Consello Superior de Investigacións Científicas

O Consejo Superior de Investigaciones Científicas ou Consello Superior de Investigacións Científicas, tamén coñecido polo acrónimo CSIC, é un organismo público autónomo estruturador da Ciencia e Tecnoloxía españolas. Pertenece ó Ministerio de Educación e Ciencia. O seu logotipo é a Árbore da Sabedoría.

IIIA-CSIC
Instituto de Investigación en Intelixencia Artificial.
Instituto Padre Sarmiento de Estudos Galegos 2
Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento.
Consello Superior de Investigacións Científicas
CSIC
Consejo Superior de Investigaciones Científicas
Logotipo del CSIC
Edificio central del CSIC (Madrid) 02
Sede central del CSIC.
Información xeral
Formación 24 de novembro de 1939 (79 anos)
Precedente Junta para Ampliación de Estudios
Sede central C/ Serrano, 117. 28006 Madrid
Empregados 11 112 (2017)
Orzamento 624 millóns de euros (2017)[1]
Director Rosa María Menéndez López
Sitio web
www.csic.es

Orixe

Foi fundado no ano 1939, en substitución da Junta para la Ampliación de Estudios e Investigaciones Científicas que fora fundada no ano 1907 no seo da Institución Libre de Enseñanza (ILE). O que comezaba a ser unha das institucións científicas máis importantes en Europa, que contaba con colaboracións de científicos mundiais do máis alto nivel como Charles Darwin, Henri Bergson e León Tolstoi, foi reestruturado polo goberno franquista co nome de CSIC. A antiga Junta para la Ampliación de Estudios e Investigaciones Científicas converteuse nun centro cun baixo peso na investigación europea e formado por científicos dun nivel medio mediocre,[Cómpre referencia] pois a meirande parte deles tiveron que marchar ao exilio, principalmente a México. Dá idea do tipo de cambios introducidos polo franquismo o feito de que os homes fortes desta nova institución foran, por unha banda o seu presidente, o ministro de Educación José Ibañez Martín, e por outra o membro do Opus Dei, o edafólogo José María Albareda.

Instituto de Investigacións Mariñas de Vigo
Instituto de Investigacións Mariñas de Vigo.

Funcionamento

Réxese pola Lei de Fomento e Coordinación Xeral da Investigación Científica e Técnica (Lei 13/1986 de 14 de abril).

Os obxectivos e funcións actuais do CSIC, de acordo coa citada Lei e co seu regulamento (R.D. 140/1993 de 29 de xaneiro), son:

  • Realizar proxectos de investigación científica e tecnolóxica.
  • Asesorar ás administracións en materia científica.
  • Fomentar a ciencia
  • Colaborar coas Comunidades Autónomas nas súas propias actividades de investigación.
  • Colaborar coas universidades nas súas propias actividades de investigación.
  • Formación de investigadores e técnicos científicos.
  • Colaborar co Plan Nacional de I+D.
Pazo da Carballeira de Gandarón
Misión Biolóxica de Galicia.

Delegación en Galicia

Da Delegación en Galicia do CSIC dependen o Instituto Padre Sarmiento de Estudos Galegos, o Instituto de Investigacións Mariñas de Vigo, o Instituto de Investigacións Agrobiolóxicas de Galicia, a Misión Biolóxica de Galicia e o Instituto de Ciencias do Patrimonio.

Notas

  1. "La 'cara b' de la subida en I+D+i: tres datos que el Gobierno no cuenta".

Véxase tamén

Ligazóns externas

AENOR

AENOR ou Asociación Española de Normalización y Certificación é unha organización privada, independente e sen fins de lucro para a normalización e certificación da calidade en España. Constituíuse en 1986, coincidindo coa entrada de España na Comunidade Económica Europea. Ata entón a normativa de normalización era responsabilidade do Instituto de Racionalización e Normalización (IRANOR), entidade pública creada en 1945 dependente do Consello Superior de Investigacións Científicas.

Amando Melón

Gaudencio Amando Melón y Ruiz de Gordejuela, nado en Zaragoza o 22 de xaneiro de 1895 e finado en Madrid o 17 de xuño de 1975, foi un xeógrafo español.

Campamento romano da Recacha

O campamento romano da Recacha (catálogo da Xunta GA27034121) é un campamento romano ou castellum, un recinto fortificado situado no alto dun esporón na serra de Penamarela, parroquia de Rao no concello de Navia de Suarna a 1250 metros de altitude controlando o val do río Balouta e o oriente galego. Fai de límite entre Galicia, Asturias e Castela e León. Está situado a 1700 metros en liña recta cara ao leste o campamento romano da Granda das Xarras, situado entre o concello leonés de Candín e o asturiano de Ibias. En 2011 foi identificado como campamento romano.

