabe e, tradicionalmente, os musulmáns sosteñen que é imposible traducilo a ninguna lingua dunha forma que todo o seu significado se manteña. De feito, ata hai pouco tempo, moitas escolas de pensamento afirmaron que non se debería traducir de ningunha forma.

O galego posúe gran cantidade de palabras derivadas do árabe: azucre, laranxa, limón, álxebra, alcol, cénit etc.

Microondas

Microondas (tamén designadas SHF- Super High Frequency) son ondas electromagnéticas con lonxitudes de onda maiores que os dos raios infravermellos, mais menores que a lonxitude de onda das ondas de radio variando, consoante os autores, de 30 cm (1 GHz de frecuencia) ata 1 cm (30 GHz de frecuencia).

Nota: enriba dos 300 GHz, a absorción da radiación electromagnética pola atmosfera da Terra é tan grande que a atmosfera é practicamente opaca para as frecuencias máis altas, ata que se torna novamente transparente na, así chamada, "fiestra" do infravermello ata a luz visíbel.

R

O R (erre) é a décimo sétima letra do alfabeto galego, e representa o fonema /r/ (vibrante múltiple alveolar sonora, ao comezo dunha palabra ou antes ou despois dunha consoante) ou o fonema /ɾ/ (vibrante simple alveolar sonora, en posición intervocálica ou detrás de consoante).

T

O T (te) é a décimo novena letra do alfabeto galego, e representa o fonema consoante obstruínte, oclusivo dental xordo.

Til

O til (~), til de nasalidade, trazo supralinear ou til xeral de abreviación, é un sinal diacrítico que se coloca sobre, baixo ou no medio dalgunhas letras en distintas linguas. Tamén se emprega nalgunhas ciencias.

Permite distinguir entre grafías simples (exemplos: a, n) e complexas (exemplos: ã, ñ). Así, o trazo superior pode indicar o modo de articulación dunha vogal (vogal nasalizada, por elevación no grao de constrición: ã, ẽ, ĩ, õ, ũ) ou o punto de articulación dunha consoante (nasal palatal: ñ)

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.