Consello da Cultura Galega

O Consello da Cultura Galega é un organismo oficial independente con personalidade xurídica propia destinado a dinamizar a lingua e a cultura de Galicia na sociedade e asesorar os poderes públicos de Galicia. É un organismo estatutario, previsto no artigo 32 do Estatuto, foi creado o 8 de xullo de 1983.[1] Ten a súa sede no Pazo de Raxoi, en Santiago de Compostela.[2]

Ramón Piñeiro Siro López
Caricatura de Ramón Piñeiro, primeiro presidente.

A súa presidenta é Rosario Álvarez, ademais o Consello componse de representantes de entidades e personalidades sobranceiras dos diversos campos da cultura galega. Xestiona os seguintes arquivos: Arquivo sonoro de Galicia, Centro de documentación sociolingüística de Galicia, Arquivo da emigración galega e Arquivo de comunicación.

Presidencia

Ramón Villares (AELG)-3
Ramón Villares en 2010.

Coa excepción dos dous últimos, Ramón Villares e Rosario Álvarez, que foron escollidos polo Pleno do CCG, todos os demais presidentes ocuparon este posto debido á morte do anterior.

Institucións representadas no pleno

Notas

  1. DOG Núm. 102 Martes, 09 de agosto de 1983 Páx. 2225. Lei do Consello da Cultura Galega
  2. "Resolución do 11 de maio de 1993, …, pola que se anuncia a licitación, …, das obras de rehabilitación de locais no Pazo de Raxoi para sede do Consello da Cultura Galega."
  3. Decreto polo que se nomea presidente do Consello da Cultura Galega a don Ramón Piñeiro López"
  4. "Decreto 489/1990, do 2 de novembro, polo que se nomea presidente do Consello da Cultura Galega a José Fernando Filgueira Valverde"
  5. "Decreto 373/1996, do 17 de outubro, polo que se nomea presidente do Consello da Cultura Galega a Carlos Casares Mouriño"
  6. "Decreto 284/2000, do 1 de decembro, polo que se nomea a Carlos Casares Mouriño presidente do Consello da Cultura Galega"
  7. "Decreto 137/2002, do 25 de abril, polo que se nomea presidente do Consello da Cultura Galega a Alfonso Zulueta de Haz"
  8. "Decreto 71/2006, do 27 de abril, polo que se nomea a Ramón Villares Paz presidente do Consello da Cultura Galega."
  9. "Decreto 94/2010, do 10 de xuño, polo que se nomea a Ramón Villares Paz presidente do Consello da Cultura Galega"
  10. "Decreto 78/2014, do 26 de xuño, polo que se nomea a Ramón Villares Paz presidente do Consello da Cultura Galega"

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Alfonso Zulueta de Haz

Alfonso Zulueta de Haz, nado en Vigo o 8 de maio de 1924 e finado en Vigo o 27 de xuño de 2017, foi un notario e intelectual galego. Foi presidente do Consello da Cultura Galega entre 2002 e 2006 e presidente da Fundación Penzol.

Ana Romaní

Ana Romaní Blanco, nada en Noia o 5 de agosto de 1962, é unha poeta e xornalista cultural galega, académica numeraria da Real Academia Galega.

Antón Fraguas

Antón Fraguas Fraguas, ou Antonio Fraguas Fraguas, nado en Insuela, na parroquia de Loureiro (Cotobade), o 28 de decembro de 1905 e falecido en Santiago de Compostela o 5 de novembro de 1999, foi un destacado historiador, etnógrafo, antropólogo e xeógrafo galeguista. En 1923 fundou, xunto con outros compañeiros, a Sociedade da Lingua, que tiña como principais obxectivos a defensa da lingua e a elaboración dun dicionario. Foi membro das Irmandades da Fala, do Seminario de Estudos Galegos e catedrático de ensino secundario depurado polo franquismo. Formou parte do Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento e da Real Academia Galega, foi director e presidente do Museo do Pobo Galego, membro do Consello da Cultura Galega e cronista xeral de Galicia. Dedicouse ó estudo da cultura e do territorio galegos desde distintos eidos, con especial atención e mestría á antropoloxía. A súa figura foi recoñecida en vida co Pedrón de Ouro, a Medalla Castelao, o Premio Trasalba, o Premio Otero Pedrayo, o Premio das Artes e das Letras de Galicia e o Premio San Martiño de normalización lingüística. O 7 de xullo de 2018 a Real Academia Galega, decidiu, en sesión plenaria, que Fraguas sería o escritor homenaxeado o Día das Letras Galegas do ano 2019, coincidindo co vixésimo aniversario do seu pasamento.