Ten forma irregular, adaptada ás formas do cumio do monte, cunha orientación SO-NL no eixe maior de 160 metros e no eixe menor de NL-SO duns 80 metros, cunha hectárea de superficie. Foron atopadas piquetas, tachuelas e unha pedra de asentar filos nunha escavación do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC).

Castro da Lanzada

O castro da Lanzada é un poboado castrexo orixinario do século VIII a.C.. Contén unha necrópole que foi utilizada ata os séculos III - IV d.C.

Está situado na parroquia de Noalla (Sanxenxo), e asenta sobre a base dunha punta que se introduce no mar, nas inmediacións dos restos dunha fortaleza medieval, coñecida como a torre da Lanzada. No extremo máis occidental érguese a capela da Nosa Señora da Lanzada.

O castro foi escavado por vez primeira na década de 1950 polo Museo de Pontevedra e da man de Filgueira Valverde, e desde entón foi obxecto de sucesivas escavacións (nos anos 70, por Francisco Fariña Busto, e no ano 1983, por de la Peña Santos) ata a reanudación da súa recuperación no verán de 2010. Nesta última ocasión o director do proxecto foi o arqueólogo da Deputación de Pontevedra Rafael Mª Rodríguez Martínez coa colaboración do Laboratorio de Patrimonio do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC).

Ó estar cuberto de area, menos agresiva cá terra para os restos orgánicos, está ben conservado, o que non impediu a súa destrución parcial para levanta-la ponte que une o promontorio co illote inmediato ou a consecuencia de construcións modernas. A propia capela da Lanzada está levantada sobre restos do castro. En calquera caso, trala última intervención de 2010 só se accedeu ata o nivel correspondente ó século II a.C, estimando que aínda quedan uns 2-3 metros por escavar. Así mesmo, a superficie estudada é só unha pequena parte dos arredor de 9.000 m² que se estiman ocupados.

Eduardo Pardo de Guevara

Eduardo José Pardo de Guevara y Valdés, nado o 14 de setembro de 1952 en Ponteceso, é un historiador galego.

Expedición Malaspina (2010-2011)

A Expedición Malaspina (2010-2011) foi un proxecto de investigación interdisciplinar que tiña como principais obxectivos avaliar o impacto do cambio global no océano e explorar a súa biodiversidade.

Desde decembro de 2010 até xullo de 2011, máis de 250 científicos, a bordo dos buques de investigación oceanográfica Hespérides (A-33) e Sarmiento de Gamboa levaron a cabo unha expedición que sumaba a investigación científica coa formación de novos investigadores e o fomento das ciencias mariñas e da cultura científica na sociedade.

O proxecto formaba parte do Programa Consolider – Ingenio 2010 do Ministerio de Ciencia e Innovación de España e liderado polo Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC), cunha participación destacada da Armada Española.

Recibiu este nome en homenaxe ao oficial da Armada Española, de orixe italiana, Alessandro Malaspina quen, a finais do século XVIII dirixiu a denominada Expedición Malaspina, a grande expedición científica de navegación española, e de cuxo falecemento se cumpriran 200 anos o 9 de abril de 2009.

Gonzalo Díaz Díaz

Gonzalo Díaz Díaz, nado en Albacete o 16 de maio de 1931 é un filósofo español, investigador científico do Consello Superior de Investigacións Científicas.

Instituto de Investigacións Mariñas

O Instituto de Investigacións Mariñas de Vigo (IIM) é un centro de investigación mariñas e pesqueiras que pertence ao Consello Superior de Investigacións Científicas e que se atopa en Bouzas, Vigo. Creouse no 1951 e dependeu do Instituto de Investigacións Pesqueiras de Barcelona ata o 1978, cando se desvencellou del e recibiu o nome de Instituto de Investigacións Pesqueiras. O nome actual asignóuselle en 1986

Isidro García Tato

Isidro García Tato, nado en Viladequinta (Carballeda de Valdeorras) o 21 de decembro de 1947, é un teólogo e historiador galego. É investigador no Consello Superior de Investigacións Científicas e o Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento desde xuño de 1984.

Javier López Facal

Javier López Facal, nado en Toba (Cee) o 3 de agosto de 1944, é un lingüista galego, especialista en lexicografía e en grego.

Licenciado e doutorado en filoloxía Clásica pola Universidade Complutense de Madrid en 1971, especializouse no estudo da lingua grega antiga e en concreto nos casos en Heródoto. Como investigador do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) traballou durante quince anos na elaboración dun dicionario grego-español aínda en elaboración, dirixido por Francisco Rodríguez Adrados. É profesor de investigación en política científica e xestión de I+D no CSIC e entre 1992 e 1994 foi secretario do Instituto Cervantes.

Como tradutor, destacan as súas traducións de clásicos da literatura grega, así como de varias obras do lingüista sueco Bertil Malmberg.