Arquivo Sonoro de Galicia

O Arquivo Sonoro de Galicia (ASG) foi creado polo Consello da Cultura Galega e está dispoñible en rede. Trátase en realidade de parte das inxentes gravacións realizadas por investigadores galegos dende 1974, embarcados en proxectos de moi diversa tipoloxía: traballos de carreira, investigacións para o Atlas Lingüístico Galego, tesiñas e teses etc. Parte destes etnotextos foran xa publicados por Francisco Fernández Rei e Carme Hermida no ano 1996 en tres CD (correspondentes ós tres bloques lingüísticos do galego) no audiolibro A nosa fala.

Clodio González Pérez

Clodio González Pérez, nado en Cenlle o 16 de setembro de 1947, é un mestre (xubilado), etnógrafo, historiador e conferenciante galego, membro correspondente da Real Academia Galega, Cronista Oficial do concello de Cenlle, de abundante produción humanística.

Francisco Díaz-Fierros

Francisco Díaz-Fierros Viqueira, nado en Vilagarcía de Arousa o 4 de xullo de 1941, é un científico e escritor galego.

Fundación Rosalía de Castro

A Fundación Rosalía de Castro é unha institución cultural galega, constituída o 15 de novembro de 1947 por Xosé Mosquera Pérez (O Vello dos Contos) no Hotel Compostela de Santiago de Compostela baixo o nome Patronato Rosalía de Castro que se converteu en Fundación Rosalía de Castro nun acto celebrado no Colexio de Fonseca da mesma cidade o 29 de decembro de 1995. Os seus estatutos foron legalizados pola Xunta de Galicia en decembro de 1997 e renovados en 2008 (en vigor desde 2009).

En 2015 réxese por unha Presidencia elixida polo Padroado entre os seus membros. O Padroado é o órgano de goberno, representación e administración da Fundación e está composto por quince membros institucionais e por personalidades da cultura que teñan especial vínculo coa obra de Rosalía de Castro. O Padroado designa un Presidente, un Vicepresidente, un Secretario e un Tesoureiro de entre os seus membros. Designará tamén unha Comisión Executiva que se compón pola Presidencia, pola Vicepresidencia, pola Secretaría, pola Tesouraría e por catro vogalías (sendo unha delas a Dirección do Centro de Estudos Rosalianos) cuxas funcións son: a xestión ordinaria dos asuntos da Fundación, a adopción de Acordos por razón de urxencia dando ulterior conta ao Padroado e as funcións que este delegue.

Nos seus 67 anos de historia contou con nove presidentes que foron —cronoloxicamente citados—: Luís Iglesias Iglesias, Juan Gil Armada, Xosé Mosquera Pérez, Octavio Sanmartín Domínguez, Agustín Sixto Seco, Carlos Amable Baliñas Fernández (en funcións tras a morte de Sixto Seco), Helena Villar Janeiro, Ana Blanco Gómez (durante dous meses tras a dimisión de Villar Janeiro) e Anxo Angueira Viturro, que a dirixe a maio de 2015.

Este organismo naceu coa vontade de restaurar a casa na que vivira Rosalía de Castro nos seus derradeiros anos e de a converter nunha casa museo (e sostela posteriormente), coidar do Panteón de Galegos Ilustres e difundir e promover a cultura galega.

Entre as súas finalidades están: fomentar o coñecemento e a conservación da memoria de Rosalía, de Manuel Murguía e dos seus fillos; a promoción do estudo, da edición e da divulgación da vida e obra de Rosalía, da Galicia do seu tempo e da súa influencia posterior; conservar o conxunto da Casa-Museo de Rosalía, conservar e incrementar o patrimonio rosaliano (mobles, pertenzas, recordos persoais de Rosalía etc.) dispoñéndoo do mellor xeito para que poida ser contemplado e estudado, coidar do Mausoleo de Rosalía sito no Panteón de Galegos Ilustres (Igrexa de San Domingos de Bonaval en Santiago) e máis da campa que albergou antes o seu corpo no cemiterio de Adina en Iria Flavia (Padrón, A Coruña); celebrar actos, cando menos, nas dúas datas rosalianas (24 de febreiro e 15 de xullo) ademais da celebración da Misa Votiva do 25 de xullo —acto que se viña celebrando desde 1932 e desde 1969 en lingua galega converténdose no único acto público en que se consentían o galego, as reivindicacións galeguistas e a presenza de políticos disidentes durante a ditadura franquista— e da Ofrenda Floral no Panteón de Galegos Ilustres ante a tumba da poetisa e fomentar e difundir a lingua e a cultura galegas.