Jesús Luis Cunchillos

Jesús Luis Cunchillos Ilarri, nado en Novallas o 11 de xuño de 1936, e finado o 20 de maio de 2006, foi un mestre, investigador e orientalista español do Consello Superior de Investigacións Científicas con emprego no Instituto de Filoloxía de España. Estudou en diferentes universidades europas: En Italia: a Universidade da Sapienza en Roma, a Universidade de Viena, a Universidade de París e en España: a Universidade de Salamanca e a Universidade Complutense de Madrid.

Ensinou durante 10 anos en l´École pratique des hautes études e con anterioridade en varios centros superiores universitarios: Chateaudân (Francia); O Escorial e As Palmas de Gran Canaria (España), así como na Universidade Pontificia de Salamanca e na Universidade de Zaragoza. Cunchillos dedicou a súa vida científica ó esclarecemento de problemas filolóxicos do mundo semítico (hebreo, ugarítico, fenicio), conectando coas disciplinas veciñas da filoloxía, como arqueoloxía e historia.

Nos últimos anos a súa actividade dirixiuse á informatización dos coñecementos adquiridos nas etapas anteriores. Neste campo foi pioneiro nunha perspectiva internacional.

Jesús Luís Cunchillos foi o epigrafista de inscricións fenicias e púnicas aparecidas no xacemento arqueolóxico de Doña Blanca (El Puerto de Santa María); dirixiu como investigador principal dous proxectos: a creación dun Banco de datos semíticos Noroccidentais (ugarítico) de tres anos de duración con trece especialistas e o Banco de Datos Semíticos Noroccidentais: ugarítico, fenicio e púnico de categoría C e cinco anos de duración con 18 especialistas.

José Luis Villar Palasí

José Luis Villar Palasí, nado en Valencia o 30 de outubro de 1922 e finado en Madrid o 7 de maio de 2012, foi un intelectual, xurista e político español, subsecretario do Ministerio de Comercio (1962-1965), Ministro de Educación desde o 17 de abril de 1968 ao 11 de xuño de 1973 e Presidente do Consello Superior de Investigacións Científicas de 1971 a 1973.

Villar Palasí foi pai da EXB en 1970. Estableceu a obrigación de escolarizar aos nenos ata os catorce anos de idade e introduciu o estudo das linguas e literaturas rexionais no sistema educativo público.

Junta para Ampliación de Estudios e Investigaciones Científicas

A Junta para Ampliación de Estudios e Investigaciones Científicas (JAE) foi unha institución creada en 1907, no marco da Institución Libre de Enseñanza, para promover a investigación e a educación científica en España. Presidida por Santiago Ramón e Cajal desde a súa fundación até a súa morte en 1934. Foi desmantelada en 1939 tras a derrota republicana na Guerra Civil, e a partir da súa estrutura creouse o Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC).

Misión Biolóxica de Galicia

A Misión Biolóxica de Galicia é un centro do Consello Superior de Investigacións Científicas situado na parroquia de Salcedo no concello de Pontevedra. Na actualidade conta con 13 científicos e 7 investigadores postdoctorais entre o seu persoal. As súas instalacións constan de tres edificios principais e varios secundarios, dispostos nunha parcela de doce hectáreas propiedade da Deputación de Pontevedra. O financiamento da Misión Biolóxica provén fundamentalmente dos orzamentos xerais do Estado e da Deputación de Pontevedra.

Montse Calleja

Montse Calleja, nada en Ourense o 20 de abril de 1973, é unha física galega especializada en nanotecnoloxía e biosensores, é unha investigadora do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) no Instituto de Microelectrónica de Madrid.

Revista de Dialectología y Tradiciones Populares

A Revista de Dialectología y Tradiciones Populares é unha revista de antropoloxía, en lingua castelá, publicada en Madrid desde 1944.

Rosa María Menéndez López

Rosa María Menéndez López, nada en Cuideiru o 11 de febreiro de 1956, é unha científica española, presidenta do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) dende novembro de 2017. É a primeira muller que preside a institución dende a súa creación en 1937.

Santiago Castroviejo

Santiago Castroviejo Bolíbar, nado en agosto de 1946 en Tirán, Moaña, provincia de Pontevedra, e finado o 30 de setembro de 2009 en Madrid, foi un botánico galego.

Tarsy Carballas

María Tarsy Carballas Fernández, nada en Taboada o 2 de xuño de 1934, é unha científica galega, pioneira no estudo da xénese, clasificación e cartografía dos solos da zona temperada–húmida de España. Vencellada ao CSIC desde 1965, foi Vocal da Comisión da Área de Ciencias Agrarias e da Xunta de Goberno. Desenvolve actividades académicas no Instituto de Investigacións Agrobiolóxicas de Galicia, en Santiago de Compostela.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.