No ano 2015 estaba representada no Pleno do Consello da Cultura Galega e na Ascociación de Casas-Museo e Fundacións de Escritores (ACAMFE).

Ten a súa sede na Casa da Matanza (antigamente coñecida como Horta da Paz), en Padrón (A Coruña).

Henrique Monteagudo

Xosé Henrique Monteagudo Romero, nado en Esteiro (Muros) o 26 de novembro de 1959, é un sociolingüísta galego, profesor na Universidade de Santiago de Compostela desde 1982 e Catedrático de Filoloxía Galega desde 2018, membro numerario e secretario da Real Academia Galega.

Ir Indo

Ir Indo Edicións é unha editorial viguesa, en galego, castelán, inglés e francés, fundada en 1985 por Bieito Ledo Cabido.

Montse Dopico

Montse Dopico, nada na Pontenova en 1977, é unha xornalista galega. Dende 2018 é profesora na Universidade de Santiago de Compostela.

Premio Xoán Manuel Pintos

O Premio Xoán Manuel Pintos ao compromiso coa lingua é un premio convocado desde o ano 2005 polo Concello de Pontevedra e a Rede Amiga da Lingua para recoñecer o labor de impulso do uso da lingua galega e asemade manter viva a memoria do xurista e escritor Xoán Manuel Pintos, que foi figura central do Rexurdimento.

Ramón Piñeiro

Ramón Piñeiro López, nado en Armea de Abaixo (Lama, Láncara) o 31 de maio de 1915 e finado en Santiago de Compostela o 27 de agosto de 1990, foi un filósofo, ensaísta e político galego, un dos principais artífices da reconstrución cultural galega na posguerra. Piñeiro vía utópica a formación dun partido político galeguista na situación política e social de entón. Se xa fora un partido minoritario cando as circunstancias eran favorables, e nin sequera conseguira manter a unidade interna, ao seu ver, moitas menos posibilidades ía ter baixo a ditadura. Loitar nesta dirección parecíalle un fracaso seguro. Así foi xurdindo a idea da autodisolución do Partido Galeguista e, por outra banda, en 1950, a fundación da Editorial Galaxia.

Dedicóuselle o Día das Letras Galegas do ano 2009.

Ramón Villares

Ramón Villares Paz, nado en Cazás (Xermade) o 12 de xaneiro de 1951, é doutor en Historia desde 1980 e foi presidente do Consello da Cultura Galega dende o 20 de abril de 2006 ata o ano 2018.

Rosario Álvarez Blanco

Rosario Álvarez Blanco, nada en Pontevedra o 12 de xullo de 1952, é catedrática de Filoloxía Galega na Universidade de Santiago de Compostela, foi directora do Instituto da Lingua Galega (Universidade de Santiago de Compostela). É membro da Real Academia Galega. En 2018 foi escollida presidenta do Consello da Cultura Galega, converténdose na primeira muller en presidilo.

Xosé Filgueira Valverde

Xosé Fernando Filgueira Valverde, nado en Pontevedra o 28 de outubro de 1906 e finado na mesma vila o 13 de setembro de 1996, foi un historiador, arqueólogo, antropólogo e escritor polígrafo galego, de abundante produción literaria e humanística.

Cofundou o Seminario de Estudos Galegos, dirixiu o Instituto Padre Sarmiento e o Museo de Pontevedra. Presidiu o Consello da Cultura Galega e foi membro da Real Academia Galega. Persoa de fonda cultura humanista e de obra extensa e divulgativa nunha época na que as institucións que hoxe cumpren esa función non a cumprían ou non existían.

Adicóuselle o Día das Letras Galegas de 2015 polo seu traballo divulgativo a prol da lingua e da cultura galega. Trátase dunha figura que suscita controversia e ao mesmo tempo resulta un persoeiro fundamental no decorrer da cultura e literatura galegas ao longo do século XX.

Álbum da Ciencia

O Álbum da Ciencia é un centro de documentación dixital en liña do Consello da Cultura Galega, que botou a andar no ano 2012.

Álbum da Emigración

O Álbum da Emigración, creado a mediados de 2007, é un centro de documentación dixital en liña do Consello da Cultura Galega, que recupera as figuras máis destacadas das colectividades galegas en América.

Álbum da JAE

O Álbum da JAE é un proxecto en liña do Consello da Cultura Galega, que botou a andar no ano 2007, co gallo do centenario da fundación da Junta para Ampliación de Estudios e Investigaciones Científicas (JAE).

Álbum de Mulleres

O Álbum de Mulleres é un centro de documentación dixital en liña do Consello da Cultura Galega, que botou a andar en decembro do ano 2005.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.